The Road

 

imagen

Esta película baséase na vida nun mundo apocalíptico onde todo é desolación. Nestas circunstancias, un pai e o seu fillo viaxan cara á costa para buscar un lugar seguro onde vivir. Na súa viaxe atoparanse  cos poucos seres humanos que quedan, a maioría dos cales volvéronse tolos ou caníbales.

Ficha técnica

Esta entrada foi publicada en cine e etiquetada . Garda o enlace permanente.

52 Responses to The Road

  1. migueltrigo.aso.1a di:

    A orixe deste mundo pos-apocalíptico creo que podería ser o impacto dun meteorito sobre a terra, que levantase a suficiente cantidade de pó para que os vexetais morresen e sechegase a unha situación coma esa. Aínda que desta maneira o aire sería inrespirable, é unha película.

  2. martinblanco.aso.1a di:

    Apóiome nas palabras de Miguel. Parece, por moitas probas que podemos atopar na película, que a razón desto é o impacto dun meteorito. O ceo está totalmente cuberto, gris, o sol está totalmente invisible… por todas as partículas que se poderían levantar co gran impacto do meteorito co planeta. Ademáis, os terremotos constantes, os árboles mortos… son cousas que poderían darse por causa dun meteorito.

  3. victor di:

    Non entendo porque dicides que o aire sería irrespirable; que alguén argumente.
    Buscade información de se un meteorito podería deixar a atmosfera nese estado e durante canto tempo.

  4. micaelgarcia.aso.1a di:

    Estudos calculan que a propagación dó pola atmosfera podería provocar un bloqueo total da radiación solar durante semanas e que unha parte da escuridade podería persistir meses ata que o pó se sedimentase sobre a superficie terrestre.
    Ademais o impacto provocaria temperaturas moi elevadas y coa queima da vexetación produciríase hollin que seria espallado pola atmosfera pero duraría menor tempo co pó.

  5. sergioagra.aso.1a di:

    Se un meteorito impactase contra a Terra,unha ou dúas semanas despois do impacto,a Terra estaría cuberta por una grosa capa de nubes e polvo de roca de varios kilómetros de grosor.Tamén porque as plantas que haxan sobrevivido a destrucción ou a incineracion producidas polo impacto,morren, xa que non poden facer a fotosínteses.

  6. martincabal.aso.1b di:

    Eu creo que o causante do desastre da pelicula foi un meteorito, pero non entendo porque se comen uns os outros en vez de pescar, xa que os animais mariños non lle afectaría.
    Calculase que despois do meteorito que acabou cos dinosauros houbo entre 6 meses e 1 ano de oscuridade.

  7. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eu creo que os animais mariños veríanse afectados, posto que:
    Pola falta de luz o placton e as plantas mariñas morrerían e con eles todos os peixes dende o mais pequeno ata o máis grande.
    Ademais impacto provocaria no meteorito terremotos, e con eles tsunamis e erupcións volcánicas.
    E cando o pó en suspensión se precipitara sobre a superficie terrestre tamén caería nos océanos deixando a súas augas en mal estado.

  8. estelachaves.aso.1a di:

    Concordo cos meus compañeiros en asegurar que a causa pola que a terra se destruíra nesta película foi un impacto de meteorito. Tamén podería dicir que estos feitos danse anos despois do impacto, pois a pesar de que o ceo estaba cuberto dunha cor grisácea, non está o suficientemente escuro como estaría xusto depois do impacto. Ademáis, os incendios que aparecen ocasionalmente, están formados polos sedimentos que caen á terra despois de ser elevados cara a atmósfera polo meteorito. Outro dato do que poderiamos falar é o lugar de impacto, pois neste caso, o meteorito cae en terra, xa que se fose no mar, estarían os continentes somerxidos, e claramente non é así.
    Cando falamos de meteorito, non nos estamos a referir ó impacto que ten una pedra xiganto ó chocar contra o noso planeta, senon que o golpe é producido por unha enorme cantidade de enerxía. A pedra xigante, como choca con inmensa rapidez contra a atmosfera, o aire que que leva diante non ten tempo de apartarse e comprímese, acadando grandes temperaturas. A rocha desintégrase e o que relamente produce o impacto é o choque do aire comprimido a grande velocidade que cunhas temperaturas altísimas, ocasionando todos os problemas que se narran na película.

