Quén non quixo ser invisible nalgunha ocasión?

 

imagen

Un grupo de científicos británicos da Universidade de Saint Andrews (Reino Unido), crean un material que funciona baixo o principio da manipulación da luz, que recibe o nome de Metaflex. O Metaflex é un meta–material, é dicir, un material artificial que presenta unhas propiedades electromagnéticas inusuais, que curvan e canalizan a luz para converter en invisibles os obxectos en longas lonxitudes de onda.

No pasado, científicos xa traballaron con meta-materiais pero obtiveron uns resultados menores ós obtivos nesta derradeira investigación. Nos primeiros estudos observouse que os meta-materiais convirten en invisibles os obxectos a longas lonxitudes de onda, pero a luz visible supón un desafío maior, xa que a pequena lonxitude da onda da luz do día supón que os átomos do meta-material teñan que ser moi pequenos, e estos átomos menores só se puideron producir sobre superficies planas e duras, incompatibles cos tecidos da roupa.

 

A novidade que aportou esta última investigación é que o Metaflex consta dunhas membranas flexibles de meta-material, creadas mediante unha nova técnica que permite liberar átomos da superficie dura sobre a que foron construidos. Desta maneira, o Metraflex resolve o problema das investigacións anteriores xa que pode operar en lonxitudes de onda duns 620 nanómetros, dentro da rexión da luz visible. A unión destas membranas podería producir un tecido intelixente, que permitiría facer desaparecer á persona que porte a prenda fabricada por este material.

 

Este gran descubrimento supón un avance no camuflaxe dos exércitos e, incluso, podría utilizarse en vehículos militares. Desgraciadamente estas prendas non poden estar ás mans de tódalas persoas, por cuestións evidentes.

 


Autor: Gabriel Lema

 

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Quén non quixo ser invisible nalgunha ocasión?

  1. emmanuelfj.aso.1b di:

    Pareceme interesante o tema que Gabriel nos expón sobre estos experimentos cun metamaterial para obter este resultado, tan ansiado dende sempre.
    O complicado quizais sexa ampliar o campo no que o Metraflex poida actuar para que todo o espectro de luz poida convertirse en invisible.
    A cara mala como sempre é quen o poida adquirir pero sen dubida é un gran avance no campo da tecnoloxia.

  2. victor di:

    Que é iso da lonxitude de onda? ten que ver algo co tipo de luz que percibimos?

  3. martincabal.aso.1b di:

    Si, esta relacionado, o ollo human ten unha capacidade limitada, polo que no lle é posible percibir lonxitudes de onda menores aos 400 nanómetros (luz ultravioleta) nin maiores aos 700 nanómetros (luz infravermella).

  4. laracores.aso.1b di:

    Lonxitude de onda é a denominación que se lle da á distancia que hai entre dúas crestas consecutivas dunha onda, neste caso lumínica.

  5. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Pareceme incrible que os nosos científicos inventaran un material que pode desviar a luz para facer que un material poda pasar desapercibido, pero o malo é que só pode facerse invisible con grandes lonxitudes de onda. Aínda que esto parece moi fácil de explicar pero é moi difícil de crear, agora o difícil será facelo para o ollo human, que en realidade ve relativamente poucas lonxitudes de onda e estas nunha proporpoción moi pequena.
    O único inconvinte que lle vexo a este material é que so lle dan usos militares como a camuflaxe de soldados ou vehículos militares.

  6. paulacnine.aso.1b di:

    É moi curioso isto, xa que nadie imaxinaria que podria ser invisible. Este invento creo que por un lado seria bo pero non sempre xa que tamen poderia caer en mans de xente que a utilizaría pra malas obras.
    Estou de acordo coa opinion do meu compañeiro xa que e verdade que só o utilizarían os soldados e vehículos militares,xa que o resto das persoas non lles é necesario isto.

  7. victor di:

    A luz ultravioleta e a infravermella son visible para o ollo humano?

  8. sarabetanzos.aso.1b di:

    A luz ultravioleta non é visible, mais a súa radiación, ao iluminar certos materiais, logra verse debido ao fenómeno da fluorescencia.
    A infravermella non é inivisible, pero ten menor frecuencia cá luz visible.

  9. lorenabuceta.aso.1b di:

    Según o investigador da Universidade de St. Andrews Uf Leonhardt, matemáticamente é imposible para un material evadir completamente a luz, o cual impide que sexa invisible totalmente. O reto que teñen os científicos é reducir estas cantidades de luz ó mínimo posible.
    Grazas ó traballo dos científicos escoceses xa se pode traballar con pequena loxitude de onda (como a luz do día) cos metamateriais.

  10. lorenabuceta.aso.1b di:

    A luz visible enóntrase entre a luz ultravioleta, que ten maior frecuencia e menor lonxitude de onda; e a infravermella, que posúe maior lonxitude de onda e menor frcuencia.

  11. micaelgarcia.aso.1a di:

    Persoalmente este experimento paréceme perigosísimo, se se chegase a levar a cabo as guerras cambiarían para sempre e serian máis perigosas aínda, e se caese nas mans dos terroristas nada lles impediría efectuar os atentados ou asasinatos que quixeran.
    Paréceme que este traxe podería dar un poder demasiado grande para o dominio humano.

  12. laurareguera.aso.1b di:

    Paréceme un descubrimento importante xa que así moitos dos militares non lles faría falta pintarse a cara nin ter que comprar a vestimenta de camuflaxe, e grazas a este novo descubrimento non serían vistos polos rivais. Pero tamén ten razón o meu compañeiro, porque así os terroristas poderian conseguir este método e poderian facer todas as matanzas que quixesen sen que ninguén os descubrira.

