Salvemos aos arrecifes de coral

Os arrecifes de coral son un ecosistema que existe en poucas partes do mundo. Encóntranse nas augas tropicais, augas que son moi pobres en nutrintes. Aínda así son un albergue para milleiros de algas, peixes e invertebrados. Se non fora polos corais, posiblemente esas zonas estarían sen hábitat.

 

imagen

Desgraciadamente cada día que pasa atópanse con máis problemas que poden ser de dous tipos: naturais e antrópicos (o ser humano).En canto aos naturais falamos de furacáns que se producen nesa zona, a salinidade da auga, os cambios extremos de temperaturas e en menor medida aos propios peixes, caracois, etc. que os depredan. A medida que pasou o tempo, estes corais foron cambiando e adaptándose ao novo medio con resultados exitosos. Os problemas antrópicos son moito máis graves e os que acaban coa maior parte dos corais. Un exemplo é o crecemento da actividade turística. A áncora dos barcos que pode tocar e romper o coral ou mesmo o lixo. Pero o maior dano que afecta en maior medida aos corais é a contaminación do mar, o petróleo, que afecta á reprodución destes e, polo tanto, a súa expansión.


Para concienciar ás persoas destes problemas e protexer aos corais existen unha serie de plataformas como a de Greenpeace, que teñen unha serie de propostas. Pero, que medidas debemos tomar para non acabar cos arrecifes de coral?

Autora: Lourdes Fariña.

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Salvemos aos arrecifes de coral

  1. miguel.aso.1b di:

    Outro problema antrópico é a pesca de arrastre. Un arrecife de coral de 8.000 anos de antigüedade pode ser destrozado pola pesca de arrastre en cuestión de minutos, e a rexeneración dos corais é moi lenta.
    Por outra lado, gustaríame felicitar a Lourdes polo post, xa que a función dos ecosistemas coralinos é fundamental para a fauna mariña e convén protexelos.

  2. estelachaves.aso.1a di:

    Os problemas que están pasando os arecifes de coral é un exemplo máis do poder destructivo dos humanos. A contaminación no mar é un feito que está tendo unhas consecuencias moi agravantes para o mundo mariño e como consecuencia, para nós, pois alimentámonos de peixes, crustáceos…
    Neste caso, os corais son unha especia beneficiosa; pois protexen a costa de marexadas e fortes oleaxes cando hay tormentas e furacáns, modifican a dirección e a velicidade das correntes mariñas, albergan e serven de alimento a diferentes especies mariñas; que serven á súa vez de alimento ós seres humanos. E ademáis estos arrecifes constan dunha grande beleza.

  3. noeliadozo.aso.1a di:

    Este post tan explicativo, transmítenos unha nova e grave consecuencia do cambio climático.
    A perda dos arrecifes de coral xa é grave de por si xa que se perde un ecosistema, pero ademais unha gran diversidade de especies desaparecerían.Parece que non,pero unha cousa leva a outra, e a través da desaparicion dos corais, podería haber desastres inevitables en Australia. Solución, a de sempre, loitar contra o cambio climático e a contaminación dos mares.

  4. manuelsomoza.aso.1a di:

    Os arrecifes de coral resultan vitais para as industrias da pesca e do turismo das islas e áreas costeiras que benefician. Proporcionan un hábitat esencial para peixes, brindan apoio a especies amenazadas e en perigo. Habitan mamíferos mariños e tortugas protexidas. Tamén constituen una importante fonte de alimento para millóns de habitantes no mundo, ademais de ofrecer outros beneficios para os seres humanos, como o suministro de compostos para productos farmacéuticos.
    Tamén estos fermosos hábitats albergan una extraordinaria variedad de prantas e animais mariños. Apenas 100.000 especies foron nombradas e descritas ata a fecha de entre un número estimado entre 500.000 y dous millóns.

  5. sarabetanzos.aso.1b di:

    Verdadeiramente é un post moi interesante. É unha pena que haxa tanta xente pouco disposta a facer o posible por non matalos, pois en moitos casos está nas nosas mans.
    Gustaríame aportar que outro dos problemas dos arrecifes de coral é a descoloración das colonias de corais debido, xa que as algas microscópicas (zooxanthellae) que habitan no texido dos seus pólipos son expulsadas por éste. Estas algas, danlle color aos corais ao combinarse con outros pigmentos. Ao marcharen éstas algas,o coral tórnase dun color blancuzco, e logo, ao perder a súa asociación con elas, morre.