  9. martincabal.aso.1b di:

    Se a catástrofe fora da magnitude que apuntas non habería superviventes de ningunha especie. Como ben sabes despois do meteorito xurásico, algúns animais mariños non morreron, incluso os podemos atopar hoxe en día.

  10. belindagomez.aso.1a di:

    O impacto do meteorito afectaría á atmosfera, de forma que esgotaría a capa de ozono protectora da Terra durante varios anos. Como consecuencia, aumentarían enormemente os niveis de radiación ultravioleta. Sacar adiante cultivos agrícolas para a alimentación humana sería moi problemático e a subsistencia de millóns de persoas veríase seriamente ameazada.Tamén serían afectados os ecosistemas mariños e terrestres despois de comprobarse que cando aparece o burato da capa de ozono sobre o Antártico se reduce a produción de fitoplancto, que é a base da cadea alimenticia oceánica
    A maioría dos meteoritos que caen cara á Terra desintégrase na atmosfera sen outro rastro máis que unha liña de luz, pero no baleiro que rodea á Lúa os meteoritos pequenos caen con toda a súa forza.

  11. lourdesfarina.aso.1b di:

    Os dinosaurios desapareceron da terra a causa dun meteorito que impactou contra a mesma, polo que comprobamos que si un meteorito das mismas condicións impacta ahora mesmo contra a terra os efectos serían catastróficos, e da mesma maneira que cos dinosaurios, algúnhas especies sobrevivirían e evolucionarían.
    Na película é máis que probable que a causa da catástrofe sexa un suceso parecido, e que so algúns foron os superviventes á catástrofe.

  12. victor di:

    Non estou dacordo coa opinión de Belinda (por que?).
    Como afectaría un suceso deste tipo a vexetais e animais? Á vida na terra e no mar?

    NON VOS ESQUEZADES DE QUE ESTÁ UN FORO ABERTO

  13. oscaralvarez.aso.1b di:

    Os danos causados por un meteorito sobre a terra depende do seu tamaño. Inda así a cor grisácea do ceo, a inexistencia de vida vexetal, os escasos humanos, os constantes incendios e temblores da terra son probas de que a opción máis evidente para poñer nome á situación observada na película é o impacto dun meteorito. Este meteorito probablemente impactase contra a terra xa que se o impacto tivese lugar no mar éste arrasaría coas costas tras producirse un maremoto.

  14. victor di:

    Estou dacordo con Óscar. Pero como evolucionaría a atmosfera? (relacionade esta pregunta coa 12)

  15. victorino.aso.1 di:

    A min igual que os meus compañeiros tamén digo que a causa desa catástrofe e un meteorito. No momento que vin o ceo gris e escasa xente fixome pensar o que estudin en primaria sobre os dinosauros xa que as condicións eran as mesmas. Esta película ainda que puidera pasar na realidade paréceme un pouco fuerte cando encerran a unhas persoas para comelas porque ainda que ouvera escasa comida non me parece moi real que persoas teñan armas e coman a outras persoas xa que averia siteos como bares, restaurantes que terian comida.

  16. emmanuelfj.aso.1b di:

    Establecendo como a teoría mais probable a do meteorito digo que as magnitudes do meteorito tampouco serían enormes como para extinguir á raza humana pero si o suficientemente poderoso para producir os cambios a un mundo gris, tampouco sabemos canto tempo pasou dende a catastrofe pero é evidente que o suficiente como para que a xente se volvese tola e canival.
    A nube de pó que levantaría afectaría ó mundo da seguinte maneira, esa nube de pó impediría o paso da luz durante un periodo determinado según as dimensións do impacto; esto afectaría ó placton na vida mariña e as plantas na vida terrestre, as seguintes victimas serían os animais que se alimentan do placton e das plantas, polo que os carnivoros serían os ultimos en morrer. Por suposto o ser humano, o mais contrario as leis da natureza sobreviviría polos medios que fose como ben podemos ver na pelicula.

