Bebés espaciais

imagen

Algo que preocupará á humanidade nun futuro cada vez máis próximo, será o feito de procrear fóra da Terra, é dicir, ampliar a nosa especia cara outros mundos.

 Investigadores australianos puxeron en práctica un experimento para comprobar se ter fillos no espacio sería posible. Para isto, simularon condicións de gravidade cero para estudar o comportamento das células nai embrionarias (das que xa coñecemos máis grazas ao post de Micael) e nelas, observaron comportamentos adversos.

 Un deles, é o de que debico á microgravidade á que estaban sometidas, as células xeraron máis proteínas degradantes dos ósos que antioxidantes. Tamén se comprobou que este estado de microgravidade afectaba na división celular, aos músculos, ao esquelete, etc. Estes efectos negativos débense á pouca adaptación a calqueira medio dos embrións. Como en toda investigación científica, estase intentando buscar unha solución a estes efectos “secundarios” pero, así e todo, ter fillos “espaciais” non é de todo malo, pero si, moi pouco recomendo.


Autora: Sofía Oliveira

Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Evolución, Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Bebés espaciais

  1. noeliadozo.aso.1a di:

    Despois de ver o vídeo deste post, quédome coa idea de “emigrar” a outro planeta por si algún día volve impactar contra a Terra un meteorito ou algo semellante e nos extinguimos como lles pasou no seu día aos dinosaurios.
    Pero as outras especies que conviven con nós na Terra que?Non entendo por que só se pensa na especie humana e non no resto. Creo que non poderiamos vivir do mesmo xeito se só existisemos nós.

  2. micaelgarcia.aso.1a di:

    No caso de que un meteorito impactase contra a terra e tivesemos que “migrar” tamén estariamos obrigados a levar con nos unha “arca de Noé” propia, posto que sen o resto de especies seria imposible sobrevivir, certo é que solo levariamos as especies que nos produzan certo tipo de beneficios como as que nos proporcionan alimento ou medicamentos.Pero non seriamos os únicos.

  3. paulacnine.aso.1b di:

    eu estou de acordo coas miñas compañeiras,creo que temos que ter enconta todo, porque ainda que agora pensemos que da igual nalgun momento encontraremosnos sos e sen saber que facer debido a que nn teremos que comer, e acabremos con nos mesmos.
    Pero tamen teño en conta que seria un gran avance.

  4. oscaralvarez.aso.1b di:

    Concebir un ser humano no espacio pode ser moi perigoso. Hai varios efectos secundarios que se dan no momento do nacemento ou que poden darse no crecemento que impedirían levar unha vida en condicións normais a ese humano.
    O efecto da microgravidade no crecemento dun embrión pode ser similar ao de un adulto pero os adultos teñen a capacidade de adaptarse a algúns ambientes de falta de gravidade mentres que se descoñece cómo pode adaptarse un embrión ao mesmo entorno. Os investigadores creen que o embrión podería sofrer danos óseos, alteracións nos vasos sanguíneos e no corazón e retraso no crecemento neuronal.
    Inda así moitos investigadores afirman que a procreación humana no espazo é inevitable e que os seres humanos vamos a ter que consideralo nun futuro non moi afastado.

  5. mariamcosta.aso.1b di:

    Eu creo pouco probable que, en caso de que se producise unha migración masiva a outro planeta, a causa fóse o impacto dun meteorito. Dígoo porque se impactase un meteorito do tamaño do que se cre que extinguiu os dinosaurios, produciríase unha catástroe tal que dubido que estivésemos en situación de organizar unha migración espacial. Se caíra no mar, o maís probable, as consecuencias dos tsunamis e maremotos sería catastróficas. E se caíse na Terra, de todas maneiras as consencuencias serían sumamente destructivas, comezando porque probablemente crería unha onda electromagnética que destruiría as telecomunicacións, e a nube de polvo taparía a luz solar. Así que o único que se podería facer sería detectar o meteorito antes de que impactase e buscar unha solución.

  6. estelachaves.aso.1a di:

    Dende o meu punto de vista, a idea de ter bebés no espazo non se realizou para que as persoas que estamos na terra sobrevivamos, necesitamos do noso planeta para facelo. Se non que se plantexou a idea de concebir un neno que se poida adaptar ás condición do espazo: gravidade, desorientación… e facer así que se conserve a nosa especie, pero con algún que outro cambio, que poderían acabar sendo mutacións. Entón isto sería un paso para a evolución da nosa especie, deixando atrás a esos imperfectos humanos que precisan do osíxeno para sobrevivir.

  7. miguel.aso.1b di:

    Se o ser humano atopa un planeta ao cal emigrar en caso de catástrofe, quere dicir que o planeta en cuestión reunirá as calidades propicias para albergar vida. O que significa que é moi probable que exista fauna e flora nese planeta. Isto significa que polo dagora é prioritario investigar nos embrións humanos a efectos de posibles emerxencias.

  8. mariajblanco.aso.1a di:

    Eu comparto as opinións das miñas compañeiras e compañeiros. Non solo estamos nos no planeta, senon que todo un ecosistema no que o desaparecer ou faltar algunha especie a vida das demais especies vense moi afectadas e creo que estes estudos terianse que facer con todas as especies. Porque desde o meu punto de vista este estudo non teria sentido si non temos un ecosistema no que vivir.

