Formigas fundamentais

imagen

Os científicos están a estudar o comportamento colectivo animal para mellorar o humano. Expertos  do Instituto de Física dos Materiais Nicolás Cabrera da UAM, coa colaboración da Fundación BBVA e o Ministerio de Ciencia reuníronse recentemente para crear o documental “La decisión de Gaia“, cuxa proxección será o próximo 11 de febreiro, e onde se reflexiona sobre cambio climático partindo nada menos que das formigas.
Neste documental explícasenos a importancia que teñen as formigas no medio ecolóxico. Para comezar, o conxunto de todas as formigas que hai no mundo pesan o mesmo que a humanidade, pero o seu impacto ambiental é moi diferente. Se as formigas desaparecesen, produciríase un efecto ligado á extinción máis dramático que o que produciu o meteorito que  eliminou aos dinosaurios.
En cambio, se a raza humana desaparecera do planeta non ocorrería nada en termos ecoloxicos, a natureza continuaría o seu curso. Isto débese a que os seres humanos somos grandes consumidores do medio, pero non aportamos case nada, ninguén nos consume.


Podemos ver outro interesante video premendo aquí

Autor: Miguel Palacios

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Formigas fundamentais

  1. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Grazas a este post de Miguel podémos ver a importancia das formigas no noso planeta, xa que moitas delas polinizan as flores na súa procura de comida. O que máis me impresiona deste pequenos insectos é que son fundamentais para os ecosistemas, e que coa gran cantidade que hai delas igualan o peso mundial das persoas.
    Outra cousa que tamén me impresiona é a súa organización para todo, dende a busqueda de alimento ata o coidado das súas crías.

  2. arantxaleiro.aso.1b di:

    Eu non sabia a gran importancia das formigas no noso pais,de feito pensei que era un animal como calquera dos que hai no mundo.As formigas supoñen o 15% dos organismos vivos terrestres do planeta.

  3. laracores.aso.1b di:

    A verdade, descoñecia a importancia que tiñan as formigas, as veces tan detestables e ó mesmo tempo tan necesarias, ó parecer.
    Tamén é bastante impactante o que di Miguel de que a desaparición dos humanos da terra non causaría repercusión algunha xa que non somos consumidos por ningún outro ser vivo, so consumimos nós ós outros, e á natureza mismo, polo que a nosa desaparición sería incluso positiva para o desenrolo da mesma.
    A noticia do meu compañeiro é realmente interesante.

  4. lourdesfarina.aso.1b di:

    As formigas viven en nidos formando grandes sociedades. Existen tres tipos de formigas nun grupo: están as máis numerosas, chamadas ¨soldados¨. A súa tarefa é manter o formigueiro e defendelo. Estas son as máis numerosas.
    Logo están as ¨raíñas¨ a súa tarefa é poñer ovos excepto no inverno.
    Por último os ¨machos alados¨ que son os que fertilizan as ¨raíñas¨.
    Cada tipo de formigas ten na comunidade o seu espazo, desempeñando unha función determinada.

    Páreceme moi interesante este post, sobre todo polo que dí dos humanos, que non ¨importamos¨ para a natureza.

  5. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Felicitacións a Miguel Pazos pola entrada.
    Sinto o mesmo asombro que os compañeiros que escribron antes ca min.Descoñecia totalmente a importancia das formigas na terra,como di Lara,moitas veces detestables,pero o mesmo tempo tan importantes.
    Referíndome o caso dos seres humanos que presumimos de ser superiores e orgullosos da civilización na que vivimos,pois engadir,que somos detestables,na medida de non respectar o medio,nin contribuir nel pra nada.
    Como di Miguel se desapareceramos non pasaría nada.
    Isto invita a reflexión de se os seres humanos somos superiores,e que temos que facer un cambio moi importante respecto a mellorar a nosa existencia e respectar o medio.

  6. estelachaves.aso.1a di:

    As formigas son moi importantes para o ecosistema, pois realizan certas funcións que permiten o desenvolvemento dalgunhas especies e indirectamente de outras moitas, por mor da cadea alimenticia. As formigas son as encargadas de soterrar as sementes que caen das plantas e quedan esparcidas ó seu redor. Tamén teñen moita importancia á hora de transportar o pole, un tipo de formiga pode incluso transportar máis que as abellas.
    A parte de todo isto, houbo un detalle que me chamou moito a intención neste post, que é a pouca importancia que verdadeiramente temos no noso planeta. Os seres humanos, tendemos a considerarnos indispensables, necesarios, os mellores e máis importantes poboadores do planeta. E agora demostrouse que incluso uns bechos como son as formigas, teñen máis importancia no plano da biodiversidade ca nós.

  7. victor di:

    Este post é unha proba de que neste planeta é posible ser unha comunidade moi numerosa e producir un impacto mínimo sobre os ecosistemas. Como poderían reducir os seres humanos o impacto ecolóxico que están a producir no planeta?

