Como se cura unha dor que non existe?

Dende que comezou a haber organizacións en sociedades, houbo alguén adicado a “sanar” ós demais. Dende una feiticeira que lle daba ós enfermos unha infusión cunhas herbas especiais ata un médico que traballa nun hospital. Pero no momento en que unha persoa ten dor nunha parte do corpo que xa non posúe, as cousas cambian. A esta dor denomínase “dor pantasma” (SFC) e sófrena moitas persoas ás que tiveron que amputarlle un membro.

imagen

En xeral, os que sofren unha amputación din que senten algunha sensación na parte que se lles extirpou, pero de forma indolora. No momento en que estas sensación se converten en dor, estamos a falar da “dor pantasma”. A causa desta dor prodúcese, cando despois de amputar un membro, os nervios seguen funcionando como antes e o cerebro non ten maneira de saber que xa non existe esa parte.

 Para evitar a dor pantasma, os pacientes deben exercitar os músculos do muñón como se tivesen un membro imaxinario. Unha ferramenta moi útil para estes exercicios é unha caixa con espellos, como se ve no vídeo. Moitas veces é necesario tratar estas doenzas psicoloxicamente xa que o trauma de perder unha parte do corpo é moi grande e ás veces máis dolorosa que moitas enfermidades.

 

Autora: Estela Chaves Falcón 

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.