Confirmado! Ó Universo é chá

Un estudo da Universidade da Provenza, en Marsella (Francia), que usou para medir a xeometría dos pares de galaxias distantes,  confirma que o Universo é chá e indican que a enerxía escura é probablemente a constante cosmolóxica de Einstein.

 

imagen

A rápida expansión do Universo parece esixir a existencia da enerxía escura que se opón á gravidade. En principio, é posible estudar a expansión cósmica para analizar as distorsións impostas ás estruturas distantes a través da xeometría do espazo-tempo. Na práctica, porén, os movementos locais non cosmolóxicos dos obxectos astronómicos fixeron esta proba fose para os investigadores dificil de implantar.Os investigadoress solventaron  este problema ó aplicar proba xeométrica a pares de galaxias distantes en órbita. Despois de calibrar o método, os autores verificaron que a aparente xeometría de parellas distantes requiere que ó Universo sexa plano. Ademais, cando se combinaron os datos con observacions  de aglomerados de galaxias a grande escala, os datos identificanse coa constante cosmolóxica de Einstein, o equivalente a unha proposta de enerxía do baleiro.

 Autora: Cristina Otero

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to Confirmado! Ó Universo é chá

  1. victor di:

    Cando escribades un post debedes procurar entender o contido do mesmo e tender a utilizar termos e conceptos que estean ao alcance de alumnos de bacharelato. Como vedes este é un texto complexo que da a impresión de que supera a comprensión vosa e a de Cristina.
    Que idade ten o universo? Como xurdíu? cal será o final do Universo? Que houbo antes do Universo?

  2. laracores.aso.1b di:

    Hai moitas teorías sobre o inicioo do universo, a máis baraxada é a do Big Bang, a gran explosión que houbo fai aproximadamente 15.000 millóns.
    Toda a materia do universo estaba concentrada nun pequeno espacio e explotou, polo que a materia foi expulsada con forza en tódalas direccións.
    Debido ós choques, a materia foise agrupando en distintos lugares no espacio, que deron lugar as primeiras galaxias e estrelas. Inda agora o Universo sigue evolucionando.

    Tamén hai diferentes teorías para o fin do universo, unhas din que a Materia Escura e a Enerxía escura, que son forzas opostas, vanse despedazar átomo por átomo e crearán unha gran Implosión, o “Gran Colapso”, e será algo parecido a cando un globo perde o seu aire, volve o seu tamaño original.
    Outros din que o final será máis violento, a enerxía escura expandirase a unha velocidade maior, é o ser máis potente que a gravidade destrozará todo ata convertelo en minúsculas partículas.

  3. laracores.aso.1b di:

    A teoría da morte do Universo está prevista para dentro de 50.000 millóns de anos*

  4. cristinaotero.aso.1a di:

    A orixe do Universo é o instante no que apareceu toda a materia e a enerxía que temos actualmente no Universo como consecuencia de unha grande explosión.O Universo formouse fai 13.500 y 15.000 millones de anos. No 1930 o astrónomo Edwin Hubble confirmou que ó universo estabase expandindo, o que Albert Einstein previu anteriormente.Existen diversas teorías científicas acerca da orixedo Universo. As máis aceptadas son as do Big Bang e a teoría Inflacionaria. Da cordo con Lara a morte do Universo esra prevista para 50.000 millóns de anos.

  5. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Non se sabe con certeza, pero se cree que o Universo iniciouse coa explosión do Big Bang, onde se atopaba toda a materia que compuña o Universo. Estímase que a idade do Universo é de aproximadamente 13.700.000.000 anos, pero este dato non é fiable.
    Existen varias teorías sobre a morte do Universo, unha di que dentro de uns 50000 millóns de anos o Universo se replegará sobre si mesmo e comezará todo outra vez e así sucesivamente ata o final dos tempos, encambio outros opinan que o Universo non se destruirá, senón que se continuará ezpandindo máis e máis.

  6. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Moitos científicos intentaron averiguar se houbo algo antes este universo e parece que si, utilizando la Gravedad cuántica de bucles, que compite coa famosa teoría de cordas na procura do orixe de todo, varios científicos deduciron que si huobo outro universo antes deste, e non so un, senón varios que se acabaron replegando sobre si mesmos, estes parece que se destruiron polo Big Bounce (Gran Rebote).

