Onde estou?

 

imagen

Todos coñecemos a teoría da evolución de Charles Darwin, publicada no seu libro A Orixe Das Especies. Un estudo da Universidade de Bristol, Reino Unido, que estivo invéstigando estes sucesos sobre as manchas e pel dos diferentes felinos, e chegaron a conclusión de que dependedo do hábitat de onde proceden, varía a súa pelaxe cunha gran rapidez. Por exemplo, os animais que viven hábitats máis densos, en árbores, ou que se atopan en condicións de luz moi reducida, soen desenrvolver manchas complexas ou irregulares.

Isto suxire que evolucionan para mellorar a súa capacidade de camuflaxe e de cazar. A análise da historia evolutiva da súa pelaxe mostra que esta pode evolucionar e desaparecer esta evolución relativamente rápido. Pero nalgúns felinos coma os guepardos manteñen patróns a pesar da preferencia a espazos abertos, e algunhas especies de gatos domésticos tamén. Os tigres sempre mantiñan patróns nas líñas verticalmente alongadas, sen embargo, os tigres camuflábanse mellor, polo que se plantexa a cuestión de porque as raias verticais non son tan comúns noutros mamíferos ou felinos. Segundo o investigador Will Allen, responsable do estudo, explica que o método que están desenvolvendo proporciona información sobre os patróns en felinos a distintos niveis, que agora o están aplicando a outros grupos de animais.

 


 Autor: Eloy Rodríguez

 

 

Esta entrada foi publicada en Evolución, selección natural e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Onde estou?

  1. martinblanco.aso.1a di:

    Todos os seres vivos evolucionamos, ao largo de moitísimo tempo, para mellorar a nosa calidade de vida. Polo que se pode apreciar, a evolución dase tanto en ámbitos psícoloxicos, como no interior do noso corpo, e ata na nosa imaxe física. Este animal, é un dos moitos que necesita ocultarse, neste caso para cazar, pero hai moitos outros que tamén o necesitan para escapar dos depredadores e que ao largo da historia foron desenvolvendo armas para ocultarse, como por exemplo, os animais que sufriron cambios nas suas patas, habilitándoas para poder excavar a terra, e poder ocultarse baixo dela.

  2. noeliavazquez.aso.1a di:

    Como ben dixo Martín, todos os seres humanos evolucionamos coma porexemplo nós ,e moitos outros que ó tiveron que facer para subsistir , para intentar non seren depredados por outras sepecies, ou para cazar, posto que cada vez llo poñen máis difícil.

  3. sandragarcia.aso.1b di:

    Ao longo da vida, todos os seres vivos evolucionamos para sobrevivir no hábitat ao que pertencemos. A camuflaxe é unha técnica dos animais que lle axuda ás presas a ocultarse dos seus depredadores, e ós depredadores a que as súas presas non poidan velos.

  4. estelachaves.aso.1a di:

    Prçacticamente todos os aniamais utilizan a camuflaxe como medio de protección ou para atacar. Camuflaxe significa ocultación, é dicir, valerse de técnicas para pasar desapercibidos ante os sentidos dos outros animais. Os primates, como os seres humanos, percibimos as cousas a base da vista, polo tanto, a maioría dos animais camúflanse á vista. Teñen una pelaxe adapatada ó territorio no que están: liñas, cores, posicións… Pero tamén temos que falar doutros animais que utilizan técnicas para no ser percibidos polos outros sentidos, como os animais que expulsan un líquido pestilente para afastar ós animais que os ameazan. Cada animal, adapta a súa forma de camuflarse dependendo da cadea alimenticia e do tipo de animal que se alimenta deles.

  5. micaelgarcia.aso.1a di:

    Outro caso donde se dan as raias verticales son as cebras, as cebras usan as raias verticais como mecanismo de camuflaxe,e sonlle moi utiles en duas ocasións:
    -Cando estan entre a herba alta,pode parecer algo ilosico que lle sirvan para camuflarse, xa que a herba e amarela ou verde e as cebras son negras e blancas pero os leons(o seu principal depredador) son daltónicos.
    -Este tipo de coor de pel tamen resulta moi eficiente cando se encontran en manadas, posto que a os ollos dos depredadores é dificil distinguir donde empeza un invidiuo e donde acaba outro,polo que é máis dificil o ataque.

    Unha curiosidade,as cebras son negras con raias brancas.

