2050, o “apocalipse” dos osos polares

Un informe do Goberno dos EEUU vaticinou un mal futuro para os osos polares e, en xeral, para as especies que habitan o Ártico. Segundo estas conclusións, un 42 % do Ártico terá desaparecido en 2050 e, para entón, a poboación mundial destes animais terase reducido en dous tercios. E a finais de século, a única paraxe natural onde poderán ser atopados será nunha pequena franxa no norte de Canadá.

imagen

Os osos polares precisan do xeo para a supervivencia e,  desafortunadamente, as grandes superficies estánse a derreter a pasos axigantados como consecuencia do quentamento global. De feito, a extensión do Polo Norte xa se reducíu en medio millón de Km2 en tan só dous anos. O pior é que, aínda que se reduzan as emisións de gases, durante os próximos 30 anos aproximadamente non veremos reducirse a presencia do efecto invernadoiro.


Os osos polares xa forman parte da maioría das listas de animais en perigo de extinción. Sen embargo, non todo o mundo esá de acordo con esta medida, e algúns tachan de alarmistas aos que se preocupan por esta especie. Que opinades vós?

Autora: María Mariño

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to 2050, o “apocalipse” dos osos polares

  1. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Este feito indícanos as consecuencias do cambio climático, e neste caso os máis afectados seren os animais que viven en climas helados, como é o caso do oso polar ou o zorro polar. Habería que conseguir parar este cambio, aínda que non salváramos inmediatamente o clima polar, polo menos conseguiríamos que este problema non fose tan grave.
    Polo que se ve agora, o único que se pode facer é intentar salvar a algunhas especies ata que o problema sexa menor, porque senón a única forma que teríamos de conservar as especies serían trasladalas a sitios con climas semellantes, como o norte de Rusia, Noruega ou Groenlandia, ou incluso levalos ata o Polo Sur para que intenten alí sobrevivir.

  2. martincabal.aso.1b di:

    Por suposto que están en persigo de extinción, non sei como pode haber persoas tan estúpidas que defendan o cambio climático como un acontecemento cíclico (podería ser posible, pero está mais que demostrado que en este momento non e así), entre estos encontrámonos persoaxes coma Aznar o expresidente de España. O que mais me fastidia e que os seres humans se apoderararon do planeta exterminando especies e destrozando todas as condicións de vida, o cambio climático e imposible de parar, xa que as empresas e países que mais contaminan, potencian a súa economía e non están dispostas a diminuír o seu crecemento, por outra banda estamos todos os cidadáns que comodidades non movemos nin un dedo.

  3. miguel.aso.1b di:

    Este é un triste efecto máis dos moitos que o quecemento global está a producir. Desgraciadamente non so os osos polares sufrirán os efectos, moitas especies resultarán danadas, e a solución, se existe, será un proceso lento e dificultoso.

  4. silviagarcia.aso.1b di:

    Os animais son os principais perxudicados neste cambio climático, pero como isto non cambie acabaremos nos, os seres humanos pasando por algo semellante ou peor xa que o nivel do mar segue suvindo, o que se prevén que ocorra con isto é que o mundo acabe inundado, e logo nos como vamos a vivir?. Os animais non teñen culpa do que están sufrindo, xa que os principais culpables do cambio somos nos; devido a tala de bosques, a deforestación, os gases de efeto envernadoiro…etc. Eu apollaría cambios se ninguén saíra perxudicado, que non é este o caso e pareceme moi vergonzoso pola parte de figuras tan “”estudiadas”” como é o caso dos persoaxes que cita Martín que apollen este cambio e que ata lle parezca ben. Por que?¿ polo benestar económico de cada un?¿supoño, pero creo que a vida de moitos seres vivos agora animais pero tarde ou temprano de humanos é moito máis importante que unha economía moi elevada, que aínda por riva este non é o caso, e lamentablemente todos nos veremos perxudicados nisto se non se da marcha atrás, e logo votaremos as mans a cabeza cando esteamos xa no borde do precipicio

