O misterio da antimateria

Pese a que está moi de actualidade na comunidade científica falar deste tema, poucos coñecen a transtendencia do que se está a investigar. A antimateria sería como vernos reflectidos nun espello, a nosa estructura é a mesma, pero o noso lado dereito aparece na esquerda, e viceversa. Tomemos como exemplo un átomo de hidróxeno: un protón(+) no núcleo e un electrón(-) nun orbital, entón un átomo de anti-hidróxeno presentaríase da seguinte maneira: no núcleo un antiprotón(-) e nun orbital encontraríase un positrón(+).

imagen

 Os científicos investigan con tantas expectativas a antimateria, porque de podermos producila, sería o combustible máis abundante e enerxético que coñecésemos. Queimar un Kg de antimateria produciría 10.000.000 veces máis enerxía que queimar un Kg de petróleo.

 

Fai un par de meses conseguiuse  crear antimateria e atrapala mediante campos magnéticos moi potentes. É necesario facelo desta maneira porque de xuntarse materia con antimateria produciríase unha gran explosión de enerxía liberada ó neutralizarse unha á outra.

imagen

Entre os centos de usos que se lle podería dar á antimateria, cabe destacar as viaxes espaciais, xa que nas actuais o principal problema é que non se pode levar o suficiente combustible e este é pouco eficiente, pero se descubrísemos o funcionamento da antimateria, con 250 g de antimateria poderíamos chegar a Marte nun día. Pero tamén se podería usar como enerxía na Terra. Estamos a falar da enerxía renovable definitiva, non produce residuos nin radiación, xa que se transforma en enerxía o 100% da súa masa.

Cabe destacar, para rematar, os malos usos que se lle pode dar á antimateria, xa que dadas as propiedades explosivas mencionadas anteriormente, se lle podería dar uso militar. Xuntando 1 g de antimateria con 1 g de materia produciríanse explosións de enormes dimensións.

 

Autor: Miguel Trigo 

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Física de partículas, Investigación espacial, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to O misterio da antimateria

  1. martinblanco.aso.1a di:

    É moi interesante, pero se algún día esto se dese, e houbese un control universal sobre a antimateria, poderiamos estar falando da catástrofe mundial, millóns de mans manexando unha das cousas probablemente máis perigosas do mundo. Polo que, se algún día existise de verdad, habería que tomar grandes decisións sobre a sua privacidade, é a información que poida saír á luz sobre elas, xa que calquer uso erróneo e malintencionado pode ser destructivo para o planeta.

  2. miguel.aso.1b di:

    Coincido con Martín, é un tema realmente interesante pero o inmenso perigo que conleva pescudar neste tema faino moi arriscado, un mínimo erro depararía consecuencias nefastas.

  3. estelachaves.aso.1a di:

    O responsable de atrapar por primeira vez a antimateria foi o CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas). Tanto a materia como a antimateria creáronse á par na explosión do Big Bang, habendo a mesma cantidade dunha cousa que da outra. Pero por razóns descoñecidas, a materia impúxose á antimateria, facendo que a Terra esté formada por obxectos e seres vivios e non por nada. Científicos do CERN, seguen investigando este típico de partículas, para encontrar respostas e ver se a idea actual que se ten sobre a física de partículas é correcta ou non.
    AS incógnitas que atraen ós científicos, son varias: Realmente hay diferencia entre materia e antimateria?, Qué pasou no Big Bang que fixo que non quedasen restos de antimateria?

  4. migueltrigo.aso.1a di:

    É certo o que di estela, a causa e que, despois do Big Bang crese que a materia e a antimateria estaban case en cantidades iguales, un mínimo máis de materia, e estas se foron destruíndose mutuamente ata que hoxe queda moi pouca da materia inicial e case nula cantidade de antimateria.

  5. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eu creo que se podería avanzar máis noutros campos con maior necesidade de investigación que este, e deixar estas ideas (que son moi custosas e que non aportarían beneficios ata un moi largo prazo)ata máis adiante,cando se dispoñan de mellores medios para investigar.

