Papel de pedra

Boas noticias para os bosques: inventouse un novo papel que non necesita nin árbores, nin auga, nin cloro para a súa fabricación. Este material conséguese a partir de pedra calcaria, de xeso ou de mármore. Se estas rochas  as mesturamos con resina, obtemos papel de pedra, chamado “TerraSkin”. O “TerraSkin” é un novo material que pode substituír ó papel, ó cartón e ó plástico, e o máis importante: é respectuoso co medio ambiente, xa que non necesita nin madeira nin auga para a súa producción. Ademais, para conseguir a súa cor branca non se precisan nin cloro nin ningún tipo de ácidos.

imagen

 

Este material necesita polvo mineral e resina (non tóxica), esta composición produce un material resistente á auga, á graxa e ás roturas, ideal para a fabricación de bolsas, entre outras aplicacións. Utiliza un 50% menos de enerxía na súa producción que o papel normal e non se emiten gases. É 100% reciclable e cando se queima emite un 50% menos de CO2. A única desvantaxe desta  novidade é o seu elevado prezo: é catro veces máis caro, o que o convirte en pouco competitivo na venta a cidadáns. Leva comercializándose en EEUU desde o ano 2004 e agora chega a Europa como alternativa medioambiental á celulosa.


Autora: Rebeca Piñeiro

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Papel de pedra

  1. victor di:

    RECORDADE QUE ESTÁ UN FORO ABERTO

  2. sergioagra.aso.1a di:

    Este invento paréceme xenial.Aínda así,custa 4 veces máis que o papel normal e polo tanto a xente a hora de comprar, comprará o mas barato.

  3. noeliafv.aso.1b di:

    Si, eu tamen debo decir que me parece un gran invento que a larga faralle un favor ao medio ambiente, de non ser polo seu elevado custo.
    Tamén debemos de dicir que a empresa española que introducirá o Terraskin en Europa é Emanagreen, e que solo existe unha única fábrica polo momento deste material que está situada en Taiwán.
    Polo momento o Terraskin solo será comercializado a nivel indrustrial, xa que non se pode vender directamente aos cidadáns ata que non dispoña duns prezos máis competitivos.

  4. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Este descubrimento do papel pedra é unha gran avance, con ela moitas árbores estarán máis seguras o tranquilas. O que máis me chama a atención deste papel, é que resiste moi ben a auga, o cal e positivo, outra cousa que me chamou a atención foi a súa resitencia a resina e a súa “rubostucidade”, o non romper facilmente despois de estar certo tempo na auga. Este novo tipo de papel axudará o medio ambiente xa que conome menos enerxía na súa fabricación e non precisa de árbores para fabricalo.

  5. laurareguera.aso.1b di:

    Parece que é un gran invento, ainda que teña un custo elevado, con el aforrarianse algunhas toneladas de madeira que se gastan na fabricación de papel. Este novo invento pode ser moi útil porque é moi resistente.Penso que deverian reducir o custo para que mais persoas o puidesen mercar e asi non se evitarian algunhas das substancias que se utilizan na elavoracion do papel e que sempre lle axudaría ao medio ambiente.

  6. estelachaves.aso.1a di:

    Este novo material ten as súas fontes de mineral en Asia e so hay una fábrica encargada de producilo a escala mundial, en Taiwán. Este producto demomento so se produce a nivel industrial, dado que o seu elevado prezo non lle permite conpetir co papel tradicional. De todas maneiras este é un gran invento e dentro duns anos seguramente se extenda por todo o mundo.

  7. miguel.aso.1b di:

    Con este material tamén se poden facer bolsas, o que significa que se aforraría moito petróleo das bolsas de plástico do supermercado; non só as árbores saerían beneficiadas.

  8. micaelgarcia.aso.1a di:

    Paréceme o invento máis incrible de todos os vistos nos post,deixando a un lado prezo que eu creo que se podería reducir con unha maior produción e con ela una maior demanda, este produto parece non ter máis que beneficios.Ademais das características citadas no post tamén é un papel que consomé un 30% menos de tinta co papel convencional(O non conter fibras absorbe menos tinta) e ademais no caso de querer destruílo produce un 50% menos de C02 na súa incineración ou tamén é degradable cunha exposición de 3 a 9 meses o sol.

  9. victor di:

    Un xeito de reducir o custo ecolóxico do papel (tala de árbores e consumo de auga) é reciclándoo. Sería unha mellor opción que a que se propón neste post? Que complicacións supón a reciclaxe de papel? É un proceso contaminante?

  10. malenasineiro.aso.1b di:

    Para o meu parecer as duas son moi boas propostas; a reciclaxe do papel ten unha ventaxa notable que é o seu prezo, xa que o papel reciclado podenos custar a metade do prezo dun papel non reciclado ainda que non sexa da mesma calidade, o que si é verdade é que para reciclar este papel temos que botar man de outras enerxías e materias primas como o é a auga. O papel pedra dou por suposto que foi un gran invento, ainda que coma todolos grandes inventos… Todavia falta moito que perfeccionar; coste, comercialización, darse a coñecer… Pero a gran caracteristica deste novo material é a ventaxe de poder fabricar bolsas de plastico que é un tema que ata agora deu moitos problemas, xa que as bolsas de plástico contaminan moito o medio ambiente por non serén biodegradables, ventaxe que imos ter nas bolsas feitas de material de pedra.

