Pel tomate = plástico

Investigadores do Instituto de Ciencias Materiais de Sevilla e da Universidade de Málaga crearon un plástico biodegradable a partir da pel do tomate. Tomaron como referencia o compoñente principal da epiderme da pel deste froito, un biopoliéster denominado cutina . A función principal deste biopolímero é preservar a perda de auga dende o interior celular e actuar como interface entre a planta e o medio externo.

imagen

O responsable do proxecto, asegura que a cutina contemplase como un produto biocompatible, biodegradable e non tóxico que a propia natureza emprega como capa protectora de froitos e follas e, por tanto, susceptible de ser adaptado artificialmente e empregado como material comercial para o envasado de alimentos.

 O material plástico resultante é viscoelástico, co grosor que se desexe e de cor alaranxado. É inocuo e biodegradable e a súa durabilidade é a mesma que a da pel do froito. Na actualidade estanse realizando probas mecánicas, de resistencia, elasticidade, transparencia e opacidade. Ademais, a materia prima é gratuíta, posto que son residuos da industria alimentaria.

Autora: Araceli Lores Domínguez 

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.