Problemas do Mar Morto

imagen

O Mar Morto, é tamén coñecido coma o mar da sal.  Unas novas medicións móstrannos que esa sal ten efectos na química do aire que se topa sobre a súa superficie, pois alberga unha abundante carga de mercurio (Hg) oxidado.  Tanto é así, que algúns dos niveis máis altos de Hg oxidado fora das rexións polares tópase na atmosfera que cubre o Mar Morto. Alí, o Hg existe en dous estados: normal e oxidado. É emitido por varios procesos naturais e artificiais, e pode cambiar dun estado a outro. Os niveis altos de mercurio oxidado son un perigo, pois van a parar aos ecosistemas logo da súa formación, podendo acumularse a través da cadena alimentaria, o que provoca un grave perigo para as persoas que consuman productos contaminados.
Topar niveis tan altos de mercurio oxidado sobre o Mar Morto, onde as temperaturas alcadan os 45ºC, foi de todo inesperado, xa que non se contaba con que fóra das zonas polares poidese darse o proceso responsable déste fenómeno. Supoñíase que as altas temperaturas impedirían este proceso químico.

Autora: Sara Betanzos

Esta entrada foi publicada en General, Residuos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

15 Responses to Problemas do Mar Morto

  1. victor di:

    De onde procede o mercurio dos medios acuáticos e mariños?

  2. gabriellema.aso.1a di:

    A corteza terrestre contén un promedio de 0,02 ppmm de Hg. Aproximadamente o 70 – 80 % do impacto ambiental do Hg é xenerado por emisións naturais (volcáns, evaporación dos océanos etc.) e un 20 – 30 % é causado pola actividade humana. Tendo esto en conta, o mercurio atópase en tódalas partes: no auga dulce, no auga do mar e no aire.

  3. victor di:

    E que actividades humanas son as causantes de contaminación por Hg?

  4. joseachaves.aso.1a di:

    Actividades humanas causantes de contaminación por Hg son:
    -liberado ó aire: queima de productos fósiles, minería, fundicións e combustión de residuos sólidos .
    -liberado ó chan ou á auga: a aplicación de fertilizantes na agricultura e os vertidos de augas residuais industriais.

  5. mariacmaq.aso.1a di:

    As actividades humanas que causan contaminación por Hg poden ser variadas xa que poden ser dende incendios forestais ata a minería fluvial para obtención de materiais coma o ouro na que se emprega o Hg, un 60% deste é arroxado os rios e o 40% restante evaporase xerandose un proceso de contaminación.

  6. migueltrigo.aso.1a di:

    Unha pequena parte ca contaminación é por culpa da actividade volcánica, pero si, a maior parte é causada polas actividades humanas

  7. lorenabuceta.aso.1b di:

    Entre outras actividades,onde se libera máis mercurio a atmosfera e na elaboración deste e outros metais; como tamén na combustión de carbón, de maneira natural; na desgasificación da corteza terrestre e en procesos bacterianos de detoxificación, sen esquecernos da súa incorrecta eliminación,mediante baterías…
    Tamén xogan un papel importante as actividades a mineiras , como as industrias de cemento, industria do papel, plantas de cloro e soda…
    O efecto altamente tóxico do mercurio sobre o home, débese a acumulación no sistema nervioso central, ó que causa danos severos e orixina outro tipo de consecuencias motoras e sensoriais.

  8. estelachaves.aso.1a di:

    O mar morto presenta unha serie de características propias que o fai diferente a todos os outros. Pero tamén leva consiguo unha manchea de problemas. Nos últimos anos, viuse afectada por unha sequía moi grande por mor da explotación do seu afluente máis importante o río Jordán. Para intentar acabar con este problema, quíxose levar a cabo un proxecto denominado “Proxecto Rojo-Muerto” que consistía en traer auga do mar Vermello cara o mar Morto, pero por conflictos entre os diferentes países que o limitan non se puido facer.
    Este mar, a parte de ser único polas súas características, ten unha grende importancia histórica, pois sea mencionado en multitude de ocasións en textos bíblicos.

