En branco e negro

imagen

Para os tiburóns, o resto de peixes non son vermellos, nin dourados, nin laranxas. Tras analizar 17 especies de tiburóns capturados en Queensland e Australia Occidental, a Universidade de Queensland constatou que tales animais mariños carecen de conos (células responsables da visión en cores).

 O descobrimento confirma a sospeita mantida polos biólogos ata o de agora, de que o máis importante  é recoñecer o contraste entre o medio acuático e os obxectos ou seres que se encontren no seu entorno. Dos 17 tiburóns estudiados, 10 dos exemplares presentaban células de Rod, o que permite a visión á luz nocturna. As outras 7 especies de tiburón estudados sí tiñan conos, aínda que dunha única clase (só son capaces de distinguir unha cor).

 Agora, coñecemos máis como os tiburóns ven o mundo. Isto pode permitir deseñar traxes de baño e embarcación de navegación cun menor contraste visual para os tiburóns e, por tanto, que resulten menos “atractivos” para eles.

Autora: Elisa Durán Rubí

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.