De primeiro a pataca e agora o millo

imagen

Esta época é a época dos productos transxénicos, neste caso  trátase do millo-transxénico. Este producto creado en México, pode aguantar mellor as sequías, xa que necesitan un 20% menos de auga e soportan temperaturas por riba dos 40º C.

O investigador Cinvestav de Irapuato, de México, (inventor deste novo tipo millo) explica que aproveitando un dos azúcres que produce a planta, a trehalosa, que axuda a conservar a auga na planta, e a bacteria tumefaciens, bastante común no solo mexicano, crean as condicións idóneas para que a planta poida producir o azúcre trehalosa que crea máis tecídos e axuda a conservar mellor a auga e a resistencia da planta. Esta planta será plantada o próximo 2011 en solo mexicano, máis concretamente no Valle del Yaqui para probar a súa resistencia no aire libre. Danse boas espectativas sobre a nova mazorca, grazas aos resultados dados nos invernadoiros.

Esta nova especie podería axudar á extinción da fame nos países americanos. Pero isto non é todo; o investigador Cinvestav de Irapuato cree na posibilidade de poder levar a cabo este avance con todos os tipos de millo do mundo para axudar a economía mundial. Pero esta nova planta trae consigo un dilema sobre a creación de productos alimentarios transxénicos, sobre a unión desta bacteria e o millo, algo que xamais ocorrería por causas naturais.


 

Autor: Eloy Rodríguez

Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos, Biotecnoloxía e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to De primeiro a pataca e agora o millo

  1. sandragarcia.aso.1b di:

    A manipulación xenética nos alimentos e un tema de gran debate, xa que por unha parte mellora o rendemento dos cultivos (como vemos no caso da pataca e do millo) e minimiza o emprego de praguicidas e fertilizantes, o que sería beneficioso para o medio ambiente, e tamén axuda a aliviar o problema da fame nos países subdesenvolvidos. Por outra parte, os ecoloxistas pensan que este sistema non é beneficioso, senon que é un perigo para a saúde global do planeta, porque ”potencian unha agricultura tóxica e insostible e a perda da seguridade alimentaria”. Ademais, os consmidores móstranse recelosos ante a posibilidade de mercar produtos xenéticamente modificados, principalmente porque é o propio home o que intervén no proceso ó transmitir xenes ao produto.

  2. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Para min, todo o que non dane á natureza e sea novidade para mellorala, é bo.
    Como a pataca, o millo transxénico é un avance para os países que sofren a fame e a desesperación de non poder comer debido ao alto custe dos produtos.
    Tendo comida con moitas proteínas e baixo prezo conseguiríamos acabar con esa fame nos países subdesenvolvidos.

  3. victor di:

    Nota: HAI UN NOVO FORO ABERTO SOBRE O USO DA ENERXÍA NUCLEAR (pecharase en 10 días)

    Cales son para vos os verdadeiros problemas que supoñen os transxénicos?

  4. sandragarcia.aso.1b di:

    Algúns dos problemas que supoñen os transxénicos son que ó non ser obtidos de forma natural, non proporcionan a confianza suficiente para que sexan adquiridos. Poden crear novas toxinas e alérxenos nos alimentos, o que levaría a un risco de alerxias. Levan á perda de biodiversidade nos cultivos, e perturban o equilibrio ecolóxico. Ademais,a pesar de favorecer os países que sofren fame, conlevan un risco maior ca os preodutos tradicionais.

  5. malenasineiro.aso.1b di:

    Si, de acordo estos alimentos poden ser unha gran axuda para rematar coa fame nos paises subdesenvolvidos. Pero a longo prazo os científicos din que non é beneficioso para a saúde xa que favorecen a aparición de novas enfermidades e alerxias, devido a que se está alterando o ADN natural dos alimentos.

