Desconxélase o hemisferio Norte

Hai tamén probas do cambio de temperatura na atmosfera do Ártico que estiveron vinculadas ás tormentas de neve que houbo en EEUU, Europa e parte de Asia o pasado inverno.

imagen

Jane Lubchenco, subsecretaria do comercio para os océanos e a atmosfera e administradora do NOAA , explicou  que o que vaia a pasar no mundo ocorrerá primeiro e en maior medida no Ártico, xa que o Ártico é un motor importante do cambio climático e do clima mundial.

Temos que ser conscientes que o cambio climático algún día  provocará na Terra  máis problemas e máis graves. Debemos tomar algún tipo de medida para frear este proceso xa que senón  terá moitas consecuencias e aínda que nós non as notemos, seguro que os nosos fillos ou netos, sí que as notarán.


Autora: Cristina González Escudeiro

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Desconxélase o hemisferio Norte

  1. noeliafv.aso.1b di:

    Eu penso que nos ultimos anos, xa se estuberon a tomar medidas para frear esta posible “catastrofe”. De feito todolos anos se fan reunions o máis alto nivel para debatilo tema; outra cousa e que despois se respeten os acordos ali tamados.

  2. laracores.aso.1b di:

    É unha noticia realmente impactante, xa vai sendo hora de que todos nos demos conta do verdadeiro problema que estamos a sufrir e que o cambio climático non é ningunha broma.
    Dende os gobernos de todo o mundo estanse a tomar decisións para reducir a contaminación, pero está claro que non son suficientes, a reducción debería ser moitísimo maior, e non so desde os gobernos xa que nós, como simples ciudadáns, deberiamos actuar conscientemente na reducción de contaminación coa reciclaxe, o uso responsable da auga e da electricidade etc.

  3. martinblanco.aso.1a di:

    Non é ningunha novedade, xa todos sabemos o que estamos a causar ao planeta e que cada vez vai a peor.

    Lara di unha cousa moi certa, e é que por moito que os gobernos tenten controlar as emisións poñendo límites, a maioría dos cidadáns non fan nada, o que non frea, para nada, este problema. Temos que ser conscientes do que estamos a facer, que no presente estemos “vivindo ben”, non significa que hai que ignorar o futuro.

  4. arantxaleiro.aso.1b di:

    Eu a este problema non lle vexo moitas solucions,é algo que esta ocorrendo desde fai moitos anos atras,e a verdade é que é unha noticia moi impactante.

  5. estelachaves.aso.1a di:

    A desconxelación total do ártico sitúase, se seguimos neste ritmo, no ano 2015. Os países xa están pensando en posibles beneficios que poden obter do recén creado mar. Sería navegable e unha vía moita máis segura de comercio, sen piratas nin terrorismo. Ademáis, algúns países están barallando a posibilidade de instalar unha central nuclear flotante e ser ruta de transporte de substancias radioactivas. Esta zona acabarase convertindo en transitada, pero moitos países non están preparados, pois non teñen equipamentos necesarios para realizar rescates no xeo. A desgracia que supón a desconxelación do ártico, está sendo utilizada por algúns países para aumentar e mellorar a súa economía.

  6. miguel.aso.1b di:

    Cando o Ártico se derrita subirá o nivel do mar, e en troques de dividirnos un novo océano orixinaranse guerras pola pouca terra que quede. Eu penso que pode resultar verdadeiramente un caos a nivel mundial.

  7. malenasineiro.aso.1b di:

    Estou dacordo con vós, o goberno e a xente aínda non está concienciada do cambio que se está a sufrir en todo o planeta. Pero para o meu parecer ningún de nós fai nada para remediar o cambio climático e a desconxelación dos polos, xa que, para parar o cambio temos que cambiar primeiro nós, nas nosas casas, comezando por; reciclar,non malgastar a auga cando nos duchamos ou cando nos lavamos os dentes, non ser tan consumistas, coller o coche cando realmente nos faga falta… As pequenas cousas do día a día poden axudar ao noso medio.
    E o goberno por suposto que tamén ten a súa parte e debería de apostar polas enerxías renovables, invertir en puntos limpios…
    O cambio está en nós esa é a miña opinión.

  8. borjavarela.aso.1a di:

    Eu creo que teriamos que conseguir que as fábricas emitisen menos fume para que a capa de ozono no se desfaga tan rapidamente e que a xente sexa consciente do cambio e non sexa tan consumista, como nos expicou malena.

  9. victorino.aso.1 di:

    Eu creo que o cambio climático esta despertando moitas alarmas no mundo e creo que algunhas veces sin motivo. Esta claro que se estan desconxelando os polos pero eu creo que non ai estudos suficientes como para falar dun cambio climático sen remedio. Creo que nadie reparou a pensar que tal como oxe se estan desconxelando os polos dentro duns anos pase todo o contrario que se conxelen outra vez xa que no mundo houbo periodos de moito frio e moita calor. Pero como xa dixen moitas veces “creo” xa que eu non estudo os cambios de temperatura pero cando escoito falar os entendidos auns e a otros con diferentes opinións quédome coa opinion que xa dixen.

  10. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Sempre co mesmo tema, este é un exemplo a grande escala da contaminación que produce o cambio climático. O que é máis irónico de todo o que anda a ocorrer é que as persoas a pesar de velo e que nos andiveron a avisar disto e agora temos unha proba disto seguimos sen facerlle caso as recomendacións e axudas para evitalo. Só con que todos nós nos dediquésemos a coidar o medio ambiente uns minutos ó día xa non nos teríamos que preocupar por este problema que só nos vai a levar a destrucción.

