O cordeiro Numantino

 

imagen

 Numantino é o primeiro cordeiro dunha raza en perigo de extinción que nace dun embrión conxelado, íntegramente producido in vitro. Este cordeiro, da raza oxalada de Soria, naceu no  “Servicio de Apoyo de Experimentación Animal” no campus de Veterinaria da Universidade de Zaragoza, grazas á combinación por primeira vez en España de técnicas de biotecnoloxía da reproducción.

Segundo informou a Universidade de Zaragoza nun comunicado, este nacemento é froito da unión das técnicas dispoñibles de produción de embrións, “in vivo” e in vitro, para maximizar a producción de embrións dunha única ovella doadora. A característica principal das razas en extinción é o seu reducido número de animais, có que é necesario obter o máximo número de embrións de cada femia. Por iso, esta combinación de técnicas é unha ferramenta de gran valor e, é a  primeira vez que se leva a cabo en España con resultados tan satisfactorios. Estes resultados foron posibles grazas ó traballo do grupo de investigación de excelencia “Biología y Fisiología de la Reproducción” da Universidade de Zaragoza, e integrado no IUCA. A particularidade de Numantino, un cordeiro macho que pesou ó nacer 3,5 kilogramos, e que procede dun embrión que foi totalmente producido in vitro e conxelado no estadio de desenvolvemento preimplantacional de blastocisto. Trala súa desconxelación foi implantado nunha ovella Rasa Aragonesa, que tras cinco meses de xestación, finalmente deu a luz.

 

 

imagen

 

Autora: Arantxa Leiro Chaves

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Selección artificial e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to O cordeiro Numantino

  1. sandragarcia.aso.1b di:

    Toda investigación que trate de evitar a extinción de seres vivos no noso planeta é interesante, xa que sólo en España están en perigo de extinción animais como os lobos, os linces, o oso pardo, o lagarto xigante, ou a cegoña negra, ademais de outros.
    Claro que non todos estarán de acordo con esta técnica, xa que conleva o debate moral de si é ético ou non manipular unha célula para crear un ser vivo.
    Na miña opinión, é un avance tratar de impedir a desaparición de especies.

  2. tamaralopez.aso.1b di:

    Este proxecto pretende optimizar a produción de embrións de raza ovina en perigo de extinción,en concreto,da raza Ojalada de Soria,adaptada as condicoións climánticas e biolóxicas desa zona de España e que na actualidade e utilizada pra manter
    o monte limpo de material combustible que poida xerar icendios forestais no verán.

  3. silviagarcia.aso.1b di:

    Para a miña opinión, este é un gran avance para os problemas de extinguimento dos animais, anque eu teño unha duda…este animal, o nacer así, ten as mesmas posibilidades de vida que un animal que nace de forma natural? ou ten máis posibilidades de conter unha enfermidade e morrer?

  4. victor di:

    Alguén é capaz de explicar, de xeito comprensible, en que consiste iso do desenvolvemento premplantacional (selección preimplantacional)? Utilízase tamén en humanos?

  5. mariamcosta.aso.1b di:

    A selección preimplatacional consiste en extraer varios óvulos da nai, e algo de esperma do pai, e fecundalos in vitro (ou sexa, fóra do útero materno, nun laboratorio). Deste proceso resultan uns cigotos. Cada un deses cigotos é examinado xenéticamente, e os que estén máis sans (2 ou 3) implántase no útero da nai, a fin de que ao menos un saia adiante, se desenvolva e nazca unha cría.
    Este técnica tamén se utiliza en humanos, pero a lei só o permite cando hai unha enfermidade moi grave que se trasmite xenéticamente. Nestes casos, está permitido crear os cigotos in vitro para poder seleccionar os que estén sans.

  6. elisaduran.aso.1a di:

    a selección preimplantacional consiste en fecundar unha serie de óvulos in vitro e posteriormente, os cigotos resultanse examinanse, mediante test xenéticos pertinentes según a enfermidade que se quera evitar, e unha vez que se conozca a información xenética, que se implanta no útero da futura madre 2 ou 3 cigotos sanos, é decir, que non porten a enfermidade que se quera evitar.

  7. rubengonzalez.aso.1a di:

    A verdade e que este é un gran avance para o campo da investigación e desta forma poderíase evitar que outras especies en perigo de extinción se extingísen.

  8. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Coincido coa opinión das miñas compañeiras, en que todo método que loite contra a extinción de animais ou calquera ser vivo é bo.
    Aínda así, téñense que mellorar, xa que non é de todo fiable en seres humanos, que é a meta á que se quere chegar, previa práctica con outros seres vivos.