  13. lourdesfarina.aso.1b di:

    É increíble observar como pode avanzar a ciencia nun curto tempo. Este tema pareceme moi interesante. A todos nós máis dunha vez nos gustaría ser invisibles nalgunha ocasión.
    Como ben dí o video, este experimento non foi tan positivo e ten bastantes limitacións.Non obstante é un gran comezo para o futuro.
    Á súa vez paréceme que isto non é de todo beneficioso se cae en máns de persoas que non utilicen este experimento cun fin positivo.

  14. mariamcosta.aso.1b di:

    A verdade é que a posibilidade de poder volverse invisible é un avance tremendo, pero como di Micael non tendría por qué ser para ben… É algo moi perigoso.
    As luces ultraivoleta e infravermella non son visibles comúnmente para o ollo humano, nin para a maioría dos mamíferos. Isto débese a que nun principio, nos tempos dos dinosaurios, os primeiros mamíferos foron nocturnos e non recoñecían a luz ultravioleta, por exemplo. Co paso do tempo e a evolución, algunhas ordes de animais recuperáranas: os primates teñen visión infravermella para poder distinguir froitos maduros, e a orden carnivora luz ultravioleta para marcar o territorio. No ser humano non se deu ningún destes casos.

  15. samuelmarino.aso.1a di:

    A luz ultravioleta non é perceptible para a nosa vista, sen embargo, a radiación ultravioleta que provoca a fluorescencia pódese ver. Utilízase para ver se os billetes son verdadeiros, detectar restos de sangue, orina, semen, etc. En canto á luz infravermella é imposíbel vela.

  16. victor di:

    Semella que o asunto da invisibilidade, segundo comentades, so lle vedes utilidade militar; tería algunha outra utilidade?

  17. martincabal.aso.1b di:

    Ocórrenseme infinidade de cousas ilegais e inmorais, pero en canto a utilizacións intelixentes poucas, unha delas e utilizalo en equipos de observación e rodaxe da vida salvaxe, supoño que esto faría que os animais actuasen con mais normalidade e asi poder apreciar mellor as suas costumes e habitos.

  18. noeliadozo.aso.1a di:

    Como ben menciona o vídeo, aínda é unha técnica sen madurar e que presenta limitacións.
    Pero aínda que non fora asi, non lle vexo demasiadas utilidades que poidan presentar algún ben para a humanidade.
    Se se pode ocultar un militar tamén o pode facer un terrorista.

  19. lourdesfarina.aso.1b di:

    Outra utilidade podería ser para os detectives ou policías en canto a investigación. Espiar aos narcotraficantes.
    Tamén para os cazadores lles sería útil para as posibles especies que capturen.

  20. karinamendez.aso.1b di:

    Eu penso que a idea de ser invisibles estaría ben se solo utilizasen esas prendas as persoas que intentan manter a orde pública ou resolver casos de investigación e cousas así. Pero como di Noelia, tamén a poderían caer en mans de terrroristas, e eso perxudicaría a nosa vida.

  21. estelachaves.aso.1a di:

    Investigando un pouco máis sobre os meta-materiais, informeime da súa posible utilidade sen ser para fins militares ou terroristas, sen incluso ser utilizado por persoas. Estos materiais son moi útilies para reducir as interferencias que presentan as antenas. Tamén resulta un grande avance nos radares de tráfico, para determinar a velocidade dos vehículos; pois fai que as ondas decrezan en vez de aumentar conforme se aproxima o obxeto. Isto é posible grazas a que se invirte o efecto Dopple (Cambio de frecuencia de onda que está producido por un movemento relativo entre o obxeto que se achega, a fonte utilizada, neste caso o radar, e o medio no que se realiza.)

  22. sarabetanzos.aso.1b di:

    Pois eu estou moito de acordo coa miña compañeira Lourdes, e vexo que pode ter utilidades beneficiosas para as persoas. Tanto nas investigacións, pois sempre sería máis doado traballar en segredo, sen medo a ser descuberto, ou cos animais, sen o problema de espantalos.

  23. cristinag.aso.1a di:

    Eu creo que tería infinitas utilidades, pero a qe mais usarían, sería a militar se se levase acavo, outra utilidade, como di Estela, para os rádares que así o que farían sería que a xente fora mais despacio xa que a xente cando hay un rádar cerca diminúe a velocidade, e ó non saber onde está exactamente, terían mais precaución, así reduciríanse os accidentes de tráfico.
    Outra utilidade sería investigar ós animais, como están comentando aquí, sen espantalos. O que sería mais perigoso pode ser o de espiar ós narcotraficantes xa que se o descubren poden matalo e despois qedarse có meta-material.

  24. noeliafv.aso.1b di:

    Non cabe dúbida de que sería algo con infinitas utilidades. E tamen comparto o de que sería un gran invento co que se poderían facer moitas cousas utiles para o sociedade, pero que tamen podería ser utilizado negativamente por delincuentes. Creo que xa non hai moito máis que engadir ao que dixeron os meus compañeiros.

  25. arantxaleiro.aso.1b di:

    Parece un gran descubrimento pero non o acabo de creer. Esto da invisibilidades poderiase utilizar para moitas cousas boa ,pero tamen para cousas malas.

  26. mariacmaq.aso.1a di:

    As utilidades serían variadas pero non boas en todos os casos como afirman os meus compañeiros, xa que tanto xente que nos beneficia como xente que nos perxudica se poderían facer invisibles.

  27. pablo sanchez di:

    Se esto se consigue sería o invento do século.O peor é que seguro que os dos exércitos usaríanos para as guerras.