  11. joseachaves.aso.1a di:

    Estou de acordo con Eloy,porque a xente dedícase a falar e falar do cambio climático,pero ninguén fai nada por remedialo. Se nos anos anteriores contaminásemos menos poderiamos agora estar falando dun planeta limpo e sen ningun tipo de problema do que preocuparse.

  12. belindagomez.aso.1a di:

    O meu parecer os países non teñen unha clara visión do “valor económico” dos ecosistemas que son unha fonte vital de alimento, auga e ingresos.Isto é o que fai que realmente non tomen as medidas suficientes e se centren en tentar ser máis competitivos no mercado económico, polo que esperan que sexan os demáis países os que tomen medidas.
    A crisis económica actual non favorece este asunto.

  13. belindagomez.aso.1a di:

    Un exemplo disto é:para á redución das emisións de carbono dos países en desenvolvemento, o dilema é COMO PROMOVER O CRECEMENTO ECONÓMICO” sen prexudicar o medio. O punto de vista destes países é que a maior parte do cambio climático está alimentado pola demanda dos países ricos; por iso consideran que é inxusto penalizalos polo uso de combustibles fósiles para fabricar bens que se consumen nos países ricos.É dicir, se os países en vías de desenvolvemento reducen as emisión reducen a competitividade no mercado. ¿Quen contamina máis o que produce ou o que consume?

  14. aracelilores.aso.1b di:

    É un gran problema co que nos enfrontamos, pero a culpa é toda nosa; e como di Eloy, se a xente, dedicara a coidar o medio ambiente uns minutos o día, non estariamos agora buscando solucións para frear esta catástrofe.

  15. fatimafuentes.aso.1a di:

    É outro exemplo máis do cambio climático. Se non facemos nada para remedialo, deberemos acostumarnos a ler este tipo de noticias diariamente, xa que é ó que nos leva o feito de non ter en conta o medio ambiente á hora de realizar calquer actividade, como pode ser construir unha fábrica, conducir un automóbil ou tirar un papel ó chan. É a mesma historia de sempre. A solución está nas mans de todos nos, pero se o deixamos pasar e non nos poñemos serios, pagaremos as consecuencias.

  16. damianlores.aso.1a di:

    Este é o típico tema que nos recorda os riscos sobre o cambio climático, pero ninguén fai nada para resolvelo, é cando queiramos recuperar o planeta xa será demasiado tarde.

  17. mariamcosta.aso.1b di:

    Estou dacordo con Fátima e Damián; estamos fartos de ver noticias deste tipo, e se se segue se facer nada para resolvelo serán cada vez máis e máis frecuentes. Como din os meus compañeiros, vemos noticias alarmantes sobre o medio ambiente tódolos días pero na realidade non facemos nada para evitalo.

  18. mariacmaq.aso.1a di:

    Este tema é un dos máis tratados e é verdadeiramente preocupante,xa que si esto continúa moitas especies veráinse afectadas e eu creo que de algún modo se debería frear esta “catastrofe” non so falar do tema sinon buscar unha serie de medidas e tratar de aplicalas, xa que si as medidas empregadas chegan a funciar todos nos veriamos beneficiados sobre todo os nosos descendentes.

  19. paulacnine.aso.1b di:

    Eu estou de acordo cao opinon da iña compañeira maria, xa que e verdadde que se debariamos ter buscado unha solucion para este problema,digo que deberiamos porque isto pouco a pouco esta afecctando cada vez mais, e e todo debido o que nos fixemos o largo dos anos, e agora cando vemos que as cousas non se fixeron ben pois arepentimonos de non telas feito ben dende un principio xa que non coidamos o medio ambiente como deberiamos e tarde ou tempá tiñamos que pagar as consecuencias, e aí as temos.

  20. cristinaotero.aso.1a di:

    A día de hoxe, é unha traxedia inevitable que dentro de uns anos derritanse os polos, e os únicos responsables somos nós, dende a individualidade de cada cidadán ata as grandes empresas e multinacionais, na teoría todos sabemos o que temos que facer para que isto non aconteza, reciclar, tratar de usar máis transporte urbán, evitar destragar enerxía…pero, quen a día de hoxe fai esto? moi poucos e non é suficiente..

  21. silviagarcia.aso.1b di:

    Faranse reunións si, sairá nos medios de comunicación, tamén, pero ninguén ve pola contra cambios positivos na terra todo o contrario,e non é por non sabelo, dende os máis pequenos ata os máis grandes sabemos que o tempo, non é o mesmo de antes. Todos os días estase a ver como o cambio climático está afectando o medio natural e animal, xa que especies vexetais e animais estánse extinguindo pola culpa deste, todo o mundo sabe o que hai e tamén sabe o motivo pero que se fai pola contra??moi pouco ou case nada comparado co que se necesita para que as cousas volvan o seu cauce. Eu penso que a destrucción que fixo o home e está facendo pódese arreglar da mesma maneira, pola man do home, antes de que sea tarde…porque todo ten solución menos a morte…

  22. victor di:

    A desconxelación do Polo norte podería ter algún efecto negativo para as costas galegas?

  23. elisaduran.aso.1a di:

    Co desconxelament do Polo norte, poderanse apreciar nas costas galegas a desaparición de areais como o de Tragove ou moitos outros. É imposible non pensar que este desconxelamento nos afectara a todos, de diferentes modos.