A nova competencia de Pavarotti

 

imagen

 

Os animais sempre acaban acostumándose, para súa supervivencia, ás accións dos humanos como a contaminaión, a tala das árbores ou o quentamento das augas. A evolución para contrarrestar as accións dos seres humanos as baleas  cantan,  sobre todo, cunha frecuencia máis baixa e en menor cantidade cunha frecuencia maior.

Este estudio comezouno Mark McDonald, presidente de Whale Acoutics, coa axuda de investigadores do Instituto Scripps de Oceanografía de California. Descubrírono ao ver que tiñan que axustar cada pouco tempo os detectores de son durante o seguimento das baleas na costa de California. Existen moitas hipóteses sobre este cambio da frecuencia no “canto” das baleas, pero ata agora ninguén conseguiu determinalo de todo.

Varios investigadores opinan que isto  é debido á contaminación acústica dos océanos polo tráfico marítimo, xa que no último século o ruído aumentou en 12 decibelios. Outros opinan que isto se debe a un cambio da dinámica da poboaación mariña, ou de novas estratexias de apareamento. Outra posibilidade que se cita é que está cambiando a dinámica de como viaxan os sons através da auga, xa que agora está máis quente, o que dificulta o seu avance. As baleas absorven máis dioxido de carbono (CO2) e a auga está máis ácida. Pero estos factores son moi pequenos en comparación co gran cambio na súa frecuencia, según Mark McDonald.

A última hipótese  defende que cantaban máis forte para buscar os seus compañeiros dispersos cando estaban en perigo pola gran caza indiscriminada ata fai pouco tempo, sobre todo dos países asiáticos. Tamén pode ser debida este aumento de volume á búsqueda de parellas e da selección sexual por parte dos machos.

O único que sabemos con certeza é que algo está ocorrendo nos nosos mares e océanos que lles esta afectando os seres vivios mariños, neste caso as baleas.

 

Autor: Eloy Rodríguez Daporta 

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

19 Responses to A nova competencia de Pavarotti

  1. victor di:

    Aportade algunha información sobre a orixe das baleas.

  2. martinblanco.aso.1a di:

    “As baleas sufriron a transformación máis radical e completa do mundo dos mamíferos”. Pasaron a ser mamíferos de auga dulce a grandes navegantes de alta mar en tan só 10 millóns de anos.

    Existen dúas teorías sobre a balea, unha di que a balea ven duns mamíferos chamados “mesonicidos”, parecidos ás hienas e aos lobos de agora. Esto creese pola seu parecido nos dentes.
    A outra teoría, e a máis aceptada, básase nun análisis xenético que di que os hipopótamos (que proveñen dos artiodáctilos) son os parientes vivos máis próximos das baleas.

  3. estelachaves.aso.1a di:

    As baleas tiveron que evolucionar dunha forma drástica para que pasasen de ser uns anfibios de catro patas a como son agora. Nun novo fósil que se encontrou dun antecedente da balea, púidose ver que carecía de aleta caudal e tiña unhas extremidades traseiras moilongas, que seguramente utilizaba como hidroalas. Pero o factor clave para que a balea puidese botarse á auga foi a capacidade de mover a cadera. Os antecesores máis próximos, propulsábanse coas patas, como se fosen remos, mentres que as de agora moven de arriba abaixo a cola.

  4. lorenabuceta.aso.1b di:

    E de sobra coñecido que as actuaies baleas, xunto cos demáis cetáceos, descenden de mamíferos terrestres que fai uns 60 millóns de anos (100 millóns según alguns científicos) adaptaronse á vida acuática pouco a pouco. Ó longo da súa evolución, desapareceron as súas extremidades posteriores e desenvolveron potentes aletas, ademáis de outras cualidades adecuadas para a supervivencia no océano.

    De feito, numerosos paleontólogos afirman identificar anteriormente patas traseiras aínda funcionais no exemplar de Basilosaurus isis, que evolucionou de dito mamífero despois de 10 millóns de anos. É interesante comentar que un de cada 100.000 baleas aínda conserva un pequeno óso que verifica a existencia dunha extremidade posterior.

    A razón pola cal o seu antepasado recurreu á agua como posible hábitat non queda clara, aínda que se suxeriu que era una forma útil de escapar de depredadores ademáis de dispor de abundante comida.