  5. emmanuelfj.aso.1b di:

    Respecto ao post de María cabe dicir pola miña parte que visto que inda frenando agora as emisions, en trinta anos seguiriamos co mesmo problema, e como ninguén esta disposto a parar o cambio climático ata que se den conta de que como cita o refran “os cartos non se poden comer” o oso polar esta condeado a lista de animais extinguidos polo ser humano que cada vez vai engordando. Unha realidade que vemos impasible crendo que o seren so persoas non facemos nada, e inda que quixesemos agora mesmo xa exterminamos o oso polar no seu habitat común. A unica esperanza para este ser vivo é a sua crianza en espazos controlados polo ser humano, polo que perderían parte dos seus instintos. Que podemos facer por estes animais? nestes momentos, ao meu parecer conservalos en centros nos que se preocupen por eles.

  6. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Para nada somos alarmistas ao afirmar o grave perigo que corren os osos polares e moitas outras especies. Todo o contrario, deberíanos asustar máis o feito de que a Terra está cambiando para pior pola nosa mala acción, non por un acontecemento cíclico, como ben apunta Martín.
    En canto aos osos polares e tódalas especies que habitan no xeo, é moi dificil protexelas a estas alturas, xa que, como nos indica María no post, para ver as consecuencias de combati-lo cambio climático que se supón que estamos levando, faríannos falla, mínimo 30 anos, e para daquela xa sería demasiado tarde.

  7. cristinagesc.aso.1a di:

    Este feito de que os osos polares poidan desaparecer é unha das consecuencias que trae o cambio climático, por iso, temos que ter coidado porque de seguir así acabarían desaparecendo moitas especies, ademáis dos osos polares.
    Eu creo que se deberían tomar máis medidas para frear o cambio climático.

  8. estelachaves.aso.1a di:

    Os osos polares alimentanse de especies mariñas, como focas, peixes… Para poder obter deste alimento, sírvense do xeo, que lles proporciona unha plataforma para cazar. Pero a verdad é que os osos polares tamen son animais mariños que están adaptados para pasar períodos na auga, aínda que pasan a maior parte do tempo no xeo; pois teñen un corpo aérodinámico, perfecto para o nado, unha grosa pel que os protexes do frío e unha tela entre os dedos que lles permite impulsarse. Con esto non estou dicindo que o desxeo non lles afecta, pois aínda que estén adaptados para permanecer na auga, téxense que desplazar dunha placa de xeo a outra para buscar alimento. Por mor dadesconxelación, esas placas atópanse máis distanciadas entre sí, e os osos teñen que percorrer moita máis distancia. Recentemente atopáronse numerosos osos flotando no mar, morreran afogados polo esforzo que realizaran para intentar chegar ata o seu alimento.

  9. elisaduran.aso.1a di:

    Estou totalmente da acordo con Martín Corbelle. Multimillonarios empresarios frotanse as mans coa mera idea de que o Polo Norte poda estar navegable en poucos anos. Ninguen pensa que se vai a perder un gran ecosistema nun segundo se o comparamos co a idade da Terra e a duración de diversos ecosistemas. Diferentes entidades financieras non queren asumir nin axudar neste problema, decindo que os osos polares non son da súa incunvenncia e que soamente son “animais”, sen darse conta que non adoptar ese cambio de actitude pode perxudicarlles a eles mismos.

  10. victor di:

    Que outras especies, a parte dos osos polares, son moi sensibles ao cambio climático?
    Agárdalle á Antártida o mesmo futuro ca o Polo Norte? Tardará máis tempo?, terá outras consecuencias para o planeta?

  11. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Respondendo a pregunta plantexada por Victor,a Antártida corre o mesmo perigo que o Polo Norte,xa que na parte occidental do continente,o xeo está moi debilitado.
    As consecuencias respecto a fauna neste continente,non son moi graves,xa que a súa fauna e moi escasa.
    As consecuencias que isto acarrea a nivel global e un notable incremento no nivel do mar,que inundaría pobacións que estivesen moi preto do nivel do mar.
    Cidades coma Miami ou Boston,poderían chegar a sufrir inundacións a causa do incremento do nivel do mar,que sobe de dous a dez cm cada dez anos.

