Escrita na túa sangue

Investigadores do Centro Médico da Universidade Erasmus MC, en Rotterdam (Holanda), descubriron que é posible estimala idade dunha persoa a partir dunha gota da súa sangue. O método podería aplicarse inmediatamente na medicina forense co fin de poder calcular a idade de persoas desaparecidas, criminais…, só con atopar no lugar do crime unha gota de sangue.

imagen

Esta novo método aproveita o mecanismo de acción dun tipo de células do noso sistema inmune, os linfocitos T, que recoñecen a presenza de microorganismos invasores e células extranas. Esta capacidade depende de diferentes receptores adicados á identificación dun tipo concreto de molécula (antíxeno) procedente de virus, bacterias ou incluso células “anómalas”. No proceso de produción destes receptores xeranse uns restos chamados TRECs. Observando a cantidade de TRECs no sangue, Manfred Kayser e os seus compañeiros conseguiron estimar a idade de 195 suxeitos, cunha marxe de error máximo de 9 anos. Os investigadores pretender usar este test para persoas non identificadas que se atopen arredor dos 20 anos.

AutoraTamara López

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Escrita na túa sangue

  1. estelachaves.aso.1a di:

    A tecnoloxía que utilizan os policías e investigadores é moi avanzada e resulta útil en numerosas ocasións, pero ata o de agora, para pdoer estimular a idade dunha persoa tiñámonos que fixar nos dentes e nos osos. Pero evidentemente, non é o que se encontra normalmente na escea dun crime. Con esta innovación, estimular a idade pode ser una tarea doada, pois o sangue é un elemento que se soe encontrar no lugar do crime. Con este método, o que os investigadores poden saber é o grupo de idade no que se encontra o portador do sangue, xa sexa: entre dez e vinte, entre vinte e corenta, entre corenta e sesenta ou máis de sesenta anos. De todas formas, unha variación nestas idades non é moi relevante á hora de achegar algún indicio.

  2. martinblanco.aso.1a di:

    O avance da tecnoloxía aplicada aos crimes pode ser moi importante para a disminución destes, dado que será máis perigoso facer crimenes e saír salvo. Estas investigacións son moi interesantes e seguramente hai aínda moito que descubrir. Hai que loitar por un mundo máis seguro, e esto é importante para acadalo.

  3. joseachaves.aso.1a di:

    É unha nova espectacular, grazas a isto tamén aforrarase tempo, o tempo que se perde en facerlle todas esas probas ós ósos. Serve para asasinatos, desaparicións, etc. Estes científicos cada vez descubren máis cousas útiles para o noso futuro.

  4. micaelgarcia.aso.1a di:

    Este descubrimento chegara a ser moi útil, outra das súas posibles aplicacións podería ser o aporte que levaría a cabo esta tecnoloxía no recoñecemento da identidade de mortos que por mor das causas da súa morte quedaron irrecoñecibles.Desta maneira aportaríase un novo dato para intentar coñecer a súa identidade.

  5. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Este descubrimento axuda moito nas accións policíacas xa que axudan a poder indentificar a os criminais ou as persoas desaparecidas a saber a súa idade, o que reduce considerablemente o número de sospeitosos e se coñece con exactitude o desaparecido. Tamén se pode utilizar a nivel máis persoal para saber canto pode chegar a vivir unha persoa se non existe ningún contratempo.

  6. sandragarcia.aso.1b di:

    Con este avance, poderase coñecer máis rasgos físicos dun posible asasino para poder realizar o seu perfil. Ata o de agora, empregábanse os perfiles de ADN convencionais, que só recoñecen a persoas xa identificadas anteriormente, polo que consiste tan só en comparar os ADN.
    Este novo avance pódese realizar grazas ós linfocitos T, ou células defensivas, que como indica o post, encárganse de defender o noso organismo uníndose ós microorganismos que nos atacan a través duns receptores especiais situados na súa superficie e destruíndoos. Estes receptores xeran os TRECs, que son fragmentos circulantes de ADN, que circulan libremente polo sangue, e que van diminuíndo de forma constante co paso do tempo. Este é o motivo de que permitan realizar unha aproximación da idade do individuo. A mala nova é que só se podo empregar co sangue e non con outras mostras biolóxicas como a saliva ou o seme.

