Robocop á volta da esquina

Robocop é ese coñecido policia, metade robot e metade humano producto dunha película dos oitenta do xenero de ciencia ficción, aínda que, quizais, ese prototipo de home-robot non estea tan lonxe da realidade como se pensaba. Fai un par de semanas en Salt Lake Citie, EEUU, a empresa de tecnoloxía Raytheon presentou o seu novo modelo de exoesqueleto.

o exoesqueleto XOS2

O novo XOS2 e a segunda parde dunha historia que empezou hai un par de anos. Esta nova version do anterior e pesado XOS é mais lixeiro, resistente, ademais de consumir a metade que o seu irmán maior. Este exoesqueleto que tanto nos pode recordar a robocop e Iron man vai ser destinado á loxica militar: montar e desmontar, transportar ou cargar con material militar.
O  XOS2 axudará aos soldados a reducir tempo e esforzo nas súas obrigas, axudando a previr os riscos que pode correr un soldado cargando repetidas veces con pesos elevados. O novo sistema que se compón en maior medida de sistemas hidráulicos e unha tecnoloxía que axudará a que as tarefas do exercito sexan máis doadas. En parte bo e por outra banda unha bomba de reloxería nas mans equivocadas, aínda que como  calquera novo invento destinado ao servizo militar, xa que o seu fin máis noble é protexernos de ese inimigo invisible que todos tememos e o que nadie veu pero do que todos oiron falar.

Como mostra un botón, o video mostra o estreno do exoesqueleto XOS2 en Salt Lake Citie, presentado polo actor que encarna a Iron Man.


 Autor: Emmanuel F. Joven

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Robocop á volta da esquina

  1. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Pareceme un grande invento este robot que nos axudaría a poder transportar grandes pesos que nos poderían causar problemas de espalda por exemplo. Este invento tamén o poden utilizar os astronautas despois de estar unha tempada no espacio, porque cando voltan a Terra, a pesar de ser moi xoves, teñen a mesma forza ca a dun octoxenario, e con este invento poderíanse adaptar mellor as condicións gravitatorias da Terra.
    Espero que este novo invento só se use con fins militares no sentido de loitar con eles uo destruír ou facer dano, aínda que seguramente podería usarse para iso.

  2. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Como ben apunta Eloy, os usos deste xenial invento poden ser, seguramente, usados para a “destrución” nas guerras ou en enfrentamentos violentos.
    Persoalmente considero que se deberían aprobeitar este tipo de invencións para algo realmente útil, bó para a humanidade, pero iso xa son cuestións políticas.
    Poderíase utilizar no caso de xente que non se pode valer por si mesma, e necesita de outros que o axuden a erguerse, ducharse, etc. e con esto poderíase facilita-la vida dos coidadores, e, por suposto, dos coidados.

  3. martincabal.aso.1b di:

    Para min este invento é unha americanda mais, dende o uso que en principio vai ter, ao espectaculo que se fai na su presentacion, dende logo os Estados unidos sempre foron os mais abanzados en tecnoloxia militar pero pa o meu gusto deberianse preocupar en temas coma a sanidade que aunque estan as voltas coa aprobación dunha “seguridad social” en ese pais as aseguradoras fanse ricas a conta dos combenios cos estados.
    Ao comentario de eloy, non sei porque os astronautas teñen que usar este robot, sera mais loxico que se perden a forza que entrenen a musculatura.

  4. anaisporta.aso.1b di:

    Penso que este invento si se aplica correspondentemente podería ser moi útil e bo. Aos humanos podríannos axudar en varias cousas,facer a vida un pouco máis facil sobre todo para xente descapacitada,e logo o que din os meus compañeiros para a guerra e iso que necesidade hai de que morra algún humano?eu penso que ningunha este invento devería de facerse ben pensando en todo e todos.

  5. sandragarcia.aso.1b di:

    No post de ”bebés espaciais” de Sofía, xa puidemos ver unha das futuras aplicacións deste invento, xa que as persoas que nun futuro nazcan no espazo, precisarán un destes inventos para volver á terra.

