California di non; por que?

O 2 de novembro, California decidiu, por  poucos votos, que a marihuana non se legalizaba por completo no seu territorio (54% dos votantes). En 1996 foi un dos primeiros estados en permitir o seu uso terapéutico. Este era un tema moi polémico, xa que coa súa legalización, calquera maior de 21 anos podería cultivar na súa casa (superficies non maiores a 2,3 m2),  e aínda que xa é accesible para os menores desta idade, faríase máis fácil que os mozos a puidesen consumir. Un dos motivos decisivos polos que a Administración se complicou a vida, foi porque California sofre unha profunda crise económica. Arnold Schwarzenegger, gobernador de California, está involucrado no asunto e xa modificou leis desgravando a pena da posesión da planta ou de doses.

A aprobación da lei, sen contar os efectos negativos que o consumo produce na saúde, incluíndo a dependencia, sería  moi positiva, pois remataría coa economía somerxida, coa violencia entre narcotraficantes e suporía un aforro  en policías que se dedican a incautación, así como un incremento en impostos.

 

imagen

Aínda hoxe non se coñecen moitos dos efectos do consumo de marihuana sobre o organismo. Algúns enfermos crónicos ou terminais que se drogan coa substancia din que de non ser por ela, a vida sería un pesadelo e que preferirían morrer.

Creedes que California errou na súa decisión, ou que foi unha decisión acertada? Na seguinte imaxe vemos a “Arnold”, nos seus tempos mozos,  fumando marihuana.

 

imagen

Autor: Martín Corbelle

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to California di non; por que?

  1. arantxaleiro.aso.1b di:

    Eu eso que consumir drogas como a marihuana vexo ben como mediciña terapeutica se é necesario pero para consumir porque unha persoa quere non o vexo claramente ben,xa que trae grandes efectos como dificultades para recordar as cousas,dificultades para concentrarse,somnolencia,ansiedade,pensamento das cousas que estan en contra,ollos vermellos e conxestionados.FÍsicamente provoca dores de cabeza,sintoma de nauseas,problemas de respiración e moitos máis…

  2. martinblanco.aso.1a di:

    Na miña opinión, o feito de non legalizar esta droga paréceme o mellor, é certo que solucionaría moitos problemas, fundamentalmente económicos, pero esto convertiría a California na terra da drogadicción, onde todolos traficantes de drogas doutros países ondeestán prohibidas pasarían a vivir aquí, ademais de xente con problemas económicos, que recurrirían ao cultivo de marihuana neste país, para vendela e obter beneficios destas. Incluso, moitas personas cultivarían esta droga para traficala, a prezos moi elevados, a países onde está prohibida. Na miña opinión, esto non frearía a violencia entre narcotraficantes, e tampouco creo que se erradique o tráfico ilegal nin o traballo da policía.

  3. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Como moitas persoas saberán,estou conforme con que se legalice a droga,por moitísimos motivos,non só para erradicar a criminalidade dos cárteles da droga,que tamén,senón polo motivo,de que legalizando a droga,deixaríanse poderíaselle pagar un salario digno ós indíxenas de países coma Colombia,que son explotados polos grandes señores da droga para que cultiven a cocaína a cambio dunha miseria.
    E dende o meu punto de vista se non se legaliza toda droga,como mínimo legalizar a marihuana,ou polo menos,ser un pouco máis permisivos con ela.
    Seguramente este comentario un tanto utópico non sexa moi preciado polos compañeiros,pero é unha umilde opinión.

  4. emmanuelfj.aso.1b di:

    Facendo legal a ley da marihuana en california, como ben apunta Martín o unico que conseguirian é un trafico maior dende California cara ao exterior. Convertirianse nun estado de traficantes que fan cultivos adicados ao tráfico cara a outros estados ou paises incrementando o precio para sacarlle un maior beneficio. Esto o que faria é encher as ruas de California con mais luxo do actual a costa das vidas humanas que pode chegar a destruir a marihuana, non so fisicos se non tamen sociais xa que en ningures un “porreta” é ben visto.