  7. migueltrigo.aso.1a di:

    Non entendo que tipo de forzas poderían facer que o universo se replegase sobre si mesmo, se, como di Cristina no post a enerxía oscura fai que se separen os astros cada vez mais, e polo tanto reducindose as forzas que os atraen entre si…

  8. estelachaves.aso.1a di:

    A ciencia avanzou considerablemente dende a época de Einstein, renováronse as teorías que explicaban a creación da terra e déronlle sentido a moitos dos interrogantes que había. Pero seguía habendo unha cuestión que non cadraba, esta cuestión é a forza que era exercida para que as galacias se expandiran en contra da forza de gravidade. Polo tanto, dictaminouse que tiña que haber moita máis materia da que pdoemos ver. En realidade, as galaxias, estrelas, planetas… representan un 4% da masa total do universo, o 23 % por materia oscura (un tipo de materia que non brilla e polo tanto non podemos ver) e o 73% restante é “enerxía escura”. Este tipo de enerxía é a responsable de que se expanda a materia e que ademáis se esté acelerando.
    Se o universo é realmente plano, moitas das suposicións que se terían feito ata agora variarían considerablemente. Como é o caso da luz que nos chega e que percibimos, se o universo fose esférico, os raios de luz que nos chegan estarían deformados, polo que non sería o corpo tal como o vemos. En cambio, sen o universo fose chan, non se daría esta deformación o que estamos a ver correspóndese coa realidade.

  9. miguel.aso.1b di:

    Esta nova teoría é moi dificil de imaxinar para nós, pois un fenómeno de tales dimensións escapa de lexos ao que estamos afeitos a ver no día a día. A mente humana dificilmente visualiza o significado do universo en canto ao tamaño.

  10. victor di:

    O Universo está en expansión desde hai aproximadamente 14.000 millóns de anos; é que hai nos lugares onde aínda non chegou a expansión do Universo?

  11. arantxaleiro.aso.1b di:

    Co paso dos anos descubrese novas teorias,pero penso que non se vai a chegar a descubrir cal foi a orixe principal do universo,ainda que na actualidade suponse que o mundo creouse polo Big Bang.

  12. lorenabuceta.aso.1b di:

    Usando 1.000 horas de imaxes do telescopio de Hubble, os científicos liderados por Tim Schrabback, Leiden Observatory, confirmou que o universo segue a ampliar tirado por unha forza descoñecida, que eles chaman de enerxía escura, que abrangue 73 por cento do universo . A materia visible representa só 1 por cento.Os astrónomos pesaron a distribución de materia en gran escala en grandes distancias no espazo. Entón, tivo a confirmación de que a aceleración do universo é reforzada pola misteriosa enerxía escura.

  13. sandragarcia.aso.1b di:

    O descubrimento da expansión do Universo comeza en 1912, cos traballos do astrónomo norteamericano Vesto M. Slipher.A expansión do universo parece ir acelerándose cada vez máis.

  14. fatimafuentes.aso.1a di:

    Supoño que ó igual que a moita xente, resúltame practicamente imposible imaxinar o universo, xa que ven sendo o total de todo o espazo e tempo. Tendo isto en conta, o concepto de que o universo siga medrando paréceme algo moi difícil de comprender, porque si medra, quere dicir que ten que ocupar máis espazo do que xa ocupa, pero no caso de que fora así, o espazo que aínda non ocupa, xa estaría pertencendo de tódolos xeitos ó universo. Por todo iso, non son capaz de imaxinar un lugar que non pertenza ó universo nin de imaginar a resposta á pregunta de Víctor.

  15. silviagarcia.aso.1b di:

    O descubrimento da expansión do Universo comeza en 1912, cos traballos do astrónomo Vesto M. Slipher. Mentras estudiaba os espectros das galaxias observou que, excepto nas máis próximas, as líneas do espectro desplázanse cara o punto roxo. Esto significa que a maioría das galaxias aléxanse da Vía Láctea xa que, corrixindo este efecto nos espectros das galaxias, demóstranse que as estrelas que as integran están compostas de elementos químicos coñecidos.

    Si medimos o recorrido do espectro dunha estrela, podemos saber si se acerca ou se alexa de nos.

    Este post paréceme moi interesante

  16. sarabetanzos.aso.1b di:

    Respondendo á pregunta do profesor, si dicimos “Universo” estámonos referindo ao “todo”, e entonces non hai nada “máis alá”.
    Día a día coñecemos máis do noso Universo, pero todo o que se siga descubrindo, tamén pertencerá ao mismísimo Universo, a menos que naquel “máis alá” tamén existan outros Universos.