  17. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Despois do impacto, grandes cantidades de pó e pequenas areas mesturaríanse co aire, creando unha capa grosa de pó que non deixaría pasar a luz do Sol polo que as prantas non poderían facer a fotosíntese (se non estiveran calcinadas despois do impacto), a isto hay que engadirlle que os procesos meteorolóxicos continuarían, e choiva levaría con ela grandes cantidades de pó, o que sería nefasto para a vida das prantas, xa que estarían cubertas por unha capa de pó que lle difilcutaría máis a fotosíntese. O non haber prantas os primeiros en sufrilo serían os animais herbívoros que o non poder comer as prantas morrerían de fame. Logo o non haber animais hervíboros os seguintes serían os carnívoros que o non poder comer recurirían ó canibalismo entre eles para intentar sobrevivir. Esta situación na terra sería moi parecida a do mar, que neste caso comeza coa desaparición do placton.
    A atmósfera apenas se viría afectada, salvo pola gran cantidade de pó, que iría pousándose na terra lentamente, os que máis a sufriríamos seríamos nos, e sobre todo sufriríamos cando chovera ou ocorresen os fenómenos meteorolóxicos.
    Ese sería o final da vida na terra tal e coma a coñecemos e tería que comezar de novo, como pasou despois da extinción dos dinosaurios.

  18. cristinaotero.aso.1a di:

    Eu tamen creo que a causa de esta catastrofe é a caída dun meteorito na Terra. Todos os días caen sobra a nosa Terra centos de extractos de meteoritos pero seguro que non do mesmo tamaño que o que nos quere tranmitir a película. O máis probable estou de acordo con Óscar é que caíra no mar, creando un xigantesco maremoto e unha nube de vapor. A ola arrasaría as costas e a nube converteríase nunha enorme tormenta. O que non entendo é a que se deben os terremotos que acontecen na película xa que a caída dun meteorito non os provocaría.

  19. victor di:

    Non sexas inocente Vitorino. Nunha catástrofe como esta non queda nada e menos bares e restaurantes; por que? (se respostades a pregunta do comentario 12 saberédelo)

    Boas respostas de Emmanuel e Eloy.

    Non vos semella realista a práctica de canibalismo para sobrevivir?

  20. victorino.aso.1 di:

    Estou de acordo contigo Victor pero entonces como é que hai casas se caer , xa que hai casas tamén haberá bares e restaurantes. Respecto a pregunta da practica do canibalismo pode que sexa real nun caso moi estremo pero como e eso de que hai xente con armas que secuestren a outras persoas para comelas, eso e o que non me parece tan real.

  21. martinblanco.aso.1a di:

    Obviamente, cando o home está a morrer de fame (Non só co home, esto ocurre con calquer animal) recorre a calquer materia que lle poda dar nutrientes, sen importar o que sexa, chegando ata os límites de comerse entre eles. Normalmente, chegado aos intres de estar a piques de morrer de fame, os seres vivos sufren un descontrol mental, que tende á supervivencia, polo que comen o que sexa, con tal de non morrer.

    É realista, e xa déronse casos de canibalismo na historia, por exemplo, No Antigo Exipto, a fins do 3er milenio a.d.C., debido a unha moi longa sequía, a fame levou á xente ao canibalismo.

  22. laracores.aso.1b di:

    A comida que habería nos restaurantes e bares dos que fala Victorino sería útil durante un tempo, pero chegaría un momento no que se esgotaría e conseguir máis é imposible xa que a maior parte dos animais están extinguidos e hai poucos vexetais; é prácticamente imposible atopar comida en circunstancias coma esta, polo que o canibalismo é a única solución.

    Como ben di o meu compañeiro Martín, o canibalismo é unha práctica que xa se deu en outras ocasións, e non fai falla ir tan lonxe coma no Antigo Exipto xa que os indios anasazi, en America do Norte, practican o canibalismo inda que con fines relixiosos no 1200 despois de Cristo.

