¿ÁRBORES MECÁNICAS?

imagen

 O mundo da robótica é revolucionario, xa que con ela pode crearse todo tipo obxectos de diversos usos. O novo avance feito esta vez son as “árbores-robot”; este novo invento ten a mesma función ca  das árbores naturais : absorver o dióxido de carbono (CO2), filtrar os contaminantes, expeler aire puro e limpo, limpar o ambiente e axudar á rexeneración da capa de ozono.

Cada unha destas novas árbores ten a capacidade de absorver CO2  e emitir O2 coma 1200 árbores, e filtrar 200 mil m3  de aire cada día; o que semella impensable. Estas árbores naceron a paartir do prototipo PAU-20, e agora só consumen 2,5 Kilovatios por hora e ó redor de 60 litros de auga cada 5 horas; este é un gran consumo de enerxía pero axudan á descontaminación do aire; aínda que  non hai que despreciar os árbores naturais.

Esta árbore foi posible grazas a iniciativa de Nuestra Tierra, unha empresa peruana que busca a conservación do medioambiente através do desenvolvemento tecnolóxico. Estas novas árbores serán “prantadas” en cidades nas que se produza moita contaminación. Actualmente  hainas prantadas en Perú, México, Venezuela, Chile, Estados Unidos e, proximamente, en Madrid e París.

 


 

Autor: Eloy Rodríguez

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to ¿ÁRBORES MECÁNICAS?

  1. victorino.aso.1 di:

    Esta árbore pareceme un dos mellores inventos para solucionar os problemas da contaminación e creo que se vai instalar en todos países que teñen un gran índice de contaminación. O que máis me chamou a atención e que se inventou en Peru e non en Estados Unidos.

  2. miguel.aso.1b di:

    Esta árbore robótica cumpre a función das árbores que consiste en “purifuca-lo aire”, pero non poderían sustituílas por completo, xa que estas árbores robóticas carecen de raíces.
    As raíces das árbores reais evitan que o chan erosione. A erosión é un proceso de sustracción e desgaste do relevo do solo intacto.

  3. lourdesfarina.aso.1b di:

    Como ben dí o video, Lima é unha das cidades máis contaminadas de Latino America producido polos automóviles que desprenden o dióxido de carbono. Esta árbore é unha forma moi intelixente de resolver os problemas de contaminacion que se producen nas grandes cidades.

  4. martinblanco.aso.1a di:

    Sobre o comentario de Victorino, a min non me choca tanto o feito de que sexa Perú o creador desta árbore e non Estados Unidos. Estados Unidos é un país moi rico que consume unha barbaridade, e inventa, maioritariamente produtos explotando moitisimo e ignorando os efectos que estos podan producir no planeta (xeneralizando). Vexo a Perú con menos recursos materiais e económicos e máis sufridores do consumismo e da explotación que é xenerado polos países desenvolvidos. Polo que, a meu parecer, é lóxico que sexa Perú o primeiro en inventar esta árbore antes que Estados Unidos.

    E, agora falando sobre susodita árbore, páreceme máis eficaz destruir moitas edificacións inútiles e prantar milleiros de árbores naturais, que destruir grandes plantacións e construir unha árbore metálica que consume 2 kilovatios por hora e 60 litros de auga cada 5 horas (300 litros de auga nun día)

    De todas formas, paréceme un invento interesante, que pode dar lugar a máis investigacións sobre a limpeza e o mantemento do planeta no futuro.

  5. martincabal.aso.1b di:

    e un invento interesante, pero os arbores non so depuran aire, fan outras funcions na natureza. Non sexamos ignorantes e digamos que a solucion e poñer arbores destes, o que hai e que conzienzarse e empezar a coidar o planeta.

  6. noeliadozo.aso.1a di:

    Totalmente de acordo coas palabras de Corbelle, non digo que non sexa bo invento, pero non temos que pensar que con esto xa se solucionan os problemas que afectan ao planeta.

  7. micaelgarcia.aso.1a di:

    Exacto Corbelle,non son arbores son purificadores,pero purificadores moi útiles xa que en lugar de plantar 1200 arbores nunha cidade é unha tarefa imposíbel pero con estes purificados poderíase reducir nunha inmensa parte un dos problemas medio-ambientais de hoxe en dia.Esta tecnoloxía poderíase espallar o “mundo industrial” e así aportar unha a cada fabrica na que se este a crear polución.
    Se este invento chegase a revolucionar a tecnoloxía actual e se instalase en moitos lugares do mundo, debería instalarse con el un dispositivo para o control da cantidade de oxíxeno que se crea posto que en algún momento poderíase chegar a eliminar demasiado CO2 e crea

  8. sergioagra.aso.1a di:

    Este invento,paréceme moi interesante,pero ainda que poda axudar a descontaminacion do aire e á rexeneración da capa de ozono,este invento presenta un gran consumo de auga e de enerxía.Polo tanto,non estou de acordo coa sua implementación no planeta,e creo que sería mellor que vivisemos con árbores naturais.