  6. miguel.aso.1b di:

    O maior problema que producen os alimentos transxénicos e o descoñecemento dos efectos qe pode producir a introdución dun xen ou dun conxunto de xenes no organismo ou no medio ambiente.
    Esta introdución de xenes fai que o organismo produza proteinas totalmente novas que poden resultar tóxicas ou alérxenicas, e en canto ao medio ambiente, pode producir pandemias.

  7. victor di:

    Creo que temos que comezar polo principio: como se fabrica un alimento transxénico (por exemplo este millo)?

  8. karinamendez.aso.1b di:

    Traballar con alimentos xeneticamente modificados ou transxénicos, é feito en conxunto pola Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía, que buscan unir os avances técnicos dos seres vivos do planeta.

    A biotecnoloxía é o uso de organismos vivos ou parte deles, para modificar ou mellorar plantas ou animais, ou desenvolver microorganismos. O home leva miles de anos usando estas prácticas para optimar a súa alimentación, aínda que os métodos existentes na actualidade cambiaron radicalmente as formas e eficacia.

  9. estelachaves.aso.1a di:

    Os alimentos transxénicos son aqueles alimentos resultado dunha modificación xenética. Isto é, a introducción de xens doutro alimento dunhas características óptimas, para que así se den idénticos exemplares. Isto suporía a garantía para obter uns productos salientables e en grandes cantidades. A partir de aquí, nacen unha serie de problemas relacionadas co consumo, a venda e a exportación destes productos. En referente á saúde, non hay probas de que sexan nocivos nin perxudiciais, non houbo ningún problema. Pero dende o punto de vista social, a plantación destes productos fará que se deixen de utilizar os de sempre, é decir, optarase polos transxénicos, pois asegura unha boa colleita e por iso temos que barallar a posibilidade de que se poida perder a forma de consumo que levamos ata agora, aínda que nun longo período de tempo.

  10. manuelsomoza.aso.1a di:

    Estela, non creo que se opte polos transxénicos tan facilmente porque algúns consumidores si, algúns mercarán produtos transxénicos polo que ti dis, pero outros non estarán seguros de que sexan 100% comestibles e que non perxudiquen a larga o corpo.
    Un dato interesante que atopei foi que no ano 2007, os cultivos transxénicos esténdense en 114,3 millóns de hectáreas de 23 países, dos cales 12 son países en vías de desenvolvemento e no ano 2006 en Estados Unidos o 89% das plantacións de soia eran de variedades transxénicas, así como o 83% del algodón e o 61% del millo.

  11. cristinagesc.aso.1a di:

    Eu estou de acordo con Manuel,xa que, a xente que está acostumada toda a vida á cultivar os seus propios alimentos, agora porque veñan os alimentos transxénicos non se van a poñer a mercalos podendo eles cultivalos.

  12. mariajblanco.aso.1a di:

    Os productos transxénicos teñen efectos positivos e negativos, aquí poño algúns exemplos.

    A enxenería xenética pode acelerar os efectos perxudiciais a agricultura ou contribuir a prácticas máis sostibles e así conservar a biodiversidade. Estes a súa vez poden producir no medio ambiente efectos directos tales como a transferencia de xenes a parentes silvestres ou os cultivos convencionais e tamen a propagación das malezas.

  13. rebecapineiro.aso.1a di:

    Respecto ós comentarios de Manuel e Cristina, creo que sí, é verdade que a xente quizais non opte polos transxéticos, pero e se non poden escoller? Ou quizais tamén merquemos alimentos desconocendo que son transxénicos. Eu creo que ese é o problema.

  14. belindagomez.aso.1a di:

    Os alimentos transxénicos pódense clasificar en dous grupos:Os que chegan á mesa do consumidor na súa forma orixinal (tomates, patacas, hortalizas, iogures e outros lácteos).
    Os organismos transxénicos que son utilizados como materia prima para elaborar outros alimentos (por exemplo os que se nutren dos produtos derivados da soia modificada xeneticamente).

