A morte da nosa estrela

O observatorio da NASA SDO (Solar Dynamics Observatory), lanzado fai xa un ano recolle espectaculares imaxes do sol. Nas últimas fotografías do 13 de febreiro podemos apreciar que unha gran explosión solar tivo lugar. Os expertos aseguran que isto non nos vai causar problemas, pero si o poderán aproveitar os habitantes das rexións polares para disfrutar de auroras no ceo.

imagen

Segundo a NASA,  detectouse un flash de radiación ultravioleta na superficie solar, o máis intenso do que vai de ano. A forte explosión provocou unha exección de masa coronal rápida, pero non moi brillante. Asegurannos que non corremos ningún perigo, pero científicos levan a cabo investigacións acerca destas explosións solares por mor de que poidan afectar ás comunicacións e ás enerxías terrestres.

 

O sol é unha estrela, como tódalas estrelas, nace e morrerá: a súa data de nacemento ocorreo hai 4.600 millóns de anos e se estima que aínda lle quedan outros 4000 millóns, sen embargo a Terra comezará a sufrilos efectos da súa morte dentro de 1000 millóns de anos.

A súa morte deberase á escaseza de hidróxeno, o cal fará que o sol se quente, a primeira das forzas vencerá á súa propia gravidade e comezará a crecer. A luz irase volvendo máis vermella e ó consumir as súas reservas irase arrefriando, convertirase nunha “xigante vermella”. Ó crecer irá engulindo os planetas, primeiro Mercurio, Venus, e por último a Terra, polo que a súa densidade aumentará e ó estar frío e sen nada que queimar, comezará a contraerse.

imagen

O “canibalismo galáctico” non é tan pouco habitual; nesta imaxe vemos á vía láctea (azul) devorando á súa veciña, a galaxia Saxitario (Vermello), o punto amarelo é o noso sistema solar. Non tódalas estrelas morren igual, outras convérsense nunha anana blanca, nun burato negro;  pero o sol será frío e oscuro e 10 veces máis pequeño do que é agora.

Autora: Lara Cores

Esta entrada foi publicada en Universo e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to A morte da nosa estrela

  1. oscaralvarez.aso.1b di:

    Está claro que dentro de miles de millóns de anos o Sol acabará “morrendo” e con el desaparecerán algúns planetas, como se di no post, e entre eles a Terra. O noso planeta quedará sen vida pero suponse que para entón dispoñerase dunha tecnoloxía máis avanzada que permitirá que as persoas poidan viaxar máis alá da Terra. Cabe a posibilidade de que no universo haxa un lugar donde os humanos poidan vivir sen a existencia do Sol. Estas son as hipóteses que baraxan algúns especialistas pero están moi lonxe de dar forma a estas hipóteses.

  2. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Grazas as novas tecnoloxía podemos observar mellor o comportamento do Sol e doutras estrelas, asterioides, cometas… Nestsa explosións que fai o Sol despréndense grandes cantidades de protóns, de hidróxeno e helio que se transportan a máis de 800 km por segundo, creando así o vento solar, que ademais de percibilo do Sol, tamén o percivimos doutras estrelas, pero destas en menor cantidade.
    O vento solar produce radiacións o impactar contra a atmósfera, creando así as auroras boreais.

  3. karinamendez.aso.1b di:

    Un equipo internacional observou os signos característicos do proceso de “canibalismo galáctico” e dixo que ocurre nas galaxias lonxanas, máis alá do noso “vecindario cósmico”.

    Os investigadores afirman que os resultados podrían arroxar máis luz sobre a evolución das galaxias.
    Durante o proceso no que as galaxias enanas son “engulidas” polas espirales, prodúcense largos filamentos de estrelas.

  4. lorenabuceta.aso.1b di:

    A morte dunha estrela está determinada según fora o tamaño co que naceu e tamén pola forma na que administrou a súa enerxía ó longo da súa vida. Unha estrella que teña unhas sesenta veces a masa do Sol “vive” solo tres millons de anos, moito menos dos miles de millons de anos que vivirá o noso ainda astro rey. O final dunha estrela moi masiva producese a través dun colapso rapidísimo, o que coñecemos como unha “supernova”. O sol é moi pequeno como para ter un final así. Sen embargo, igual consegue levar con el a Terra e todo o que nela se encontre nese momento.

