Cristais de mil millóns de xigas

imagen

 

Científicos norteamericanos descubriron un material que é capaz de almacenar entre mil e un millón de veces máis datos cas actuais memorias. Esta capacidade de albergar información non ten precedentes e en pouco tempo poderiamos estar falando dos chips de memoria de 1 Exabyte. Espectacular avance que levará á informática a cotas xamais vistas.

 Os investigadores da Universidade de Florida traballan nuns exóticos materiais que serán capaces de almacenar una cantidade de información nunca vista ata agora. Din os responsables do estudio que se trata duns cristais moi particulares que funcionan dunha maneira determinada no ámbito químico, de tal modo que os cristais xa posúen unha estrutura especial a nivel nanométrico que lles permite gardar os datos de forma inherente. Normalmente os chips fabrícanse pensando en interporen capas de material que se poda interpretar como valores almacenados, pero estes estraños cristais fano de modo natural gracias as súas particulares estruturas atómicas.

 

Naresh S. Dalal, o experto en bioquímica que se encarga da investigación, di que son «materiais multiferroicos» e iso quere dicir que son o mesmo tempo ferromagnéticos e ferroeléctricos, dependendo da temperatura a que sexan sometidos.

 

 En teoría, con estes catro cristais poderíanse deseñar chips moito máis pequenos e moito máis capaces en canto ao almacenamento de datos. Mentres que unha tarxeta SD actual garda 1 Xigabyte, un dispositivo do mesmo tamaño feito con estes materiais poderían albergar ata 1 Exabyte. A mala noticia é que, por agora, estes exóticos cristais necesitan estar a 150ºC baixo cero para funcionar con estas capacidades. Estáse estudando para ver si se encontran materiais semellantes a temperatura ambiente.

 

Autor: Damián Lores Domínguez

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

14 Responses to Cristais de mil millóns de xigas

  1. oscaralvarez.aso.1b di:

    Estes cristais exóticos almacenan a información de forma natural. Esto podería supor un gran avance para a informatica pero os expertos consideran case imposible a posibilidade de dar con materiais similares que poidan funcionar a temperatura ambiente con esta capacidade.

  2. martinblanco.aso.1a di:

    O campo da informática é o campo que máis está evolucionando, e a máis velocidade, nesta época. Vai unhas décadas os ordenadores non existían, e a día de hoxe son algo moi importante para as nosas vidas, podemos estar informados co que ocurre e podemos estar en contacto con todo o mundo. Vanse descubrindo novas técnicas para mellorar o rendemento, dende os sistemas de internet (ADSL, fibra óptica…), os componentes dos ordenadores (sonido, imaxe, interactividade, …) ata gadgets de todo tipo, como este almacenador de bolsillo. Que nos permite almacenar moitas cousas en algo tan pequeno. Cada día salen ao mercado novos “pen drive”, cada día que pasa con máis capacidade de almacenamento, ademais de que o seu prezo é moi barato e pódese abaratar cada vez máis.

  3. joseachaves.aso.1a di:

    É verdad que estase a mellorar moitísimo nos campos de tecnoloxía e de informática. Sería moi bóa esta aportación para os científicos e traballadores que, posiblemente, serían os que máis o utilizarían, xq que a nós non nos faría falta tanta memoria para gardar cousas.

  4. malenasineiro.aso.1b di:

    Este é un de moitos máis avances que se están a descubrir neste seculo informático. A verdade é que a noticia non me sorprende, aínda que me agrada saber que dentro de pouco poderemos dispoñer de tanto espacio en algo tan pequeno.

  5. elisaduran.aso.1a di:

    Hoxe en día podemos chegar campos, en principio, tan diferentes como a geología, a química e a informática é desxubrir estes grandes inventos. Parecem un invento moi útil para o noso futuro. Actualmente, os nosos ordenadores almacenan unha gran capacidade de documentos, programas, e arquivos multimedia. Canta molestia chega a causar a perda de datos no dia a dia? Necesitamos moita capacidade dixital ó albergar media vida nesto. Este exabyte pode chegar a ser unha salvación para moitos acumuladores de datos.

