Destinado a ser cego

imagen

 

 Fai case un ano, naceu en Santiago de Compostela Adrián. Un neno sán que estaba destinado a padecer unha enfermidade hereditaria, a retinosis pigmentaria. Dita enfermidade está ligada ao cromosoma X, por iso só se da en varóns, as mulleres funcionan unicamente como portadoras, e é a causante de moitos casos de cegueira.

 Ademais de non herdar esta doenza, Adrián non lla transmitirá á súa descendencia gracias a unha nova técnica, o xenotipado de embrións. Esta técnica consiste no estudo do xenotipo dun organismo. Deste xeito, puideron escoller cal dos embrións nacería totalmente sán.

 Anteriormente, os pais de Adrián tiveron unha filla mediante a selección de sexo. Agora, o xenotipado de embrións funciona como unha alternativa a ese método, xa que non hai que limitarse a ter só descendencia feminina, sexa home ou muller nacerá sán.

 

 

 

 

 

Autora: Noelia Dozo

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.