  6. eloyrdaporta.aso.1a di:

    En canto ao teu comentario de Corbelle, este invento axudará as persoas discapacitadas para poder coller obxectos ou poder moverse con moita maior liberdade, como apunta Sofía.
    En canto ao dos astronautas o estar tanto tempo no espacio sen resistir a forza da gravidade, pasa factura cando se retorna a Terra e a súa gravidade, xa que o corpo humano acostúmese relatibamente rápido a desaparición desta. Por iso atópanse tan debilitados, e como se lles puxese enriba outra persoa, e ademais, ¿como pensas que poderían entrenar a musculatura se as pesas e outros aparellos non teñen peso no espacio?

  7. lourdesfarina.aso.1b di:

    Este invento ten a súa utilidade como ben dín os meu compañeiros.Poden axudar ós soldados a coller un gran peso, axuda ás persoas con algunha discapacidade… Estou moi de acordo co comentario de Eloy. Espero que este novo invento sexa unha axuda e que non sirva para a destrución.

  8. estelachaves.aso.1a di:

    Este aparello en principio non se propuxo para fins militares, senon para as persoas descapacitadas físicamente. Con este novo aparello as persoas poderán recobrar o que se podería decir unha vida case normal. Cada vez que se inventa un artiluxio destinado ó exército, indirectamente estase creando una nova arma que tamén se pode utilizar na nosa contra. Con cada aparello, que será cada vez máis perigoso, as posibilidades de que acabe en mans que non deben son moi reducidas e este aparello en mans equivocadas supón unha ameaza moi grande para todas as persoas. Sería unha cadea que levaría moitas vidas. Cada descubrimento, cada invento, cada arma que se utiliza, pode ocasionar ós inimigos, pero debemos ter en conta que esos danos tamén nos poden chegar a nós. Non estamos exentos de ser víctimas dun destes exoesqueletos utilizados en mans indebidas.

  9. martincabal.aso.1b di:

    Eloy no 1º comentario falabas de que seria útil para cando os astronautas regresaran a terra, pois ben en vez de utilizar unha maquina de estas , deben entrenar a súa musculatura isto e mais lóxico porque son seres vivos que non poden votar o resto da vida dependendo dunha maquina. Decides que esto ten utilidades para persoas, sinceramente non vexo moitas, non me imaxino a miña aboa durmindo conectada a unha maquina destas para poder erguerse cando o necesite non a imaxino duchándose porque probablemente non se pode mollar a maquina…O ser human chega un momento que se debilita e necesita estar sempre en repouso, non entendo como pretendedes “enchufalo” a unha maquina

  10. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Ben falado por parte de Martincabal,o ser humano non necesita de màquinas pra poder facer unha vida normal.
    Na miña opinión esta máquina é mera propaganda militar dun país opulento e imperialista coma son os EE.UU. que destinan gran cantidade de diñeiro en loxística militar,en vez de preocuparse na seguridade social,etc…
    e o máis importante,non destinan fondos a preocuparse polas víctimas que estas máquinas deixan o seu paso.

  11. micaelgarcia.aso.1a di:

    Pois eu creo que no estado no que se encontra este aparello non supón unha ameaza militar,posto que e lento e é bastante fácil inutilizalo coa cantidade de cables que ten sen protexer,ademais o único que aporta o soldado e forza e nas guerras de hoxe en día non é necesaria.
    Respecto o asunto dos astronautas,non estou de acordo con Eloy, se a musculatura do astronauta se encontra debilitada cando volve a terra, o menos que se debería de facer é conectalo a unha maquina que lle facilite a musculatura seguir nese estado en lugar de darlle traballo a musculatura afectada.

  12. emmanuelfj.aso.1b di:

    Respecto o dos fins militares, fins co que foi creado este especificamente, falo da loxistica, non digo que sirva para o campo de batalla. De todas formas calquer avance militar pode volverse na nosa contra cunha gran facilidade. Estou de acordo con Corbelle no aspecto de que eu tampouco vexo a miña avoa con ese exoesqueleto, inda que eu vexoo mais encarado a rehabilitación das persoas con grandes danos.

