“Apophis o destructor”

imagen

O 19 de Xunio do 2004, tres astrólogos do Kitt National Peak Observatory, en Arizona descubriron un asteroide atón, cunha órbita próxima á da Terra e que foi bautizado como Apophis.  Apophis ten un diámetro de entre 150 a 500 m, equivalente a dous estadios e medio de fútbol, cun peso de máis de 20 millóns de toneladas.
Este asteroide é temido dada a súa orbita próxima á da Terra. Segundo os primeiros estudos realizados, produciránse uns acercamentos do asteroide nos anos 2013, 2021, 2029 e 2036. Nos dous primeiros casos non existe ningún perigo pero no 2029, a distancia que separará ó asteroide da Terra será de 38.000 km e a forza de gravidade da Terra podreía modificar a traxectoria do asteroide acercándoo a nós; así que o próximo acercamento no 2036 será moito máis perigoso. A posibilidade de impacto neste ano é de unha entre 45.000 e de chegar a producirse esta colisión, o asteroide impactaría sobre o mar, pero dada a súa forza equivalente a cen mil bombas atómicas, ninguén sobreviviría.
En estudos máis recentes realizados pola NASA descubriuse que se reduciron as posibilidades de impacto de tres entre un millón e que o asteroide volverá a acercarse a Terra a unha distancia de 29.450 km no ano 2068, un acercamento record pero inofensivo.

Segundo palabras do director de Obxectos pretos á Terra, Don Yeomans: “Podemos mirar a Apophis como unha posibilidade emocionante para a ciencia e non como algo que debamos temer”


Autor: Gabriel Lema

Esta entrada foi publicada en Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to “Apophis o destructor”

  1. micaelgarcia.aso.1a di:

    As estimacións da ruta que seguiría o asteroide se os impacto de 2036 fosen a ocorrer, estiman que o asteroide percorrería a distancia que separa Rusia e Africa (En sentido Oeste-Este) e o impacto produciríase finalmente no Océano Atlántico,cerca da costa Noroeste de Africa.

  2. laracores.aso.1b di:

    As posibilidades de que este asteroide impacte contra a Terra son mínimas, pero hainas así que non está de máis estar prevenidos.
    Inda así, as teorias señalan que é moito máis probable que o asteroide se desintegre antes de chegar á Terra e se divida en pequenas partes que sí impactarían contra a Terra nos anos seguintes.
    Outros apoían a teoría da que se fala no post, que di que o asteroide caerá no Océano Atlántico e deixará un oco de varios kilómetros de extensión causando así un tsunami que arrasaría todo o planeta.

    A Axencia Espacial Europa quere facer máis investigacións sobre o apophis, plantexando tamén misións para evitalo impacto enviando satélites que pretenden alonxar o esteroide;

  3. sergioagra.aso.1a di:

    Este é un tema moi serio.Quizais as posibilidades do impacto sexan case nulas,pero si se deron as condicións para que surxise a vida na terra que é unha probabilidade maís reducida,a probabilidade de que o asteroide impacte na terra reálzase,asique non podemos “baixar a guardia” xa que estamos indefensos ante isto.

  4. oscaralvarez.aso.1b di:

    As probabilidades de que o Apophis impacte contra a Terra, como ben se di no post, son mínimas pero non son nulas. É por iso que deberiamos tomar medidas para protexernos deste risco xa que os efectos do impacto deste asteroide serían catastróficos.

    Se se chegase a producir este impacto, o Apophis caería, probablemente, no mar e a súa enerxía (que equivale a cen mil bombas atómicas) provocaría tsunamis de varios centos de metros de altura. Unhas ondas enormes aplastarían as costas de varios continentes e isto acabaría coa vida humana.

  5. karinamendez.aso.1b di:

    Penso que hai poucas posibilidades de que o asteroide impacte contra a Terra, pero creo que se terán que facer os investigamentos apropiados para saber se, se pudera dar o caso de que si impactara, se podería evitar.