  5. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Estamos ante un tema moi delicado e de dificil elección, xa que está claro que a marihuana pode ter efectos moi positivos para xente que padece algunha doenza. Pero se aprobamos unha lei para que tódolos cidadáns de California (neste caso) poidan consumir esta droga legalmente, entran en xogo factores como que o conseguila sexa moi fácil e o seu consumo non terapéutico estea, tamén, á orde do día.
    Nenos e maiores poderían consumila sen ningún obstáculo, conseguindo que, tarde ou cedo, a maioría dos californianos estean baixo o efecto desta droga.
    Como ben apuntaron os meus compañeiros Martín Blanco e Emmanuel, o tráfico desta droga continuaría, máis dende California ata outros países ou estados, e o seu prezo sería aínda máis elevado.
    En definitiva, eu creo que unha total liberdade para o consumo desta ou calquera outra droga non é de todo beneficiario, e deberíanse tomar outras medidas para regular a quen debe ir dirixido o seu consumo.

  6. elisaduran.aso.1a di:

    Como ben dixo Sofía, este é un asunto onde encontrar unha opinión que lle satisfaza é dificultoso.Ata so pensando as situacións da legalización da marihuana sen ter en conta factores externos, só medicos, é o suficientemente contradictorio. A marihuana é unha droga onde os efectos psicoactivos non é unánime, e a descripción dos sintomas que prodce o seu consumo, varia enormemente en función da actitude xeral de quen se toma esta droga; aínda que normalmente se lle asocia a unha relaxación de corpo e mente total, ata un pouco alucinóxena. Este estado de relaxación, na vida estresante que se leva hoxe en dia, co libre consumo de ela, levaria a unha sociedade “emporrada”. De todos modos, hay moitas “drogas” que hoxe en dia se estan comercializacndo co nome de farmacos. Un exemplo de esto, pode ser a morifina. Se se legalizara o consumo desta substancia, na miña opinión, debia ser como outras farmacos peligrosas que son de rigurosa utilización onde tes que ter receta do médico etc.

  7. angelpadin.aso.1a di:

    Eu creo que por que fose completamente legal non se consumiría moito mais xa que a maioría da xente non lle gustan as drogas, e non empezarían todos a consumir marihuana en masa por que fose legal, a xente está mais ou menos concienciada de que é perxudicial para o organismo, pero aínda así legalizalar unha substancia nociva para a saúde como a marihuana non é unha moi razoábel solución para sacar a un pais de unha crise.

  8. lourdesfarina.aso.1b di:

    Poñendo a marihuana como unha subastancia legal non creo que a crise económica en California se resolva pero axudaría a apaliala porque o Estado recaudaría impostos coa súa venta. As persoas que se adiquen o seu cultivo, tendrían que estar autorizadas polo gorberno e ao mesmo tempo eles tamén pagarían impostos pola súa produccíon.

    Eu estou a favor de que a legalizasen, sempre e cando vendéndose en puntos concretos e baixo prescripcións médicas.
    A xente que a cultiva na casa debería ter permisos, e eses cultivos deberían estar controlados por persoal autorizado do goberno, ben sexan para consumo propio ou para vender ao Estado.

  9. estelachaves.aso.1a di:

    A pesar de que a marihuana non sexa unha das substancias máis tóxicas que existen, hay que ter claro que segue a ser un droga e resulta perxudicial para o organismo. No noso país temos como exemplo o alcol e o tabaco legalizado, e por mor disto, pódese decir que existen moitas máis persoas adictas a elas que a calquera outra substancia. A prohibición das drogas, fai que os xóvenes as relacionen con algo que está mal e opten por non probar, Se ven que esta droga e legal, terán maior acceso a ela e non a calificarán de algo “malo”. En España estanse levando a cabo unhas leis antitabaco moi duras que están deixando ós fumadores case sen recursos para atopar un lugar onde fumar. A pesar de que a crisis se reduciría, á larga, necesitaríanse outros recursos e servicios para paliar a adicción que conleva o cosumo masivo de marihuana.

