Somos o que comemos?

O coñecemento das relacións entre dieta e xenoma, realízase mediante os estudos de: – a nutrixenómica e a nutrixenética- cós que se deseñan plans dietéticos baseados na composición química dos alimentos, coa finalidade de que os alimentos deberean estar en perfecta harmonía co metabolismo do individuo. O obxectivo é comprender como o corpo responde aos alimentos reais. A gran vantaxe  é que os estudos examinan a alimentación, a etapa da vida na que se encontra o individuo e o seu estilo de vida. Esta ciencia influirá claramente na saúde pública, pois os hábitos dietéticos experimentarán un cambio que:

 – terá unha resposta positiva na nosa saúde e benestar e

 – na prevención e tratamento de enfermidades como a diabete, o cancro ou aquelas de carácter cardiovascular,

 o que nos permitirá envellecer mellor e reducirá o gasto sanitario.

Aínda queda moito camiño por percorrer para coñecer todas as variantes xenéticas que interaccionan coa nutrición.

imagen

Hoxe en día son numerosas as empresas que ofrecen dietas personalizadas a partir dunha mostra de saliva da que se obtén información xenética. O servizo adoita ter un custo duns 1.000 euros. O problema é  ata que punto a información que se obtén é efectiva cos datos dos que dispón a ciencia actualmente, é dicir, que número de varientes xenéticas estudan?


 

Autora: Belinda Gomez

Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Medicina, Xenoma humano e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Somos o que comemos?

  1. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Esta é unha boa de saber o que comemos e os que nos vai beneficiar ese alimento no noso organismo. Esta nova forma de controlar os nosos alimentos e conseguir sacar o maior beneficio deles pode facerse moi popular entre todas as persoas, sobre todo nas idades entre 20 e 40 anos, pero o único defecto que lle vexo a este método é que é bastante caro e o principio só o utilizará a xente cun poder azquisitivo máis alto, o cal é unha desvantaxe.

  2. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Descoñecía este tipo de dieta, inalcanzable para a maioría, pero existente de todas maneiras.
    Sabía que existían as dietas personalizadas, pero non ata este punto.
    Respostando a Eloy, supoño que se realmente son eficaces, o prezo baixará, como pasa coa tecnoloxía (véxase o exemplo dos teléfonos móbiles), o caso é, que sexa realmente factible.

  3. mariamcosta.aso.1b di:

    Eu tamén creo que este tipo de dietas poderían chegar a ser populares; como di Sofía, pasaría como cos móviles e calquera outra cousa e o seu prezo baixaría ata converterse nalgo de consumo común. Se realmente funciona, pode ser moi útil e mellorar a nosa saúde, e tamén para a xente que busca desesperadamente adelgazar ou engordar.

  4. victor di:

    Tedes que aceptar que os humanos como o resto de grupos de seres vivos non somos todos iguais.
    A uns sentalle mellor uns alimentos ca outros, precisamente porque somos diferentes. A cuestión é coñecer as nosas diferencias xenéticas e os topos de alimentos que mellor lle sentan a cada persoa en función da súa natureza. Isto xa se fai no campo da medicina, pois o perfil xenético dunha persoa pode descobir que tipo de medicación será máis axeitada para curar unha enfermidade; pois a mesma medicaión mostra diferente eficacia dependendo do paciente que a tome.
    Pensades que esta nova forma de buscar a dieta axeitada en función do noso perfilxenético pode significar a diminución de moitas enfermidades?

    NOTA: VENRES PECHARASE O FORO

  5. rebecapineiro.aso.1a di:

    Opino que é unha investigación moi interesante, xa que poderemos saber cómo a nosa alimentación está relacionada coas enfermidades que poidamos ter, e desta forma intentar previlas a partir de dietas.

  6. martinblanco.aso.1a di:

    Probablemente poderíanse evitar malas pasadas, por exemplo, con alimentos que dan problemas estomacales a algunhas persoas, hoy algún outro tipo de alimento que produza alerxias…

    Considero este avance bastante interesante, aínda que é moi caro e está as mans de moi pouca xente. Dudo que esto sexa similar aos móbiles (Como di María), que sendo moi caros, ao cabo de pouco tempo xa teñen un prezo regalado.

  7. cristinagesc.aso.1a di:

    Eu creo que esta forma nova de buscar a dieta axeitada en función do noso perfil xenético pode significar a diminución de moitas enfermidades porque chegariamos a saber os alimentos que nos fan dano, dese xeito xa non abusaríamos del.
    Este post paréceme moi interesante e eu descoñecía parte desta información.