  23. mariamcosta.aso.1b di:

    Dende logo, a comida que puidera quedar almacenada en bares e restaurantes ou en casas (como a que atoparon os protagonistas) esgotaríase pronto. O canibalismo na película é certamente un aspecto moi realista da mesma, xa que o ser humano busca sobrevivir. Sen embargo, é complicado: por exemplo vemos que o protagonista non se sumaba a esta práctica. É unha decisión sobre se o instinto natural de supervivencia pode máis que a propia condición de humano.

  24. gabriellema.aso.1a di:

    Moitos de nós mentres estabamos vendo a película fixemos comentarios como: Qué asco! Cómo poden facer iso! Pero, qué pasaría se tiveramos que vivir nunhas circunstancias semellantes?
    Todos estamos acostumados a comer cando temos fame e se nuns meses se agotaran os alimentos, a saber como actuariamos. Tamén coa falta de nutrientes, perdemos parte da capacidade de razoamento, a parte de capacidades fisicas.
    Dito isto, sí vexo totalmente realista a practica de canibalismo na película.

  25. joseachaves.aso.1a di:

    Eu creo que por moita fame que se teña non se debe optar pola medida do canibalismo. Como te poderías comer a alguén da túa propia especia, nin tolo.

  26. martincabal.aso.1b di:

    Aunque non se sabe a onde podemos chegar, o canibalismo paréceme unha barbaridade, creo que como a muller do protagonista optaría pola solución de suicidarme, non teria ningun sentido vivir nun lugar así. Existe algun suceso de canibalismo na “actualidade” como método de subsistencia.(pero non asasinando, se non comendo as persoas falecidas)

  27. sandragarcia.aso.1b di:

    Eu como Matín opino que antes de vernos obrigados a comer a unha persoa, na nosa mesma concición, sería mellor recorrer ó suicidio. Ben e verdade que non podemos imaxinar cómo reaccionariamos ante unha situación semellante a esa, pero faiseme impensable que ante a fame poidese recorrer a alimentarme dun ser humano, e menos da maneira que o facían na película.

  28. lourdesfarina.aso.1b di:

    Chegamos a un punto que nos dá igual todo. O único que nos importa e sobrevivir ata certo punto no que nos volvemos moi egoístas.
    Eu creo que tamén optaría polo suicidio. Aparecería un momento que non pintaría nada nese mundo e creo que me volvería louco pensando que hai máis xente coma min.

  29. micaelgarcia.aso.1a di:

    Pero na película non aparece como feito máis impactante o canibalismo,se non que manteñen a persoas encerradas para ir coméndoas co paso do tempo, como se dunha granxa de animais se tratase…
    El canibalismo deuse por exemplo en tribus amazónicos(Aztecas,Pigmeos…) que practicaban el canibalismo de forma ritual, despois das batallas comíanse os inimigos mortos, pois crían que desa maneira conseguirían a forza que os seus inimigos posuían en vida.
    Pero eu creo que o caso máis coñecido de canibalismo é o accidente aéreo dos xogadores de rugby uruguaios nos Andes no 1972, estes víronse obrigados a comer os seus compañeiros mortos para sobrevivir.

  30. estelachaves.aso.1a di:

    O canibalismo nos nosos tempos vese como unha salvaxada, unha crueldade, algo que queda fora de toda comprensión. Pero se nos poñemos a reflexionar, se estivésemos morrendo de fame, vendo morrer ós nosos familiares ó redor e sabendo que acabarás morrendo de toda formas. As normais éticas ou morais carecen de sentido, as persoas relixiosas pensarán que o seu deus os abandoou e quedaron sen nada polo que loitar, co que, esas persoas que xa o perderon todo e téñenññe medo á morte, inténtano todo para sobrevivir. Outras moitas, antes de ver comer ós seu fillos e sufrir nun mundo destrozado, deciden acabar xuntos, suicidándose.
    Dende o meu punto de vista, esta reacción é bastante normal nesas situacións, pois unha persoa que teme pola súa vida é capaz de todo.

