Que duro é facerse vello…

imagen

 

Imaxinaste o que sería levantarte un día e non recordar nada do que fixeches o dia anterior? Iso é unha realidade, e sófrena cerca de 400.000 persoas en España, sen embargo parece que os adiantos no campo da ciencia poden atopar un remedio. A enfermidade do Alzheimer, considerada ata hoxe incurable, afecta a case 30 millóns de persoas en todo o mundo e é un mal que vai dende a pérdida gradual da memoria ata a extinción total da conciencia, e comeza a desenvolverse sobre os 60-65 anos.

 Científicos estadounidenses lograron recuperar a memoria de ratos que sufrían a enfermidade do Alzheimer, aumentando a concentración dunha proteína no seu organismo, e este método podería curar a persoas que padecen esta enfermidade. O estudo demostra que aumentando os niveis da proteína CBP, necesaria para recordar a longo prazo,  é posíbel mellorar a memoria nos ratos deseñados para desenvolver Alzheimer, enfermidade neurodexenerativa que afecta á memoria, ó pensamento, á conduta e a capacidade para realizar actividades cotiás.

 Salvatore Oddo, investigador do Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Texas, afirmou que se pode reverter  o déficit de aprendizaxe  e memoria aumentando o nivel desta proteína.

Autor: Angel Padín

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Que duro é facerse vello…

  1. estelachaves.aso.1a di:

    A investigación que están levando a cabo estes científicos convértese nun fío de esperanza para moitas persoas, non soamente pasa as que teñen a enfermidade, senon tamén para familiares, que indirectamente son os que máis sofren por mor disto, xa que é moi duro que un pai non recoñeza ó seu fillo. Un paciente con esta enfermidade, dende o momento do diagnóstico, suele ter una esperanza de vida de 10 anos máis, 10 anos sufrindo a dexeneración que provoca o alzheimer, 1o anos onde moitos familiares prefiren que morra xa, pois non poden seguir vendo como sofre. O problema que presenta a enfermidade é que afecta ás persoas maiores de 65 anos indistintamente, non hay unha causa específica, a menos que se coñeza, de por qué afecta a uns si e a outros non. A herdanza, que é un factor clave na transmisión de moitas enfermidades, soamente inflúe no caso do alzheimer nun 1%.
    A investigación tivo éxito en roedores, pero non se sabe a probabilidade de éxito que pode chegar a ter en persoas. De todas formas, e como dixen antes, calquer avance médico supón un raio de luz en moitas familias que se sumiron na escuridade por causas como esta enfermidade.

  2. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Coma ben di Estela, este novo descubrimento é moi beneficioso tanto para as persoas que sofren alzheimer, coma para as que teñen que coidalas. O alzheimer afectalle a cada persoa de forma distinta, mentras que hai persoas que volven a súa “infancia” cos recordos, e moitas veces intentan escapar para volver as súas antigas casas, outros continúan perdendo os coñecementos ata o punto de volverse vexetais ou “fetos”, e dicir, que se pasan todo o día na cama durmindo. Grazas a este descubrimento as persoas maiores poderán vivir normalmente e transmitirnos as súas experiencias e coñecementos.

  3. rebecapineiro.aso.1a di:

    Paréceme un avance interesantísimo xa que creo que esta é unha enfermidade moi triste tanto para as persoas que a padecen como para as súas familias. É incurable e terminal.
    Xeralmente os primeiros síntomas son a inhabilidade de adquirir novas memorias e poden confundirse con actitudes relacionadas coa vellez ou co estrés.
    A súa causa é desconocida.
    Para previr esta enfermidade, suxírense varios hábitos conductales, pero non hai evidencias que destaquen os beneficios de esas recomendacións, que inclúen a estimulación mental e unha dieta balanceada.

  4. sandragarcia.aso.1b di:

    Como di a miña compañeira Estela, o alzheimer é unha enfermidade moi dura, tanto para o que a padece, coma para os que se atopan ao seu aredor, a familia. Ademáis é difícil de detectar, porque algúns dos primeiros síntomas, como o son a pérdida progresiva da memoria, cambios de carácter, perder cousas, ou deixalas en sitios pouco habituais, achácanse á idade, ó estrés ou a un despiste, e non se lles da moita importancia. Últimamente presentáronse tamén casos de xente xoven quecomeza a paceder alzheimer, entre os 30 e os 40 anos. Sería un gran avance poder curar a estas persoas con alzheimer, ou polo menos facer que non vaia a máis, para mellorar o nivel de vida dos que a padecen e dos seus familiares.

