A máis antiga

imagen

Un equipo de astrónomos localizou unha das galaxias máis lonxanas e primitivas que se encontrou ata  o de agora no Universo. Gracias ao “very large telescope”, descubríuse a débil luz que emiteu, tan só, 600 millones de anos despois do Big Bang, a gran explosión que foi o  comenzo de todo. Tras o “Big Bang'”, hai uns 13.700 millóns de anos, o Universo era unha sopa de protóns, neutróns y electróns. A medida que se foi expandindo (proceso que aínda continúa) tamén se  arrefriou e as partículas  recombinaronse en átomos de hidróxeno y helio fundamentalmente. Formouse así unha neboa de gas que o cobría todo e que durou ata os 800 millones de anos, segundo  estimacións. Coa aparición das primeras estrelas e galaxias,  a súa radiación ultravioleta comezou a despexarse esa  “era escura” e  iniciouse a chamada etapa de reionización, na que as partículas volveron a separarse.

 A galaxia encontrada agora, bautizada como “UDFy-38135539”, foi detectada por vez primeira pola cámara “3 Wide Field” do telescopio espacial da NASA.


Autora: Veronica Casaldarnos

 

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

11 Responses to A máis antiga

  1. victor di:

    NOTA: MAÑÁ MÉRCORES REMATA O PRAZO PARA REALIZAR COMENTARIOS PARA A PRIMEIRA AVALIACIÓN (os que fagades a partir do xoves serán valorados para a nota da segunda avaliación).

  2. victor di:

    No post de Verónica afírmase que os primeiros átomos en formarse foron os de H e He. Por que credes que foron os primeiros en formarse?
    Como e cando se formaron os outros?

  3. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Os primeiros átomos foron os de hidróxeno e helio porque son os átomos máis simples básicos coñocedos, o hidróxeno está formado por un protón e un electrón, e incluso con un neutron. O helio formase o enlazarse dous átomos de hidróxeno, entón ten dous protóns e dous electróns.
    Os outros átomos formaronse por outras convinacións de protóns, electróns e neutróns. E os enlaces destes átomos con outros formaron os demais elementos coñecidos.

  4. silviagarcia.aso.1b di:

    Como di Eloi os primeiros átomos foron os do hidróxeno e os de helio, formaronse porque son os máis sencillos, e coa convinación de electróns e neutrón formáronse todos os que hoxe en día forman a táboa periódica. En canto a este post a min pareceme que hoxe en día os científcos fan uns descubrimentos moi bos, agora si, sen darnos de conta eses descubrimentos pagamolos todos nos, e hoxe en día sabemos máis do que hai fora deste mundo, do que hai dentro, non digo que eses descubrimentos estén mal, se non que non se pon ou ponse moi pouco empeño no que hai neste mundo, xa que o que oimos día a día son os novos descubrimentos no espacio, sen saber, que moitas veces o extraordinario non está lonxe, se non máis cerca do que pensamos.

  5. victor di:

    Onde se forman os átomos complexos coma o Fe?
    Os átomos de Fe que hai no noso planeta formáronse aquí?

    NOTA: MAÑÁ MÉRCORES REMATA O PRAZO PARA REALIZAR COMENTARIOS PARA A PRIMEIRA AVALIACIÓN (os que fagades a partir do xoves serán valorados para a nota da segunda avaliación).

  6. rebecapineiro.aso.1a di:

    As estrelas transforman o gas de H en He, proceso realizado fundamentalmente dentro das estrelas mediante unha reacción protón-protón, 4 átomos de H convértense nun de He.
    Despois desta formación, o proceso continúa coa creación doutros elementos máis pesados, como o C, o N, o O… ata rematar co Fe. A producción de elementos máis pesados que o ferro non é o resultado de reaccións coma estas senón que só se producen por captura de neutróns nas etapas moi violentas da evolución das estrelas.

    O núcleo da Terra está formado fundamentalmente por Fe, metal que tamén se atopou en meteoritos chegados dende o espazo

  7. martinblanco.aso.1a di:

    O elemento máis abundante no universo é o hidróxeno e tamén é o elemento máis lixeiro da táboa periódica. Os estrelas en base a súa función nuclear “queman” o hidróxeno do que están comopostos e convérteno en helio e enerxía. O helio é o seguinte elemento que sigue ao hidróxeno no seu peso atómico, este proceso repítese e asi é como se van dando cada vez elementos máis pesados ata chegar ao ferro.

    O ferro existente no noso planeta formouse nas estrelas, en momentos nos que había unha enerxía tan inmensa que se orixinaron explosións estelares (Supernova) que expulsaban as capas máis externas por medio das poderosas ondas de choque, de forma que se enriquece o espazo cos elementos pesados, incluíndo o ferro.

  8. manuelsomoza.aso.1a di:

    A teoría do big- bang, di que nalgún tempo, anterior os 4.500 millóns de anos atrás,o sistema solar era unha nebulosa de po cósmico e gases. Dita nebulosa formouse produto da explosión (Big-Bang) dunha supernova.
    É posible que o inicio do Sistema Solar ocorreu a continuación de tal explosión (o planeta Tierra é así, un dos produtos da morte dunha gran estrella).

    Dispois da formación da nebulosa, iníciase un proceso de contración de po cósmico e gases, produto da forza gravitacional das partículas. Así é posible pensar que se comzan a formar as masas centrais (Sistema solar e planetas).

  9. mariacmaq.aso.1a di:

    As estrelas transforman o gas de hidróxeno en helio, este proceso realizase no interior das estrelas.Despois da formación de helio, o proceso das transformacións nucleares continúa coa creación sucesiva de outros elementos, máis pesados que o hidroxeno, como o carbono, o nitróxeno, o osíxeno, etc, ata rematar co ferro (desta maneira constanos que a producción deste elemento realizase no núcleo das estrelas).
    Mentras que a producción dos elementos máis pesados que o ferro non son resultado de reaccións termonucleares.

  10. migueltrigo.aso.1a di:

    Paréceme un dato curioso que o universo segue a expandirse pola existencia da materia oscura, que é o nome que se lle deu a ese algo, non se sabe o que, que fai que os astros se separen cada vez mais en vez de acercarse, cousa que debería estar a pasar a causa das forzas gravitatorias que, por moi débiles que sexan entre estrela e estrela, deberían actuar, ainda con lentitude.

  11. rubengonzalez.aso.1a di:

    A verdade é que este descubrimento é moi importante para a ciencia xa que poder ver con un telescopio galaxias que estan a millóns de anos luz pode ser importante de cara a entender como se formou a vida.Con este descubrimento en concreto facemos un gran avance para descubrir que sucedeu exactamente despois de producirse o Big Bang.