Tarzán, axuda!

imagen

O gorila “Gorrilla beringei” é sen dúbida un animal en perigo de extinción. A elevación dese estado tan alarmante é atribuída á caza furtiva e ás epidemias masivas do letal virus Ébola. Un tercio da poboación de gorilas foi exterminado nas áreas protexidas durante os últimos 15 anos. As estimacións máis optimistas sinalan unha poboación mundial de 200.000 exemplares, mentres que as máis pesimistas quédanse en só 6.000.

imagen

En todos os países onde viven, os gorilas están protexidos por leis. Aínda así, están considerados como unha especie en perigo de extinción a causa da invasión e destrución do seu hábitat e á caza furtiva que nutre a un mercado internacional de trofeos de animais salvaxes. Tamén se cazan para obter a súa carne ou para capturar ás crías. Os gorilas de montaña que viven na República Democrática do Congo, Ruanda e Uganda, xunto cunha pequena poboación de gorilas que viven na fronteira entre Nixeria e Camerún son os que están en máis grave perigo de desaparición. O estatus “En Perigo Crítico De Extinción” é extremadamente desalentador para o futuro dos gorilas, di Peter D. Walsh, do Instituto Max Planck para a Antropoloxía Evolutiva.

 A aplicación das leis e, particularmente, o traballo das patrullas que perseguen aos cazadores furtivos, foron efectivas no control da caza ilegal no pasado. Ademais, poden empregarse varias vacinas experimentais diferentes contra o Ébola. Por desgracia, o financiamento para a aplicación das leis  debilitouse nos últimos anos a favor de programas politicamente máis correctos, como o ecoturismo e, en canto, ó Ébola ninguén desexa pagar por un programa de vacinación contra a enfermidad, declara Walsh. A menos que sexamos máis rigorosos agora coa aplicación das leis e co control da Ébola, no quedarán moitos gorilas.

Autor: Manuel Somoza

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Tarzán, axuda!

  1. lourdesfarina.aso.1b di:

    De 200.000 a 6.000 son unhas cantidades bastante distintas. Creo que eses datos deberían estar un pouco máis igualados.
    Isto non só ocorre nesta especie. É algo que sabemos todos. Outra especie é o elefante, que por diferentes motivos como a caza do marfíl(especialemte) ou mesmo a súa carne están acabando con estes animais.

  2. estelachaves.aso.1a di:

    En África, os gorilas poderían extinguirse nun prazo de tan so 15 anos. Este feito é alarmante, e aparte das causas que acarrearon situación que xa están citadas, a tala indiscriminatoria e a minería tamén inflúen na desaparición destos animais. Aparte do importante que é conservar as especies en perigo de extinción, estos animais en concreto, aportan un grande beneficio para os países limítrofes das zonas onde viven. Un turista pode chegar a pagar $500 para que se lle permita ver e seguir ós gorilas, pois son sorprendentes as similitudes que presentan co ser humano. Esta suma anualmente increméntase moito e países como Ruanda recollen un grande beneficio.

  3. martinblanco.aso.1a di:

    É unha pena encontrarme con noticias deste tipo a diario, ver como moitos animais cada día entran en perigo de extinción (tendo nós bastante responsabilidade deste suceso). Deberiamos preocuparnos da saúde destes animais tanto como da nosa, e tomar medidas máis drásticas en contra dunha acción tan grave como é a caza furtiva.

  4. micaelgarcia.aso.1a di:

    Non só a caza furtiva e a destrución do hábitat son causas de que estes animais estén es perigo de extinción. Como ben apunta Manuel no post a enfermidade do ébola é outras das grandes causas, en 2006 a revista Science publicou que máis de 5000 gorilas morreran recentemente a causa do virus do ébola.

  5. victor di:

    Que papel xoga o mundo desenvolvido na extinción de especies coma o gorila?

  6. micaelgarcia.aso.1a di:

    Poderiase dicir que é o reponsable da mayoria das extincións. Xa que se os humans non existiran estas especies non se encontrarian no estado no que están.Eu creo que algúns dos motivos desta desagradable situación son:

    -A necesidade de cada vez máis de este mundo consumista en que vivimos provoca a inmensa explotación dos recursos terretres que a súa vez trae consigo unha gran destrucción do espazo natural que os animais necesitan para vivir.

