Solución a un gran problema

Ante a falla de órganos  motivado pola escaseza de doantes, fronte  á cantidade de persoas que necesitan un transplante, a medicina optou pola fabricación destes. Xa se atopa instalado en Madrid o primeiro centro de fabricación de órganos humanos bioartificiais.O proceso da fabricación destes órganos prodúcese do seguinte xeito, recollense órganos danados  que non sirven para ser implantados e baleiranse . E gracias a unha descelularización  mediante deterxentes e productos de lavado  queda únicamente a parte exterior que se constitúe  de coláxeno e fibrina. Sobre este material  implántanse células nai do paciente receptor de modo que dentro da estructura baleirada empregase como guía para a formación do órgano.
Deste modo evitariase o maior problema a hora de facer un transplante: O rexeitamento xa que o proceder das células maternas o corpo non o trata como un descoñecido.


Autora: Mari Carmen Maquieira Cancela

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Solución a un gran problema

  1. samuelmarino.aso.1a di:

    Sen dúbida isto é unha gran solución para o problema da donación, xa que sempre houberon e hai listas de espera para implantar órganos, e moitas persoas non chegaron a recibilos. E desta maneira o transplante sería seguro e satisfactorio, xa que a opción de que ocorrese un rexeitamento é imposíbel.

  2. victor di:

    Por que se producen os rexeitamentos de órganos?

  3. samuelmarino.aso.1a di:

    Un transplante é introducir un elemento extraño dentro do noso corpo, e o noso corpo está programado para combatir calisqueira elemento extraño, xa sexa orgánico ou artificial, por iso prudúcese o rechazo.

  4. noeliafv.aso.1b di:

    Porque o noso organismo defendese destruindo calquer axente vivo que se introducira nel. Ademais porque o corpo posúe unhas proteínas características do seu código xenético, que son específicas para cada persoa. Polo tanto o organismo ao verse invadido antíxenos (substancias protéicas)reacciona como método de defensa rexeitando o transplante.
    Pareceme un tema moi interesante o que escolleu a miña compañeira. E unha GRAN invento o de poder “fabricar” organos para trasplantar.

  5. paulacnine.aso.1b di:

    Este e un gran avance, xa que moita xente necesita estes transplantes e ten que esperar moito tempo para que este se lle realice, debido a que hai que buscar un doador que sexa compatible con el, e que a persoa que se lle vai facer po transplante lle fagan as probas pertinentes.Estou de acordo co meu compañeiro xa que e verdadde que pode que se produza un rexeitamento do órgano pero esto non soe pasar xa que as probas que se lle realizan o paciente e o doador e para evitar estas cousas e que todo saia en ben.

  6. laurareguera.aso.1b di:

    Pareceme un gran avance para a mediciña que descubriran este método para os transplantes xa que chegan a ser rexeitados e gracias a este metodo moi poucos transplantes se rexeitarian e moitas vidas poderian ser salvadas por este descubrimento, ainda que o tempo de limpar os órganos tarda tanto tempo pois a súa espera vale a pena.

  7. lourdesfarina.aso.1b di:

    A ciencia ten que traballar para que os seres humanos non sufran.
    Unha persoa que pode estar pendiente dun transplante de calquer tipo de órgano ten que facer varios dias á semana diálises. Isto é moi duro para eles.
    A escaseza de doantes é evidente posto que existe un gran número de persoas que están esperando por un órgano sen obter resposta.
    Este é un gran avance. Órganos que non serven que se poidan limpar e ser de novo reutilizados.
    Estou moi a favor sobre este tipo de avances.

  8. martincabal.aso.1b di:

    A clonación de órganos é sen dubida un interesante campo no que se debe investigar e que seguro que así será, o ano pasado, Isaac explicaranos nunha estrepitosa clase, que da clonación de órganos surxia un problema, para implantación das células no órgano san, como é lóxico precísanse células do paciente enfermo. Así surxia o problema xa que moitas enfermidades estan latentes nas células e ao clonalos contaxias coa mesma patoloxía o novo órgano.

  9. cristinag.aso.1a di:

    Como din Samuel e Noelia, o organismo ten unha autodefensa para que non o invadan tan pronto os virus e as bacterias, xa que senón seriamos vulnerables a moitas infeccións e enfermidades que hay no ambiente, eso tamén pasa cos transplantes, terían qe ser de alguen identico a nos, co mesmo codigo xenético, mesmo grupo sanguíneo,etc, e eso é imposible, xa que non hay dous individuos idénticos en todo, polo tanto a formacion de órganos bioartificiais pareceme un GRAN INVENTO

  10. sandragarcia.aso.1b di:

    Os transplantes de órganos son un avance moi beneficioso para a saúde humana. Dende que fai 60 anos se realizou o primeiro transplante de ril, os transplantes non deixaron de evolucionar, ata agora, que moitas partes do corpo poden ser transplantadas, dende o pelo, á cara, á pel, texidos, células…
    Pero hai moita xente que depende dun transplante para sobrevivir, e pasa anos nunha lista de espera, agardando un órgano compatible ao seu organismo, evitando así o rexeitamento. Como din os meus compañeiros, o rexeitamento prodúcese cando o organismo calquer axente vivo extraño que se lle introduza. Para evitar o rexeitamento, téñense en conta o grupo sanguíneo e o complexo maior de histocompatibilidad, tambén chamado sistema HLA. Este avance nos transplantes é moi beneficioso, porque evita o rexeitamento, e diminuirá o tempo de espera que a xente sofre para recibir un órgano.