  9. paulacnine.aso.1b di:

    Algunhas das actividades humanas son a contaminacion como a queima de materiais,da combustión de carbón…; estes fan que vaian parar as augas donde os seres humanos a utilizan para diferentes cousas: para bañarse, para beber, para facer a sua comida…, e acaballes afectando negativamente ao sistema nervioso e probocando grabes consecuencias a larga.

  10. laurareguera.aso.1b di:

    Isto devese a os vertidos de materiais a is ríos que pouco a pouco se van contaminando e moitos dos animais que viven neses habitat ecaban morrendo e hasta poden xhegar a estinguirse, estas augas chegan a os seres humanos a traves do seu uso na comida, o labarse, etc. e isto afecta a o seu corpo ata chegar a ter enfermidades graves.

  11. elisaduran.aso.1a di:

    Como ben dice Laura Requera, o contacto do mercurio do home pode chegar de diferentes modos, como por exemplos, as actividades laborales como a minería, a fabricación de instrumentos de precisión, restauraciónes dentales, pinturas, agricultura, productos farmacéuticos, explosivos,etc. O mercurio pode distribuise polo corpo con máis dun 80% en sangue, musculos, higado e riñóns cunha vida media entre 1 e 2 meses. Con esto so quere explicar, aludindo os datos, que e un tema perigoso que debemos ter en conta.

  12. iriaduarte.aso.1b di:

    Os científicos descubriron que a atmósfera sobre o Mar Morto está cargada de óxido de mercurio, cos niveis máis elevados que nunca se observaran fora das rexións polares.
    O mercurio existe na atmósfera en estado elemental e ocidado. É emitido por varios procesos antropoxénicos e naturais, e pode transformarse na atmósfera entre ambos estados. Os elevado niveis de óxido de mercurio son preocupantes, porque o mercurio nesa forma deposítase rápidamente no ambiente despois da súa formación.
    A deposición do mercurio atmosférico é a maneira principal en que o mercurio, unha potente neurotoxina, se introduce nos ecosistemas globais. Despois da súa deposición, o mercurio pode acumularse a través da cadena alimenticia, onde pode alcanzar niveis moi elevados. O peixe capturado nos océanos é aprincipal fonte de inxesta de mercurio na población estadounidense.
    As causantes principais da contaminación con mercurio son as plantas de produción de cloro, as xeradoras de enerxía, e as recicladoras de automóbiles. As plantas produtoras de clor emplean mercurio para separar o cloro da sal común. As xeradoras de enerxía, liberan mercurio ó aire na combustión de carbón. As recicladoras de automóbiles, nos encendidos dos automóbiles vellos. Cada ano as plantas químicas e as plantas xeradoras de enerxía desechan toneladas de mercurio no cal entra nos nosos fogares e nos noso corpos a través do peixe contaminado.

  13. noeliafv.aso.1b di:

    Pouco máis queda que engadir ao xa dito polos meus compañeiros. Voltamos ao de sempre, a CONTAMINACIÓN xa que aínda que algunha da contaminación por mercurio se produce de forma natural, esta é so unha pequena porcentaxe; o resto e todo debido a actividades humanas

  14. laracores.aso.1b di:

    Utilizamolo mercurio para moitas cosas, está presente nos tubos fluorescentes, en pilas (sobretodo as pilas de botón), nos termómetros e incluso nas zapatillas deportivas que inclúen luces.
    Tocar directamente o mercurio pode ser altamente peligroso, pode perxudicar a túa salúd ata chegar incluso a morrer. Cando se evapora, o primeiro que fai o mercurio é caer no mar e bacterias absórveno e pola cadena atrófica pode chegar ó peixe, polo tanto, pode chegar ó consumo humano.

  15. sarabetanzos.aso.1b di:

    O sistema nervioso é moi sensible a todas as formas do mercurio.
    A exposición a altos niveis de mercurio metálico, inorgánico, ou orgánico pode dañar permanentemente o cerebro, os riñóns e ao feto en desarrollo. Efectos sobre o funcionamento do cerebro poden manifestarse como irritabilidade, timidez, temblores, cambios nos problemas de visión ou audición, e na memoria.
    E hai moitas máis consecuencias, pero non vou numeralas todas, iso só son uns cantos exemplos.