  6. migueltrigo.aso.1a di:

    Pois a min paréceme interesante, no ámbito de estudo deste corpo, e creo que se debería aproveitar a súa proximidade con este fin. no ámbito do perigo que representa, a miña opinión é que non debemos preocuparnos, pois se vai impactar, farao, non queo que se poida desviar ou destruír como fan nas películas de ciencia ficción, e no caso de que pase de largo, xa etá, problema solucionado. Sería preocupante se no próximo acercamento estivese aínta máis próximo, pero ése xa non é problema noso, senon dos científicos do futuro.

  7. joseachaves.aso.1a di:

    Eu opino coma Miguel, hai que aproveitar que este asteroide xigantesco se achega á Terra para realizar observacións e averiguar máis del. Iso si, que pase tan preto é algo perigoso, porque hai posibilidades de que o asteroide choque,aínda que poucas pero hainas.

  8. aracelilores.aso.1b di:

    Este post realmente impactoume! Eu nunca oira falar nada de este asteroide, pareceme un tema moi importante. Aunque haya poucas posibilidades de que ocurra esto, existe a minima posibilidade de que si ocurra, asi q

  9. aracelilores.aso.1b di:

    Este post realmente impactoume! Eu nunca oirá falar nada de este asteroide, paréceme un tema moi importante. Ainda que sean poucas as posibilidades de que ocorra isto, existe a mínima posibilidade de que si, así que creo que se lle debía de dar máis importancia; espero que os científicos teñan a solución.

  10. cristinagesc.aso.1a di:

    Buscando encontrei un artigo que dicía: “O 6 de maio do 2006, cando este asteroide se atopaba a 42 millóns de Km da Terra, astrónomos da NASA volveron medir a súa velocidade mediante o radiotelescopio de Arecibo (Puerto Rico). O resultado foi diferente ó esperado en 6 milímetros por segundo. Esta corrección, co tempo será bastante grande como para que a traxectoria do asteroide sexa diferente á calculada inicialmente, reducindo o peligro do impacto coa Terra.
    Probablemente esta sexa a última oportunidade de obter boas medidas do radar de Apophis en varios anos, xa que, pronto se atopará demasiado cerca do Sol para poder realizalas. En 2013 este asteroide volverá a estar nunha boa posición para poder facer novas observacións”.

  11. estelachaves.aso.1a di:

    Neste post dásenos a coñecer un meteorito: “Apophis” pero porque foi descuberto recentemente e encóntrase moi próximo á Terra, aínda que as posibilidades de impacto sexan pequenas. Este descubrimento non consta de moita importancia, porque meteoritos como este e máis grandes encóntranse xirando moi próximos a nós. Anualmente chegan á terra unha cantidade de 200.000 dun tamaño moi pequeno, que se desintegra ó chocar coa atmósfera. A probabilidade de que chegue un meteorito capaz de derruír unha cidade é de una cada 10 millóns. Moitos científicos están investigando novos NEAs, que son meteoritos próximos á Terra, tendo xa unha boa porcentaxe deles localizados. Pero o perigo de impacto dun meteorito segue ahí e por moita tecnoloxía que teñamos sería insuficiente para xa non eliminar, se non desviar a traxectoria do meteorito. Polo que, dende o meu punto de vista, non se debería temer a este meteorito, pois se non estaríamos intranquilos para sempre. Os meteoritos son un perigo co que hai que convivir.

  12. eloyrdaporta.aso.1a di:

    É moi preocupante esta noticia xa que no ano 2013 pode desaparecer toda a vida na Terra tale e coma a coñecemos, porque esisten posibilidades deste impacto. Pero por sorte somos precavidos ante xa que ningún queremos a nosa destrucción, or iso creouse o proxecto Deimos Space liderado por empresas españolas puxéronse en marcha o proxecto consiste en lanzar a sonda “Sancho” para analizar o asteroide, e logo lanzar o “Hidalgo” que pesa entre 400 e 500kg que impactaría co asteroide a gran velocidade o que o desviaría evitando a súa colisión. Isto é un gran alivio para nós.