  6. sandragarcia.aso.1b di:

    A antimateria presenta numerosas vantaxes, como o das fontes de enerxía renovables e as viaxes espaciais, como se sinala no post, pero como inconvenientes, ademáis do que din os meus compañeiros está que considero inviable a utilización da antimateria, polos seguintes motivos: ten un custo moi elevado, chegando ós 60.000 millóns de dólares por miligramo, a súa produción consume grandes cantidades de enerxía, e a capacidade de almacenamento ronda tan só o 1% das partículas creadas.

  7. cristinaotero.aso.1a di:

    A antimateria ten inconvenientes e vantaxes: como vantaxes podería dicir a súa alta eficacia, ata mil veces máis enerxía que a fisión, o proceso actual, que ofrece máis rendemento e pouco combustible que sería necesario para producir tanta enerxía e despois do uso, non xera calquera residuo.Pero eu creo que a maior desvantaxe é a inestabilidade da antimateria, xa que si se xunta con materia, hai unha reacción coñecida como aniquilación. Entón, dependendo da cantidade de materia e antimateria xuntas sería a destrución total da Terra.

  8. martincabal.aso.1b di:

    O experimento da (CERN) consistiu en producir durante unha decima de segundo 38 átomos de antihidroxeno, este tempo foi suficiente para que os investigadores poidan estudar este fenómeno

  9. tamaralopez.aso.1b di:

    O profesor Mike Charlton explicou que o hidróxeno e o átomo mais simple,e o antihidróxeno e un tipo de antimateria mais fácil de producir nos laboratorios.Entender como funcionan os dous axudaranos a comprender porqué case todo o universo coñecido está feito de materia,e non de antimateria.

  10. cristinagesc.aso.1a di:

    Como di Tamara o átomo de hidróxeno é o átomo máis simple e tamén é o único que admite unha solución analítica exacta dende o punto de vista da mecánica cuántica.
    Este átomo tamén é coñecido co nome de átomo monoelectrónico debido a que está formado por un protón que se encontra no núcleo do átomo e que contén máis do 99% da masa do átomo, e un só electrón que “orbita” ó redor do núcleo (aínda que tamén poden existir átomos de hidróxeno con núcleos formados por un protón e un ou dous neutróns adicionais, chamados deuterio e tritio).

  11. noeliafv.aso.1b di:

    Realmente si que é un tema que me parece moi interesante, e que podería axudar a solucionar o gran problema que temos na actualidade cos combustibles. Aínda que como di no post o meu compañeiro tamén podería ser utilizado con fins catastróficos xa que a materia coa antimatería aniquílanse mutuamente, dando como resultado enerxía pura o que produciría unha enorme explosión.
    Tamén hai que dicir que a antimateria é a substancia máis cara do mundo cun custo estimado de 60000 millones de USD por miligramo, e o seu almacenamento tamén ten un custo moi elevado debido as condicións nas que se ten que almacenar, esto sería un gran empedimento para a sua utilización.

  12. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Este é un descubrimento que nos podería abrir moitas formas de enerxía e podería ser moi beneficiosa. O único malo que lle vexo é que é un descubrimento moi recente para esta época, e polo tanto sería moi inestable para poñela en práctica nesta época xa que co mínimo fallo podería producirse unha gran explosión que podería destruir todo como se fose unha gran bomba, que o é. Ademais a súa producción e posterior almacenaxe é moi cara.
    Pero esto pode ter moitas propiedades beneficiosas para a humanidade pola gran cantidade de enerxía que produce, esto podería supoñer unha gran revolución nos transportes, como se menciona nas viaxes intergalácticas. Grazas a esta nova fonte de enerxía estes viaxes deixarán de pertencer a ciencia ficción.

  13. martinblanco.aso.1a di:

    Non entendo unha parte do teu comentario, Eloy.

    Por qué é un descubrimento demasiado recente para esta época? Que é o que lle falta a esta época polo que hai que esperar a outras para descubrilo?

    Na miña opinión, todo descubrimento é benvido en todo momento, o que hai que facer e estudialo con constancia e paciencia, para conseguir a máxima efectividade, e unha posibilidade de error nula.