  11. estelachaves.aso.1a di:

    Este proxecto que se está levando a cabo traerá moitos benefidios, pero hay que ter en conta que aínda se está investigando. O primeiro transplante está previsto que se realice, se todo vai ben, dentro de cino ou dez anos.
    Nestes momentos estanse a realizar probas baleirando corazóns recollidos de cadáveres.
    Esta técnica xa se relizara anteriormente con animais, tendo resultados óptimos.

  12. estelachaves.aso.1a di:

    Este proxecto que se está levando a cabo traerá moitos benefidios, pero hay que ter en conta que aínda se está investigando. O primeiro transplante está previsto que se realice, se todo vai ben, dentro de cino ou dez anos.
    Nestes momentos estanse a realizar probas baleirando corazóns recollidos de cadáveres.
    Esta técnica xa se relizara anteriormente con animais, tendo resultados óptimos.

  13. lorenabuceta.aso.1b di:

    Baixo o meu punto de vista non só é un gran avance para transplantar un maior número de órganos e reducir os rexeitamentos, senón que axudará a abolir o tráfico destes, xa que no mundo en que vivimos, ainda que no noso país non o sexa, noutros países si é un gran problema. Persoas indíxenas que non teñen familiares nin a persoas cerrcanas que denuncien a súa desaparición. A causa disto pérdense moitas vidas por diñeiro, e eu creo que co paso do tempo e coa familiarización deste tipo de transplante co resto de países, se disminúa esta actividade ilegal, que esperemos que sexa pronto.

  14. emmanuelfj.aso.1b di:

    Como contestan os meus compañeiros,o rexeitamento prodúcese no momento ó ser transplantado un órgano novo ó noso corpo, para suplir a carencia de outro, este o que fai e mediante o complexo maior de histocompatibilidade, o principal encargado de detectar elementos extraños no noso corpo, detectandoo como un elemento maligno para nos e polo tanto intenta eliminalo, de ahí o rechazo.

  15. victor di:

    Cal é a causa de que non se produzan rexeitamentos con este novo sistema?

  16. sandragarcia.aso.1b di:

    O novo órgano está repoboado con células nai pertencentes ao paciente que o recibe, e que o organismo non considera un elemento extraño, e polo tanto, non o rexeita.

  17. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Supoño que isto debese ó implante de células nais do receptor, que ó pertencer a mesma persoa corpo o non o ve como un órgano novo ou invasor, senón ó mesmo órgano só que está san. Por iso non rexeitan ó novo órgano. Hay que dicir que esta técnica de recuperación de órganos sanos pode ter moitas salidas, e pode ata ser máis utilizada que os transplantes dunhas persoas a outras, o que neste momento é máis común.

  18. lorenabuceta.aso.1b di:

    Isto sucede polo coidadoso proceso de lavado onde se elimina mais do 80% do ADN, e logo iniciase a implantación de células nais adultas da persoa receptora do órgano (xa que coas celulas nais embrionas non tivo éxito) durante tres ou cato meses aproximadamente.

  19. victor di:

    En que consiste o proceso molecular de rexeitamento, é dicir, que células do noso corpo rexeitan os órganos transplantados e que parte deses órganos ou células lles resultan extrañas?

  20. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Porque o noso corpo rexeita todo o que non lle pertence, e polo tanto deféndese dese novo órgano ou células, e como se supón intentan eliminalos con os anticorpos e intentando cortar os fluídos que lle levan os nutrienes necesarios para que poida seguir sobrevivindo. O noso corpo nos intenta protexer dos órganos infectados igual caas enfermidades.

  21. laracores.aso.1b di:

    Non entendo moito o comentario de Eloy cando estamos a falar de rexeitamento de órganos: “ O noso corpo nos intenta protexer dos órganos infectados igual caas enfermidades” pero neste caso o órgano que se introduce no paciente non esta infectado, todo o contrario.

  22. noeliadozo.aso.1a di:

    No noso ADN existen unhas proteínas específicas
    de cada ser humano. Cando se percibe unha “invasión” dunhas proteinas chamadas antíxenos, o noso organismo reacciona de xeito que rexeita o transplante.
    Para evitar este rexeite existen unha serie de tratamentos e fármacos , co risco de que o paciente perda a sua total inmunidade.

  23. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Perdón ó mellor non me expliquei con claridade. O que me refiro é a que o noso corpo soe rechazar os virus, microvios, células… que poden ser perxudiciais para a nosa saúde. O noso corpo intenos protexer das enfermidades, e pode ver o novo órgano como un grupo de microorganismos que pode non son compatibles con el, por iso ,a pesar de este sexa beneficioso para nos, para o noso organismo só é algo que hai que eliminar ou neste caso rexeitalos.

  24. arantxaleiro.aso.1b di:

    Pareceme unha gran solución,xa que moita xente esta en lista de espera e casi non hai doantes.
    Este é un gran avance na mediciña.