As farolas intelixentes

imagen

A multinacional da electrónica Philips e a localidade holandesa de Tilburg, no centro-sur do país, chegaron a un acordo para probar varios modelos de iluminación pública que acenden ou apagan cando os peóns pasan preto. Segundo a axencia holandesa ANP, a multinacional quere poñer en marcha un sistema de iluminación pública baseada en díodos emisores de luz (LED) que sexa máis ecolóxico e eficiente en gasto enerxético. A proba realizarase en Berkel-Enschot, unha localidade dependente deTilburg, que pretende “aforrar ata un 50% de enerxía” con ese novo sistema de “iluminado público intelixente”.

 Cando alguén se achega aos farois, as súas lámpadas acéndense, e cando o peón en cuestión se afasta, a luz comeza a apagarse lentamente. Outra vantaxe deste novo sisteme é que as vivendas situadas nas proximidades dos farois non se verán afectadas pola noite polo fulgor constante das lámparas.

AutoraArantxa Leiro Chaves

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to As farolas intelixentes

  1. victor di:

    NOTA: ESTE VENRES PECHARASE O FORO

  2. noeliafv.aso.1b di:

    Paréceme un moi bo invento que podería solucionar un gran problema como é a contaminación lumínica, ou polo menos axudar a reducila. Esto tamén lle aforarría aos concellos moito diñeiro en electricidade, que podería ser utilizado para outros servicios.

  3. mariamcosta.aso.1b di:

    Sen dúbida é un proxecto moi positivo que oxalá se puxera en marcha en moitas zonas do mundo, porque acabaría ou ao menos reduciría a contaminación lumínica. Habería que facelo ben para que os peóns seguisen vendo ben, pero parece un invento útil e sinxelo.

  4. miguel.aso.1b di:

    A verdade e que son todo ventaxas, xa se debería ter levado acabo fai tempo, pois a contaminación luminica que existe actualmente nas cidades da nosa sociedade afecta sobre todo á astronomía amateur.
    Se aínda por riba aforra un 50 por cento de enerxía, sen dúbida é un gran invento, non entendo como non se lles ocurreu antes.

  5. migueltrigo.aso.1a di:

    Sen dúbida esta idea a de ter resultados poisitivos, e extenderase a moitos outros países, como di María, xa que se o aforro e do 50%,moitos serán os que tamén queiran ser partícipes dese aforro que lles suporía. Creo que é moi positivo, e tamén un exemplo para outros países, que Holanda realice probas con proxectos coma este, que están chamados a marcar a nosa vida cotiá, en relación co medio ambiente, de maneira tan positiva.

  6. rebecapineiro.aso.1a di:

    Paréceme unha idea boísima para aforrar enerxía. E sen ir tan lonxe, atopei un caso parecido nun concello de España.
    O concello de Collado Mediano (Madrid) sustituiu todo o alumbrado público por farolas con bombillas LED, o que lle suporá un aforro na factura da luz de entre un 40% e un 60%. En total invertiron case 3 millóns de euros, pois cada farola custa 500€. Estas farolas teñen una duración media de 50.000 horas, polo que se trata dunha tecnoloxía de gran duración que se amortizará co aforro na factura da luz.

  7. martinblanco.aso.1a di:

    É realmente moi interesante, seguramente a intelixencia das farolas teña moito que mellorar, pero como proxecto, pode prometer de verdade. Unha noite sen tanta contaminación visual debe ser moi agradable.
    Sobre o consumo de enerxía, nalgúns pobos con pouca civilización seguramente se podería aforrar un montón, pero naquelas grandes ciudades na que hai milleiros de peatóns en todas partes e a todas horas, sería un gasto de enerxía similar á das farolas básicas, polo que probablemente sería inutil cambialas polas “farolas intelixentes”.

  8. estelachaves.aso.1a di:

    Eestas farolas intelixentes presentan unhas grandes vantaxes nos pobos pequenos, onde a afluencia de persoas pola noite é moi pequena. Pero como indica Martín, nunha grande cidade, onde hay xente prácticamente a todas horas camiñando pola rúa, sería un invento inútil. A pesar de que este é un invento moi interesante, tamén existen outro tipo de farolas “intelixentes” nas que a súa luz varía dependendo da lúa. Cando hay lúa chea, as farolas mantéñense apagadas, mentres que cando hay lúa nova, estas permanecen accesas e coa máxima potencia. Aforrando así moita máis enerxía e sendo ó mesmo tempo moi útiles.

  9. aracelilores.aso.1b di:

    Estou de acordo cos meus compañeiros, este é un bo proxecto, con estas farolas poderíase solucionar a contaminación lumínica, aforrar enerxía, diminuír as emisións de CO2… Estas farolas tamén son mellores que as convencionais xa que a súa durabilidade e maior, tamén requiren menos voltaxe e consumo, por tanto supón un aforro.
    Ademais o ser LEDs son reciclabes 100%. Non sei cal será o seu custo, pero valen a pena.

