Naceu o supersalmón

imagen

A empresa AquaBounty Technologies creou un salmón modificado xeneticamente. Tratase dun salmón que ao estar modificado crece ao dobre de velocidade ca un normal e podería ser o primeiro animal transxénico en chegar aos consumidores. Esta empresa, responsable do desenvolvemento do “supersalmón” está esperando a que a FDA (Food  & Drug Administration) lle dea a autorización para poder distribuír os seus salmóns a produtores de todo o mundo.

O “Salmoneitor”, como o bautizou a empresa, obtívose gracias a incorporación aos ovos do salmón atlántico dun xen procedente do salmón chinook do pacífico. Este xen regula a produción de hormonas do crecemento e aumenta, ao dobre, a súa velocidade de crecemento, sen alterar o sabor, a textura e outras propiedades nutricionais do salmón atlántico.

A empresa  di que serían moitos os beneficios que xeraría a súa comercialización. Diminuiría a presión pesqueira existente sobre as poboacións naturais, favorecendo a súa recuperación. Favorecería un maior crecemento económico e xeración de emprego.

D.David Senior, profesor de veterinaria e presidente do comité de espertos consultados pola FDA, decidiu paralizar a súa comercialización xa que di que sería moita a dificultade que terían os consumidores para distinguir o produto transxénico do salvaxe. Consideran insuficientes os datos sobre as posibles reaccións alérxicas e támen sobre os problemas que podería causar sobre as poboacións naturais de producirse algún escape accidental.

Autora: Mª Carmen García Estévez

 

Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos, Biotecnoloxía e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.