  12. laracores.aso.1b di:

    Os pingüíns tamén son unha especie ameazada polo cambio climático; estes animais habitan nas costa da Antártida e o cambio climático está a facer desaparecer o seu medio natural.
    O derretemento dalgúns glaciais é unha trampa mortal para os pinguíns.

  13. oscaralvarez.aso.1b di:

    A parte dos osos polares, que son os mais afectados, hai outros animais aos que lles afecta o cambio climático.

    O tigre de Bengala corre perigo xa que o crecemento anual do nivel do mar garantiza unha gran perda desta especie co paso dos anos. Este problema tamén pode provocar a desaparición dos canguros. Outras especies afectadas, inda que en menor medida, son as baleas.Os orangutáns expóñense ao aumento de precipitacións en épocas de chuvia e de incendios en épocas de sequía (causa do cambio climático), ao ser especias moi lentas corren moito perigo.

    Inda que o cambio climático provoca a extinción de moitas especies, en ocasións, o derretemento do xeo, causado por este problema, permite darnos a coñecer novas especies como é o caso dos peixes de xeo, dos polbos traslúcidos ou dos porcos mariños.

  14. eloyrdaporta.aso.1a di:

    As especies que se ven máis afectadas son as que viven en climas fríos como o raposo das neves, os pingüíns, as focas, e os seus parentes, e en menor medida especies como os alces e outros cuadrúpedos, porque o quitarlle o seu hábitat natural non poden sobrevivir a altas temperaturas. Incluso as baleas vense en perigo, xa que adoitan a pasar períodos de tempo no Polo Norte para alimentarse.

    A Antártida correría a mesma sorte que o Polo Norte, coa diferencia de que na Antártida non é toda xeo como o Polo Norte, así que non quedaría completamente destruida, pero perdería gran parte da súa masa.

  15. martincabal.aso.1b di:

    Debo dicir que o antártico e unha masa continental (debaixo do xeo hai terra), e o Ático e todo xeo, no caso de que se deritan completamente do Ártico non quedara nada. A temperatura media do ártico aumentou moito mais que outras partes do resto do planeta, sen embargo na Antártida a temperatura aumentou bastante pero no centro do continente a temperatura e estable ou incluso baixou. polo que creo que ten mais posibilidades de desaparecer antes o Ártico.

  16. lourdesfarina.aso.1b di:

    Todos os animais están sufrindo por causa do cambio climántico ainda que unhas especies máis que outras. Este é o caso do raposo ártico que está incluído na lista dos animais en perigo de extinción. Debido as condicións actuais do polo e a que non se aparean. Esto mesmo lle sucede aos ósos polares.
    Outro caso é o da especie que está desaparecendo en Canadá, os caribúes, da familia dos renos.

  17. elisaduran.aso.1a di:

    O caso da Antártida é diferente debido a que é codia continental. Se predice que a Antártida se desconxelará sobre o 2100, e que provocará un principalmente ascenso do nivel do mar e alteraría aínda máis o clima mundial, provocando fenómenos meteorolóxicos adversos, como o aumento das correntes de aire, sequías e inundacións.

    Sobre a outra pregunta formulada por Victor, A Sociedade da Conservación da Vida Silvestre (WCS) publicou un artículo no que nombran distintos casos de especies animais que son afectadas polos recientes cambios climáticos, entre eles: diferentes especies de flamencos, o delfín de Irrawaddy, no sudeste asiático; o buey almizclero, a tortuga carey…

  18. elisaduran.aso.1a di:

    O caso da Antártida é diferente debido a que é codia continental. Se predice que a Antártida se desconxelará sobre o 2100, e que provocará un principalmente ascenso do nivel do mar e alteraría aínda máis o clima mundial, provocando fenómenos meteorolóxicos adversos, como o aumento das correntes de aire, sequías e inundacións.