  8. manuelsomoza.aso.1a di:

    Estou de acordo con Martín, así pódese reducir o numero de problemas estomacais, intestinais ou incluso alerxias a alimentos… Por outra banda, o de que sexa similar en canto aos móbiles en canto económico paréceme un tanto futurista na actualidade, quizais dentro de uns anos pódase dar o caso… Pero daquela, eu persoalmente creo que o DNI xa non tendría funcionamento, xa que cada un poseería a súa mostra de xenoma como identificación.

  9. angelpadin.aso.1a di:

    Persoalmente tamén penso que non podemos comparar este avance cos móbiles nin outros bens ou servizos actuais, non creo que se converta en algo de consumo común ata dentro de moitos anos. Esta investigación é interesante para as persoas que queiran adelgazar ou teñan alto o colesterol ou diversos problemas pero creo que a xente que non ten necesidade de unha dieta especifica prefire comer o que lle guste que o que lle manden.

  10. oscaralvarez.aso.1b di:

    Hai numerosos problemas de saúde que son causados por determinados alimentos que non sentan ben ao organismo dunha determinada persoa, por iso creo que este avance suporía unha reducción de enfermidades como enfermidades estomacais, o colesterol, a diabetes… e problemas como pode ser a obesidade.
    De todas formas, aínda que beneficiaría ás persoas, non creo que esto chegue a un uso común polo elevado prezo que presenta.

  11. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eu creo que este método si podería dar lugar a unha diminución das enfermidades, comendo alimentos que sabemos que o noso corpo esta predisposto xeneticamente a sintetizalos a perfección os problemas alimenticios reduciríanse moito.
    Eu creo que aínda así este método polo momento es nos próximos anos so será utilizado por xente con grandes problemas de sobrepeso ou casos especiais e non por persoas “normais”.

  12. noeliadozo.aso.1a di:

    Definitivamente si. Hai moitas doenzas relacionadas cos alimentos, e cunha dieta axeitada ao noso xenotipo poderíanse evitar moitos problemas alimenticios tales como alerxias e outras citadas xa polos meus compañeiros.

    Dependendo da composición xenética de cada individuo as reaccións aos nutrientes son distintas.Por exemplo, os asiáticos e africanos teñen máis tendencia a sufrir intolerancia á lactosa que os europeos.

  13. laracores.aso.1b di:

    Respondendo á pregunta de Víctor, creo que sí que este avance axudará a curar moitas enfermedades se se fai cun previo estudo do paciente, ó igual que cando se diagnostican enfermedades máis común temos cambios ó recibila medicación según unhas ou outras persoas.

    Este avance sería de moita axuda para as persoas que sofren graves problemas de obesidade e teñen dificultades para baixar o peso, grazas a esto, e se se fai un estudo personalizado de cada paciente, serán moitos os beneficiarios.

  14. lorenabuceta.aso.1b di:

    Dende logo ésta é unha alternativa as múltiples dietas que non son eficaces por falta de información do organismo do paciente. Pero, na miña opinión, este método restrinxirase os casos extremos de sobrepeso polo seu elevado custo.

  15. estelachaves.aso.1a di:

    Toda a comida que nos levamos á boca está moi relacionada co que somos, pero non soamente no referente ó físico, se non que os nosos estados emocionais e a nosa capacidade de pensar está estreitamente relacionada cos nutrintes que tomamos. Para poder levar unha vida sana e non ter posibles problemas e enfermidades, dende o meu punto de vista, a mellor dieta que se pode facer é comer de todo pero en pequenas cantidades.
    Moitas persoas non queren afrontarse a una dieta equilibrada por diversos motivos, como poden ser a pereza, o desagrado dos alimentos ou que a súa imaxe está ben. Pero moitas veces, mentres unha persoa está nunha idade media, pode non presentar síntomas de alguna emfermidade, pero chegados ós 60 anos para ariiba, pódense dar indicios dalgún problema como pode ser a hipertensión, a dabetes… enfermidades que se poderían evitar se levásemos ó longo da vida una dieta equilibrada.

  16. cristinaotero.aso.1a di:

    Pareceme unha moi oa idea, xa que moitas veces as dietas que nos ofrecen non se adaptan o noso organismo e pode traernos consecuencias malas sobre nós, polo tanto pareceme un estudio que debería levarse a cabo e investigar máis sobre el, xa que como dixen, beneficianos.