  9. paulacnine.aso.1b di:

    Eu estou de acordo co que din as miñas compañeiras, xa que opino que é un gran avance para a ciencia.
    Respecto a pregunta da miña compañeira silvia eu opino que os cigotos estan sometidos a probas para que estes non contrayan esas enfermidades; e tamen que ten as mesmas probabilidades de vivir coma outro.

  10. estelachaves.aso.1a di:

    Neste caso, Numantino foi o primeiro en crearse desta maneira, pero seguramente non será o último, dado o éxito que obtiveron no experimento. Gracias á fecundación in vitro será máis doado evitar a extinción dos animais, pois a reproducción resultará máis doada. Agora ben, para que teña éxito esta novo xeito de reproducción, ten que aceptarse socialmente, pois resulta unha técnica moi innovadora e moitos ganadeiros non se arriscarán a que poida saír mal.

  11. cristinagesc.aso.1a di:

    Pareceme moi ben este experimento, xa que así poderemos frear as especies en perigo de extinción.
    O diagnóstico xenético preimplantacional pódese facer en persoas. É o estudo do ADN de embrións humanos para seleccionar os que cumplen determinadas características e eliminar os que portan algún tipo de defecto conxénito. Realízanse en tratamentos de fecundación in vitro, antes de implantar os embrións humanos no útero.

  12. mariacmaq.aso.1a di:

    A selección preimplantacional tamén é empregada en humanos, non foron os primeiros en utilizala pero seguro que non serán os últimos xa que axuda a evitar a extición de algnuhas especies. Este proceso consiste no estudo de ADN de embrións para seleccionar os que cumpren determinadas características e apartar os que aportan algún tipo de defecto conxénito. Antes de comezar esta seleción é necesario realizar fecundacións en vitro que consisten na extracción de óvulos e a fecundación dos mesmos no laboratorio.

  13. victorino.aso.1 di:

    Este e un gran avance para a ciencia e fala moito dos cientificos do noso país. Está claro que esta ovella esta en perigo de extinción pero ainda que se faga este proceso siguira en perigo de extinción xa que supoño que non e moi rentable unha explotación de esta raza si non non estaría en perigo de desaparecer.

  14. angelpadin.aso.1a di:

    Este método de evitar que as especies con poucos individuos ou en perigro de extinción acaben extintas é interesante pero penso que non se podria utilizar de forma masiva xa que non é precisamente barato.

  15. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Este gran descubrimento podería chegar a salvar a moitas especies en perigo de extinción, o que axudaría a moitos animais.
    Pero teño unha dúbida sobre este método se o embrión se desarrolla no ventre doutra especie esta especie co paso do tempo non cambiará os seus hábitos e irá evolucionando ata ser como a especie na que ese desarrolla sendo un embrión?

  16. angelpadin.aso.1a di:

    Eu penso que non por que o embrión xa está formado cos cromosomas correspondentes e a nai da outra especie, na que é implantado solo o alimenta, e o embrión aproveitase dela para desenvolverse

  17. laurareguera.aso.1b di:

    Eu opino que tampouco xa que o meu compañeiro lave razon, xa que os cromosomas son os da nai. É un gran avance pero,¿porque non seria rentable? moitos destes animais grazas a este avance poderianse reproducir ente eles cando fosen adultos, ¿ou e que estes animais non se poden reproducir por ser dunha inseminacion in vitro?

  18. fatimafuentes.aso.1a di:

    Estou de acordo cos meus compañeiros en que é unha boa solución para evitar a extinción de moitas especias. A mestura de moitas investigacións e avances tecnolóxicos, permitiu avanzar ata este punto, pero Tarantino foi o principio dun bó experimento sobre o cal aínda hai que seguir investigando xa que, pode salvar da extinción a moitos animais e, tendo en conta que cada vez hai máis especies con este problema, compensa realizar as investigacións e adicarlle o tempo que sexa necesario.

  19. ateneaprado.aso.1b di:

    Paréceme unha gran investigación e un gran avance,xa que grazas a todos os descubrimentos que se fagan sobre temas relacionados con animais,penso que así se poderían eviter moitas extincións.Ainda que debemos plantexarnos que non en todas as especies resulte beneficioso ou salga todo tan ben.Non todos os seres vivos teñen o mesmo tipo de organismo.Deberíase seguir investigando,ainda que non teño a menor dúbida de que se fará,porque todos os descubrimentos serán moi bos e importantes tanto agora coma dentro duns anos.