  9. victor di:

    Imos por partes:
    -As árbores e, en xeral, os vexetais purifican o aire? Que fan realmente co aire?
    – Credes que esta é a mellor solución á contaminación atmosférica? Credes que estas árbores solucionan o problema e xa se pode seguir contaminando?

    POR CERTO, ESTÁ ABERTO O PRIMEIRO FORO DESTE CURSO (“ciencia, crise e desenvolvemento”)E TENDES 10 DÍAS PARA FACER AS VOSAS APORTACIÓNS.

  10. angelpadin.aso.1a di:

    As árbores non purifican o aire, so absorben CO2 e expulsan O2, mediante o proceso da fotosíntese.
    A mellor solución ó problema da contaminación atmosférica sería diminuír a expulsión de gases á atmosfera, como fan as grandes empresas, os coches, etc.

  11. laracores.aso.1b di:

    As árbores recollen CO2 para realizar as súas funcións vitais, pero farían falta milleiros de árbores para depurar unha non moi grande cantidade de substancias tóxicas vertidas polas industrias.
    Polo tanto, como di o meu compañeiro Martín Corbelle, a solución ós nosos problemas ambientais non é ese árbore mecánico senon a implicación de todos no coidado do planeta.

  12. estelachaves.aso.1a di:

    Os árbores, como sabemos, recollen o CO2 e transfórmano en O2, limpando así este gas contaminante da atmosfera. Pero, a pesar de que propociona numerosas vantaxes no medio ambiente, non é unha árbore de verdade e non pode imitar todos os beneficios que nos aportan éstos. As árobres axudan a regular o quentamento global, son o refuxio de animais e proporciónannos multitude de materia prima, como a madeira. A utilización destas “árobres mecánicas” está ben, pero para intentar paliar o mal realizado polos humanos, é decir, reduciar a cantidade de CO2. Pero non para que unha vez sexa reducido, poidamos seguir contaminando, se non como unha “segunda oportunidade” para que non volvamos estropear o noso planeta como fisemos. Pois os verdadeiros árbores destruiríanse e éste invento non podería substituílos en todas as súas funcuóns.

  13. elisaduran.aso.1a di:

    Os vexetais purifican o aire en certo sentido, pero non literal. Mediante o proceso de fotosintesis,a planta a partir da luz solar, do dióxido de carbono e das sales minerais,crea a savia coa que obten enerxia, e despois emite vapor de auga e osixeno; e con este proceso podese considerar que purifica o aire.

    Sobre a segunda pregunta, opino que é unha axuda para o medio ambiente, pero non é a solución final para a contaminación atmoférica e podese seguir contaminar en exceso por esta axuda.

  14. mariamcosta.aso.1b di:

    As árbores, e en xeral os vexetais, absorven o CO2 e expelen osíxeno, que nós precisamos para respirar. Por iso, poderíamos dicir que efectivamente purifican o aire. Este invento paréceme moi útil e de unha gran axuda no coidado do medio ambiente, e é un bo remedio para reducir a contaminación. De todas maneiras, estou de acordo con Sergio en que ao consumiren tanta auga e enerxía no se debería abusar do seu uso.

    Respecto á segunda pregunta, estas máquinas purificadoras non solucionan o problema: simplemente axúdannos a acabar con el. Penso como Estela: debemos ver como unha nova oportunidade para “volver a comezar”, e non malgastala, nin durmirnos nos laureis.

  15. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Eu quero dicir que con este post non quero que pensedes que as árbores naturais son peores ca estas artificiais. O que quero dicir é que grazas a elas podemos contar cunha axuda para eliminar a contaminación, e que ademais, estas novas árbores fannos reflexionar sobre o cambio climático e facer ver a xente ata que punto necesitamos eliminar a contaminación que precisamos axuda das máquinas, e para demostrar que as máquinas non só contaminan, senón que tamén poden axudar a solucionar o problema.

  16. victor di:

    Tendes razón; as árbores realmente non purifican, senón que para nutrirse trasforman a H2O e o CO2 en glicosa e O2.
    Pensade que hai que loitar contra a contaminación tratando de impedila, non despois de producila.
    Tendes información sobre o sistema de depuración que utilizan estas árbores?

  17. elisaduran.aso.1a di:

    A PAU-20 intenta imitar artificialmente a fotosíntesis e convertir as particulas de CO2 a O2.Tamén procesa o óxido nitroso e o óxido sulfuroso e reten particulas como o carboncillo, a arenilla, o asbesto das pastillas dos frenos dos coches e ata caucho producto do desgaste das llantas. De todo esto,
    soe producirse o aire puro, coa composición típica: 80% de nitróxeno, 2o% de osixeno, e outros gases en porcións moi pequenas.