    -A caza furtiva incentibada pola existencia do mercado negro e a demanda de productos exoticos, provoca que os poucos exemplares que existen de algunhas especies en serio risco de extinción teñan que enfrentarse os cazadores furtivos e perecer no intento.

    -Outra das causas que pola que nos encontramos en esta desagradable situación é a introducción de especies “extranxeriras” en ecosistemas que non lee pertencen, estas especies quizais mellor dotadas para o medio que as especies autoctonas provocan un gran deterioro no fauna e flora do lugar.

    O biólogo E.O. Wilson estimou en 2002 que, de continuar a actual tasa de destrucción da la biosfera, a mitade das especies que viven no planeta extinguiranse en 100 años.

  7. micaelgarcia.aso.1a di:

    Poderíase dicir que é o responsable da maioría das extincións. Xa que se os humanos non existiran estas especies non se encontrarían no estado no que están.Eu creo que algúns dos motivos desta desagradable situación son:

    -A necesidade de cada vez máis de este mundo consumista en que vivimos provoca a inmensa explotación dos recursos terrestres que a súa vez trae consigo unha gran destrución do espazo natural que os animais necesitan para vivir.

    -A caza furtiva incentivada pola existencia do mercado negro e a demanda de produto exóticos, provoca que os poucos exemplares que existen de algunhas especies en serio risco de extinción teñan que enfrontarse os cazadores furtivos e perecer no intento.

    -Outra das causas que pola que nos encontramos en esta desagradable situación é a introdución de especies “estranxeiras” en ecosistemas que non lee pertencen, estas especies quizais mellor dotadas para o medio que as especies autóctonas provocan un gran deterioro no fauna e flora do lugar.

    O biólogo E.O. Wilson estimou en 2002 que, de continuar a actual taxa de destrución da la biosfera, a metade das especies que viven no planeta extinguiranse en 100 años.

  8. malenasineiro.aso.1b di:

    Creo que somos os países desembolvidos os culpables da desaparición destas especies, xa que mesmo as xentes que conviven cos gorilas convirtense en moitas ocasions en cazadores furtivos movidos polos cartos que paga a xente de outros países, simplemente por puro abuso.
    Ademáis de que son as empresas de países desembolvidos as que están instaladas en países pobres para poder obter máis beneficio, e son esas empresas as que destrúen ecosistemas enteiros sen ter ningún tipo de regulamento.

  9. lourdesfarina.aso.1b di:

    Nestes días apareceu un gorila que se pon en pé para atopar comida ou para divisalo campo. Camiña erguido como si fose completamente un humano. Vive nun zoolóxico en Inglaterra e ten 21 anos. Paréceme unha noticia interesante xa que estamos a tratar de gorilas. A evolución continúa en tódalas especies e isto é unha mostra.

  10. laracores.aso.1b di:

    O mundo desenvolvido, é dicir, nós, as persoas, somos os maiores causantes das extincións da actualidade, coma ben se dixo fai pouco “a humanidade está en loita coa terra”, todo o que estamos a facer está destrozando este planeta que ten millóns de anos.

    A causa furtiva é a maior causa de extincións de animais na actualidade, pero non a única, as nosas contaminacións, as talas indiscriminadas de bosques, construccións en campos e demais actos do ser humán acaban con ecosistemas, cos hábitats de milleiros de animais e con eles mesmos.

  11. miguel.aso.1b di:

    Unha especie considérase en “perigo crítico de extinción” cando está a piques de desaparecer ou cando experimenta un descenso da poboación de entre o 80 e o 90 por cento. Estes animáis son incluídos na “lista vermella” e exíxense medidas a medio ou curto plazo para erradicar esta diminución da poboación.
    Na lista vermella aparecen especies coma o antílope “saiga”, o ratón de auga etíope ou o cabaliño de mar de cola de tigre.

