Quen ri máis, homes ou mulleres?

Segundo un estudio da Universidade de Navarra, os homes contan máis chistes pero son elas as que máis se rin, eito débese ás diferentes maneiras do noso cerebro de ver o humor segundo sexamos homes ou mulleres. Din que elas teñen maior capacidade de captar, manipular e comparar os chistes con datos da súa memoria, por eso soen preferir ó chamado “humor intelixente” . Para eles algo absurdo basta para se divertir, sen embargo elas buscan o gracioso dentro do absurdo. Por así dicilo, homes e mulleres collen un mesmo metro para un mesmo destino, pero elas fan moitas máis paradas.

imagen

O primeiro que facemos ao escoitar un chiste, é intentar comprendelo, saber se ten ou non sentido, para isto usamos as áreas da corteza cerebral a cal é prácticamente igual en homes e mulleres.
No segundo paso tratamos de entendela diversión. Para isto, utlizámos a mesma parte que para procesalos sentimentos, na cal as mulleres usan máis áreas do cerebro para detectar o erro, nos homes a parte das emocións é moito máis simple.
A última parte é a risa, cando manifestamos que algo nos fixo gracia. Nesta parte os homes son máis independentes, para eles é máis fácil facer unha análise fría mentres que as mulleres teñen unha gran conexión entre o coñecemento e o emocional.


A risa é a mellor cura, con 15 minutos ó día alongamos a nosa vida ata 4 anos e reducimos o estrés, ademais de reducir nun 40% as probabilidades de ataques ó corazón!

Autora: Lara Cores

Esta entrada foi publicada en Evolución, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.