Agora tamén… farois intelixentes!

O proxecto “Lunar-Resonant Streetlights” levou o premio Metropolis Next Design Competition pola creación dos chamados “farois intelixentes”. Estes farois, que xa están sendo utilizados en San Francisco, constan duns sensores que permiten medir a cantidade de luz procedente da lúa que chega á terra. Ó coñecer este dato, poden adaptar a súa iluminación, emitindo soamente a necesaria, segundo a cantidade de luz que haxa. Cando hai lúa nova, estes farois emiten a luz coa máxima potencia, mentres que nos casos de lúa chea, permanecen practicamente apagados.

imagen

Gracias a este avance na tecnoloxía, afórrase ata un 90% de enerxía con respecto ós farois convencionais, que manteñen a potencia estática e permanecen acencidos ás veces ser ser necesario. Aparte da reducción da enerxía, estes farois axudan a combater a contaminación lumínica que se está expandindo por todo o planeta. Hay moitas propostas para tentar reducir estas emisións, pero o primeiro, como en todas as cousas,  é a concienciación. Cando esto se cumpra, as grandes cidades poderán alzar os ollos e redescubrir o ceo.

 

 

Autora: Estela Chaves Falcón 

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Agora tamén… farois intelixentes!

  1. migueltrigo.aso.1a di:

    É incrible, é xusto a idea que se comentaba no outro post relacionado coas farolas, modificar a súa potenciasegundo a intensidade lumínica que reflicte a lúa. Só lles falta unha cousa, combinar est6a tecnoloxía cos LEDs e terán un aforro moitísimo máis elevado.

  2. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Esta é unha gran proposta no aforro da enerxía, xa que con ela optemos a mesma cantidade de luz nas cidades e aforramos, como di no post, ata un 90% de enerxía, un aforro moi grande se contamos que consume millóns de kw a noite en toda España. O único que precisan estas farolas é engadirlles uns paneis solares ou eólicos para que se podan recargar, coma nun novo prototipo catalán de farola recargable con enerxías renovables.

  3. martincabal.aso.1b di:

    É bo saber e concienciase de que hai optativas mais beneficiosas en canto a contaminación para o planeta, e mesmo para nos, pero non chega con que estos avances queden nun laboratorio de experimentación, hai que empezar a implantalos xa.

  4. paulacnine.aso.1b di:

    É un gran invento xa que cando miramos o ceo non vemos soamente a lúa, senon que vemos a contaminacion luminica que hay e non o apreciamos sen que haxa luz, e tamen e un gran invento xa que habera menos contaminacion luminica como xa noemei, e gastaremos menos enerxia.

  5. victorino.aso.1 di:

    Este proxecto é un gran abance xa que esto implima menos consumo enerxético, menos gasto económico nas cidades,…Estou dacordo con Miguel que se devería combinar isto cos LEDs xa que así se aforraría ainda máis enerxía.
    O malo disto agora e que cambiar todos farois nas cidades implica un gran gasto pero creo que a o largo se aforra.

  6. noeliadozo.aso.1a di:

    Avances coma este, son os que verdadeiramente nos aportan beneficios importantes, e máis tratando de convatir a contaminación lumínica, xa que non existe moita concienciación social e é un problema que ten moitas repercusións. Afecta ao tráfico aéreo e marítimo,á economía…e sobre todo aos observatorios astronómicos.

  7. miguel.aso.1b di:

    Este invento presenta interesantes mellorías respecto ao do outro post. Estou dacordo con Martín, se debería poñer en práctica canto antes, todo sexa polo aforro de enerxía e por erradicar a contaminación lumínica.

  8. martinblanco.aso.1a di:

    Resúltame máis interesante a idea do farol intelixente deste post que o doutro, dado que este é aplicable en calquer lugar, sexa cidade, pobo, mar ou terra…

    Aínda así, en sitios con pouca urbanización mesturaría as características deste farol “intelixente” co farol do outro post. Desta maneira poderíase aforrar moitísimo.

  9. sandragarcia.aso.1b di:

    Pareceme un moi bo avance en canto a aforro enerxético, e coincido cos meus compañeiros en que a unión desta idea coa do post anterior (de que as luces se acendan ou apaguen en función dos peatóns que pasen preto de las) conlevaría un aforro maior de enerxía. Desta forma, ademais de obter luz soamente cando a precisásemos, obteriamola na cantidade precisa.

  10. laracores.aso.1b di:

    Pareceme perfecto que se esté invertindo en este tipo de investigacións que nos van a aforrar cartos a longo prazo, e non so cartos se non tamén recudir a contaminación e o gasto indiscriminado de luz que hai nas cidades e tamén nos pobos.
    Xa comentábamos nun post anterior que a contaminación lumínica é un problema moi grave, e a solución non é tan difícil xa que cunha mellor colocación das luces o gasto sería moi reducido.
    Tamén é unha gran noticia para os que nos gusta a astronomía, xa que con tanta luz nos pobos a veces é demasiado difícil poder mirar o ceo e ver as estrelas e as constelacións.

  11. samuelmarino.aso.1a di:

    Sen dúbida é un gran invento dotado dunha tecnoloxía abraiante. Empregando este tipo de farois a contaminación lumínica será claramente menor e aforraremos a enerxía que tanto custa transformar. Moitas veces na miña terra, A Modia, quedan as farolas acesas polas mañás, destragando enerxía.

