Tres tristes tigres…

imagen

A principios do século XX había 100.000  exemplares de tigres no  mundo. Hoxe trátase dunha poboación reducida de entre 5.000 e 7.000 exemplares, segundo as cifras máis optimistas. O máis enigmatico dos felinos, que habita neste planeta, extinguese víctima da caza furtiva, dos cambios medioambientais  e doutros factores humanos. Aínda que é ilegal matar a un tigre, a caza clandestina segue a cobrar a vida de centos de exemplares cada ano.

 O Centro de Información sobre o Tigre estima que na India, cada día morre un tigre a mans de cazadores furtivos.  Os seus corpos son desmembrados e ósos, bigotes e colmillos son vendidos no mercado negro por altas sumas de diñeiro.

imagen

Outro dos problemas para a supervivencia do gran felino é o deterioro do habitat natural no que viviu durante anos, como a deforestación, a proliferación de granxas e pobos en zonas en que foron tradicionalmente fogar do tigre, e moitos outros factores.

 O ex-presidente dos EEUU, Bill Clinton, asinou a acta internacional para ilegalizar a venta de productos extraidos deste animal . As multinacionais manteñen por unha banda fondos  de protección para especies en extinción e por outroa continúan edificando e explotando  en áreas de grande importancia ecolóxica. Os especialistas advirten que unha vez extinta, sería imposible volver a reinstaurar esta especie no seu habitat natural.


 Autora: Noelia Fernández Vázquez

                                                                                                                                                                                                                      

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.