  10. gabriellema.aso.1a di:

    Como ben di anteriormente Martín Blanco, a legalización da marihuana non remataría ca violencia entre narcotrafricantes, xa que o narcotráfico non só se limita a venta ilegal desta substancia. A legalización desta droga permite que os maiores de 21 anos poidan consumila, o que facilitaría tamén o acceso dela a menores de dita idade. Por este último motivo eu nunca estarei de acordo coa súa legalización aínda que sí estou de acordo co seu uso no ámbito medicinal.

  11. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Hai que ter en conta a crise que sofre California para poder cuestionar esta nova lei, porque eu creo que os políticos custoulle aceptar esta legalización da marihuana, aínda que logo fora a votación. Neste estado só se legalizou o seu uso terapéutico, e supoño que só se podería comprar cunha receita médica de forma legal, o que non quita que algunhas persoas a venderan ilegalmente. Dudo moito que persoas xoves non a compraran o se fose unha droga legal, pareceme un acerto que nalgúns legares de California non se legalizara, pero o que máis me estrana e que gañase tan poucos votos de diferencia.

  12. tamaralopez.aso.1b di:

    Dende o terreo dos efectos terapéuticos, fumar marihuana permitiría
    disminuir a elevada presión de líquido do ollo que se produce en quenes
    padecen glaucoma.Este vexetal tamén demostrou ser capaz de disipar certo dor resistente a os analxésicos convencionais,característicos de aqueles que padecen esclerosis múltiple.
    Os reportes do NIH e a British Medical Association afirman que a conocida característica
    da marihuana de despertar o apetito,podería axudar ós enfermos de SIDA
    que sufren unha gran perda de peso.

  13. lorenabuceta.aso.1b di:

    Na miña opinión, a legalización da marihuana non ten por qué supor un gran aumento do seu consumo, posto que actualmente consomese de forma ilegal, e eu penso que quen nunca provou esta droga, seguramente foi polos efectos que esta provoca, non porque non sexa legal.
    Ademáis eu creo que legalizar esta subtancia non só seria beneficioso para as persoas doentes dalgunha das enfermidades que a miña compañeira Tamara nomea no seu comentario, senon que tamén axudaría a regular o seu consumo nas pesoas que a consideran droga habitual. Por exemplo, en Holanda a marihuna adquírese nos ‘cofeeshops’, locais onde se permite a súa compra e venda, sempre e cando non supere os cinco gramos por persoa. E se esto fose así o Estado de California tamén sairía gañando ó aumentar a súa economia.
    En canto á venda ós menores, a min pareceme que é un caso similar ao do alchool e o tabaco; é decir, non depende de si é legal ou non, senon dos vendedores autorizados que incumpren as normas, ou dalgún adulto que llos facilita.
    En resumo, na miña opinión os californianos non estiveron acertados na súa decisión.

  14. mariamcosta.aso.1b di:

    Estou totalmente de acordo con Estela. O feito de que unha droga sexa ilegal de por sí actúa no subconsciente e fainos relacionalo con algo malo(en xeral). Por iso por exemplo en España é máis común a adicción ao alcohol ou ao tabaco que ás drogas ilegais (aínda que tamén existan moitos casos do segundo). Esto é porque o alcohol e o tabaco, ao ser legais, son moito máis fáciles de conseguir que as outras; e ao mismo tempo ao ser legais, non nos sentimos tan culpables consumíndoas coma con outras drogas.
    Como vós dicides, este é un tema moi contradictorio, e a legalización en California non acabaría co narcotráfico; ao contrario, fomentaría a exportación a outros lugares. Quizais unha legalización só baixo prescripción médica sería axeitada; pero como di Ángel, legalizar unha sustancia nociva para a saúda non é a mellor solución.

