Trema, Don Quijote

A multinacional alemana Enercon  pretende instalar en Zuera, ó norte de Zaragoza, e de maneira experimental, o maior muíño do mundo: o E-126. Elixiuse este lugar pois é onde se rexistran máis ventos de toda a península. Este xigantesco aparello mide 198.5 metros de altitude e consta dunha potencia de 7.5 megavatios.

imagen

Neste momento, estanse a realizar multitude de prototipos destes muíños en diferentes lugares, aínda que ningún desta altitude. Na última década, a capacidade da enerxía eólica aumentou considerablemente. No ano 2000, Greenpeace afirmaba que habería 140.000 megavatios eólicos por todo o mundo, mentres que a Axencia Internacional da Enerxía, dicía 40.000 megavatios. Hoxe en día hay 200.000 megavatios instalados.

                                                              

España é un dos maiores mercados do mundo neste tipo de enerxía, tan so nos primeiros dez meses, xerouse o 15% da electricidade. Para que esta cifra aumente, estanse substituíndo os muíños antigos, mellor situados, por outros máis modernos e con maior potencia. O mercado eólico aumenta cuantitativamente en pouco tempo, polo que dentro duns anos, a cifra de enerxía eólica representará case o 50 % de electricidade.

Autora: Estela Chaves Falcón

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.