Os nosos lagos quéntanse

Segundo un estudo levado a cabo pola NASA os lagos do noso planeta  estánse quentando, especialmente os de latitudes medias e altas, dende hai 25 anos, nun promedio de 0´5ºC por década. O lago que máis se quentou foi o lago de Ladagoa, en Rusia , cuxa tempura aumentou 4 ºC dende 1985. Debido ao  quentamento global desapareceron xa no Ártico 121 lagos, cifra moi alarmante.

Estes datos proporcionan unha nova fonte para avaliar o cambio climático en todo o mundo.

imagen

Estas alteracións poden provocar brotes de colonias de algas que converterán en tóxicas as augas para os peixes ao facilitar a proliferación de especies non nativas que alteren os ecosistemas naturais dos lagos.

Autora: Noelia Vázquez

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Os nosos lagos quéntanse

  1. arantxaleiro.aso.1b di:

    Na miña opinión,que o quentamento global produciria a desaparcion de lagos e nada moi novo pero é algo realmente moi importante xa que pouco a pouco irian desaparecendo moitos máis lagos.

  2. laracores.aso.1b di:

    É unha noticia alarmante, se seguimos a este paso, o quentamento global vaise incrementar de forma realmente preocupante.
    Para moitos este dato non é preocupante, pero a realidade é que o quentamento global vainos afectar tanto directa como indirectamente.
    Os glaciais que se están a desconxelar van producir increíbles inundacións ó se convertir en ríos e lagos. Sen embargo, a auga dos ríos e os lagos xa existentes vaise quentar, o que fará qe moitas especies que alí habitan vaían desaparecendo.
    A sequía vai ser tamén un gran problema para nós.

    Todos sabemos que é o que debemos facer para frear tales sucesos, pero a concienciación non é suficiente, debemos tomar importantes decisións a nivel internacional para reducir as emisións de carbono, as cales quentan a atmósfera e fannos moitísimo máis vulnerables.

  3. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Esta é unha noticia preocupante, xa que de seguir este proceso acabarían desaparecendo todos os lagos do planeta, algo moi preocupante a todos os niveis e para todos. Pero esto só é un efecto do famoso efecto invernadoiro, que nos vai destruíndo pouco a pouco sen que nos demos de conta.

  4. martincabal.aso.1b di:

    Agora mesmo non podemos percibir claramente estos cambios na temperatura dos lagos nin ningún dos seus efectos, pero se seguimos este camiño , os ecosistemas dos lagos e as xeracións futuras serán os grandes perxudicados.
    Donde mais aumentaron a temperatura foi en Europa(norte) e os que menos os de América do sur.

  5. paulacnine.aso.1b di:

    E un problema o quentamento dos lagos xa que dentro duns anos poderian non existir, pola simple causa do carbono e das contaminacions que dan que a dtm´osfera se quente e isto proboca que os nosos lagos se quenten.Isto co paso do tempo fara que moitas especies que viven nos lagos sexan extintas, xa que os lagos nn existiran.
    Debemos tomar cartas no asunto xa que o longo podenos perxudicar moito mais do que nos perxudica.

  6. noeliafv.aso.1b di:

    A verdade e que é unha noticia bastante preocupante, xa que pode que á nosa xeración non lle afecte demasiado, pero afectaralle a todas as vindeiras. Os lagos de todo o mundo levan quentándose dende a década dos 80 e a media e de 2º, e aínda que parezca algo casi insignificante, este dato demostranos que a temperatura global está aumentando máis do dobre de rápido que a atmosfera global. Donde máis se quentan os lagos e no hemisferio norte. Este estudo realizouno a NASA e tomou como mostra 17 lagos de todo o mundo através dun satélite.

  7. sandragarcia.aso.1b di:

    Este post mostra outro das consecuencias da contaminación. Vimos en pos anteriores cómo lles afectaba ós animais, ós arrecifes de coral e ó medio ambiente. Se non reducimos as emisións de dióxido de carbono e outras substancias contaminantes, as vindeiras xeracións terán un futuro pouco prometedor. 0.45º por década parecen insignifiantes, pero os anos pasan, e se o promedio aumenta, o risco de sequía será cada vez maior.

  8. migueltrigo.aso.1a di:

    Realmente e horroroso o que lle estamos a facer ó planeta en tan pouco tempo. Moitas persoas, todos en xeral, non estamos concienciados sobre a repercusión dos nosos actos, para cando nos deamos de conta, espero que non sexa demasiado tarde. A temperatura media global aumentará sobre uns 10º este siglo.

  9. gabriellema.aso.1a di:

    Como ben din os meus compañeiros esta é unha noticia moi alarmante, pero o que estamos a recibir é un dos efectos do cambio climántico, do que nós somos os reponsables. Pensó que xa é hora de poñer remedio a esta catástrofe, xa que os lagos son un elemento moi importante no ecosistema en calquera parte do mundo.