  7. laracores.aso.1b di:

    Este é un gran avance para a ciencia, moitos crímenes poderían ser resoltos xa que saberiamos máis do sospeitoso. Inda así, es investigación ten que avanzar máis para que se poida comenzar a usar nos campos legais.
    A investigación non é so aplicable o campo antropolóxico, xa que tamén a fauna e bioloxía se pode beneficiar, que podremos controlar a idade de poboacións de vida salvaxe.
    Polo momento, non é posible obter os mesmos datos de probas de semen ou de saliva, pero se se sigue a investigar quizais podamos obter estos progresos dentro duns anos.

  8. arantxaleiro.aso.1b di:

    Pareceme un gran avance,esta moi ben para as persoas que levan moitisimo tempo desaparecidas e asi porderian saber a que anos morreron y este metodo serve para moitas cousas.

  9. angelpadin.aso.1a di:

    A ciencia hoxe en día avanza a pasos axigantados e cada moi pouco tempo temos noticias de novas investigacións que nos poden facilitar a vida, este descubrimento como sinalan a maioría dos meus compañeiros axudaría moito na súa tarefa a un forense e paréceme un avance fascinante pero creo que un marxe de 9 anos de erro aínda é demasiado amplo, ademais este método non contempla a posibilidade de que os suxeitos levasen unha vida moi insá ou que tivesen enfermidades que poidan alterar os resultados.

  10. victor di:

    Que é iso do sistema inmunolóxico? A que se refire o texto deste post cando fala de receptores?

    NOTA: RECORDADE QUE HAI UN FORO ABERTO FEITO POLA VOSA COMPAÑEIRA LORENA (PECHARASE PRONTO)

  11. paulacnine.aso.1b di:

    Este sistema e o que nos defende das infermidades, se este sistema esta devilitado unha enfermidade que sexa moi mala pode chegar a ser perigoso,xa que este nos preven de enfermidades e grazas a este podemos collelas mais facilmente ou menos.

  12. micaelgarcia.aso.1a di:

    O sistema inmonuloxico é a defensa natural que ten o noso corpo contra as infeccións, esta defensa encargase de destruir os posibles axentes infenciosos que atacan o noso corpo. As celulas que desempeñas a función principal nesta defensa son os leucocitos (globulos bracos).

  13. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Paréceme un breve pero moi interesante post. Sabía que calquera pequena proba nunha escea dun crime podería ser unha grande pista para saber o que sucedeu, pero que unha pequena mancha de sangue determinara nada máis e nada menos que a idade dunha persoa, sorprendeume.
    Esta medida, como xa dixeron os meus compañeiros, aforraríalles tempo aos investigadores en determinar a idade da víctima se é que a descoñecen.
    Realmente, moi interesante.

  14. cristinagesc.aso.1a di:

    A inflamación é a resposta do sistema inmunolóxico ós antíxenos. Como resposta á infección ou á lesión, moitas clases de glñobulos brancos transpórtanse polo torrente sanguíneo ata o lugar da infección e solicitan máis glóbulos brancos.
    Nas persoas que teñen boa saúde, este sistema pode distinguir entre os texidos propios do corpo e os extraños que o invaden.

  15. silviagarcia.aso.1b di:

    Paréceme moi interesante e asombrante como a ciencia e a tecnoloxía avanza, sobre todo nestes casos, o sistema inmonuloxico polo que atopei é un sistema de estruturas biolóxicas e os procesos dentro dun organismo que protexe contra a enfermidade mediante a identificación e mata os axentes patóxenos e tumores das células, e. un receptor é unha proteína da molécula, xa sea incrustada na membrana plasmática ou no citoplasma dunha célula, a que un ou máis tipos específicos de señalizacións de moléculas poden adxuntar.

  16. victorino.aso.1 di:

    Este avance sen duda algunha e unha gran axuda para os policias para resolver os crimenes. A min particularmente o que descublen os envestigadores da medecina cada día solpréndeme máis cos seus avances e cos seus adiantos.

  17. victor di:

    E que son os receptores dos linfocitos T?