  8. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Pois eu creo que é moi sinxelo.
    Para reducir o impacto ecolóxico que formamos,a solución máis clara sería a de respectar o medio,reciclar,non exterminar especies,non explotar demasiado os recursos dos que dispoñemos,etc…

  9. sarabetanzos.aso.1b di:

    Estou de acordo con Xesús, e, como el di, é moi sinxelo. E a verdade, e que é unha pena que non todo o mundo esté disposto a colaborar.
    Quero completar a súa información añadindo outras ideas coas que tamén se reduce o impaco ecolóxico: consumir menos combustible usando menos o coche, un aforro enerxético, impulsar as enerxías renovables, un consumo responsable…

  10. noeliafv.aso.1b di:

    Pois creo que non hai moito mais que aportar que non dixeran os meus compañeiros, pero algunha idea de como reducir o impacto ecolóxico sería tamén aumentar as superficies forestales xa que actuan absorbendo dióxido de carbono, tamén podemos evitar a deforestación ou reducir a emisión de gases nocivos.
    En canto ao tema do post pareceme moi interesante, aportou unha información que descoñecia totalmente, impactoume especialmente o de que as formigas igualen o peso das persoas, da a pensar que non somos tan importantes neste planeta, que nos poden igualar estes pequenos insectos.

  11. anaisporta.aso.1b di:

    Estou totalmente de acordo cos meus compañeiros.Habría que poñer un pouco de cada un para mellorar todo.Deveriamos reciclar respetar o medio ambiente en xeral.

  12. mariamcosta.aso.1b di:

    A min tamén me impactou moito o post. Non tiña nin idea de que eses animaliños que tan acostumados estamos a ver por ahí puideran ser tan importantes. Parece ser que, se desaparecesen as formigas, un dos efectos sería a acumulación de cadáveres de animais sobre a faz da terra; e tsamén afectaría moito ás prantas, xa que as formigas transportan as semillas que caen ao chan, e ademais poden polinizar tanto como as abellas.

    Respecto ao impacto medioambiental do ser humano no noso entorno, xa está máis que falado, e xa dixeron os meus compañeiros cales son as mellores formas de coida-lo noso planeta.

  13. taniagonzalez.aso.1b di:

    Sorprendeume moitisimo este post porque fai pouco non lle daba importancia a estes bichiños, xa que non sabia que eles podían polonizar como as abellas, tamén estou de acordo coa miña compañeira María porque se ás formigas desapareceran algunhas plantas desaparecerían tamén.

  14. emmanuelfj.aso.1b di:

    O problema dos seres humanos e que so pensamos no noso progreso, en aumentar o noso nivel de vida sen darnos conta de que estamos chuchando da teta do planeta mentres que como indica o post de Miguel, hai seres que fan un impacto menor pero que aportan mais ca nós.
    O primeiro paso para deixar de ser tan contaminantes sería deixar de pensar tanto en nós, e ser mais considerados co que nos rodea.

  15. silviagarcia.aso.1b di:

    O que pasa e que falamos sen saber, é moi fácil decir o que devemos facer é non acabar cos ecosistemas coidalos reciclar…e bla bla bla… pero pola contra para nos o máis natural e ver día a día bosques talados, construcción de edificios…e outras cousas que o único que fan e destruír, e todo porque???como di Em, por nos, porque os humanos somos uns egoístas que so pensamos en nos mesmos sen darnos de conta que todo o que nos rodea nos axuda a vivir, porque todo é unha cadea, o único que facemos é publicidade, extingueuse o animal…talouse completamente o bosque de…para a realización de pisos…estamos cansados de ver esto en titulares e medios de comunicación, pero como todo, non facemos nada, non nos opoñemos cando vemos que algo ou alguén nos está facendo dano…porque cando están talando árbores…estámonos matando e cando desaparece unha especie vexetal ou animal a cadea rompeuse por un lado e é moi dificil que esa cadea se volva a unir que é o que hoxe en día está pasando. A cadea está desaparecendo día a día…

  16. victor di:

    Non son as formigas os únicos insectos sociais; que outros coñecedes? Que ten de ventaxoso a vida en sociedade?

  17. elisaduran.aso.1a di:

    Outros insectos sociais son as abellas, coas súas coñecidas colmeas, ou as termitas. Estas especies de insectos forman comunidaes sociais, onde todas as actividades son colectivas e existe unha complexa comunicación entre os individuos. Ditas comunidades baseanse na existencia de casta, ou diferentes tipos de individuos, que se especializan en realizar un determinado traballo.

  18. cristinagesc.aso.1a di:

    A min paréceme que as persoas tiñamos que traballar en colectivo e exudando uns os outrso como fan estes animais porque ás veces parece que o único que queremos é amolar ó do lado e eso non é así mirade estes animais que ven o fan.
    As termitas tamén son uns insectos sociais.

  19. gabriellema.aso.1a di:

    Denomínase insectos sociais ós insectos que viven xuntos formando novos grupos muy numeoros e organizados.
    Como ben di a miña compañeira Elisa, as abellas e as termitas son algúns dos insectos sociais, pero ós que hai que engadirlle as avispas, dada súa gran labor, entre outros.