  5. noeliafv.aso.1b di:

    Parécenme uns datos moi interesantes, saber canto tempo lle pode quedar ao sol e a Terra e cal serán as causas da sua desaparición.
    Unha explosión solar sucede cando a enerxía almacenada nos campos magnéticos resulta liberada súbitamente. As explosións producen campos de radiación que se desprazan através de raios X, ondas de radio e raios Gamma. A enerxía que se libera pode conter o equivalente a millóns de megatóns de bombas de hidróxeno explotando ao mesmo tempo

  6. rubengonzalez.aso.1a di:

    A verdade e que este post ven como anel o dedo, polas expeculacións sobre o 2012 e a gran explosión solar que din que ocorrerá. O fenómeno tería a potencia necesaria, para acabar de un só golpe, coa tecnoloxía do mundo moderno.

  7. estelachaves.aso.1a di:

    Dende pequenos, sabemos que o sol é a estrela encargada de darnos luz e calor, pero tamén é o responsable de que os planetas tracen órbitas elípticas ó seu redor e que non se desvíen. Isto é posible grazas ó forte campo grvitatorio co que conta. O sol respresenta o 99,8% da masa total do sistema solar, sendo a maior parte resastante de xúpiter.
    A superficie do sol, serían os 500 primeiros quilómetros, donde saen a maior parte das radiación e onde se producen as manchas solares, sería a parte que podemos apreciar a simple vista.
    O sol, sempre foi un obxeto de estudo polas súas características e polos benefifios que aporta. Dende os gregos, que o denominaban Helios, ata os romanos, que lle deron o nome co que agora o coñecemos: Sol.

  8. arantxaleiro.aso.1b di:

    É unha noticia asombrante, pero polo que investigan os científicos non corremos perigo por sorte.
    Eu xa tiña a idea de que o mundo acabaria porque o sol crecería e faríase cada vez máis grande pero o que non sabia é o porque pero para que iso pase según os científicos todavía quedan millóns de anos.
    Aínda que estas noticias así fai que nos preocupemos polo do fin do mundo e o que ocorrera cos humanos despois de todo.

  9. eloyrdaporta.aso.1a di:

    O Sol é a estrela máis próxima a nos e nos da calor e luz, e a pesar de ter un diámetro de 139000 km, é unha estrela relativamente pequena comparada con outras como Polax que mide 10 veces máis co Sol e pesa case o doble ca el, Arturo que mide 25,7 veces máis grande, Kochab, que supera o Sol sendo 41 veces máis grande ca el, Etamin 50 veces máis grande, a nova estrela descuberta pola NASA R136a1 que é 300 veces máis grande ca o Sol ou Anteres que é 700 veces máis grande co Sol, e existen moitas máis estrelas máis grandes ca estas. Con isto vemos que o Sol e nós somos partes insignificantes deste gran Universo.

  10. mariajblanco.aso.1a di:

    Este post explica o que aos nosos ante pasados os tiña tan preocupados. O porque o Sol sofre eses cambios, e aclara as especulacións de que o mundo se acabaría en 1000 anos. o Sol sofre cambios constantes na súa temperatura, pouco a pouco a súa composición varia. A nosa estrela estase a quedar sen hidroxeno e sen helio, pero o fin da nosa estrela queda lonxe.

  11. cristinaotero.aso.1a di:

    Pareceme unha entrada moi interesante, xa que últimamente estase especulando moito con as posibles consecuencias de tormentas solares, sen dúbida se como di Lara, prodúcese un colapso na comunicación sería case imposibel recuperar todos os avances acontecidos ata o momento, a parte do colapso que esto provocaría na nosa vida diaria.

  12. mariacmaq.aso.1a di:

    Pareceme un tema moi ineteresante a tratar, e coa velocidade a que avanzan as tecnoloxías, é probable que encontren un medio para poder vivir sen o sol sen sufrir ningun tipo de percance.Esta hipotese comezase a baraxar pero polo momento non é nada seguro.

  13. victor di:

    NOTA: ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO. PECHARASE O PRÓXIMO VENRES.