  18. belindagomez.aso.1a di:

    O sistema inmunitario do noso corpo produce anticorpos cando detecta elementos dañinos, chamados antíxenos. Un antíxeno é unha substancia allea ao corpo que o sistema inmunolóxico recoñece como unha ameaza. Algúns exemplos de antíxenos son as toxinas das bacterias e os virus, así como os axentes químicos externos prexudiciais para a saúde.
    Cando o corpo detecta antíxenos indúcese unha resposta inmunitaria coa formación de anticorpos, como forma de defensa. Os anticorpos, tamén denominados inmunoglobulinas, son usados polo sistema inmunolóxico para identificar e neutralizar estas substancias estrañas ao corpo

  19. martinblanco.aso.1a di:

    Os Receptores de antíxeno de Linfocitos T son moléculas que se atopan sobre a superficie dos Linfocitos T, que recoñecen e combínanse cos antíxenos.
    A resposta inmunitaria está fundamentada no recoñecemento de antíxenos que non son propios de organismo, e as células T cumplen esta función de recoñecemento a a través do seu respectivo receptor.

  20. martincabal.aso.1b di:

    Un receptor de linfocito t e un receptor celular asociado a unha vía de señalización intracelular caracterizado por permanecer a familia dos receptores con actividade enzimatica intrinsenca (capacidade para modificar a un receptor, e iniciar unha acción celular).

  21. anaisporta.aso.1b di:

    Pareceme un gran avance pola parte da ciencia e da tecnoloxía xa que grazas a esto poderase identificar o asesino dun asesinato mais facilmente e non so isto senon que resolve moitos problemas da humanidade.

  22. victor di:

    Actualmente non existen bases de datos xenéticos (ADN das persoas) para compara datos de posibles delincuentes. É dicir, se atopamos un resto de sangue nun crime non temos con que comparar o ADN a non ser que haxa un posible sospeitoso. Pareceríavos axeitado que a policía dispuxese de fichas de ADN de todos e todas as cidadás?

  23. laurareguera.aso.1b di:

    Si me parecería axeitado porque así seria mais doado encontrar a persoa responsable do crime e os crimes resolverianse mais rapidamente e non se tardarían días, semanas, meses e incluso anos.

  24. victor di:

    NOTA: RECORDADE QUE HAI UN FORO ABERTO FEITO POLA VOSA COMPAÑEIRA LORENA (PECHARASE PRONTO)

  25. martincabal.aso.1b di:

    A min pareceríame ben, e mais, aparte do económico non encontro ningún inconveniente en esa practica.

  26. sarabetanzos.aso.1b di:

    Eu non o vexo mal, non encontro ningún defecto no feito de que a policía dispoña das nosas fichas de ADN. Sería beneficioso para atopar a eses delincuentes e mellorar a sociedade.

  27. emmanuelfj.aso.1b di:

    Moita xente penso que estaría de acordo con esta medida de que nos rexistrasen mediante unha ficha de ADN, inda que sempre habería algún que saltaría coa historia que iso de ser rexistrados como vacas non estaría ben, inda que quen nada ten que esconder de nada lle ten que preocupar xa que isto facilitaría bastante e axilizaría as deteccións de posibles criminais sen, como di Victor, precisar de sospeitosos, sendo asi mais efectiva e mais certeira a investigación.
    Como di Martín o unico problema sería a traba económica pero se axuda as labores de investigación, venvidos sexan, inda que quizais, nestes tempos non sexa isto prioritario.

  28. malenasineiro.aso.1b di:

    Penso que o ADN deveria de ser como as huellas digitales e sería unha forma moi optima de encerrar a moitos criminais que andan por aí sen ningun cargo de conciencia, como pasou co caso de Marta del Castillo e con outros moitos casos. Ainda que agora nos pareza imposible ter que dar o noso ADN cando vaiamos facer o DNI dentro dun par de anos seguramente será o máis normal do mundo. Quen sabe o mellor terminamos implandolles microchips antiraptos aos nosos fillos.

  29. noeliafv.aso.1b di:

    Paréceme un gran descubrimento que pode axudar en moitas cousas aínda que como xa di a miña compañeira no post a súa utilidade máis appreciable sería no campo da criminoloxía