  10. ateneaprado.aso.1b di:

    Paréceme un post moi interesante xa que está moi ben que se den a coñecer feitos tan importantes coma este. Eu creo que se deberían levar a cabo mais investigacións para poder saber realmente as causas que provocan isto para así despois poder buscar solucións a este grave problema,que de seguir así nos podería levar a algo catastrófico,como se dixo anteriormente.

  11. lourdesfarina.aso.1b di:

    Como observamos continuamente recibimos noticias deste tipo onde comentan as consecuencias do cambio climántico. Todos sabemos que existe. Pero ainda que grandes asociacións como é a de Greenpeace alarme destes sucesos, e as persoas saibamos o que pode pasar nun futuro non moi lonxano, creo que non estamos o suficientemente concienciados.

  12. martincabal.aso.1b di:

    Noelia dinos 17, Pero según foron 167 lagos de todo o planeta os analizados, no informe da NASA declarábase que os lagos do están aumentando a súa temperatura 0,45°C por década.

  13. victor di:

    Que importancia ecolóxica ou económica teñen os lagos naturais?
    NOTA: XA PODEDES COMENTAR NUN NOVO FORO (“COMPRAR, TIRAR, COMPRAR). ESTARÁ ABERTO 10 DÍAS

  14. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Os lagos naturais son unha acumulación de auga procedente das chuvias ou das augas subterráneas. Estas augas aportan sedimentos que se acumulan no fondo dos lagos, favorecendo o paso a un ecosistema acuático a outro terrestre.
    Económicamente os lagos naturais poden ser un gran atractivo turístico para os países que os teñen, favorecendo factores como o emprego no sector servicios e a chegada de cartos do estranxeiro.
    Sexa como sexa, os lagos naturais, como todo o presente na natureza é importante e debemos coidalo, cousa que sabemos que non se fai, ou polo menos non na medida necesaria.

  15. sergioagra.aso.1a di:

    A importancia ecónomica dos lagos radica na crianza de seres mariños para o consumo humán, donde a venta que se obteña da pesca xenera una fonte económica.
    Os lagos son importantes no ecosistema porque algúns lagos recollen auga de glaciares nas suas desconxelacions,outros son balsas producidas por ríos no que existe auga potable.

  16. miguel.aso.1b di:

    Os lagos naturais tamén son útiles para obteren enerxía mediante centrais hidroeléctricas, suabiza-la temperatura do lugar onde se atopan e albergar gran cantidade de fauna e flora; entre outras cousas.

  17. micaelgarcia.aso.1a di:

    A nivel económico os lagos son unha importante reserva de auga doce utilizada polos seres humanos para o regadío dos cultivos,tamén e unha fonte de auga potable, e en algúns casos a súa estrutura aporta moi boas condicións para construír un embalse, e así producir electricidade.

  18. estelachaves.aso.1a di:

    O cambio climático é un inimigo que nos persegue moi de preto, facéndose ver tanto na morte dun arrecife de coral, nos problemas do mar Morto ou no incremento da temperatura dos lagos da terra. Nestos momentos, paliar esta terrible ameaza resulta prácticamente imposible pois moitos dos residuos que foron enviados á atmósfera non se poden erradicar. O que se está a facer na actualidade é reducir ó máximo as emisións de CO2 e as de calquera outra substancia que resulte perxudicial para a vida. Neste caso, se este incremento seguise, os lagos perderían moito do seu atractivo natural e con eles os paíes ós que pertencen.

  19. victorino.aso.1 di:

    Desde logo e unha noticia moi alarmante, o que mais me chamou a atención e o do lago de Rusia xa que en tan solo 26 anos aumentase a temperatura 4ºC. Iste e un problema moi grave igual que o de que desaparezan lagos xa que isto conleva a morte de seres mariños que habitan nesa zona, o paso das aves emigratorias…

  20. elisaduran.aso.1a di:

    OS lagos, ademáis do evidente atractivo turistico que pode ser un espazo natural con lago, pódense crear presas coas que obter enerxía hidroeléctrica para utilización dos home. Consiste nunha gran acumulación de auga doce onde hai un ecosistema propio que non se deberia perder.

  21. fatimafuentes.aso.1a di:

    Esta noticia xa non debería sorprendernos, posto que todos sabemos perfectamente as consecuencias do cambio climático, aínda que so sexa polos posts que se publicaron anteriormente. Está claro que seguirán aparecendo máis noticias deste tipo, e nós sabemos cal é a causa deste problema, así como, as consecuencias que traerá consigo. Pero pasa o de sempre, aínda que poñamos da nosa parte para intentar solucionalo, pouco vamos a facer gran cousa, e como este é un problema que polo de agora non inflúe demasiado na economía, os que realmente teñen a solución nas súas mans seguen a “facer oídos xordos”, e polo visto, así vai ser ata que o cambio climático nos afecte máis directamente ós humanos.

  22. veronicacl.aso.1b di:

    Todos os meus compañeiros teñen razón en que esta noticia non deberia sorprendernos. A auga forma parte da nosa vida e do noso planeta. OS lagos son moi importantes xa que abastecen aos nosos paises ademais de ser un atractivo turístico. debemos coidar os lagos para que non acaben desaparecendo