  5. joseachaves.aso.1a di:

    As baleas son mamíferos e, polo tanto,os seus antepasados foron terrestres; a través de millóns de anos adaptáronse á vida acuática. Co tempo as súas extremidades anteriores e posteriores transformáronse en aletas. As primeiras sírvenllas para equilibrarse e, tamén, coma timón; as segundas forman unha cola moi poderosa, que utilizan para moverse na auga.

  6. oscaralvarez.aso.1b di:

    O descubrimento de fósiles apuntaron a un grupo de ungulados extintos fai moito tempo chamados mesoníquidos, pero os datos moleculares indican que son os hipopótamos (que proveñen dos artiodáctilos) os parentes vivos máis próximos das baleas.
    Descobréronse pistas xenéticas únicas que solo comparten as baleas e os hipopótamos, o cal é sinal da existencia dun ancestro común.

    Existen descubrimientos de características particulares que adquiriron as baleas durante toda a súa evolución que son realmente sorprendentes, por exemplo, o desenvolvemento dun oído subacuático por etapas. Os seus ancestros de fai 50 millons de anos carecían do recheo adiposo que se extende hacia o oído medio e que presentan os actuales cetáceos, o cuál connota características de que foron terrestres. A mandíbula adaptouse para recibir sons. As extremidades posteriores que axudaron aos ancestros cuadrúpedos e terrestres das baleas a desplazarse convertíronse en simples muñóns.
    As baleas tamén evolucionaron na súa respiración.

  7. miguel.aso.1b di:

    O caso das baleas no aspecto evolutivo é peculiar, pois os primeiros vertebrados vivos partiron do mar e instaláronse na terra, pero neste caso a balea volveu ao mar. Atopáronse fósiles de baleas no período Eoceno, o cal sucedeu fai entre 58 e 33 millóns de anos. Son chamadas baleas arcaicas.

  8. cristinagesc.aso.1a di:

    As baleas actuais, xunto ó resto dos cetáceos, descenden de mamíferos terrestres que hai máis de sesenta millóns de anos se apartaron á vida acuática pouco a pouco. Ó largo da súa evolución, desapareceron as súas extremidades posteriores e desenvolveron aletas potentes, ademáis doutras cualidades adecuadas para a supervivencia no océano.

  9. sandragarcia.aso.1b di:

    As baleas son mamíferos de sangue quente que evolucionaron cara atrás,é dicir, dende a terra cara o mar, o cal mostra que a evolución pode traballar nas dúas direccións, de maneira que é oportunista e non determinista.
    A transición non foi constante para as baleas. Existe un estadio intermedio entre os nadadores especializados a nadar coas patas, como o Rodhocetus, e as balenas modernas: o estadio dos nadadores propulsados pola cola coma o Dorudon que aínda retén as extremidades posteriores rudimentarias ou vestixiais.
    As ballenas modernas que hoxe son carnívoras evolucionaron a partir dos artiodáctilos antigos (a orde dos mamíferos que inclúe ás vacas, os venados, os hipopótamos…) todos os cales se alimentaban de plantas. O cambiar de vexetariano a carnívoro é un cambio interesante na estratexia alimenticia.

  10. arantxaleiro.aso.1b di:

    Ainda que os animais se acaben acostumando as malas accións dos humans,estas accion son de aspecto negativo porque alguns acostmanse pero outros non tan facil e iwal lles pode costar a vida,asta poden coller enfermedades referias a súa pel.

  11. micaelgarcia.aso.1a di:

    Os cetáceos evolucionaron a partir de mamíferos terrestres de hábitos anfibios, esta evolución produciuse probablemente no Eoceno, entre 55 y 34 millóns de anos atrás.
    Unha hipótese recentemente confirmada revela que os mamíferos dos que evolucionaron as baleas ,e outros mamíferos mariños, pertencen o mesmo grupo de animais que as vacas, os porcos, os hipopótamos…

  12. sarabetanzos.aso.1b di:

    Ambulocetus (“a balea que nada e camiña”) é un cetáceo primitivo que poseía a capacidade de moverse na tierra e na agua. É un fósil transicional que mostra cómo evolucionaron as baleas a partir de mamíferos terrestres. Só se coñece unha especie Ambulocetus natans. Con esta apariencia dun cocodrilo, probablemente nadaba por ondulación vertical da cola, coma nutrias e baleas, entre outros.