  18. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Entrando tarde no pequeno debate que se está a levar a cabo a partires do bó post de Eloy, quería facer mención a que este é, por suposto, un grande invento, pero a parte de darnos unha mínima esperanza de que estamos a tempo de salva-lo planeta con pequenos xestos, tenos que concienciar que non pode solucionalo todo unha máquina, xa que, como (valga a redundancia) máquina que é, necesita alimentación para funcionar, que tamén se saca de medios naturais dos que estamos carecendo. Esto convertirase nunha cadena viciosa da que non poderemos saír se deixamos en mans destes robots todo o traballo.

  19. manuelsomoza.aso.1a di:

    O penso que non por poseer moitas destas arbores robóticas e se cambie o aire CO2 por O2 vaiamos a atacar o problema da continimación de raíz, para min é moito máis importante atacar o problema pola raíz. Polo tanto temos que emitir menos gases CO2 á atmosfera, un bo comezo sería respetar o protocolo de Kioto, todos estamos implicados, cada un na súa certa medida, porque realmente os perxudicados somos todos, tanto ricos coma pobres…

  20. cristinagesc.aso.1a di:

    Estou totalmente de acordo con Sofía, xa que, as máquinas facilitanlle moito o traballo as persoas pero para facelas necesíntanse moitos cartos e estamos en crise.
    Tamén, xa que estamos en crise e moita xente está no paro, as máquinas quítanlle moito traballo as persoas.

  21. noeliavazquez.aso.1a di:

    Eu estou dacordo xa que ainda que este sexa unha axuda non podemos pretender que isto nos solucione os nosos erros,do que temos que concienciarnos e de que temos que intentar coidar o noso planeta e deixarnos de estar a buscar máquinas que solucionen os nosos problemas humanos.Con isto non estou decindo que se deixen de producir ,pero non as debemos usar como solución.

  22. manuelsomoza.aso.1a di:

    Respecto o teu comentario noelia, o que eu pretendía dicir é que sí o debemos utilizar como solución, pero non como a base da solución.
    Tampouco hai que olvidarse de que aínda que o CO2, é un dos causantes do efecto invernadoiro, o efecto invernadoiro é beneficioso para a vida, é mais, sen el non habería vida na terra xa que este fenómeno permite a retención de calor recibida polos raios do sol.

  23. fatimafuentes.aso.1a di:

    Eu penso que esta árbare é un gran invento pero, como xa comentaron algúns compañeiros, non debemos confiarnos e pensar que é a solución do grave problema da contaminación: Por un lado, por moitas árbores que se poñan, non serán suficientes para contrarrestar completamente todo o mal que xa fixemos, polo que aínda que poden servir de gran axuda, segue estando nas nosas mans e formando parte da nosa responsabilidade, o feito de evitar, polo menos, contaminar aínda máis.
    Polo outro, o emprego destas árbores require un elevado consumo de enerxía (como por exemplo, auga), motivo polo cal, tampouco sería moi bo abusar destas árbores.

  24. victor di:

    Esta solución está pensada para utilizar en casos extremos de cidades que padecen unha gran contaminación atmosférica, como no caso de Lima. A que é debida a contaminación atmosférica en Lima?

  25. fatimafuentes.aso.1a di:

    Dase por diferentes factores: O máis importante parece ser o transporte público, xa que según o Dr. Chirinos, director do departamento de ecoloxía da SPDA (Sociedade Peruana Do Dereito Ambiental),un 80% da contaminación é debida a iso. E en segundo lugar, considéranse ás fábricas como outra das causas máis relevantes deste feito.

  26. elisaduran.aso.1a di:

    O relativamente pequeno automotor, unidad ferroviaria autopropulsada, de Lima é o principal contaminante desta cidade debido a sua antigüidade.

  27. noeliavazquez.aso.1a di:

    En Perú ao igual que en outros países a contaminación ambiental está asociada coa extracción e transformación dos recursos naturais.
    Esta contaminación de aire comezou nos anos 50 e 60 co “boom”das harineras de peixe

  28. victor di:

    NOTA: O PRÓXIMO XOVES PECHARASE O FORO

  29. silviagarcia.aso.1b di:

    Eu vexo esta árbore como un avance, xa que en diferentes lugares por motivo da tala estase aumentando a cantidade de CO2 en proporcións moi elevadas, non se pode olvidar un da paisaxe que dia a dia o home está destruíndo e menos coa escusa dunha arbore de mentira…que fai a mesma función pero que non e mesmo. A causa da contaminación e das cantidades elevadas de polvo en suspensión,ademáis a humidade de promedio da terra aumentou nun 4% nos ultimos 30 anos. Perú perdeu o 22% dos glaciares e, como consecuencia diso,quedouse sen o 12% das fontes de auga dulce.