  12. oscaralvarez.aso.1b di:

    A duración de vida aproximada dun gorila oscila entre os 35 e os 45 años. Máis do 25% morren nos dous primeiros anos de vida por diversas enfermidades donde destaca, sobretodo, o Ébola. A unha idade adulta só chegan aproximadamente o 50% dos gorilas. A poboación restante de gorilas vese sometida á varias actividades humanas que terminarán coa súa extinción como xa se mencionou anteriormente a destrucción do seu hábitat, a caza furtiva, a captura das crías…

  13. paulacnine.aso.1b di:

    Estes anipais poden ser extintos,xa que o que di o texto da caza furtiva e verdade, ainda que existan leis contra isto non sempre lles fan caso as leis senon que se preocupan polo diñeiro que cosneguen grazas a estes animais e co paso duns anos esta especie que e da que provimos vai desaparecer.

  14. ateneaprado.aso.1b di:

    Os culpables claramente de que os gorilas sigan desaparecendo son única e exclusivamente as persoas xa que por gañar un pouco de diñeiro na comercialización dalgunha das súas partes,etc,son capaces de facer desaparecer unha especie sen importarlles as consecuencias que esto supón. Deberíanse tomar medidas máis duras contra as persoas que trafican non so cos gorilas senón con todo tipo de especies.

  15. elisaduran.aso.1a di:

    O gorila non ten enemigos naturales, exceptuando ós seres humanos, aunque vironse leopardos atacar a gorilas en alunhas rexións.
    A maior causa da súa extinción é a invasión e a destrucción do seu hábitat e a caza furtiva para un mercado internacional de trofeos de animales salvaje, para obter a súa carne ou para capturar as crias.
    Os que están en máis grave perigo de desaparición son os que viven na fronteira entre NIgeria e Camerún.

  16. manuelsomoza.aso.1a di:

    O nome do virus provén do río Ébola, situado en África, onde foi identificada por primeira vez unha epidemia a causa deste virus no 1976. Nese ano, morreron arredor do 85% dos infectados.
    O virus transmítese por contacto directo con líquidos corporais infectados como o sangue, a saliva, a suor, a orina ou os vómitos. O período de incubación varía de 2 a 21 días, aínda que o máis normal é de 5 a 12 días. O virus está vivo en África. No ano 1976 morreron arredor do 85% dos infectados.

  17. noeliafv.aso.1b di:

    Este virus (Ébola) e o causante da febre hemorráxica viral do Ébola, unha enfermidade infecciosa, altamente contaxiosa e moi severa e que non só afecta a animais, senón que tamén a seres humanos. Tan só hai catro laboratorios no mundo equipados para traballar con este virus. Paréceme unha pena que estean a desaparecer tantas especies no mundo, e máis se é por culpa do ser humano, que está a destruír os hábitats de tantos animais e por vender as partes dos seus corpos como se fosen calquer obxecto

  18. sarabetanzos.aso.1b di:

    O da caza furtiva, e os animais en perigo de extinción é un conto que sen decatarnos, estáse a aproximar demasiado ás nosas vidas. A verdade non teño nada novo que aportar, xa comentei a miña opinión na presentación que fixen na clase e no post dos tigres, pero creo que todo o mundo debería concienciarse de que ésta situación é bastante seria e deberiamos replantearnos o noso comportamento.

  19. migueltrigo.aso.1a di:

    Interesante o tema, estamos a falar, como a principio de curso (se vos acordades dos golfiños), dunha enfermidade en un animal, pero no caso dos golfiños a causa era descoñecida, agora, con estes gorilas protexidos, porque estan en perigo de extinción, aínda que se sabe que é un virus, non parece estarse a facer nada ó respecto. A min paréceríame normal, que xa que lles quitamos tanto a estes animais, comezando polo seu entorno, poderíamos devolverlles o favor investigando o máximo posible sobre o virus que padecen.

  20. laurareguera.aso.1b di:

    Esta especie, da que provimos, esta en perigo de extinción , debido as enfermidades e tamen debido as leis que non sempre se aplica man dura sobre elas como a lei da caza furtiva. Debido a isto os gorilas perden o seu hábitat e co paso dos anos estes acabaran desaparecendo como outras moitas especies.