  6. micaelgarcia.aso.1a di:

    Sen dubida estamos ante un gran avanze no campo do almacenamento de datos, a memoria que estes dispositivos poden almacenar é equivalente a mil millóns de xigabites.
    O gran “segredo” deste cristais, como di Damian no post,e que son o mesmo tempo ferromagnéticos e ferroeléctricos. Este concepto resulta tan extraordinario dado que estas dúas propiedades son mutuamente excluintes.

  7. estelachaves.aso.1a di:

    Pasar información dun ordenador a outro sempre foi moi importante, xa que garantizaba a seguridade do documento e una forma moi rápida de envío. Pero as primeiras formas de gardar documentos eran os “disquettes” e os CD, pero presentaban moitas desventaxas como elemento transmisor de información, xa que poden raiarse e a súa memoria non é moi grande. Pero os “pen drive” son resistentes a ser raiados e poden ter una memoria bastante grande.
    Este material, se se puidese levar a cabo a posibilidade de convertelo nun material apto para levar información, resultaría unha novidade verdadeiramente interesante e tería moita demanda no mercado, xa que as grandes empresas precisarían dun aparello como este.

  8. paulacnine.aso.1b di:

    Este e un moi gran avance, ainda que de momento non o poidamos utilizar co paso de elgun tempo este sera o que almacene os datos, informaticos nun futura xa que perfeccionando esta tecnica, poderemos utilizalos.E diremoslle adeus o pen, o CD,as tarxetas SD, etc.E sera unha forma natural e elevada de gardar os datos.

  9. manuelsomoza.aso.1a di:

    Sí, é algo revolucionario que pode cambiar moito a infomática de hoxe. Pero ten unha desventaxa, tería que estar a 150º C baixo cero, o que para min é un inconvinte moi grande… Logo habería que mirar se a súa obtención non daña o medio ambiente ou o súa fabricación…

  10. angelpadin.aso.1a di:

    Non tiña nin a mais remota idea de que haxa materiais naturais que poidan albergar información informática, e penso que ó paso que evoluciona a ciencia hoxe en dia este problema de encontrar materias como este que garden información a temperatura ambiente será resolto moi rápido. Como di Estela esta innovación sería moi importante para as grandes empresas que teñen que almacenar e transportar moitísima información, sen embargo para o uso persoal non é necesario un dispositivo de tanta capacidade, cos actuais é suficiente.

  11. lorenabuceta.aso.1b di:

    Sería moi útil para empresas que o necesitasen, como din os meus compañeros, pero temén é certo que non e sinxelo de conseguir xa que, actualmente non existe ningún material con esas propiedades a temperatura ambiente…E se o houbese, canto custaría? ó alcance dun particular dubidoo…

  12. arantxaleiro.aso.1b di:

    É increible que en catro cristais quepa 1 exabyte.
    Con estes avances tecnolóxicos co paso dos anos ,inventan teconolxias máis pequenas nas que pones meter moitas cousas porque conteñen moita capacidade.
    Parecenme moi bos avances tecnolóxicos.

  13. victorino.aso.1 di:

    E impresionante o rápido que abanza a informática. Ainda que de momento o almacanamento de 1 exabyte e inviable non se tardá moito en atopar outro material que poida almacenar 1 exabyte ou incluso máis.

  14. silviagarcia.aso.1b di:

    Como ben indica este post estamos no ano da tecnolóxia, atoparnos con avances como estes, non sorprenden a todo o mundo, xa que é normal, ver día a día na tele, como o mundo vai cambiando tecnolóxicamente, e fascinante o saber que nun cristal se poida almacenar tanta información, páreceme moi interesante, anque penso que en pouco tempo outro descubrimento nos volverá abrir as portas as mesmas teorías que estamos tendo con este.