  6. paulacnine.aso.1b di:

    Grazas as diferentes manchas dos animais, estes poden camuflarse para poder cazar e sobrevivir. Grazas a esto e mais dificil que os seus depredadores os cacen.
    Respecto as cebras coas raias negras e brancas, mentras estan en manadas,poden facer que os seus depredadores as confundan e asi poder fuxir deles.

  7. cristinagesc.aso.1a di:

    Estou dacordo con Estela cando di que cada animal adapta a súa forma de camuflarse dependendo da cadea alimenticia e do tipo de animal que se alimenta deles. Ademáis, co paso do tempo, cada especie evoluciona a maneira de camuflarse.

  8. miguel.aso.1b di:

    Os animais non só evolucionan no ámbito da camuflaxe, senón que tamén se adaptan ás condicións climáticas desenvolvendo caracteres físicos que faciliten a vida en climas determinados.
    Tamén existen casos de animais que evolucionaron para beneficiarse da simbiose con outro animal. A simbiose é unha relación entre seres vivos de diferentes especies que garantizan beneficios para ambas partes. Un exemplo é a relación que existe entre aves desparasitadoras coma os búfagos, que atopan a súa fonte de alimento nos parásitos que atormentan aos grandes mamíferos coma cebras ou elefantes.

  9. anaisporta.aso.1b di:

    Estou totalmente de acordo con martin todos os seres humanos evolucionamos.Este tipo de animal necesita camuflarse para poder cazar a sua comida e asi o mesmo tempo camuflarse dos seus depredadores.

  10. sararey.aso.1b di:

    Estou totalmente de acordo con todo o que din os meus compañeiros.Cada animal ten a sua forma de camuflarse e de sobrevivir ante a naturaleza,deste modo e asi como conseguen a sua comida.

  11. laracores.aso.1b di:

    O camuflaxe pasa con toda a anatomía animal, a evolución crea cada vez máis organismos e máis complexos, sempre intentando superar ó resto nun gran afán de supervivencia.

  12. rafaelgondar.aso.1b di:

    O camuflaxe e un metodo indispensable para alguns animais para poder vivir

  13. noeliafv.aso.1b di:

    A camuflaxe e algo totalmente necesario no reino animal para poder sobrevivir no seu medio, tanto para poder comer como para non ser comido por outros depredadores

  14. arantxaleiro.aso.1b di:

    Todo isto é certo,estoy dacordo con todosos meus compañeiros,todos os seres vivos evolucionamos co paso do tempo e tamen os animais adaptanse ao sitio no que viven

  15. gabriellema.aso.1a di:

    O camuflaxe é un gran método que permite ós organismos ou obxectos permanecer indistinguibles ó entorno que os os rodea. Como ben se trata neste post, moitos animais melloran as súas capacidades de camuflaxe ó longo da súa evolución, dependo do seu habitat.
    En bioloxía coñécese como mimetismo, ó fenómeno polo cal un organismo desenvolve habilidades necesarias para emular ou parecerse a outro organismo ou obxecto do seu entorno.

  16. victor di:

    NOTA: XA PODEDES COMENTAR NUN NOVO FORO (”COMPRAR, TIRAR, COMPRAR). ESTARÁ ABERTO 10 DÍAS

  17. mariacgarcia.aso.1a di:

    Eu estou dacordo cos meus compañeiros,xa que,coa camuflaxe a supervivencia de alguns animais é moito máis sinxela e se esos animais non se puidesen camuflar a súa supervivencia podería chegar a ser moi dificil e poderían chegar a desaparecer.

  18. mariamcosta.aso.1b di:

    Como din os meus comopañeiros, a camuflaxe é un recurso biolóxico indispensable na natureza: no campo biolóxico é chamada “cripsis”
    O método máis coñecido é o da coloración, pero tamén existen outros. Por exemplo, o movemento. Moitos son os animais que fan da inmovilidade un método para ocultarse; e incluso os que imitan o movemento das ramas dunha árbore ou cousas simulares para non ser identificados.
    Os patrones xeométricos, como os das cebras ou tigres, tamén son moi utilizados: fan máis difícil ao depredador identificar a súa silueta. É a forma de camuflaxe máis utilizada polas crías dalgúns animais, como xabaríns, que a perden na madurez.
    Tamén hai, por último, métodos que non teñen que ver coa visión senón con outros sentidos: por exemplo a tinta do calamar emite un olor que confunde aos peixes depredadores.