  17. malenasineiro.aso.1b di:

    Claramente disminuira o risco de coller certas enfermidades, aínda que eu son das que penso ao igual que Estela que a mellor dieta que existe é a de comer variado e equilibradamente. Esto é un bo invento para as persoas que sufren de sobrepeso ou de outras enbfermidades relacionadas coa alimentación pero igualmente non se debería abusar, e seguir comendo de todo.

  18. sandragarcia.aso.1b di:

    Sí parece un gran avance, xa que ao ter unha dieta que se adapte ao noso organismo, sería máis doado realizala, e reducir o risco de enfermidades, pero o seu custo é elevado, e como opina Lorena, veríao mellor para unha persoa con sobrepeso, ademáis, como opinan algúns dos meus compañeiros, eu creo que comer equilibradamente, pequenas cantidades de todo, e facer algo de deporte ao longo da nosa vida, axuda a sentirse mellor, e non fai tan necesario estas dietas personalizadas.

  19. lourdesfarina.aso.1b di:

    Paréceme un descubrimento realmente interesante, unha forma de elaborar dietas xa que son 100% compatibles cos usuarios as que se lle aplican.
    Pero eu creo que para persoas sans e sen ningún tipo de problemas alimenticios deberían preocuparse por levar dietas sans e practicar exercicio físico de vez en cando.

  20. arantxaleiro.aso.1b di:

    Parece unha noticia moi boa,identificar que dieta ten que levar unha persoa segun o seu organismo,porque as veces mandalles unhas dietas que non son as mñais adecuadas para o organismo.

  21. noeliafv.aso.1b di:

    é un bo descubrimento ainda que me parece que o seu custo e un pouco elevado para calquer persoa. Pero aínda así esté moi ben a idea de facer dietas acordes con cada persoa

  22. aracelilores.aso.1b di:

    Esta é unha boa idea. A parte así poderiamos vivir máis saudablemente, claro esta que tamén hai que practicar exercicio a miúdo… e con estas dietas que se adoitan a cada persoa e que son totalmente compatibles cos pacientes moita xente melloraría a súa saúde e ata podería previr algunhas enfermidades.
    O único inconveniente que lle vexo é o seu elevado custo.

  23. victorino.aso.1 di:

    Esta idea de dieta estudiada para cada persoa parecema ben. Estou de acordo que aquelas persoas que padecen obesidade pois se teñen que someter a unha dieta ainda que sexa dura pero tamén a exercicio ainda que custe moito. O que me parece increible e que haia no mercado menciñas nas cales lle dice a xente que tomando ese tratamento adelgaza, escoito a miudo na radio a prepaganda de “Obegras sobres” e isto pareceme incrible.

  24. manuelsomoza.aso.1a di:

    É un gran avance, así poderíase reducir tamén os trastornos alimenticios e a mala alimentación que tanto afectan o noso país. A mala alimentación reflicte moito na nosa vida diaria negativamente. Algúns dos fatores que producen isto son: baixa autoestima, dificultade para resolver determinados problemas personais ou laborais, dificultades nas relacións familiares, a influencia exercida por modelos o roles moi delgados que aparecen nos medios de comunicación ou
    enfermidades ocasionadas polo uso de fertilizantes.

  25. emmanuelfj.aso.1b di:

    En canto a pregunta de Victor hei de dicir que creo que estos avances que nos permiten ter unha dieta personalizada en funcion as nosas características xenéticas permitiríanos, como pregunta Victor, diminuir as enfermidades, inda que non sei en que grao, xa que administrar unha solución xeral a toda a raza é imposible xa que cada un ten as suas peculiaridades e o que lle afecta para ben a un afectalle de forma negativa a outro. Facer un estudio detido do noso caso e ter boa conta de el no momento que queiramos usar unha dieta, xa que inda que a todos nos senta ben comer verdura, a determinada xente pode facerlle mellor combinala con certas cousas ou con outras.

  26. silviagarcia.aso.1b di:

    Como todo…nada é igual, en canto as dietas, paréceme un avance moi eficaz, hai persoas que teñen moitos problemas dixestivos, xa que non dixiren ben a comida ou séntalles mal, como todos somos diferentes cada un necesita un réxime propio, onde un especialista sepa o que pode e non comer, onde cada un esté cómodo co seu réxime, e non haiga co paso do tempo problemas. Páreceme moi interesante este post