  14. micaelgarcia.aso.1a di:

    Paréceme unha tecnoloxía case surrealista, que non se podería levar a cabo ata dentro de moito tempo, como ben se di no vídeo para producir unha cantidade considerable de esta materia necesítanse billóns de anos, so por esta razón xa me parece inviable, deixando a un lado o gran inversión que se necesita para creala e almacenala ademais do gran perigo que trae consigo unha enerxía de tales dimensións.
    Na miña opinión o mundo do transporte non sufriría grandes cambios, posto que as infraestruturas necesarias para crear a antimateria son demasiados grandes como para ser transportadas nunha nave espacial, e no caso de levala almacenada as velocidades que faría alcanzar a nave espacial serian demasiado grandes como para ser soportadas por algún material terrestre que formara parte de nave.

  15. martinblanco.aso.1a di:

    Disculpa, xa comprendín o que querías decir Eloy, que este descubrimento é demasiado recente como para ponelo en marcha? Neso concordo, todas estas investigacións están no seu comezo, ademais de que sería inviable, concordando co que di Micael.

  16. gabriellema.aso.1a di:

    É certo que é recente, pero creo que, ó contrario do que din moitos dos meus compañeiros, deberíase profundizar neste campo, xa que a partires dunha producción estable e rentable de antimateria, con tanta enerxía o desenrolo do resto de investigacións veríase potenciado. Por outra banda paréceme moi interesante a súa aplicación nas viaxes espaciais, aplicar a antimateria neste campo sería un avance xigantesco, con tanta enerxía nas naves espaciais, expandiríase enormemente o noso alcance no sistema solar e incluso no universo, e poderíanse explotar materias primas de outros planetas con facilidade, unha vez atravesada a barreira da distancia.

  17. victor di:

    NOTA: XA PODEDES COMENTAR NUN NOVO FORO (”COMPRAR, TIRAR, COMPRAR). ESTARÁ ABERTO 10 DÍAS

  18. victor di:

    No CERN traballan en máis proxectos e na busca de outras partículas. E tamén hai outros centros de investigación donde se estudan outras formas de obter enerxia limpa en grandes cantidades, como neste caso. Buscade información sobre isto.

  19. emmanuelfj.aso.1b di:

    O CERN é o laboratorio de particulas fisicas mais grande do mundo, unha asociacion da que España e membro. Neste laboratorio ás aforas de Xinebra é onde se fixo o tan mediatico colisionador de neutrones e tamén onde se fixeron seis experimentos mais desta indole. Este laboratorio leva dende 1954 en activo en conseguiu logros como a cración do antihidróxeno do que nos fala Miguel no post.

  20. martincabal.aso.1b di:

    A CINEMAT (Centro de Investigaciones Energéticas, Medioambientales y Tecnológicas) é un organismo publico Español de investigación da excedencia en materias de enerxía e de medio ambiente, con múltiples proxectos inscritos ao Ministerio de Ciencia e Investigación; pódese considerar o centro Europeo de investigación e “desarrollo” en enerxía solar de concentración,eólica, fotovoltaica e biomasa.

  21. cristinagesc.aso.1a di:

    O CERN é un laboratorio de partículas físicas, como nos di Emmanuel.
    Conta cunha serie de aceleradores de partículas entre os que destaca o LEP(Gran Colisionador Electrón-Positrón. Actualmente no seu lugar construíuse o LHC(Gran Colisionador de Hadrones), un acelerador protón-protón que operará a maior enerxía e luminosidade de 27 km de circunferencia e que constitúe a máquina máis grande construída.
    O éxito do CERN non só é a súa capacidade para producir resultados científicos de gran interés, senón que tamén a creación de novas tecnoloxías tanto informáticas como industriales.

  22. lorenabuceta.aso.1b di:

    Un físico do CERN, Georges Charpack, desde 1959 inventou e desenrrolou os detectores de partículas, en particular a cámara proporcional multialámbrica, que abreu unha brecha nas técnicas para explorar todas as partes da materia e que abriron as portas a unha era de deteción electónica da materia.Gradualmente, este aparello podería reemplazar a grabación fotografica utilizada en aplicación de radio-biología.