“Matar” dous paxaros dun tiro

O tren de alta velocidad consume, de media e por pasaxeiro transportado, un 29% menos de enerxía caos trens convencionais, ademais de reducir as emisións de CO2 na mesma proporción.

O Ave evita as emisións de 3Kg de CO2 por pasaxeiro en relación a outros trens, pero de examinar no conxunto o que deixa de emitir un viaxeiro que non usa o coche nin o avión, esa cifra elévase hasta os 31Kg de CO2, unha cantidade de gas que xa non chega á atmósfera. Tamén hai que ter en conta que os trens de alta velocidade son de tración eléctrica, polo que non expulsan gases de efecto invernadoiro e contribuen menos ao consumo de combustibles fósiles respecto a outro medio de tranporte.

Se temos en conta os datos queda claro que este medio de tranporte é rápido e menos contaminante,  o que o fai tan atractivo para que o usemos en lugar do avión.


Autor: Victorino Souto

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to “Matar” dous paxaros dun tiro

  1. rebecapineiro.aso.1a di:

    A parte das vantaxes que obviamente ten este transporte, tamén son moitas as dasvantaxes.
    Unha delas é o seu elevado prezo, tanto por viaxe como polas infraestruturas que necesita.
    Respecto ao pouco contaminante que resulta, na construcción destas infraestruturas quizais non sexa tan pouco contaminante, xa que conleva un importante consumo de enerxía de orixe non renovable.

  2. samuelmarino.aso.1a di:

    Sen dúbida podemos apreciar que as súas prestacións son moi altas, sendo bastante respetuoso co medio que nos rodea. Pero para que este tipo de tren se expanda por toda España aínda faltan moitos anos, xa que en Galicia teremos que esperar ata o 2015 según as previsións. O tren sairía de Santiago e poríase en Madrid entre dúas e tres horas.

  3. samuelmarino.aso.1a di:

    Certo, se facemos incapé na construcción do AVE pode ser que non sexa tan ecolóxico. Xa que a producción dos materiais de construcción, o seu transporte, os camións, as grúas, bulldozers, tuneladoras, contamina tanto que é dificil que na súa vida útil consiga compensalo.

  4. laurareguera.aso.1b di:

    Paréceme un medio de transporte moi bo, para moitas persoas que lles da medo voar este sería un medio de transporte moi bo e non terian que coller o avión para trasladarse dun lugar a outro e ademáis de ser cómodo. E tamén axuda a o medio ambiente xa que non contamina ao ser eléctrico.

  5. noeliafv.aso.1b di:

    Estou dacordo co que di o meu compañeiro Samuel, aínda que á larga e máis ecolóxico. Pero ten un elevado custo e esto provoca que moita xente siga optando podo tren tradicional. Eu penso que se debería obtar polos transportes ecoloxicos pero que tamen deberían ser máis economicos.

  6. estelachaves.aso.1a di:

    Na cuestión da desvantaxes do AVE, estou completamente de acordo con Rebeca, pois a pesar de que é máis limpo ca outros vehículos, a súa construccción supuxo unha contaminación extra para a atmosfera.
    Ademáis do seu elevado custo e imposibilidade de utilizalo en traxectos cortos, pois ó ir a tanta velocidade, as paradas fanse cada moitos kilómetros. A pesar disto, o AVE supuxo una boa inversión en lugares como Andalucía, pois fíxose máis accesible e cómodo chegar.
    Nestos momentos, en lugares como Xapón, xurdiron unha serie de inconvenientes. A adherencia que teñen as rodas sobre os rías, diminúe con velocidades superiores ós 350km/h. Como solución a este problema, barállase a posibilidade da creación dunha tecnoloxía que faga que o tren levite, serían os “Trens de levitación magnética”, pero a unha velocidade de 500 Km/h. Agora ben, con isto, temos outro problema, pois a enrexía necesaria para vencer a resistencia aerodinámica aumenta coa velocidade. Nestos momentos, este tipo de trens soamente se utiliza a modo de ensaio para intentar solucionar os inconvenientes que acarrean.

  7. laracores.aso.1b di:

    Todas as construccións son contaminantes, pero a do AVE e especialmente perxudicial xa que se destruen montes e se fan movementos de terra que crean un gran impacto tanto medioambiental como visual.
    Inda que o seu funcionamento sexa máis rápido e menos contaminante, non é de todo ventaxoso xa que non todos podemos disfrutar del. En Galiza estamos a pagar cos nosos impostos uns trens que non chegan todavía á nosa terra.

  8. martincabal.aso.1b di:

    Estela dinos que os trens magnéticos solo se usan en ensaios, pero aunque na maioría dos casos é así existen algúns como o tren Alemán transrapid instalado en Shangai que transporta pasaxeiros 30 km en 7 minutos do centro da cidade ao aeroporto.