  31. victor di:

    Evidentemente habería que diferenciar o canibalismo no que se refire a alimentarse de mortos ou matar persoas para alimentarse.
    Somos animais e persoas. En situacións extremas pode aflorar a parte animal e ocultar a nosa parte racional de ser humano. Como vedes na película, hai humanos que non perden a parte da súa humanidade pola falta de alimentos; pero outros si.
    A nosa especie non é un carnívoro depredador, pero si podemos cazar como o fai un tigre ou un león.
    Os animais que son exclusivamente depredadores non teñen sentido da compaixón porque este sentido foi eliminado neles pola slección natural: que quere dicir isto?

  32. fatimafuentes.aso.1a di:

    Polos diferentes motivos que xa explicaron os meus compañeiros, eu tamén penso que a causa do catastrófico estado do planeta foi un meteorito.
    Por outra banda, opino igual que Víctor: é moi diferente intentar sobrevivir comendo a persoas que xa están mortas por outros motivos, que sobrevivir comendo a persoas que están vivas, o que viría sendo matar a unha persoa para seguir vivindo ti. A pesar de que a que se mostra na película é unha situación extrema, eu penso que sería incapaz de facelo e optaría polo suicidio sen pensalo dúas veces, xa que aínda que lograra vivir, alimentadome de outra xente, esa vida, dende o meu punto de vista, sería un inferno. O que máis me chama a atención da película é imaxinarme o final da vida do rapaz e a familia que o acolleu. Si non recorren ó canibalismo, como lograrán sobrevivir?

  33. manuelsomoza.aso.1a di:

    A compaixón é unha emoción unicamente humana que se manifesta cando outro ser ten sufrimento ou dor e provoca o entendemento do estado emocional do outro. Frecuentemente, existe un desexo de aliviar ou reducir ese sufrimento.
    Nos depredadores a selección natural fixo que perderan ese sentimento xa que de poseelo, a capacidade de “matar” a súa presa reduciríase. A causa é simple, se ó depredador déralle compaixón a súa comida, ese sentimento faría que se negase a persiguir, atrapar, matar e finalmente comer a súa presa xa que ese sentimento produciría na súa mente una incapacidade de facelo ou mentres actúa para atraparlo, na súa mente créase un debate de si facelo ou non facerlo que provoca unha desconcentración e así perde efectividade…

  34. borjavarela.aso.1a di:

    Os animais non teñen sentido da comaixón porque carecen do uso da razón que poseemos os sere humanos. Ademáis para os animais o sentido da compaixón é inútil xa que a súa “meta” é a sobrevivencia e a compaixón non lles beneficiaria para alcanzar esa “meta”.

  35. martincabal.aso.1b di:

    Estela dinos “O canibalismo nos nosos tempos vese como unha salvaxada, unha crueldade, algo que queda fora de toda comprensión” eu non diría tempos se non cultura e especie, xa se sabe que existen algúns animais que mata nos da súa especie e cómenos (cocodrilo) pero tamén unhas pouquiñas tribus como os korowai que se comen entre si.

  36. mariamcosta.aso.1b di:

    Efectivamente, os animais carecen de compaixón sinxelamente porque carecen dunha parte racional: réxense só polo instinto de supervivencia. Nisto se diferencian nos seres humanos: e sinceramente creo que ése é o maior dilema a plantexar neste caso. O feito de asasinar a outra persoa para alimentarte, prácticamente “cazala”, faite perder a túa humanidade: nun caso como este, qué quererías que primase? O teu instinto de supervivencia, ou a túa condición humana, aínda que signifique morrer?

  37. miguel.aso.1b di:

    A nube de pó que produce o meteorito na terra impide que as plantas leven a cabo o proceso da FOTOSINTESE. Este proceso é o que permite ás plantas e outros organismos absorver a luz e empregar a súa enerxía para transformar materia inorgánica en materia orgánica e así empleala no seu desenvolvemento e crecemento.
    Sobre o tema do canibalismo, penso que o ser humano ten un instinto de vida moi forte, e eu persoalmente non sería capaz de suicidarme, porque mentres hai vida hai esperanza. Pode soar atroz, pero posiblemente recurriría ao canibalismo nunha situación extrema.