  13. estelachaves.aso.1a di:

    É certo que estes aparellos serían un blanco fácil para ser derribado, pero hoxe en día as guerras non son un corpo a corpo. Os órganos terroristas poderían servirse da forza que contan estos robots e facilitar dese xeito os atentados. Na miña opinión é perigoso en mans equivocadas, e así como o utiliza o exército tamén o podería utilizar calquera outra entidade. Seguramente nunha batalla non sexa o soldado máis valente nin o máis mortífero, pero pode que sexa o que faga gañar a guerra.

  14. noeliavazquez.aso.1a di:

    A min este, paréceme bastante interesante xa que lle pode axudar aos soldados a realizar moitas tarefas e consumindo moita menos enerxía que o anterior, o que nos beneficia moito.
    Non me parece que sexa perigoso, nin que outra entidade os use para calquera outra función.

  15. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Respecto os comentarios de Corbelle e Micael, parece que non comprendedes o meu punto de vista. A utilidade deste invento é debido a forma da que volven os astronautas, ¿como vos sentiriades vos se de repente tiverades que levar encima vosa 80 ou 90 Kg de mais? Apenas poderiades movervos e estariades sempre cansados. Ese é o problema que sofren os astronautas, con este invento non digo que estéan toda a vida conectados a el, senón que durante os primeras semanas ou meses o utilizasen cada vez un pouco menos ata que non sexa imprescindible para a súa vida.
    En canto ao da avoa de Corbelle, ¿non crees que a ela e a outras persoas maiores ou discapacitadas lles gustaría volver a gozar da liberdade e axilidade que temos nos agora? Aparte invento é voluntario para as persoas que o queiran utilizar, non será o seu uso obrigatorio.

  16. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eloy,compañeiro, eu creo que confúndeste totalmente de astronautas o gran problema muscular do que ti falas é o que sufriría os nosos queridos bebes espaciais dos que no falara Sara.Os astronautas de hoxe en día non pasan tantísimo tempo no espazo para chegar a sufrir ese problema.

  17. micaelgarcia.aso.1a di:

    Sofia*

  18. martincabal.aso.1b di:

    Eloy, para min estar conectado a unha maquina os últimos meses-anos da miña vida para poder erguerme da cama, non é liberdade nin se semella a axilidade que teño agora, os anciás necesitan da compaña de alguén porque anque estean débiles fisicamente , necesitan recibir amor e ao mesmo tempo dalo, como dixen nun anterior comentario as persoas maiores non se poden mover con rapidez, necesitan ir lentamente, e non se pode facer nada, o seu corpo estanse despedindo pouco a pouco do que foi a súa vida.

  19. lourdesfarina.aso.1b di:

    Estou impresionada co comentario de Corbelle. Eu entendía a Eloy dende o seu punto de vista pero non me puxen a pensar o que as persoas maiores poden sentir estando conectados a unha máquina ao ser ancián.
    Eu creo que preferiría estar morta antes que estar cunha máquina.

  20. emmanuelfj.aso.1b di:

    Estou de acordo coa opinion de corbelle, este invento non creo que estea destinado a eses fins, e se así fose a min tampouco me gustaría depender dunha maquina, e menos estando na etapa final da miña vida ser independente, porque queiras que non precisas da xente para algunhas cousas e ás persoas maiores non creo que lles faga mellorar moito a súa calidade de vida xa que pouco pode cambiar. O destino da maquina para rehabilitar ou servir de axuda para cargar con pesos enormes repetidas veces vexoo mais util, quizais sexa complicado adaptalo ao día a día.

  21. elisaduran.aso.1a di:

    Sobre os comentarios anteriores, estou de acordo co dito por Emmanuel e Martin Corbelle. Este invento ten moitos factores en contra e perigosos. No ambito militar, ambito o que non apoio moito, tedes razón que todo inventado para a nosa defensa pode perxudicarnos no caso de que os nosos adeversarios tamen conten con este invento, ó estar en mans erróneas. Sobre a utilización en persoas maiores, paréceme lóxico que se quixese intentar ter máis forzas os ultimos dias de vida, pero o mesmo tempo, parece algo que non se deberia evitar, porque é lei de vida. Explicome: nacer, reproducirse e morrer, conlleva a envexecer nese proceso, o cal é lei de vida. O único punto no cual pareceme útil é para a rehabilitacción dun corpo dañado, pero só a rehabilitación, non para toda a vida depender dunha máquina.