  15. martincabal.aso.1b di:

    Se sé legalizara a droga por completo en todo mundo, acabaríase con mortes, explotacións, corrupción, roubos, violencia e guerras alimentadas por ela, sinceramente penso, que a xente non ía a ir en masa a drogarse, cada un sabe o lugar que quere ocupar na sociedade, creo que somos as veces escravos da nosa propia cultura e que esta traba a nosa propia liberdade, estou case seguro de que se sé legalizara a droga controlada por un organismo gobernamental, non se produciría tanta porque non tería o hándicap no prezo de producto ilegal, polo tanto a escoura da sociedade, os “narcos” desaparecerían por mor de non ser tan productiva a súa comercialización. A cantidade de drogadictos seguramente aumentaría, pero estes non tendían que roubar para conseguir unha dose. A xente o ver un drogadicto imaxinase a un señor tirado na rúa cun cartón de viño, descoidado e perigoso, estas son as consecuencias polas que unha persoa vende a súa vida para poder alimentar esa necesidade que os mata, se estos tiveran a posibilidade de inxerir unha dose por día non seria así, quero deixar claro que non estou a prol das drogas nin moito menos, o bo seria que desapareceran, pero non vai ser así, entón…

  16. xmiguelcastro.aso.1b di:

    A droga,poderíase legalizar, e como ben di Martín,baixo un organismo gubernamental,que estipulase un prezo e unhas normas.
    O igual que o tabaco e o alcohol,sábese que son substancias nocivas,pero o feito de non ser algo prohibido a xente nn sentira tanta atracción por elas.
    Ademáis a xente non ten por que consumila,xa que nas escolas e na nos medios de comunicación existe grande informacíon sobre o perigo delas.
    Tamén sabemos que se se legalizara nn se lle permitiría a venda os rapaces menores de idade,xa que habería que identificarse para a súa adquisición,pero como explica Lorena,sempre poderá chegar a algúns rapaces que queren xogar a ser maiores,a través de vendedores que incumplen as normas.

  17. laracores.aso.1b di:

    Eu estou a favor da legalización da marihuana sempre e cando esta sexa controlada. Por suposto, a venda a menores debería estar prohibida.
    Todo o mundo sabe xa as represarias que convén consumir drogas, por exeplo, o tabaco é unha droga que está legalizada, e non por iso todo o mundo a consume xa que sabe a chea de inconvintes que trae; creo que coa legalización da marihuana pasaría o mesmo, sempre e cando se advirta dos inconvintes desta, a súa legalización non ten por qué ser tan nociva.

    Respecto o seu cultivo, creo que debería estar restrinxido, que non todo o mundo puidese ter o seu cultivo na casa, se non que se tivesen que pedir permisos ó goberno e demais.

  18. anaisporta.aso.1b di:

    Estou a favor da legalización da marihuana,e non devería de ser so en California.Esta deberoa de ser consumida por persoas que de verda a necesitasen e as outras persoas pois como ben din os meus compañeiros tan só a maiores de idade e cunha regularidade.Ainda que o seu cultivo devería de ser por persoal autorizado.As persoas consumena e non está legalizada pois deverianna legalizar creo que isto non cambiaria moito a como é agora.Ademáis quen a consuma ou non e cousa del,cada un devería saber o que e bó e o que non.

  19. cristinag.aso.1a di:

    Eu creo qe está ben que non legalizaran a marihuana xa que non seria de todo bo porque o estalo, moita mais xente seria adicta a ela.Pero se fose só para fins medicinales si estaría ben.

  20. victor di:

    Como vexo que este “post” é motivo de moita polémica e enfrontamentos de puntos de vista diferente, debatiremos o tema na aula esta semana.

    Nota: HAI UN NOVO FORO ABERTO SOBRE O USO DA ENERXÍA NUCLEAR (pecharase en 10 días)

  21. mariacmaq.aso.1a di:

    Sobre este tema eu opino que California tomou unha decisión axeitada, xa que cada vez hai máis xente adicta a este tipo de drogas e a súa legalización daría lugar a unha gran facilidade para conseguir esta substancia e non só en adultos senon en adolescentes e mesmo nenos.
    Non me esquezo de xente que en realidade precisa destas substancias para ter unha calidade de vida mellor,polo tanto eu sí estaría de acordo na legalización de marihuana para o uso terapeutico.

  22. ateneaprado.aso.1b di:

    Penso como outras persoas que este tipo de drogas so deberían ser legais en casos nos que fose totalmente necesario o seu uso,e dicir,cando sexan utilizadas para persoas as que lle poida ser moi beneficioso o uso desta substancia.Para o uso desta,só para utilizacións innecesarias,estou totalmente a favor de que sexa ilegal.