  13. arantxaleiro.aso.1b di:

    Ten certa preocupación esta noticia ,pero eque xa houbo tantas veces nas que decían que o mundo acabaria por varios motivos como que as maquinas volverianse tolas…,tamen din que o mundo acabará no 2012 porque os mayas o intuíron.
    Eu non digo que esto non sexa certo,pero a quen creemos de aqui en diante?

  14. angelpadin.aso.1a di:

    Personalmente non creo que sea preocupante por que as posibilidades de colisión non son moi amplas, e no caso do 2029 quen sabe como será a vida na terra, quizais algúns científicos inventen un método de defensa, en todo caso é unha ocasión moi boa para analizar o asteroide.

  15. lourdesfarina.aso.1b di:

    Discrepo coa miña compañeira Estela. Estela opina que este descubrimento non consta de moita importancia. Eu non estou de acordo, xa que dende o meu punto de vista todo descubrimento que nos poida por en perigo, xa consta de bastante importancia, así sexa este asteroide como calquera outro meteoríto. Aínda que a probabilidade de que o asteroide impacte sobre a Terra é mínima, sí existe esa posibilidade e se este asteroide non constara dunha certa importancia, non se farían estudos tan exhaustivos do asteroide e non estaría involucrada neste tema a NASA.

  16. victor di:

    Que probabilidades habería de que un asteroide impactara coa Terra e producira unha extinción en masa? De que tamaño debería ser? Que efectos produciría sobre a Terra e canto durarían ditos efectos?

    NOTA: RECORDADE QUE HAI UN FORO ABERTO FEITO POLA VOSA COMPAÑEIRA LORENA (PECHARASE PRONTO)

  17. silviagarcia.aso.1b di:

    Polo que atopei, unha serie de investigadores, Sansaturio e os seus colegas, usaron modelos matemáticos para determinar o risco do impacto do asteroide 1999 RQ36 hasta o ano 2200. Así descubriros duas oportunidades de impacto para o ano 2182.
    El asteroide foi descuberto en 1999 e ten un diámetro de aproximadamente uns 560 metros. Un asteroide dese tamaño podría causar una devastación xeral no sitio de impacto no caso remoto de que impacte contra a Tierra, de acordo a un informe recente da Academia Nacional de Ciencias de los Estados Unidos.
    Sansaturio e os seus colegas descubriron que hasta 2060 as posibilidades de impactos contra a Tierra son remotas, pero éstas aumentan en nunha magnitude de catro para 2080 cando a órbita do asteroide o acerque máis a Terra.
    Entonces as oportunidades de impacto caen a medida que o asteroide se alexe, e volvan a subir en 2162 en 2182 cando se acerque novamente á Terra.

  18. martincabal.aso.1b di:

    Descuberto fai xa Unha década un asteroide de nome 1999 rq36 co dobre de diámetro que o Apophis parece ser un bo candidato para estrelarse contra a terra en 160 anos.Por agora non temos a tecnoloxía suficiente nin o meteorito esta o suficientemente cerca para desvialo calculase que hasta o 2060 ou 2080 non seria posible.

  19. sarabetanzos.aso.1b di:

    No caso de que un asteroide de enorme tamaño caese na terra, sería moi probable que acabara con nós.
    As posibilidades de que a terra resista o impacto son moitas, os que non o resitiriamos seriamos nós.
    No caso de que o impacto non matase a todas as persoas, sería unha catástrofe impresionante, za que o efecto posterior ao impacto sería devastador; o clima do planeta cambiaría tremendamente, polo que sería complicado para os seres vivos adaptarse ás novas condidións climánticas en tan pouco tempo.