  13. laracores.aso.1b di:

    As baleas, coma o resto dos cetáceos, recorreron un camiño moi estraño na súa evolución, sairon do auga como o fixeron o resto dos mamiferos pero despois de adaptarse o medio terrestre, volveron ó agua de novo, esto fixo que as súas patas se converteran en aletas, por eso podemos ver osos parecidos os das nosas mans nas aletas dos golfiños.

  14. micaelgarcia.aso.1a di:

    Como ben dia a miña compañeria Lhara as baleas evolucionaron de mamíferos terrestres que se acabaron por adaptar o mar, se ven as súas patas dianteiras convertéronse en aletas, a súas patas traseiras convertéronse nunha gran aleta caudal, é dado que as baleas anteriormente foron mamíferos terrestres que posuían unha cadeira, este feito da lugar a unha característica dos cetáceos, que é o poder mover a súa aleta caudal en dirección vertical provocando así unha gran mobilidade.

  15. anaisporta.aso.1b di:

    A denominación común de balea asígnase a aqueles cetáceos que posúen barbas na boca, en lugar de dentes,fronte a eles estarían os cetáceos con dentes.As baleas aliméntanse de pequenos crustáceos e, en menor medida, de pequenos peixes.O sistema que utilizan é avanzar coa boca aberta e enchela dun gran volume de auga,a seguir, pechan a boca e coa axuda da lingua expelen a auga, que é filtrada polas barbas retendo tódolos animais que viñan nela.Son uns mamíferos moi interesantes.

  16. anaisporta.aso.1b di:

    Estes animais son da clase dos ctáceos que posúen barbas na boca envez de dentes.O trazo mais caracteristico destes aparte do seu tamaño é a presenza dunhas estructuras especiais chamadas barbas,son unhas placas de queratina.Estas alimentanse de pequenos crustaceos e moi poucas veces de pequenos peixes.Son unha especie moi interesante no mundo marino.

  17. fatimafuentes.aso.1a di:

    As baleas son cetáceos que proveñen de mamíferos terrestres. As súas extremidades, fóronse transformando en aletas segundo ían evolucionando. A pesar de que non está nada claro o motivo polo que cambiaron o seu hábitat polo mariño, sospéitase que foi porque era unha boa maneira de evitar ós depredadores, e ademáis, un lugar no que había abundante alimento.
    Hai dúas teorías sobre a súa orixe. A máis antiga é que as baleas proceden duns mamíferos xa extintos, chamados mesonicidos. E a outra, baséase en probas de ADN que determinan que a balea está máis preto da orde dos Artiodactila (especialmente, dos hipopótamos). Esta segunda, é a máis apoiada.

  18. manuelsomoza.aso.1a di:

    Seguramente este é un dos sons máis preciosos da natureza e hai que coidalo. No caso de que nunha das teorías nós fósemos os culpables e intentar remedialo como fose…

    As baleas teñen uns ollos asombrosamente pequenos e o seu oído externo é unha pequena abertura circular situada detrás do ollo. Pese a isto, tanto o seu sentido da vista como o do oído son excelentes.

    As fosas nasais das baleas están nun lugar moi distinto ao de calquer outro animal; a abertura das mismas non se encuentra no extremo do fociño, senón no alto da cabeza. Esta curiosa e especial disposición permitelle somerxerse e nadar debaixo da auga coa boca aberta, gracias a que pode capturar a súa presa debaixo da superficie, sen o menor risco de que os seus pulmóns se enchan de auga e se afogue.

  19. belindagomez.aso.1a di:

    As baleas encontran a súa comida, oriéntanse e relaciónanse entre eles a través dos sons. Os barcos cada vez emiten máis ruídos no océano e a industria petroleira realiza explosións no mar, algunhas moi potentes. Todos estes sons confunden aos animais e aféctanlles ata o punto de que poden provocar a súa morte.O ruído que os humanos introducen no océano non só afecta aos cetáceos, senón que tamén afecta a moitas outras especies.Os humanos introducen grandes cantidades de ruídos nos océanos de todo o mundo e isto pode provocar graves problemas pois moitos organismos mariños empregan o son como principal método sensor debido a que a luz non penetra con facilidade na auga.