  5. aracelilores.aso.1b di:

    Oxala se dea coa formula correcta para acabar co alzheimer, unha das peores enfermidades que existen desde o meu punto de vista; xa que pouco a pouco vas esquecendo a túa vida e os teus seres queridos hasta xa non recordar nada. Os científicos están facendo un bo traballo, pouco a pouco van aparecendo avances médicos que nos dan a esperanza de acabar con esta enfermidade..
    Un dos grandes misterios de esta enfermidade é porque afecta maiormente as persoas maiores, tamén se descoñece cal é a causa, que inclúe os factores xenéticos, ambientais e o estilo de vida, pero a importancia distos factores para previr ou atrasar a enfermidade varía de persoa a persoa.

  6. paulacnine.aso.1b di:

    Esta e una enfermidade moi dura tedes razon pero non só para o que a sofre senon para as persoas que se encontran o seu redor, a sua familia xa que ver unha persoa que non recorda o que fixo onte e algo moi duro.
    Esta enfermidade e unha das mais sufridas na actualidade como o cancro tamen son as duas enfermidades temidas polos maiores, pero non só eles senon que en todos os homes e mulleres de 30e os 50 anos xa que ultimamente estanse dando casos en xente nova.
    Sería bo encontrarlles una cura a estas enfermidades xa que son as perores que pode surir unha persoa.
    E moi duro non poder recordar unha palabra bonita dunha persoa a que queres.

  7. cristinagesc.aso.1a di:

    Paréceme unha noticia moi interesante e importante, xa que moitas persoas vense afectadas.
    O alzheimer é unha enfermidade que ataca ó cerebro, é progresiva e dexenerativa e causa problemas de memoria, pensamento e conduta. Esta enfermidade altera na toda de decisións, atención ,sensatez, expresión e temperamento, co tempo esta enfermidade deteriora máis o cerebro.
    Ademáis, desta enfermidade, hai outras formas de delirio, na que se inclúen enfermidades como a parálisis cerebral, demencia con corpos de Lewy, enfermidade de Pick, diferentes tipos de demencia necesitan diferentes tratamentos.

  8. martinblanco.aso.1a di:

    Esta é unha des enfermidades máis duras que existen para a vida dunha persoa, alégrame moito saber que estase investigando moito sobre algunha maneira de evitala ou curala.

    O alzheimer é unha enfermidade notable en persoas de idade avanzada de todo o mundo, pero confirmo o que di Sandra, cada vez preséntanse casos de persoas de menos idade, polo que é moi preocupante, e sería moi importante encontrarlle un remedio a esta tráxica enfermidade.

  9. arantxaleiro.aso.1b di:

    Se se encontrara a solución a esta enfermidade seria realmente estupendo,seria unha gran alegría para todo o mundo e máis para as persoas que a están sufrindo neste momento,serie un gran avance.

  10. martincabal.aso.1b di:

    É sen dubida unha gran noticia, pero ao comentario de Arantxa que di “seria unha gran alegría para todo o mundo e mais para as persoas que a están sufrindo neste momento” decir que non sabemos con certeza e si se recuperan os recordos a longo prazo, ou este novo descubrimento so permite recordar a partir de inxerir dita proteína, e que o mellor os pacientes non senten esa alegría, xa que non se dan de conta dos recordos perdidos.