  9. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Concordo con Lara,o tren de alta velocidade que tanto prometeu Pepiño Blanco,e que non da chegado,claro que non é unha mala alternativa,pero causa un grande impacto visual,a parte de que as súas obras xa costaron derrubamentos de edificios.
    Saltando todo isto,o que menos me gusta desta medida,e a explotación sufrida polos obreiros que o constrúen,xa que coñezo testimonios de persoas que viron morrer a os seus amigos mentres facían túneles,e mesmo a persoa que me contou isto chegou a traballar 21 horas nun día,e tamén chegou a sufrir queimaduras de caracter grave de cintura pra abaixo,por culpa de non posuír un quipo de traballo axeitado pra manipular o cemento que utilizaban.
    Quitando estes comentarios,o tren de alta velocidade é unha das alternativas de enerxía renovable que tanto levamos discutindo o longo do curso.
    Pero a conclusión deste comentario é:
    Merece a pena o comentado nas anterires liñas por un tren de alta velocidade,ou sería mellor tratar as víctimas como danos colaterais¿

  10. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Pareceme moi ben que por fin Galicia poida estar comunicada con Madrid, e o resto de España, eso nos da unha gran comunicación e nos convirte nunha comunidade autónoma ben comunicada, o que nos pode abrir novos comercios ou traballos.
    O que ocorre é que non lle vexo moitas utilidades o AVE, xa que só transporta a persoas e non mercancías, e sinceiramente dudo que moitas persoas poidan viaxar todos os días no AVE para ir a viaxar a Madrid (o único empresarios adiñerados), por iso non lle vexo moitas utilidades. Pero hai que ver a parte positiva, durante a súa construcción creáronse moitos postos de traballo. Xa non digo os problemas a nivel ecolóxico e demais xa que de iso xa falachedes vos.

  11. paulacnine.aso.1b di:

    E estupendo este medio de transporte, xa que grazas a el non haberá tanta contaminación e utilizaremos menos os coches pra viaxar a distintos lugares, e incluso poderiase reducir o número de accidentes.
    Este facilitaranos chegar a todos os lugares polos que o AVE pase.
    Esta tamen facilitaria que moita xente que ten pánico os avóns se anime a viaxar mais a meudo.
    A sua desbantaxe e o seu prezo xa que e elavado.

  12. cristinagesc.aso.1a di:

    Estou de acordo con Eloy porque o AVE ten moitas utilidades, como por exemplo que é moi rápido pero tamén ten algúns inconvintes como que construílo é moi caro, polo tanto tamén o seu transporte será caro e non toda a xente poderá coller o AVE tódolos días.
    Respecto á contaminación, non contaminará moito o transporte pero para construílo necesítanse moitos materiais contaminantes.

  13. cristinaotero.aso.1a di:

    Opino o mesmo que Eloy en canto que xa era hora de que chegase o AVE a Galicia pero tamén opino que a súa construcción supuxo uns costes altísimos e todo o que se ía a aforrar en canto a contaminación xa foi compensado na súa construcción. En canto o seu coste, se os gobernos queren que a xente se conciencie ao usar transportes públicos o que deberían facer e baixar os costes, paréceme unha vergoña todo o que subíu por exemplo o tren tradicional nos últimos 2 anos.

  14. micaelgarcia.aso.1a di:

    Pois a min paréceme unha boa alternativa, é certo que na construción da infraestrutura necesaria para o seu funcionamento prodúcese moito CO2 pero creo que é unha cantidade moito menor da que producen os avións no seu funcionamento,ademais da infraestrutura que eles tamén necesitan.
    Por outra banda os aeroportos constrúense lexos das cidades e o transporte(taxis,automóbiles,autobuses)que fai posible o acceso a eles produce moitísimo o largo do tempo CO2.Este feito non se da coas estacións de trens que se poden instalar moito máis cerca das cidades.
    O AVE paréceme unha moi boi alternativa e grazas o seu uso reduciríase o trafico aéreo en viaxes de curta distancia.

  15. miguel.aso.1b di:

    Non estou dacordo con Eloy; dende logo o AVE pode ser moitas cousas, pero non inútil. O tren é caro, sí, pero neste caso pagamos por calidade e eficacia.
    Respecto á explotació e ás víctimas, non creo que sexan produto do proxecto do AVE, senón que son culpa das “chapuzas” dalgunhas empresas.

  16. arantxaleiro.aso.1b di:

    É un bo tarnsporte pero é tamen de elevado custo e non todo o mundo poderia viaxar nel por ser moi caro. É polo feito do precio a xente seguiria viazando nos trens tradicionais.

  17. mariacmaq.aso.1a di:

    Na miña opinión ten moitas vantaxes como a súa rapidez a comunicación entre todas as cidades etc, pero tamén algún que outro inconvinte xa que non ten un prezo económico e non podería ser usado por persoas diariamente para ir os seus traballos cousa que outros trens si.

  18. lorenabuceta.aso.1b di:

    Eu penso que ainda que sexa caro é necesario, xa que se todos os medios de transporte non foran contaminantes non teríamos o problema do efecto invernadoiro, o cambio climático, etc. Todo o que se avance agora reflictiráse no futuro mellorando o medio ambiente.