    Sobre a outra pregunta formulada por Victor, A Sociedade da Conservación da Vida Silvestre (WCS) publicou un artículo no que nombran distintos casos de especies animais que son afectadas polos recientes cambios climáticos, entre eles: diferentes especies de flamencos, o delfín de Irrawaddy, no sudeste asiático; o buey almizclero, a tortuga carey…

  19. mariamcosta.aso.1b di:

    Os animais máis afectados polo calentamento global son os que viven nos Polos, dende osos polares ou pingüíns ata outros como os raposos árticos, como di Lourdes. Pero tamén moitos animais pequenos que a xente non soe ter en conta pero que normalmente teñen unha función no ecosistema. Calcúlase que en cincuenta anos terán desaparecido o 30 % das especies animais e vexetais que coñecemos, por culpa do cambio climático.

  20. anaisporta.aso.1b di:

    Non so os animais son os perxudicados,senon que os seres vivos tamen terán o seu.Os animais que viven nos polos son ahora mesmo os mais afectados,non sei como se parará isto pero éstá claro que pouco a pouco estes animais que habitan nestas zonas irán desaparecendo,primeiro eles e logo que?e digo eu non habrá algunha solución para poder parar isto…

  21. iriaduarte.aso.1b di:

    A maior preocupación acerca dos efectos do cambio climantico nos osos polares é a perdida de hábitats e os cambios no hábitat de xeo mariño. O xeo mariño do cal dependen os osos estivo experimentando unha reciente disminución en área, na duración da cobertura e na sua espesura debida o calentamento global. Informeime dos cambios observados no xeo mariño e na hábitatque poden afectar aos osos polare que serían: unha disminución dun 1,5% por década na máxima extensión de xeo mariño durante o inverno, a pérdida da capa de xeo que dimunue un 10% cada década, un aumento na extenxión de augas abertas, … Pero nos damos de conta que os cambios están sucedendo máis rápido do esperado..

    E con respeto á pregunta opino igual que María, que os animais máis afectados son os do Polo Norte e que non só deberiamos ter enconta animais grande senón pequenos tamen xa que desempeñan tamen unhas funcións no ecosistema.

  22. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Esta é unha noticia alarmente a que di María sobre a perde do 30% das especies animais e vexetais, pero por outra vanda hai encóntrase un pequeno “lado positivo” que é que moitos científicos estan descubrindo novas especies que estaban conxeladas no xeo, moitas destas prehistóricas, e sen esa capa de xeo do polo norte poderíanse explotar xacementos de materiais atopados debaixo do mar xeado, e por último poderíase navegar mellor por esas augas.
    Pero ollo, eu non estou a favor da perda dos polos, só digo que se ocorrese na súa totalidade esa catástrofe podería aproveitar un pouco, aínda que as consecuencias da perda dos polos sexa moito maior a dos beneficios que se podan sacar.

  23. elisaduran.aso.1a di:

    Quero añadir, que aínda que para nos, e para moitas outras persoas, a desconxelación do polo norte sexa unha terrible catástrofe, moitas empresas multimillonarias opinan que pode aportar un gran beneficio. Ademais do beneficio de poder ter o Polo Norte navegable en verán, volve a estar relacionad o beneficio da extracción de petróleo. Na actualidade, varios paises do norte encontranse nunha disputa por un pedazo de codia continental do Polo Norte. Neste pedazo encontranse un gran llacemento de petroleo que nestes momentos é imposible a extacción del. Pero cas prediccións do desconxelamento do Polo Norte o podería extrar sen dificultade.

  24. arantxaleiro.aso.1b di:

    Eu non opino o mismo que esa xente que se cita no post,eu opino que é certo que estes animais estan en perigo de extinción,xa que a medida que pasan os anos a Antartida vai “desaparecendo”.