  38. tamaralopez.aso.1b di:

    Na nosa sociedade tan so pensar en asasinar a unha persoa para alimentarse, dicta en principio un desvíe mental considerable. Pero ninguén de nos é capaz a dictaminar o que supón o canibalismo nun mundo como o da película, tras pasar varios anos do que se supón que foi unha catástrofe producida por un meteorito, a cultura e a educación trastornáronse completamente, e desviáronse do que hoxe coñecemos. Aínda así podo asegurar que cos valores que temos agora mesmo nunca nos alimentariamos da vida de outra persoa, e como di Martín a solución de suicidarse seria a mais atractiva, xa que seria estúpido continuar con ese sufrimento constante de vida.

  39. mariacmaq.aso.1a di:

    Estou de acordo cos meus compañeiros, e creo que según condicións nas que vivimos actuamos,que tamén é o que nos diferencia dos animais .Como ben vimos na película as condicións de vida eran extremas polo tanto so tiñan dúas opcións ou morrer ou vivir pero coa necesidade de matar a outros para alimentarse e según o instinto de cada un optaron por reacconar de maneiras diferentes, eu no caso deles creo que preferiría morrer que matar xa que tarde ou cedo morrería e para vivir nesas condicións sería mellor non vivir.

  40. victor di:

    Nesta película tamén queda patente a importancia que teñen as fontes de enerxía para o funcionamento dunha sociedade. Ante unha gran catástrofe natural unha das primeiras cousas que falla é a electricidade; que consecuencias ten isto para unha civilización como a nosa?

  41. martincabal.aso.1b di:

    Si se acabara a electricidade frearíase o “progreso” e comezaríase a destruír a nosa civilización, sen electricidade non somos nada e todo que hoxe temos perfectamente establecido e perfectamente asimilado volveríase na nosa contra producindo un gran caos.

  42. emmanuelfj.aso.1b di:

    Sen a electricidade estariamos peor incluso que na idade media xa que estamos vinculados de unha froma tan extrema a aparatos que funcionan con electricidade, que de acabarse os medios para producila estariamos nun punto onde todo o establecido na pelicula sería o mais probable. Non teriamos medios de comunicacion nin forma de recorrer grandes distancias en pouco tempo e iso é a base da nosa civilizacion. Respecto ó canivalismo, inda que un caso extremo sería unha opcion que non haberia que descartar xa que sen vida animal suficiente os humanos somos comida en ultima instancia.

  43. estelachaves.aso.1a di:

    Na actualidade, estamos tan afeitos ás comodidades e ó pouco esforzo que nos dan cousas como a electricidade, a calefacción, a auga potable e multitude de aparellos. Estamos acostumados ata tal punto, que case ninguén é capaz de facer algo tan simple e que foi clave para a evolución, como é facer lume con dúas pedras. Despois dun meteorito e de que a terra se destruíse, o ser humano ten que pasar un trballo aínda máis grande para sobrevivir do que o fixeron os nosos antepasados, pois eles estaban acostumados a un mundo sen nada e descubriron unha cousa que lles facilitaría a vida, nos viríamos de telo todo a estar sen nada e o cambio sería moito máis drástico.

  44. sarabetanzos.aso.1b di:

    A verdade é que se trata dunha película impresionante e que supoño que a ninguén deixaría indiferente. A película, na miña opinión, é bastante forte, pero sexamos realistas, no caso de que o mundo sí se volvese caótico e apocalíptico (algo que xa moitos temen debido ao cambio climático)as circunstancias e condicións de vida que podemos apreciar no filme daríanse sen ningún impedimento. E no caso de que non fosen as mesmas, serían moi semellantes.

  45. arantxaleiro.aso.1b di:

    Na miña opinión é unha pelicula un tanto impresinante.Penso que por moita fame que se teña non se deberian comer uns a outros, e pareceme que o pai do neno é un pouco egoista porque non comparte coas demais persoas que tamen estan morrendo de fame,so pensa nel e nos seu fillo.
    Pareceme unha pelicula un tanto forte pero non esta mal porque fai que pensemos no que esta pasando na pelicula.