  6. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Un dato interesante sobre os corais é que en realidade son animais carnívos que se alimentan de pequenas algas e as veces cómense uns ós outros, algo que só o fan pola noite, por iso varios metros da superficie coralina pode estar formados por un só un coral cheo de vida mariña.
    Por outra van quería felicitar a Lourdes por este post, no que nos recorda que co cambio climático podemos perder tantas formas de vida que axudan tanto o noso ecosistema.

  7. lourdesfarina.aso.1b di:

    Quero aportar no comentario de Sara que esa decoloración é debida a suba das temperaturas da auga do mar. Os corais ¨extrésanse¨ e é cando perden as algas microscópicas.
    En Australia encóntrase un dos maiores arrecifes de coral do mundo,sobre 2.OOO kilómetros de longo.
    Esta barreira tivo moitos problemas con esa decoloración.

  8. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Con este post, Lourdes recórdanos a gran vida que hai no mar, que o cambio climático non só se reflexa na vida “exterior” senon que tamén, e dunha maneira moi dura, se sofre no mar e outros medios acuosos.
    Os arrecifes de coral, como ben apuntan os meus compañeiros son verdadeiramente importante, debido á albergación de gran cantidade de seres vivos, e á protección que outorgan.

  9. victor di:

    Un dos maiores problemas dos arrecifes de coral é a acidificación do mar, a que me refiro con isto?

  10. angelpadin.aso.1a di:

    Se non me equivoco, un estudo realizado recentemente demostra que a acidificación do mar (aunmento da acidez da auga do mar debido a unha alta producción de CO2) afecta ós arrecifes de corais debido a que o C02 reacciona coas aguas oceánicas reducindo a existencia de ións carbonato, que son necesarios para a producción de carbonato de calcio, o compoñente principal que usan unha variedade de organismos para producir a suas cunchas e esqueletos, aparte de que estes organismos mariños son moi sensibles a cambios no seu ambiente.

  11. elisaduran.aso.1a di:

    A acidificación do mar é o descenso en curso da acidez, do PH, nos mares e oceanos da Terra, causado pola toma de CO2 desde a atmósfera debido os efectos, procesos ou materiais que son resultado de actividades humanas.

  12. miguel.aso.1b di:

    As emisións de dioxido de carbono fixeron descender nun 25 por cento o PH dende o principio da industrialización. A acidificación contribúe á aparición de zonas mortas no mar.

  13. oscaralvarez.aso.1b di:

    A acidificación afecta aos corales xa que está causando un grave dano ambiental,debido a que moitos organismos mariños dependen da concentración de certa cantidade de compostos do carbono para a formación das cubertas celulares.
    A morte dos arrecifes de coral pode afectar á navegación xa que estes arrecifes convírtense en rocas e se hai un aumento desmesurado das rocas oceánicas, poderían presentarse encallamentos cercanos á costa por cambio de profundidade, ou causaría, por acumulación excesiva de sedimentos que zonas antes navegables de maneira natural necesiten de dragados para seguir sendo navegables.
    Tamén afectaría no campo do estudo da oceanografía, xa que cambiaría o comportamento químico do océano así como o nivel de sedimentación.
    Nas construccións costeiras tamén xeraría problemas xa que aumentaría o nivel de salinidade do mar facendo que moitas construccións, como os peiraos invirtan gran cantidade de diñeiro para o seu mantemento e a corrosión sería moitísimo máis notoria nestas.

  14. mariacmaq.aso.1a di:

    As emisións de dióxido de carbono (CO2) non só contaminan o aire que respiramos, sinon tamén ocasiona a acidificación do mar e de oceános, un proceso que non só destrúe corais e moluscos, senón que podería afectar a outras especies mariñas e chegar a acelerar o cambio climático.
    A acidificación, xunto co exceso de nutrintes de nitroxeno,lanzados ó mar polo vertido de fertilizantes agrícolas e residuos industriais contribúe o incremento de zonas mariñas mortas.

  15. lourdesfarina.aso.1b di:

    A acidificación aumenta a cantidade de dióxido de carbono nos océanos provocando que cambie a composición destes. Este exceso fai que aos corais lles coste cada vez máis fortalecer e construir unha nova estructura.

