Desaparición do pulmón da Terra

 

imagen

Fai menos dun mes, un dos principais afluentes do río Amazonas, alcanzou o seu nivel máis baixo no último século. Este río de máis de 700 km de longo reducío a súa profundidade 13,63 m, provocando una grave sequía que afecta a centos de miles de habitantes da selva tropical.

Segundo as autoridades locais, 62 municipios da rexión declaran o estado de emerxencia. Unhas 62.000 familias foron afectadas polo descenso do caudal do río. O goberno federal anunciou que tiña que facer una aportación de 13,5 millóns de dólares (uns dez millóns de euros) para axudar á rexión.

 A preocupación sobre o posible impacto do cambio climático na rexión aumentou mentres os activistas están divididos respecto ás causas desta sequía: uns apuntan aos furacáns do Atlántico, os incendios que fan diminuír as chuvias ou ata os efectos do quentamento global.


Autora: Elisa Durán Rubí 

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Catastrofes naturais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Desaparición do pulmón da Terra

  1. manuelsomoza.aso.1a di:

    Sempre a mesma historia, sempre que hay catrástrofes son os pobres os máis perxudicados… Por uotra banda parece añgo incribel que se detectase seuí nun dos afluentes do río máis caudaloso do mundo, superando o Nilo, Mo misisipi e o Yangtsé xuntos…
    A súa cunca é a maior do mundo. O volumen de auga levado hacia ó Atlántico é enorme, cun promedio anual de 230.000 m3/s,e alcanza ata 300.000 m³/s en tempada chuviosa. O Amazonas é responsable da quinta parte de toda a auga doce incorporado os océanos. Ademais, esa auga é perfectamente potable mar adentro da desembocadura.

  2. manuelsomoza.aso.1a di:

    Sempre a mesma historia, sempre que hay catrástrofes son os pobres os máis perxudicados… Por outra banda pareceme algo incribel que se detectase sequía nun dos afluentes do río máis caudaloso do mundo, superando o Nilo, o Misisipi e o Yangtsé xuntos…
    Perdoade polos erros..

  3. martincabal.aso.1b di:

    Como non, unha vez mais o entorno natural do amazonas vese ameazado, e a verdade, é indignante, os grandes barcos non poden pasar, polo tanto non poden levar víveres e demais aos cidadáns, a súa profundidade diminuíu nun 50% e parece que vai a continuar. Intentando buscarlle algo “beneficioso” a este suceso dicir que os arbores que son talados baixan polo río para que na desembocadura ou en tramos mais anchos sexa mais doado cargalos en embarcacións, e por outro lado que as maquinas taladoras de arbores remontan o río transportadas por grandes barcos ata o lugar onde deforestaran o bosque.(outra vez mais os homes paga as consecuencias dos seus propios danos a natureza).

  4. samuelmarino.aso.1a di:

    Vaia barbaridae, sen dúbida é una sequía estrepitosa. Baixou tanto o nivel da auga que nalgunhas zonas que soamente se pode acceder en lancha están tendo serias dificultades co transporte alimentario. Eu penso que a tempada de furacáns, que este ano está sendo moi activa, perfílase como a gran causa desta sequía.

  5. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Esta nova catástrofe dinos que o clima está cambiando, porque un dos afluentes máis caudalos do río máis caudaloso do mundo, non se esgota tan rápido, esta é unha proba máis do quentamento global. O que di Martin é certo, pode ter algunha vantaxe, pero esto non pode ser sinónimo de algo, xa que moitos seres vivos precisan da auga do río e sen ela poden desaparecer especies coñecidas e por coñecer, que podían ser beneficiosas para crear novas mediciñas ou medicamentos que poderían axudar a curar varias enfermidades. Mire por onde se mire, esta é unha gran catástrofe natural.

  6. sarabetanzos.aso.1b di:

    É imprecsionante o que nos narra éste post. Unha gran parte da auga desapareceu e se suben as temperaturas, amenazarannos con extinguir o que queda.
    Outro problema que surge coa sequía é a perdida de encanto turístico do Amazonas. Decenas de turistas chegaban hasta Leticia a contemplar os chorros de auga, a espesa vexetación e enormes embarcacións que cruzaban de un lado hacia outro. Hoxe o panorama é distinto.

  7. victor di:

    Por que credes que ás selvas tropicais se consideran ecosistemas de tanta importancia?; que teñen de especial?

  8. sarabetanzos.aso.1b di:

    Pois porque son un ecosistema no que habitan miles de plantas e vexetais distintos. De feito, alí viven a maior variedade de plantas e animais que habitan na Terra. As selvas tropicais do mundo brindan beneficios a tódolos seres vivos, anque vivan lonxe déste ecosistema. Dise que son los pulmones do planeta, pois limpan o aire que respiramos do bióxido de carbono.