  11. miguel.aso.1b di:

    Aínda que as dúas causas máis importantes de que unha persoa padeza alzheimer son a idade e os antecedentes familiares, existen outros factores que contribúen á que as persoas o padezan, coma son desórdenes metabólicos (resistencia á insulina), disminución de acetilcolina(unha substancia química que existe no cerebro e que traballa enviando señais dunha neurona a outra, fundamental para aprender a memorizar), os pacientes con maior nivel educativo terían menor risco, a exposición a pesticidas, disolventes e fertilizantes; hipertensión, tabaquismo ou diabetes…

  12. mariacmaq.aso.1a di:

    Pareceme unha idea moi interesante xa que é unha enfermidade moi dura non só para as personas que a padecen senon tamén para a xente que os rodea, xa que esas persoas necesitan coidado a todas a horas do día tanto o principio que volven a ser nenos como nun final no que están en estado prácticamente vexetal.
    Este invento proporcionaría unha mellor vida o moita xente, xa que vivir nese estado non é vivir.

  13. mariacgarcia.aso.1a di:

    Pareceme moi bo que fagan investigacións para que moitas persoas que sufren desta enfermidade poidan chegar a recordar algunhas cousas das que se olvidaron por mor disto.
    Eu creo que xa que teñen asumido que é unha enfermidade terminal se lle axudan a recordar algo poden levalo algo mellor.

  14. noeliavazquez.aso.1a di:

    Para min esta e unha das enfermidades máis duras non só para o paciente xa que as veces estes teñen o seu momento de lucidez, senón para a xente que os rodean, xa que ver a unha persoa a que lle tes moito afecto e que non se acorda de ti ou se comporte coma un neno pequeno e moi duro.
    Como decía Mary, a min tamén me parece moi interesante xa que facilitaría e alegraría moito as vidas deses pacientes e das súas familias.

  15. gabriellema.aso.1a di:

    Sen dúbida estamos ante un gran avance no campo da medicina. O alzheimer é unha enfermidade moi destructiva e triste que afecta tanto á persoa que a padece coma os seus familiares, que ven a constante perda de memoria do enfermo e que pode chegar a un punto de que o suxeito se olvide deles.
    Existen unha serie de métodos para previr esta enfermidade como son levar unha alimentación equilibrada, realizar actividades físicas diarias, manter o cerebro activo mediante exercicios mentais, non fumar, non manterse aisalado da sociedade etc.

  16. laracores.aso.1b di:

    Un dos descubrimentos máis importantes dos que se están a levar a cabo, dende o meu punto de vista o Alzheimer é unha das peores enfermidades que pode haber, ten que ser durísimo perder tódolos teus recordos, toda a túa vida e sen darte conta.
    Como ben di Martín Corbelle, a solución que aquí se nos plantexa sería útil de se detectar a enfermidade nos seus comenzos posto que se xa está moi avanzada non nos aseguran que vaïamos recuperalos nosos recordos.
    Inda queda moito por indagar para atopar unha total cura a esta enfermidade, pero mentres todos podemos ir preveendoa cunha alimentación equilibrada e sen fumar, exercitando a nosa memoria a curto e longo prazo…

  17. laurareguera.aso.1b di:

    Pareceme un gran descubrimento porque esta enfermidade causa moitos problemas nas familias e moita tristeza xa que o que a sofre pasao moi mal o non recordar o que fixo o dia anterior ou simplemente fai una hora e o resto das familias pasano mal polo simple feito de var esa persoa asi e non poder facer nada o respecto.

  18. lourdesfarina.aso.1b di:

    Particularmente coñecín a unha persoa que padecía esta enfermidade. É duro pero para ambos: familias e enfermo. O enfermo dase conta do que lle está a pasar ao seu comezo. A perda pouco a pouco da memoria, non recordar o que fixo no mesmo día…Pero eu sen dúbida creo que a peor parte é a da familia, quen o coida. Estas persoas un día comentaron o díficil que era para eles o día a día, cómo podería despertarse o enfermo(recordar ou nin si quiera saber si ten fillos).
    Poñerse na pel das persoas que coidan ao enfermo é terrible.
    Evitar o tabaco, o alcohol…,seguir unha dieta variada e rica en alimentos que conteñan vitaminas do grupo B1, comer peixe azul evita esta enfermidade con técnicas para previr esta enfermidade.

  19. victorino.aso.1 di:

    Este avance na medicina eu creo que era un gran recto e agora estase vendo posible. Eu igual que as miñas compañeiras tamén digo que o peor parado desta enfermidade son as familias xa que eles son os que os coidan e polo tanto os que sufren en realidade.

