O poder do pensamento

Un dos soños da ciencia ficción e o de poder controlar os obxectos coa mente. Un grupo de investigadores en Suiza están demostrando que este soño está camiño de cumprirse. Este grupo, formado por 20 investigadores, está liderado polo español José del R. Millán, quen non quere crear falsas expectativas sobre o proxecto. Afirma que están traballando duro, pero sen presa.

imagen

Él e o seu grupo de investigadores crearon un programa que conecta o cerebro a máquinas e ordenadores para poder controlalos coa mente.

 Un casco repleto de electrodos capta as ordes mentais, o software interprétaas e despois transmite comandos capaces de operar nun portátil ou nun electrodoméstico de forma remota. Todo en cuestión de milisegundos. O seu obxectivo é empregar esta tecnoloxía para axudar a mellorar a vida das persoas con algunha discapacidade física. A aplicación máis potente probárona nunha cadeira de rodas. Equipárona con sensores de espacio, interconectárona ó software e éste á cabeza dun paciente. E funcionou. Con só pensar ‘cara adiante’ , ‘esquerda’ ou ‘dereita’, a cadeira movíase.


Autora: Sandra García

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada . Garda o enlace permanente.

17 Responses to O poder do pensamento

  1. micaelgarcia.aso.1a di:

    Paréceme unha moi boa vía de investigación esta tecnoloxía ten moitas utilidades,por exemplo algún día poderíase chegar a acadar o nivel de que un tetrapléxico poda chegar a ter unha certa independencia,e non pasarse a vida postrado nunha cama.

  2. victor di:

    Con respecto ás persoas coa médula espiñal danada, en que tedes máis confianza para súperar as discapacidade. no tipo de avances que trata este post ou nas investigacións con células nai?

    NOTA: O PRÓXIMO XOVES PECHARASE O FORO

  3. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eu nas células nai, a súa investigación está moito mais avanzada que esta.

  4. martincabal.aso.1b di:

    A investigación con células nai é primordial, esta está moi avanzada, e xa se comprobou en algúns animais que sufrían lesións de medula que se podía restaurar, pero aínda non está demostrado en seres humans, polo tanto non se pode desperdiciar a investigación en maquinas neuro controladas, xa que pode ser chegar a ser a mellor solución e tamén porque non so se vai a utilizar para iso.

  5. micaelgarcia.aso.1a di:

    Aínda así creo que se debería dar máis importancia as células nai, é moito mellor que unha persoa mova o seu corpo que unha maquina o faga por ela, e o corpo se atrofie.

  6. martincabal.aso.1b di:

    Porsuposto Micael,de feito hai mais científicos estudando no campo das células nai, pero hai que seguir coa investigación destas maquinas , imaxínate a vida dunha persoa con un extremidade amputado, que gracias o traballo destos científicos poidan ter unha vida mais normal e cómoda.

  7. cristinaotero.aso.1a di:

    Dende o meu punto de vista, creo que ningún tipo de adianto na investigación con respecto a mellorar a vida das persoas que sufren algún tipo de discapacidade pódese desaproveitar, aínda que sexa só un proyecto pódese chegar a convertir en realidade, quizáis non tantos anos como pensamos, e calidade de vida das persoas enfermas seria moito millor, se ata agora coas células nai non poderon demostrar nada cos humáns, xa vai sendo hora de que alguen empece a resolvelo por outro método.

  8. belindagomez.aso.1a di:

    Os axóns, son extensións das células nerviosas que transportan os sinais da medula espiñal cara a arriba e cara a abaixo entre o cerebro e o resto do corpo. A maioría das lesións da medula espiñal non cortan a medula por completo, o máis probable é que unha lesión cause fracturas e compresión das vértebras. Unha lesión da medula espiñal pode danar uns cantos axóns, danar moitos ou danalos case todos. Certas lesións causarán unha parálise completa que se podería aliviar se as investigacións que se realizaron con células nai en ratas fosen igual de efectivas en persoas. Sen embargo, hai lesión da medula espiñal causadas por enfermidades dexenerativas.

  9. lourdesfarina.aso.1b di:

    É moito mellor seguir avanzando nas investigacións con células nai. Non creo que a xente prefira utilizar este tipo de obxectos antes que poder facelo por el mesmo. Aínda así, véxoo moi interesante para as persoas con algun tipo de discapacidade.

  10. rebecapineiro.aso.1a di:

    Paréceme unha investigación moi interesante. Isto axudaría ás persoas discapacidade a ter unha vida máis parecida ás nosas, e a non ter que depender sempre de alguén.
    Aínda así creo que as investigacións con células nai son moito máis importantes xa que poderían achegar unha solución total ós problemas destas persoas.

  11. victor di:

    E en que consiste o funcionamento físico dunha sinal nerviosa?, é dicir, en que consiste un impulso nervioso?
    que tipo de receptores se utilizan para captar os impulsos nerviosos?

  12. oscaralvarez.aso.1b di:

    Un impulso nervioso é unha mensaxe electroquímica que transmiten os nervios. Orixínanse no sistema nervioso central ou nos órganos dos sentidos.
    Os receptores sensitivos transforman os estímulos en impulsos nerviosos, que a través das fibras sensoriales chegan ao cerebro.

  13. victor di:

    Aclarade máis iso da mensaxe electroquímica que di Óscar.
    A pregunta era refeida aos tipos de receptores que utilizan os “cascos” do artefacto que presenta o post.

  14. sarabetanzos.aso.1b di:

    O impulso nervioso consiste nunhna entrada e saída de ions a través da membrana dunha neurona. Pode ser captado por receptores de membrana do elemento postsináptico.

  15. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Non entendo moi ben a pregunta pero creo que a resposta é que esos artefectos reciben as señais cerebrais grazas a un líquido metálico, que se ve no vídeo, que intensifica as ondas cerebrais en forma de electricidade e mediante os receptores da máquina estas señais tradúcense mediante un código que só entende a máquina para recibir as ordes sobre a dirección que ese debe tomar.

  16. elisaduran.aso.1a di:

    Entendo que coa a túa pregunta refireste a que é a mensaxe electroquímica. A aelectroquímica estuda a conversión entre a enerxía eléctrica e a enerxía química. Esta mensaxe elctroquímica é a electricidade que se utiliza para inducir unha unha reación no espontánea. Estes mensaxes electroquímicos tamen se lles chama electrolisis.

  17. arantxaleiro.aso.1b di:

    Pareceme moi ben esta investigación,axudaria moito ós discapacitados e seria unha gran investigación,ainda que seria mellor superar as discapacidades dunha persona por si mesma.