  14. manuelsomoza.aso.1a di:

    A maior parte da enerxía utilizada polos seres vivos procede do Sol, as prantas absorbena directamente e realizan a fotosíntesise, os herbívoros absorben indirectamente unha pequena cantidade de esta enerxía comendo as prantas e os carnívoros absorben indirectamente unha cantidad aínda máis pequena comendo ós herbívoros.

    A maioría das fontes de enerxía usadas polo home derivan indirectamente do Sol. Os combustibles fósiles preservan enerxía solar capturada hace millóns de anos mediante fotosíntesise, a enerxía hidroeléctrica usa a enerxía potencial da agua que se condensou na altura despois de evaporarse pola calor do Sol, etc.

    Tamén existe o uso directo de enerxía solar para a obtención de energía mediante os paneles solares.

  15. paulacnine.aso.1b di:

    Pode ser que ainda queden moitos anos para que esta estrela morra, pero e verdade que sen a luz do sol non habería prantas, e tampouco animais e se non hai animais non haberán persoas e isto será a fn da Terra e de todos os planetas.
    Case todoa a enerxía que temos deriva do sol, xa que sen este non hhabería vida.

  16. laurareguera.aso.1b di:

    A nosa estrela,o sol, é o que nos transmite luz e o que nos da a vida, xa que a maioria da enerxía proven deste, e moitos dos seres vivos alimentanse de plantas e as plantas necesitan a luz solar para facer a fotosintese.

  17. victor di:

    Que parte da enerxía da Terra non provén do Sol?

  18. silviagarcia.aso.1b di:

    A fecha do fin do mundo non se pode predecir. Talvez nos queden uns millóns de anos máis de vida. Provén da calor interna do planeta, que acompaña á Terra desde a súa orixe e se pon de manifesto en moitas ocasións de xeito violento, con volcáns e terremotos, ou con menor intensidade, formando geyseres ou fontes termais. O potencial xeotérmico almacenado nos dez primeiros quilómetros da codia terrestre supera con moito as reservas mundiais de combustibles fósiles, pero soamente unha pequena parte se pode aproveitar polo ser humano coas técnicas actualmente dispoñibles.

  19. joseachaves.aso.1a di:

    Unha gran parte da enerxia ven do sol, pero outra gran parte está no centro do planeta dende a súa creación e unha moi pouca parte ven da luz das estrelas cercanas da nosa galaxia.

  20. lourdesfarina.aso.1b di:

    A enerxía maremotriz obtense aproveitando as mareas. É limpia e renovable.
    Outra enerxía que non provén do sol é a eólica, obtida a partir do vento, das correntes do aire.
    A enerxía eólica utilízase para producir enerxía electrica mediante xeradores.
    Este tipo de enerxía axuda a disminuir as emisións de gases do efecto invernadoiro. O seu inconvinte é a intermitencia (depende si hai vento ou non)

  21. samuelmarino.aso.1a di:

    Penso que unha delas é a enerxía xeotérmica que procede do calor que hai no interior da terra. Aínda que este tipo de enerxía non sexa moi empregada polos inconvintes que presenta, xa que non se pode obter en todos os sitios, deteriora o paisaxe, etc.

  22. victorino.aso.1 di:

    Creo que dentro de un millón de anos o ser humano xa ten unha solución para a morte do sol, pero o que máis me intriga e como o facerán.

  23. sarabetanzos.aso.1b di:

    A enerxía hidráulica, maremotriz, solar, eólica… Son distintos tipos de enerxías que non proveñen do sol, todas elas renovables.

  24. damianlores.aso.1a di:

    Co ritmo de deterioro do noso planeta non creo que aguante tantos anos. A temperatura do noso planeta aumenta cada ano, os glaciais estanse derretendo provocando fortes choivas e temporais, os recursos naturais escasean e moitas especies extínguense cada dia. O noso planeta esta morrendo e nuns centenares de anos abra que buscar outro sitio para vivir pero coas novas tecnoloxías non creo que supoña un gran problema.

  25. lorenabuceta.aso.1b di:

    Toda a enerxía renovable é unha alternativa á enerxía solar, pero non creo que atopemos nada que subtitúa o sol na súa totalidade, xa que dá luz, calor…en grandes cantidades, sen ter que explotalo, xa tería que ser moita tecnoloxía para logralo.