  20. noeliadozo.aso.1a di:

    A beta amiloide é a proteína que destrúe as zonas do cerebro onde as células comparten a información.
    Un incremento da proteína citada no post, a CBP, non reduciría a acumulación da beta amiloide, pero sí axudaría á formación de memoria.
    Actualmente, o tratamento contra o Alzheimer ten un custo elevado,aínda sendo unha enfermidade que afecta a tanta xente no mundo.

  21. ateneaprado.aso.1b di:

    Paréceme moi ben que se investigue para atopar solucións a enfermidades tan duras como e o caso do Alzheimer. Penso que sufrir esta enfermidade debe ser moi duro, porque sen case darte conta vas perdendo os recordos e todo aquilo que durante toda a vida puidexes ir gardando na tua memoria e que te fixeron tan feliz. Por parte do enfermo debe ser moi difícil ter que soportar esta enfermidade, pero por parte de todas as persoas que o rodean penso que ainda e mais dificil ver que un familiar ou unha persoa querida para ti, nun momento e cando menos o esperes, non te vai poder nin recoñecer.

  22. manuelsomoza.aso.1a di:

    Sen dúbida é unha gran noticia para a humanidade, pouco a pouco, cos avances científicos estamos a curar enfermidades que antes eran incurables. Desgraciadamente, eu vivín de preto esta enfermidadade xa que un familiar meu padeceuna ata que morreu. Como dí Lourdes o peor e para os que coidan esa persoa xa que son os que ven o horrible efecto da enfermidade. Ser incapaz de recoñecer a súa familia, saber quen é el e ata non ser capaz de ir o baño só…
    Pero un paciente con Alzheimer non morre pola enfermidade, senón por infeccións secundarias como unha llaga de presión ou úlcera de decúbito, lesións que se producen cando unha persoa permanece nunha soa posición por moito tempo.

  23. fatimafuentes.aso.1a di:

    Está claro que é unha noticia moi grata. Encontrar unha solución para esta enfermidade sería un gran avance, xa que, como din os meus compañeiros, ademáis de salvarlle a vida a esa persoa, conseguiríamos acabar co sufrimento que esta enfermidade produce nos familiares e amigos do enfermo. Ademáis, nun futuro, calquera de nós pode padecela enfermidade, polo que debemos alegrarnos de que cada vez, a ciencia, avance máis.

  24. elisaduran.aso.1a di:

    Hoxe en día, a sociedade esta moi comprometida con esta enfermedade debido a que, como xa se comentou moitas veces nesta entrada, como debe ser que unha persoa querida, a que lle debes moito, non poida nin recoñecerte o estar con el? como debe ser ver a persoas fortes que loitaron moito o longo da súa vida cunha dependencia absoluta a outra persoa sen poder ir miseramente o baño? Unha persoa que padece Alzeimer, non está só, polo que moitas personas tiveron que cambiar a súa vida para axudar a esa persoa querida. É unha enfermidade que afecta moito a sociabilidade das persoas, por eso, hoxe en día, é unha das principais enfermedades investigadas, para que ademáis de mellorar as condicións de vida dos enfermos, tamen axudar a esas familias que lle estan dando todo.

  25. sarabetanzos.aso.1b di:

    Moitos tratamentos posibles para o alzheimer estanse a invertigar nos laboratorios e probánse en ensaios clínicos humáns. É certo que a sociedade está compromentida con ésta enfermidade, pero na miña forma de pensar, podío estar máis, é o mesmo de sempre. As investigacións custan cartos, e a sociedade non está moi disposta a perdelos.

  26. silviagarcia.aso.1b di:

    O outro día, tiven que ir ó hospital, e coñecín a unha señora onde o seu pai tiña alzheimer,ademáis diso o seu pai tiña gangrena, unha perna amputada e estaba ali para amputar a outra, a muller estaba moi mal, xa que o seu pai non a coñecía non se daba nin de conta de que lle faltaba unha perna e o que lle ivan facer, unha persoa con esa enfemidade, non sabe quen é nin quen é a xente que a quere, é moi triste non so vivilo se no velo, creo que enfermidades como esa, debería de haber máis empeño en descubrir algo para paralo…