  12. arantxaleiro.aso.1b di:

    Pois a verdad e que este un bo invento,aforraríase moitisima enerxia e cartos.
    Ainda que estes tamen costarían os seus cartos colocalos.

  13. micaelgarcia.aso.1a di:

    Quizais coa unión destes farois que se adaptan a luz da lúa e os farois dos que nos falaba Arantxa que se encenden o detectar movemento, conseguiríanse uns farois super eficientes e con eles una aforro enerxético inmenso

  14. manuelsomoza.aso.1a di:

    Como din os meus compañeiros, é unha gran mellora tanto na consumición de enerxía como na reducción da contaminación lumínica. Unha boa idea tamén sería fabricar farois que non dean luz hacia o ceo xa que moita de esa luz (enerxía) perdese no universo e sería tamén un malgasto innecesario.

  15. laurareguera.aso.1b di:

    É un bo descubrimento xa que en en moitas cidades de noite non se ven as estrelas, soamente a lúa, xa que hai demasiada contaminación lumínica, grazas a estes farois aforramos moita enerxía xa que cando esta a lúa chea xa nos ilumina ela soa polo seu resplandor e non precisamos de tanta luz e así poderiamos ver de vez en cando alguna estrela polo ceo.

  16. joseachaves.aso.1a di:

    Estas novas medidas para quitar a contaminación e problemas dese tipo son moi bóas, cada vez mellores. Grazas a este traballo conseguirán que no futuro a xente viva nas mellores condicións posibles. É un moi bó invento, e todo grazas á lúa.

  17. elisaduran.aso.1a di:

    Estou totalmente de acordo con Lara Cores onde co de invertir nestas investigacións que aportan melloras económicas, que nestas épocas de crisis todo o mundo quere, e ademáis reducir o gasto e contaminación de luz devastadora que, por exemplo, nos impide disfrutar dunha das mellores vistas que temos en todos os lugares da Terra: un ceo oscuro cuberto de brillantes estrelas.
    Pero non é a única desventaxe da contaminación lumínica, como xa sabemos, podemos atopalas dende tráfico aéreo e marítimo ata o estudio astronómico.

  18. karinamendez.aso.1b di:

    Penso que é un bo invento, porque con esta idea poderíase reducir a contaminación lumínica e por outro lado, a enerxía que se aforra poderíase utilizar para outras cousas. E creo que este invento se devería espandir canto antes por todos os países para así intentar formar un mundo coa menor contaminación posible.

  19. xmiguelcastro.aso.1b di:

    É un invento totalmente revolucionario,e como di Martincabal,habería que comezar a implantalo xa.Sería moi proveitoso comezar a instalar estas farolas de contado.Pero creo que a contra deste invento e que será demasiado caro,e tardarase moito tempo en poder instalalo en gran medida

  20. estelachaves.aso.1a di:

    Neste post expusen una posibilidade que se baralla para reducir a contaminación lumínica, a contaminación e moitos dos factores que están degradando pouco a pouco o noso planeta. Pero temos que saber que todas as cousas que se están a provar e a propoñer non reducirán a contaminación lumínica, nin eliminarán o CO2 da atmósfera. O que van a intentar paliar estas invencións e melloras é as posibles novas emisións, xa que as que xa foron emitidas quedan. Unha manchea de técnicas conta o cambio climático non o paralizará, senon que evitará que vai a máis. Polo que non debemos pensar que o planeta estará limpio outra vez par volver ás andadas. Temos que concienciarnos e evitar cometer o mesmo erro.

  21. fatimafuentes.aso.1a di:

    Estou de acordo co que di Estela. É certo que esta non é a solución ó problema da contaminación, pero polo menos é unha noticia agradable. Estes farois reducirán o gasto de enerxía e ademáis, a longo prazo, tamén reducirán os gastos económicos.Por outro lado, as cidades agradecerán poder ver as estrelas cada noite. En conclusión, paréceme un bo invento, pero non é gratis, polo que penso que aínda tardará moito tempo en chegar ás nosas rúas.

  22. angelpadin.aso.1a di:

    A min o principal problema que se me plantea ó pensar en esta innovación é o económico, a longo prazo aforraranse cartos en consumo de electricidade pero en principio estas farolas non creo que sean precisamente baratas… Por outra parte paréceme moi ben a iniciativa para combatir a contaminación lumínica e que a xente poida ver as estrelas perfectamente.

  23. victor di:

    NOTA: RECORDADE QUE HAI UN FORO ABERTO FEITO POLA VOSA COMPAÑEIRA LORENA (PECHARASE PRONTO)

  24. silviagarcia.aso.1b di:

    Os avances conlevan a un gasto económico, anque hai que pensar na gran contaminación lumínica que hai…hoxe en día mírase para ó ceo e non se ve nada, como quen di, gastar unha cantidade de diñeiro nunha circunstancia útil, como é o benestar do noso planeta creo que tarde ou temprán o resultado e positivo, tanto nas circunstancias de vivir para todo o mundo como para o noso planeta, gustoume moito este post, paréceme moi interesante.