  46. noeliavazquez.aso.1a di:

    A verdade e que a película fainos reflexionar e pensar o que fariamos nòs nesas circunstancias, xa que estamos afeitos a moitas comodidades, e a decir esta comida non me gusta, non quero máis, os reis magos trouxeronme poucas cousas……..Penso que unha catástrofe así nos faría pensar moito sobre as posturas que tomamos moitas veces.
    En canto ao canivalismo eu penso que antes que morrer de fame sería unha boa opción posto que non deixamos de ser un ser vivo.

  47. angelpadin.aso.1a di:

    Se agora mesmo deixasemos de ter electricidade o noso mundo iría a pique.
    Actualmente precisamos de maneira excesiva a electricidade, a nosa vida basease nun constante desgaste de enerxía, se os humanos desapareceramos da terra a pérdida para a natureza sería mínima, deixaría de empeorar posto que nos non lle ofertamos nada bo, so contaminamos. En cambio, como viamos noutro post, se as formigas desaparecesen o dano sería catastrófico.

    Ademais disto, como ben din os meus compañeiros, frearía todo o progreso que se está a levar a cabo e que podemos facer con máis rapidez grazas as tecnoloxías. Inda así esto sería o menos preocupante se se está na situación que se plantexa na película.

  48. aracelilores.aso.1b di:

    Esta película impresionoume, fai reflexionar sobre o modo de vida que temos na actualidade, que fariamos nos sen electricidade? Non mo quero nin imaxinar… Tamén amosa o punto no que podemos chegar os seres humanos por sobrevivir. Dende o canibalismo, a intentar quitarse a vida como xa mencionaron algúns dos meus compañeiros.

  49. iriaduarte.aso.1b di:

    Se caíra sobre a Terra, polo menos non habería terremoto, pero o ceo cubriríase de polvo, a luz do sol non pasaría, o que sería mortal para os grandes animais e plantas. E habería un inverno nuclear que enfriaría moitísimo o clima durante 10 anos.
    A película demóstranos que as persoas non estamos preparados para unha catastrofe como esa. Moitos non saberían que facer. Outros convertiríanse en caníbales pola falta de fame e é algo realmente triste que unha persoa se transforme nun animal carnívoro desa forma. Pero a película en si é moi boa xa que nos fai reflexionar e pensar e nos que fariamos?
    E con respeto á electricidade pois como din o resto dos meus compañeiros, pois si fraría o progreso da civilización, en resumo volveríase en contra nosa xa que sen electricidade non somos nada, todo o q temos funciona con electricidade e teriamos que adaptarnos as consecuencias de vivr sen ela.

  50. veronicacl.aso.1b di:

    A película móstranos como é a existencia dun pai e dun fillo no que o mundo se combertiu nun planeta completamente desolado e sen vida. O mundo tal e como o coñen é irrecuperable, a maior parte da humanidade foi extinguida e entre os que quedan a cousa dividiuse entre caníbales e mortos a corto ou longo prazo.
    Tamén mostra como as persoas non saberiamos racionar ante tal caatástrofe.

  51. sarabetanzos.aso.1b di:

    O home pensa que pode sobrevivir a case todo coa tecnoloxía,e a maioría das actividades cotidianas contrlámolas coa tecnoloxía, que principalmente funciona coa electricidade. Por decilo dalgún xeito, considerámonos electrodependentes.
    Eu penso que o ser humano podería vivir perfectamente sen electricidade, (bueno, “perfectamente”…), pero sería un escenario catastrófico. Os nosos antepasados viviron así, pero nós estamos demasiado acostumados á comodidade.

  52. noeliafv.aso.1b di:

    A verdade e que foi unha película bastante dura, con algunha escena realmente impactante, e outras un pouco surrealistas na miña opinión, ao fin e ao cabo non deixa de ser unha película. Pero aínda así fai reflexionar sobre como reccionaríamos nos ante semellante catástrofe natural. Esta película tamén nos mostra ata que punto son capaces de chegar os humanos para sobrevivir, tanto que ata seríamos canívales