  16. gabriellema.aso.1a di:

    As emisións de dióxido de carbono non só contaminan o aire, senón que tamén provoca a acidificación do mar e dos océanos. Este non só é un proceso que destrúe corales e moluscos senón que tamén pode afectar a outras especies mariñas y acelerar o cambio clímático. Esta acidificación xunto co exceso de nutrientes de nitróxeno, causados por vertidos agrícolas e industriais, contribuen ó incremento de zonas marinas mortas.

  17. sandragarcia.aso.1b di:

    Este post, como o dos golfiños en perigo, pon de manifesto as graves consecuencias da contaminación en xeral, e en especial, no medio mariño. As emisións de CO2 están acidificando o mar de tal maneira que no ano 2050 o 98% da auga do mar será demasiado ácida para que os corais poidan vivir. Outros corais poderán seguir vivos, pero serán incapaces de formar arrecifes. Ademais, se non se comeza a reducir as emisións de dióxido de carbono, os arrecifes de coral comezarán a morrer, aproximadamente, no 2100.

  18. victor di:

    Os arrecifes de coral son o mellor exmeplo para falar de biodiversidade mariña; son o equivalente ás selvas tropicais terrestres. Nas nosas latitudes, de augas máis frías, existe un tipo de ecosistema que se define como o arrecife de coral das latitudes medias; son as praderías de fanerógamas mariñas (“pradería de seba”).
    En que consisten estes ecosistemas?, hai algún nas nosas costas? en que estado de conservación se encontran?

  19. fatimafuentes.aso.1a di:

    De novo, temos un exemplo do que estamos a provocar os humanos. Polo que atopei, parece que se non se lle pon unha solución ós problemas dos arrecifes de coral, xa que son bastantes os factores que inflúen na súa desaparición, acabarán por extinguirse dentro duns cincuenta anos.

  20. fatimafuentes.aso.1a di:

    As fanerógamas mariñas, precisan luz para realizar a fotosíntese, viven entre a superficie e, si as augas son moi claras, como en algunhas zonas tropicais, poden alcanzar hasta 70 metros de profundidade. Absorven o 15% do CO2 de todos os organismos mariños e producen unha elevada cantidade de osíxeno (contribuindo a minimizar os efectos do cambio climático). En Europa existen catro especies de fanerógamas mariñas e as catro están presentas no litoral español: zostera mariña, zostera noltii, cymodocea nodosa e posidonia oceánica. Esta última, que se atopa nas augas do Mediterráneo, parece ser a que máis ameazada está.

  21. elisaduran.aso.1a di:

    Os arrecifes son saíntes ou bancos que forman as rochas a flor de auga. Nas nosas costas hay unha pradería de algas submarina de Marín. Esta pradería en perigo debido os restos das embarcacións deportivas esnaquizadas polo temporal Klaus que se acumularon nos fondos mariños.

  22. victor di:

    Contestade á miña pregunta centrándoos na Ría de Arousa.

    NOTA: O PRÓXIMO XOVES PECHARASE O FORO

  23. silviagarcia.aso.1b di:

    Como todo…un non sabe o que ten ata que o perde…os arrefices son un avance moi grande e moi importante xa que: Si non fora por estas prantas os extensos fondos sedimentarios de area quedarían desprovistos de vexetación semellándose os desertos.
    Viven en superfices de moita claridade xa que necesitan de luz para desrrollarse. Polo que atopei estímase que estas pradeiras cobren aproximadamente uns 600.000 km2 dos fondos mariños someros e son responsables de alrededor do 15% da absorción de CO2 de todos os organismos mariños. Además xeneran una elevada producción de O2, contribuíndo así, de forma natural, a minimizar os efetos do cambio climático.

  24. victor di:

    Fago a pregunta doutro xeito: hai algunha pradería de zostera no espazo natural Umia-O Grove?

  25. rebecapineiro.aso.1a di:

    O Complexo intermareal Umia-O Grove ten extensas superficies intermareais lamacento -areeiras cubertas por praderías de algas (seba)-.
    lnclúe ademais un notable sistema de dunas fixas. Durante o período invernal alberga unhas 13.000 aves acuáticas, polo tanto, é a zona húmida máis importante para as aves en Galicia.

  26. elisaduran.aso.1a di:

    Como ben dixo Rebeca, o complexo intermareal Umia-O Gorve é un ecosistema diverso debido a súa zona húmida que fai que sexa importante pola súa fauna de aves. Nesta zona encontranse diferentes praderías cubertas de algas (seba), unha pradería de zostera.