Pingüín marcado, pingüín perxudicado

Dende o século XVIII, os biólogos que estudan grupos de animais salvaxes necesitan marcar ós individuos para recoñecelos e poder sacar conclusións sobre o seu comportamento. Segundo parecía, estas marcas non tiñan efectos sobre as vidas dos animais. Pero agora, un estudo realizado con pingüíns rei (Aptenodytes patagonicus) demostrou que,  a estas aves, as anelas metálicas que os científicos colocan nas súas aletas tráenlles moitos problemas.

Os investigadores estudaron a 50 pingüíns con anelas e a 50 sen elas durante dez anos, e os resultados son claros. Neste tempo, os pingüíns marcados produciron un 39% menos de crías e tiveron unha supervivencia un 16% menor, en comparación coas aves non marcadas.

imagen

Os animais que portan anelas tardan máis en chegar á zona das crías, nadan peor e pasan máis tempo buscando comida, ademais de obligalos a consumir máis enerxía. Ao non nadar tan rápido, non poden fuxir dos depredadores con tanta facilidade. O estudio tamén nos di que os pingüíns marcados e os non marcados responden de forma diferente ó clima, xa que os marcados chegan máis tarde á illa a criar (uns 16 días). Ademais, os investigadores demostran que os animais non se adaptan ás anelas metálicas das súas aletas e ao efecto negativo que producen na súa natación.

 

imagen

Os pingüíns, moitas veces, considéranse indicadores do cambio climático e moitos estudos científicos utilizan datos recopilados de aves con bandas nas aletas para predecir a dinámica das súas poboacións. Por iso os resultados deste estudio fan dubidar da veracidade das conclusións obtidas por outros estudos que usaron este tipo de anelas. O noso coñecemento dos efectos do cambio climático nos ecosistemas mariños baseados nestas anelas deben ser reconsiderados.
Por todo isto, os científicos deben estar atentos ós efectos negativos da súa metodoloxía que utilicen nos seus estudos.

Autora: Rebeca Piñeiro Bugallo

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.