  11. gabriellema.aso.1a di:

    Dende o meu punto de vista, vexo mellor o uso deste gran invento, xa que a produción deste material é moito menos perxudicial para o noso planeta que a do papel obtido a través das árbores. Outras das razóns pola cal vexo mellor o uso deste novo material son que este material é 100% reciclable non como o outro papel e que este sexa creado a partir de pedras, non de árbores que posúen vida.

  12. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Como ben dixo Micael, este é un tema verdadeiramente interesante (sen desprezar a anteriores posts).
    Non coñecía este invento pero alégrame saber que está vixente aínda que só sexa nun reducido ámbito, pero polo menos poder contar con esa segunda opción, que esperemos, co tempo, se convirta na primeira e única.
    As emisións de CO2 reduciríanse moitísimo ao igual que a tala de árbores e o consumo da auga.
    Tamén, se como di Rebeca no post, se pode utilizar para fabricar un sustitutivo do plástico, as bolsas feitas deste novo material xa non serían tan impactantes para o medio ambiente como o son as actuais de plástico, e aínda que se tiraran directamente na rúa, a súa degradación sería moito máis curta.
    Aínda así, o inconvinte deste invento, como de todo o “reciclado” ou “biogradable” por etiquetalo dalgunha maneira, é o seu prezo elevado.
    Pero confiando en que se regularice e se comercialice a un prezo absequible e para o cidadán de a pé, é un moi bó descubrimento.

  13. noeliavazquez.aso.1a di:

    Este e un gran invento, xa que non é tan prexudicial para o noso ecosistema coma o outro,e baixo o meu punto de vista, xa se debería retirar este do mercado ,e vender só o que se fai a partir das pedras calcárias ainda que teña un coste moito máis elevado

  14. noeliadozo.aso.1a di:

    Certo é que debido ao elevado custo deste papel non se emprega o suficiente como para desplazar o papel de toda a vida. Sendo así, prevese unha introduccion paulatina deste novo material que a simple vista non presenta nin a metade de inconvintes que o papel normal. Esperemos que se vaia implantando na sociedade e sexa progresivamente máis asequible.

  15. laracores.aso.1b di:

    Este invento é realmente increíble, pero como ven din os meus compañeiros, o seu elevado custo complicará bastante o seu uso xa que a idea de ter que pagar moito máis por algo que podemos ter a un prezo menor, e máis nestos tempos de crise, é demasiado complicada.

    Outra proposta é a reciclaxe do papel que usamos normalmente, con este reciclaxe tamén aforrariamos na tala de árbores, pero non tan drasticamente como con esta nova proposta, a cal creo que é a que deberiamos comezar a usar se a abaratasen un pouco máis.

  16. cristinagesc.aso.1a di:

    Paréceme unha noticia moi interesante xa que así aforraríamos moitas árbores. O papel e un obxecto que se usa moito e todo o mundo o utiliza, por iso temos que buscar outros medios para fabricar o papel que non sea a través das árbores como por exemplo esta maneira que nos conta Rebeca.

  17. aracelilores.aso.1b di:

    Este novo invento paréceme xenial. A parte de que fai un ben o medio ambiente, tamén posúe mellores propiedades que o papel normal, este e máis resistente; e como ben din algúns compañeiros poderíanse mudar as bolsas de plástico por bolsas de este material, e tamén fabricar etiquetas autoadhesivas, cadernos,…
    Haber si diminúe o seu prezo para que poida estar o alcance de todos.

  18. mariamcosta.aso.1b di:

    A min este invento paréceme maravilloso, e é xenial que esté chegando a Europa. Reduciríase a preocupante tala masiva de árbores. Ademais, parece que todo son vantaxes: é totalmente reciclabe, emite menos CO2 ao queimarse… O único problema sería o seu alto custo, pero quizais se abaratase co paso do tempo.
    Respecto á reciclaxe do papel, o proceso é parecido ao de fabricación, pero primeiro hai que separar as fibras vexetais das impurezas, incluída a tinta. O paso máis contaminante de tinguilo de branco, xa que soe facerse con cloro, que é moi nocivo para o medioambiente; sen embargo, existen outros métodos de blanqueamento menos agresivos.

  19. martincabal.aso.1b di:

    A min non me perece tan incrible como aos meus compañeiros, a verdade e que e moi interesante a súa aplicación nas bolsas,caixas de cartón… pero tendo en conta que a maioría de papel que se gasta utilizase para tramites da Administración e na educación opto pola utilización de novas tecnoloxías e de formatos dixitais, de esta maneira non faría falta explotar os recusos naturais da terra, e sacariámoslle mais proveito as nosas computadoras, Ebooks, e conexións web

  20. martinblanco.aso.1a di:

    Neso concordo con Martín Corbelle, pouco a pouco a tecnoloxía vai gañarlle terreo ao papel, ademais, e lamentablemente, é moi pequena a porcentaxe de persoas que ignoran unha cousa tan importante como é a sáude do planeta, preferindo gastar un cuarto do que costaría este papel pedra coa celulosa.

