Os ibis saen do armario

Hai poucos meses descubriuse en Florida, Estados Unidos, que os ibis brancos americanos machos que estiveron expostos ó metilmercurio (MeHg), que é a forma na que se atopa o mercurio no medio ambiente de maneira máis tóxica e máis facil de absorber, son moito máis propensos a emparellarse con individuos de asemade sexo.

En Florida hai bastante mercurio no ambiente debido á queima de lixo médico e municipal, o que fai que unhas bacterias o transformen en  metilmercurio. E dase a circunstancia de que estas bacterias atópanse en zonas pantanosas onde se atopan os ibis. O que fai o mercurio para que se comporten desta maneira é afectar ó sistema endocrino dos ibis alterando os niveis de testosterona.

 

imagen

Semella que este proceso non ocorre coas outras especies, nin  tan sequera cos outros tipos de paxaros.

Autor: Samuel Mariño Paz

 

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Os ibis saen do armario

  1. victor di:

    NOTA: RECORDADE QUE OS COMENTARIOS QUE FAGADES A PARTIR DE HOXE SERÁN TIDOS EN CONTA NA SEGUNDA AVALIACIÓN.

  2. migueltrigo.aso.1a di:

    Paréceme moi curioso, tamén existe un mono centroafricano, o bonobo, que se presenta case como unha raza bisexual, pero teño unha pregunta: este comportamento non reduce a capacidade de multiplicarse da especie, poñendo en perigo a súa existencia? (ollo, non teño nada en contra da homosexualidade)

  3. estelachaves.aso.1a di:

    Este comportamento afecta notablemente á descendencia desta especie, pois teñen moitas menos crías. A posta de ovos, por exemplo, reduciuse nun 30%. Para poder examinar detalladamente este comportamento, realizouse un experimento onde se separaban 160 ibis en grupos de 20. Tras tres anos de observación, veuse que a medida que aumentaban as dosis de mercurio, as aves interesábanse máis polo seu mesmo sexo. Un dato curioso é que as aves vólvense máis fieis e conservan a mesma parella, sen interesarse por outra femia ou macho.
    Pero a contaminación por mercurio soamente se da nesta especie, como di Samuel, outras aves expostas ó mercurio non tiveron este comportamento tan particular. E tampouco se encontraron síntomas déste en persoas tamén expostas ó mercurio.

  4. noeliafv.aso.1b di:

    Creo que non hai moito mais que aportar ao que xa dixo a miña compañeira Estela. Volvemos ao de sempre, a CONTAMINACION, porque agora mesmo esto estalles a afectar só a esta especie, pero moi probablemente terminarálle afectando nun futuro non moi lonxano a moitas outra especies de animais.

  5. miguel.aso.1b di:

    Este post móstranos outro dos moitos efectos negativos que causa a contaminación por metais pesados.
    No estudo anteriormente citado por Estela, estas aves non só mantiñan contacto homesexual, senón que as parellas de machos mesmo construían niños e pasaban un mes no niño non habendo ovos.

  6. noeliadozo.aso.1a di:

    Non só os ibis presentan este comportamento, hai aproximadamente unhas 1500 especies que tamén o fan.
    Un exemplo é o elefante.
    Tanto o asiático como o africano chega a realizar cópulas con animais do mesmo sexo, da mesma maneira que realizarían unha cópula heterosexual.

    Estas relacións son bastante frecuentes, case a metade das relacións que teñen estes animais son con individuos do seu mesmo sexo.

  7. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Esta é unha noticia desesperante na que nos conta como os aniumais poden cambiar os seus hábitos grazas a un metal pesado, neste caso o mercurio. Con esta traxedia podemos comprobar facilmente que os ibis producen testosterona dunha forma distinta a as demais especies que se poden atopar nos pantanos nos que habitan. Como di Estela, este problema afecta a súa supervivencia, xa que así teñen menos crías e lle será máis difícil a súa supervivencia e a da súa especie, levandoo finalmente a súa extinción.

  8. paulacnine.aso.1b di:

    Opino que haberia que buscar unha solució para que non cause estos efectos negativos xa que afectan negativamente e omellor poderian ter outros efectos peores co paso do tempo ou que xa o esta causando e nos non o vemos.

  9. cristinagesc.aso.1a di:

    Deberíase tomar medidas sobre este asunto, porque polo contrario, esta especie de paxaros emigraría e en Florida non se poderían atopar máis.

  10. laurareguera.aso.1b di:

    Penso que hai qeu buscarlle unha solución porque si estes animais cambian de gustos estes quereran reproducirse cos animais do mesmo sexo e poderian deixar de reproducirse e esta especie pode chegar a estinguirse como moitos animais por este motivo.

  11. mariacmaq.aso.1a di:

    Isto é un claro exemplo de contaminación, na que se ven afectadas outras moitas especies non so esta, debido a este tipo de contaminación os ibis teñen unha dificil supervivencia e unha disminución na súa fertilización entre outros problemas que poden dar lugar a desaparción de esta ou outras especies afectadas.

  12. victor di:

    Hai problemas de contaminación por mercurio nas rías galegas?
    Como nos afecta aos seres humanos a contaminación por mercurio? Como chega ata nos?

  13. taniagonzalez.aso.1b di:

    O mercurio é venenoso pa o sistema nervioso. Os seres humanos están expostos a inalacións dos seus vapores.O corpo absorveos a través dos pulmóns é posteriormente o mercurio desprazase facilmente polo riego sanguineo ao cerebro. Cando o mercurio é inxerido a cantidad absorvida e pequena.O mercurio pode provocar desorden neurolóxico e comportamentos como temblores, insomio…

  14. victor di:

    Tania, está claro que o mercurio que contamina as lamas do fondo do mar, non chega ata os animais en forma de vapor. É un metal pesado que “bioacumula” nos seres mariños; que quere dicir isto?
    Como pode chegar ata os seres humanos se nos non comemos a lama dos fondos mariños?

  15. samuelmarino.aso.1a di:

    Que bioacumula quere dicir que o corpo dos seres mariños non o eliminan, se non que se acumula no corpo destes de por vida. E chega ata nos xa que algúns dos peixes, moluscos e crustáceos almacenan esta substancia, e logo comémolos nós.

  16. lourdesfarina.aso.1b di:

    Ese termo ¨bioacumula¨ como ben comenta Samuel Mariño chega a nós polas cadeas alimenticias. É un gran risco para a saúde das persoas.
    Esta substancia deposítase tanto no mar coma no chan.
    Transfórmase en compostos orgánicos ao que se coñece como metil mercurio. Deposítase posterioremente no plancton. De ahí pasa aos peixes, dos máis diminutos aos máis grandes, chegando finalmente cara o ser humano.

  17. lorenabuceta.aso.1b di:

    A bioacumulación, como din os meus compañeiros, é a acumulación de subtancias tóxicas nos seres vivos mediante a cadena alimenticcia (que vai aumentando a medida que avanza o nivel trófico).Estas concentración son máis elevadas ca no medio ambiente.

  18. sarabetanzos.aso.1b di:

    O proceso de bioacumulación, está definido polos meus compañeiros. Só vou resaltar o feito de que chega aos peixes ao alimentarse éstes de bioacumuladores, que son organismos vivos dotados da capacidade de absorber do ambiente determinadas sustancias (os materiais pesados neste caso) e almacenalas no interior dos seus propios texidos sen eliminalas mediante procesos metabólicos.
    E aos grandes depredadores mariños, como por exemplo aos tiburóns, poden absorber grandes cantidades de mercurio ou otros metais pesados a través dos peixes que comen.