  9. noeliadozo.aso.1a di:

    A selva tropical contén unha gran biodiversidade de especies(moitas aínda por descubrir), sobre todo especies vexetais. Gracias a isto existen milleiros de menciñas naturais que conteñen a cura de moitas enfermidades.

    É un bo camiño para que os científicos investiguen, xa que se poden atopar moitísimos beneficios estudando os recursos que ofrece a selva tropical.

  10. mariamcosta.aso.1b di:

    Esto é unha tremenda catástrofe natural, e amósanos as graves consecuencias que está tendo o cambio climático. Respecto á pregunta, como di Sara, as repercusións positivas das selvas tropicais poden notarse en todo o planeta. A pricipal causa é a abundante vexetación, que fai que o balance entre osíxeno e CO2 sexa prácticamente neutro. O 28% aproximadamente do osíxeno da Terra provén das selvas tropicais. Isto é unha porcentaxe demasiado alta, e non podemos arriscarnos a perdela.

  11. rebecapineiro.aso.1a di:

    Creo que a impotancia das selvas tropicais está na súa abundante biodiversidade, xa que as selvas significan os dous tercios de toda a biodiversidade de fauna e flora do planeta.

  12. victor di:

    E son moi antigas as selvas tropicais?
    NOTA: HOXE PECHARASE O FORO

  13. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Segundo a teoria Darwinista da evolución das especies, crese que o ser humano do que procedemos vivía nunha inmensa selva tropical, xa que antes da “chegada” do ser humano, todo o planeta era (case) unha inmensa selva.
    Nela habitaba unha gran variedade de especies animais e vexetais e grazas aos fósiles atopados polos científicos, pódese dicir que houbo selvas virxes dende o cretácico, é dicir, hai máis de 100 millóns de anos.
    Hoxe en día, a extensión das selvas no noso planeta é moi inferior, xa que a evolución do home e do cambio climántico fixeron que fosen desaparecendo moitas zonas selváticas.
    Debido á aínda grande variedade de especies que podemos conservar, é importante coidala e deixar de tala-las árbores e dana-los animais que alí viven.
    As selvas son os pulmóns da Terra, e como tales, temos que coidalos.

  14. rebecapineiro.aso.1a di:

    Investigando atopei un artigo que dicía que un científico británico atopara os fósiles máis antigos dunha selva, en EEUU, que databan de 300 millóns de anos.

  15. eloyrdaporta.aso.1a di:

    As selvas foron os primeiros grandes ecosistemas da terra, e ocupaban practicamente toda a terra, a súa desaparición comezou coa desaparición dos dinosaurios fai varios millóns de anos. Logo a terra veuse repoboada por pequenas herbas que ocupaban moitísimos quilómetros.

    Despois crearonse novas selvas pero estas se foron perdendo coa chegada do ser humano para crear sitios habitables. Claro esta que as selvas da antigüidade eran diferentes as actuais, unhas evidencias de que houbo selvas foi a aparición de fósiles, o máis claro deles é o carbón.

  16. victor di:

    Ben Eloy, pero eu refírome a cal é a idade das selvas tropicais actuais.
    Está claro que ao longo da historia da Terra houbo diferentes momentos onde se formaron selvas tropicais, pero en que momneto se formaron as que existen na actualidade?

  17. elisaduran.aso.1a di:

    Quero facer un lapsus na idade das selvas tropicais actuais, pero encontrin un dato interesante que quería compartir con vos.
    Josyane Ronchail, investigadora da Universidade Paris VII, opina que hay un probable vínculo, entre a sequía do Amazonas, co que ocurre na cuenca do Caribe. As augas moi quentes no Atlántico tropical norte estanse a desenrolar demasiadas evaporacións importantes.
    Unha sequía desta magnitude ten fortes consecuencias como ten as súas fortes causas, como sempre, relacionadas co recalentamento.

  18. mariamcosta.aso.1b di:

    Para medir a antigüidade das árbores, normalmente mídese canto crecen as árbores xóvenes cada cinco ou dez anos, e aplícanse estes datos sobre as árbores vellas. Segundo este método considerábase que a idade media destas árbores era entre 100 e 600 anos. Sen embargo, un estudio recente desvelou que existen árbores de ata 1400 anos nos bosques tropicais, mediante o método do Carbono 14.

  19. victorino.aso.1 di:

    Eu penso que os niveis da auga son cousas da naturaleza, xa que ai anos de moita chuvia e anos de moi sequía. Supoño que cando empece a chover volva os niveis da auga a normalidade. Como conclusión “nunca choveu que non escampara e o contrario tampouco” polo tanto, que en algún momento tera que chover.