  22. angelpadin.aso.1a di:

    Martín Corbelle ten razón, conectarte a unha maquina, polo menos para min sería agoviante, esas persoas de mobilidade reducida normalmente son anciás e si non se poden mover é por que seu corpo non pode máis, xa viviron o que lles correspondía, non serian moi felices conectados a ese robot. No ámbito militar creo que si que sería de axuda por que é unha maquina mais só que esta controlase desde dentro.

  23. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Haber, os vou a poñer un caso extremo para que me entendades dende o meu punto de vista Corbelle e Micael.
    Pensemos nun neno normal, que por accidente un día queda paralizado (paraplégico) nunha cama, non ponsedes que grazas a este invento podería facer o mesmo ca os demais nenos, correr, saltar, xogar a pelota… Non credes que para ese neno o XOS2 sería a súa forma de escapar a estar o resto da súa vida nunha cama?
    E ademais o XOS2, é un prototipo, e co tempo irese construíndo con menos cables, con mais forza e maior velocidade de movemento. Dentro duns anos, non seriamos capaces de distinguir a una persoa utilizando este invento ou non, xa que veríamos a unha persoa normal con un traxe de mais.

  24. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eloy,creo que te volves a confundir,polo que vin esta maquina non é por control psiquico, se non que segue o movemento do teu corpo vencendo a resistencia que se lle opoña e así facendo posible o levantamento de grandes pesos.
    O teu neno tetrapléxico perdeu a mobilidade e por esta causa non vai a poder usar o aparello a non ser que se adaptase a el con con algún tipo de aparello de control mental.

  25. victor di:

    Xa que netráchedes no tema, creo que sería axeitado falar dos efectos da falla de gravidade sobre o organismo dos astronautas. Enténdese que unha das vías da investigación espacial consiste en coñecer os efectos no organismo de vivir no espazo; cales son estes efectos?, como se loita contra eles?

  26. rebecapineiro.aso.1a di:

    Os efectos da falta de gravidade no espazo son os seguintes: o sentido da orientación será afectado, mareos (con náuseas, vertixe…), os líquidos desprázanse hacia a parte superior do corpo, descondicionamento cardiovascular e pérdida de glóbulos vermellos, descondicionamento muscular e, en estancias longas, deterioro óseo.

  27. mariamcosta.aso.1b di:

    Ao estar exposto a ingravidez, os líquidos do corpo humano desplázanse ata a parte superior do corpo, o que provoca inchazón da cintura para arriba e adelgazamento abaixo. Isto pode causar dificultades para manterse en pé na Terra. Contra esto lóitase mediante traxes espaciais preparados para apertar en diferentes partes do corpo e evitar a acumulación de líquidos.
    Ao non ter que opoñerse a ningunha carga, os músculos debilitándose, sobre todo os das pernas; pero esto pode combartirse facendo exercicio durante a estancia no espacio, ou cuns traxes espacias que proporcionan ao corpo unha forza á que opoñerse.
    O máis grave dos efectos é o deterioro óseo, xa que durante a estancia no espacio os ósos descalcifícanse. É un efecto irreversible e non se topou maneira de combatilo.

  28. emmanuelfj.aso.1b di:

    A falta de gravidade no espazo fai que os corpos dos astronautas sufran cambios como poden ser na columna vertebral ou a perda de masa muscular. Para evitar o caso que creo que propoñia Eloy, os astronautas fan unhas sesions de exercicio de polo menos unha hora con maquinas de presión axudando asi que a presión que exercen sobre os musculos axude a que non se debiliten, pero deronse casos antes de coñecer estos efectos nos que pola falta de exercicio os astronautas unha vez na terra non se podian nin mover; neste caso si sería util o XOS2 pero agora que xa hai un maior seguimento para estes problemas non e de todo necesario.

  29. elisaduran.aso.1a di:

    A vida no espacio, de momento, é moi dura para nos. Hai diferentes factores que o determinan:
    A falta de oxíxeno é un dos factores críticos, xa que afecta ó cerebro e provoca fatiga, somnolencia, dor de cabeza, mareo, e en ocasións, perda de consciencia.
    Os astronautas poden contraer enfermidades relacionadas coa ingravidez e a exposición as radicións ionizantes.