  15. belindagomez.aso.1a di:

    Eu o que enrealidade vexo mal é que a maioría da xente nin sabe que está a consumir productos tranxénicos.
    Existe unha guía de produtos alimentarios con e sen transxénicos do mercado español. Os produtos e marcas comerciais separáronse en dúas listas. Sorprenderédesvos de ver a cantidade de marcas coñecidas que están na lista vermella. CONSULTÁDEA.
    Lista verde: Os fabricantes garanten que non se utilizou soia nin millo transxénico (ingrediente, aditivos ou derivados destas materias primas, mesmo aqueles para os cales non hai obriga de etiquetar).
    Lista vermella: Os fabricante non garanten ausencia de ingredientes, aditivos ou derivados destas materias primas, mesmo aqueles para os cales non hai obriga de etiquetar.Tamén hai un apartado especial para as Marcas Brancas (marcas propias das grandes cadeas de distribución como supermercados, hipermercados, etc).

  16. estelachaves.aso.1a di:

    Dende o meu punto de vista, os alimentos transxénicos non se introducirían na nosa vida cotiá dun día a outro. Se non que será co paso do tempo, os campesiños verán que os alimentos serán moito máis económicos, pois teñen a seguridade de que non se perderán e de que estarán nun bo estado. É certo que non se sabe con total seguridade que non haberá risco no consumo dos alimentos, pero demomento non se dou ningún problema. Por iso creo que nun tempo estes alimentos poderán ter importancia no noso mercado, aínda que se debería intentar consumir os elementos naturais, se ningún tipo de mutación, pois teñen propiedades que os transxénicos non poden albergar.

  17. victor di:

    Existe a mesma reglamentación en toda Europa para regular a plantación e consumo de productos transxénicos?

  18. noeliavazquez.aso.1a di:

    A superficie mundial plantada con colleeitas transxénicas aumentaron a 1.7 a case 28 millóns de hectáreas entre 1996 e 1998.Para este aumento contribuiron 4 países industrializados e 4 en desarrollo. China foi un dos primeiros países en producir cultivos transxénicos.
    Con respecto o consumo ,en Chile por exemplo non exite norma algunha que esixa etiquetas os alimentos xeneticamente modificaodos. Esto non me parece ben, xa que o consumidor ten que saber en todo o momento como está feito o alimento que vai a consumir.

  19. cristinagesc.aso.1a di:

    A Unión Europea estableceu un sistema que faría obrligatorio etiquetar os productos con ingredintes transxénicos.
    Encontrei unha encuesta británica de 2001 que dicia que o 80% dos consumidores querían que se usaran etiquetas na carne de animais criados con alimentos transxénicos. Que opinades disto/

  20. mariamcosta.aso.1b di:

    A política actual da Unión Europea con respecto aos alimentos trasxénicos e non prohibir a súa plantación nin comercio, pero sí regulalo e darlle ao consumidor toda a información posible, para que sea consciente do que está consumindo.
    Sen embargo, hai certos países nos que sí está prohibido, concretamente Francia, Alemaña, Austria, Grecia, Luxemburgo, Irlanda, Polonia, Hungría e Italia. España, sen embargo, é o maior cultivador de transxénicos do noso continente.

  21. victorino.aso.1 di:

    Este avance sobre os alimentos tranxénicos esta claro que e veneficioso para o home xa que axuda a cultivar este alimento en sitios case imposibles polas condicións meteorolóxicas e a parte tamén produce máis cantidade o que faría abaratar os custes e que case todo o mundo tuvera a ceso a unha cousa tan necesaria como é o alimento.

  22. damianlores.aso.1a di:

    Na miña opinión os alimentos transxénicos son benificiosos, xa que nos permite obter alimentos con características máis nutricionais, asegurando a cantidade de alimentos producidos grazas a súa resistencia, o que nos proporciona unha maior cantidade de alimentos e calidade.