    Aínda así, este invento móstranos que poderíase, se fora por nos, conseguir reducir as emisións de gases tóxicos unha barbaridade, asi como axudar a manter e limpiar o planeta, pero esto sería imposible se nadie brinda nada da súa man.

  21. victor di:

    Paréceme interesante as aportacións dos dous Martín´aínda que está claro que seguiremos necesitando moito o uso de papel. Algún de vos sabe se este novo papel pode reciclarse?

  22. martinblanco.aso.1a di:

    É certo que o papel será moi necesario, aínda asi, opino que en moitos campos perderase o uso deste, sendo suplantado pola tecnoloxía, permitindo máis comodidade na escritura, na lectura, e no almacenamento dos datos que se quisexen poñer no papel.

    E respondendo a pregunta planteada por Víctor, este papel e reciclable na súa totalidade. Encontrei un dato interesante sobre a diferencia que suporía usar este papel de pedra calcaria en vez do papel de celulosa: Se todo o papel do mundo fose deste material, evitariase a tala de 3000 millóns de árbores e o equivalente en emisións de CO2 a 55 millóns de automóbiles.

  23. arantxaleiro.aso.1b di:

    Pareceme un gran invento,ainda que se gastaran bastante cartos,tamen se talarian menos arbores.
    Buscando informacion vin que este tipo de papel e reciclable e reutilizable e a verdade e que beneficiaria moito mais que o papel de madeira.

  24. rafaelgondar.aso.1b di:

    Estou dacordo con Arantxa.eu creo k este material non durará moito porque ai moita demanda de papel e a xente non recicla

  25. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Teóricamente debería poder reciclarse na súa totalidade, pero supoño que debe de ser dunha forma un pouco distinta a do papel normal, xa que este o proceder de pedra calcaria é máis resistente a auga e polo tanto a súa reciclaxe.

  26. mariacgarcia.aso.1a di:

    O papel de pedra é reciclable,reutilizable e degradase cunha exposición ao sol de entre tres e nove meses.Tamén se se incinera emite un 50 porcento menos de co2 que o papel normal.

  27. victorino.aso.1 di:

    Este papel paréceme un gran invento o malo que lle vexo eo elevado custo. Como xa dixeron a xente a ora de mercar o papel comprara o máis barato e polo tanto non se avanzou tanto como quererían pero de todas formas pareceme un invento actractivo para máis adiante.

  28. fatimafuentes.aso.1a di:

    A min pareceme un invento moi interesante. A pesar de que o seu custo é algo elevado, supón un pequeno avance para mellorar. A vida de moitas árbores estaría a salvo. Ademáis de ter a mesma utilidade que o papel de sempre, presenta bastantes vantaxes sobre el. A pesar do inconvinte do prezo, eu penso que en non moito tempo, pode chegar a ser máis demandado que o papel de sempre.

  29. damianlores.aso.1a di:

    Usar este papel ecolóxico pareceme unha gran idea para reducir a tala de arbores, axudando a reducir o Co2.

  30. paulacnine.aso.1b di:

    E unha mooi boa nova para todos nos xa que grazas a este papel reduciremos o CO2,e ainda que ten a sua desbantaxe como e o seu custo tariamos que facer por empregalo para que non haxa tanta tala das arbores nin tanto CO2. Opino que canto antes epecemos a empregar este paple antes axudaremos o medio ambiente e creo que grazas a sua utilizacion poderia baixar o seu prezo.

  31. silviagarcia.aso.1b di:

    Máis da metade das cousas que tocamos no dia están feitas ou formadas por papel pero o que non sabemos e que :
    Os bosques almacenan o 50% do carbón que existe na terra. Esto provoca que este carbón se mezcle coa contaminación existente e favorezca o terrible calentamento global, ademáis a metade dos bosques foron destruídos pola man do home ou do lume…e o que queda un 80 % atópanse nunha situación lamentable. O 42% da madeira utilízase para a fabricación de papel pero isto constitue o 9% do total das emisións de carbón en este sector industrial, ademais os productos de papel ocupan o 25% dos vertedeiros de basura, e isto provoca un tercio das emisións de metano nos vertedeiros municipais, e o metano é 23 máis veces máis potente como gas invernadero que o dióxido de carbono.
    Comparado con utilizar madeira virxen, o papel resultante do reciclado consume 44% menos de enerxía, produce 38% menos en canto a gases invernadero, 41% menos de emisión de partículas, 50% menos de augas residuales, 49% menos de basura sólida e, o mellor de todo, deixa intacto o bosque.O papel recollido para reciclar en xeral supone sólo o 37% da distribución total realizada.
    Eso si,crese que a demanda de papel reciclado está crecendo por parte dos propios consumidores, publicistas, editores de revistas e outros usuarios de este preciado tesoro que es el papel y que esto producirá rápidas reformas en la industria. Por iso canto máis aproveitemos e menos contaminemos mellor, pra todos, pra a natureza, animais e humanos