  10. emmanuelfj.aso.1b di:

    A pesar de que nunha gran cidade ten unha afluencia considerable de xente, o punto que marca arantxa no texto é interesante xa que as casas que estén preto das farolas, polas noites non terán que sufrir esas luces que non estan acesas por ningun motivo en especial. Vexoo como unha medida moi interesante e que pode dar moito de si, xa que o aforro enerxetico para o mundo e para o noso bolsillo é o que se busca en definitiva nestes tempos

  11. laurareguera.aso.1b di:

    Pareceme que fan ben en producir este tipo de farolas xa que son boas para así non provocar tanta contaminación lumínica xa que moitas das farolas que están nas rúas alumbran para nada porque están postas en lugares onde non pasa nadie en toda a noite. Tamen grazas a este invento aforrariase moita enerxia porque así non estarian encendidas todo o tempo

  12. malenasineiro.aso.1b di:

    O proxecto é moi inbteresante, o malo é que han de pasar aínda moitos anos ata que estas farolas dominen todas as grandes cidades, pero a iniciativa é moi boa e interesante. A verdade é que é unha idea moi sencilla pero que vai solucionar o gran problema da contaminación lumínica como ben mencionan os meus compañeiros.
    Espero que a idea colonice moi pronto as grandes cidades contaminadoras.

  13. mariacmaq.aso.1a di:

    Pareceme unha moi bo proxecto xa que a contaminación sería menor e os gastos tamén disminuirían notablemente sobre todo nalgunhas zonas nas que polas noites están desertas.

  14. laracores.aso.1b di:

    É unha iniciativa do máis interesante e útil, pero non é a única solución ó indiscriminado gasto en iluminación que temos, a mala colocación das farolas e o seu mal uso son máis importantes.
    En Cambados podemos comprobar que hai rúas que están totalmente iluminadas, incluso demasiado o haber farolas acendidas cada poucos metros de maneira esaxerada, e sen embargo temos rúas que o non ser principais non teñen iluminación. Se se repartisen mellor aforrariamos moitísimos cartos mentres que este novo invento non chegue a nós.

  15. arantxaleiro.aso.1b di:

    Pois a min paraceme un moi bo proxecto ,como solución da contaminación lumínica, polo aforro de moitos cartos e porque estas farolas non detectan o movemento da xente que vive moi cerca dunha farola destas.Loxicamente pasaran moitos anos para que estas farolas poidan ser postas en casi todo o mundo,que ainda que despois de poñelas aforrese moitos cartos,poñelas tamen seria moi caro.

  16. paulacnine.aso.1b di:

    Este e un moi bo invento, xa que habera menos contaminación luminica e aforraremos moito, xa que moitas veces as farolas non dan luz o sitio apropiado senon que se destraga dandoa para outros lugares onde non e necesario que estas alumen. Grazas a este invento teremos luz só cando o necesitemos, e tamen favorecereos a que os animais que saen pola noite poidan sair sen medo.
    Como di a miña compañeira seria moi caro pero creo que a larga aforraremos moito mais do que custan e favoreceremos a que haxa menos contaminación.

  17. rafaelgondar.aso.1b di:

    Eu estou dacordo con Arancha.Xa que se aforraria moitos cartos con estas farolas

  18. ateneaprado.aso.1b di:

    Paréceme unha proposta moi interesante e que creo que nos beneficiará moito, a nos pero sobre todo ao medio ambiente xa que non haberá tanta contaminición.Como di a miña compañeira Arantxa, pode que estas farolas tarden moito tempo en poder poñerse, pero cando se poida levar a cabo esta proposta estou segura que será moi beneficioso.Deberían investigar mais solucións coma esta para que se acaben moitos dos problemas que existen en todo o planeta.

  19. lourdesfarina.aso.1b di:

    A culpa dos problemas tipo iluminación, vertidos… é nosa, dos habitantes, cando imos a votar fixámonos no que mais nos beneficia, o que prometen os políticos, pero non lle esiximos nada, todo o mundo prefire ter as súas aceiras ben asfaltadas dándolle o mesmo vivir nun pobo que se contamina día a día.

  20. manuelsomoza.aso.1a di:

    É un proxecto moi bo e interesante para reducir tanto o consumo de electricidade como a contaminación lumínica. Por outra banda, opino o mesmo que martin, xa que este tipo de farolas sería un avance inútil para as cidades xa que pasarían continuamente e estarían continuamente encendendose e apagandose. Pero non fun capaz de encontrar información acerca de si se encenderan ou apagaran tamén con vehículos… Este tamén sería un tema importante a tratar. Ademais si se encenden e apagan cando pasan vehículos podería haber un maior aumento de accidentes polas constantes cambios de luminosidad…

  21. oscaralvarez.aso.1b di:

    Este é un bo sistema para reducir a contaminación lumínica, aforrar enerxía… Pero non creo que sexa o método máis eficiente para as cidades. Considero que nos pobos tería eficiencia xa que non hai numerosas persoas pero nunha cidade habería que aplicar outros métodos. A colocación próxima de farolas é unha acción inútil, como ben dicía Lhara, e aumentando a distancia entre éstas poderíase ver ben e aforraríase.