  9. lourdesfarina.aso.1b di:

    É un estudo que hai que ter en conta as demais especies. Nós non poderíamos vivir sen outros animais.
    Estou completamente de acordo co comentario de María Mariño. Se se detectase un meteorito o que se podería facer e destruilo antes de que chegase a atmosfera. Do contrario, se impactara na Terra as destruccións serían moi importantes.

  10. karinamendez.aso.1b di:

    Comparto a idea da miña compañeira Maria; penso que o ser humano depende de moitos factores para poder sobrevivir, e si se da a casualidade de que tivesemos que emigrar a outro planeta, primeiro teríanse que facer moitos estudos para confirmar de que ese planeta ó que vayamos pode chegar a cumplir todos os requisitos posibles para poder vivir nunhas condicións axeitadas.

  11. ateneaprado.aso.1b di:

    Eu penso que se este descubrimento se se leva a cabo podería ser un gran descubrimento para a humanidade.Pero antes deberíanse realizar numerosas investigacións para estar completamente seguros de se os bebés non sufririan ningun tipo de danos ben sexan físicos ou mentais,porque se fora asi nn se debria realizar.Por iso e q desde o meu punto de vista creo que se debería levar a cabo para así poder seguir procreando a nosa especie noutros planetas.

  12. mariacmaq.aso.1a di:

    Eu tamén comparto as opinións cos meus compañeiros e compañeiras. Non podemos esquecernos do resto das especies xa que sin elas non existiria a vida e nos non seríamos nada asique seria convinte que tamén fosen estudadas.

  13. emmanuelfj.aso.1b di:

    Deixando atras o tema Deep Impact, respondendo ó comentario de micael, se atopasemos un novo planeta no que vivir, como xa e sabido, non sería no noso sistema solar, polo que a mudanza masiva cara a outro planeta duraría demasiado tempo, o suficiente como para que todos os habitantes do viaxe morresen, e polo tanto habería que procrear porque se non sería unha viaxe en vano polo cal, a idea por un lado un tanto “rara” de ver que pasase co caso dos bebes espaciais non sería tan descabelada inda que quizas este tema non faga falla tratalo xa que hai outros temas mais importantes que a ciencia debería tratar.

  14. noeliafv.aso.1b di:

    Non só debería pensarse na idea da reprodución humana fóra da Terra senon tamén probar estas teorías con distintas especies animais e vexetais que permitisen observar os diferentes resultados. A idea de ter que emigrar a outro planeta parece lonxana, pero realmente pode ocorrer dentro de 100 anos, un tempo relativamente curto, e para se iso ocorre deberíamos estar previdos e coñecer todas as posibilidades que se nos presentan.

  15. migueltrigo.aso.1a di:

    No post falase de concebir bebés no espazo, pero a idea seria para emerxencias, porque no caso de que tivesemos que emigrar da terra, non sería ó espazo, senon que iríamos a outro planeta con condicións semellantes, e dicir, con gravidade semellante.Asi que non creo que tivesemos problemas excepto en emerxencias de partos en viaxes no espazo.

  16. eloyrdaporta.aso.1a di:

    É certo que emigraríamos a outro planeta no que se derán unhas condicións similares a do noso planeta, pero ese planeta “non está aquí o lado” senón que pode estar a miles de anos luz. Outro planeta habitable podería ser o que nos presentou Lara no outro post, pero ese planeta está a miles anos luz da Terra, e nin os seres humanos vivímos tanto tempo, nin podemos viaxar a esas grandes velocidades. Este post está moi ben porque nos fai reflexionar sobre o futuro se ocorrese unha catástrofe na Terra, similar a dos dinosaurios.

  17. victor di:

    POR CERTO, ESTÁ ABERTO O PRIMEIRO FORO DESTE CURSO (”ciencia, crise e desenvolvemento”)E TENDES 10 DÍAS PARA FACER AS VOSAS APORTACIÓNS.

  18. victor di:

    Somos unha especie, como as demais, en constante evolución e, a diferencia doutras o noso modo de vida variou tanto nos últimos 30.000 anos que o tipo de vida actual xa non nos resulta moi saudable. Por vivir nunha sociedade tan tecnolóxica e polo constante deterioro do medio ambiente deste planeta, poderiase dar o caso que nun futuro non moi lonxano tivésemos que comezar a vivir en estacións espaciais que se podería encontrar na Lúa, en Marte…
    Que suporía para o ser humano este cambio?

  19. taniagonzalez.aso.1b di:

    A microgravidade é un estado no cal a única forza que actúa e a gravidade, é o estado no que se encontra as naves que orbitan arredor da terra.

  20. elisaduran.aso.1a di:

    Creo que esta hipotesis é demasiado arriegada a ter opinións seguras do que implicará este cambio e se chegaría a ocurrir. Hoxe en día, os astronautas teñen moitos meses de preparación para a vida no espacio e considérase unha dura e, inconcebiblemente, cómoda como para chegar a establecer a vida ahí. Considero que a tecnoloxía aínda ten que avanzar moito para chegar a poder vivir en estacións espacias e isto supondría un gran cambio en a todos os niveis posibles.

  21. manuelsomoza.aso.1a di:

    Eu creo que sería practicamente imposibel vivir en estacións espacias, xa que existen multitude de problemas. Entre eles unhas plataformas tan grandes para que quepa a humanidade, porque senon había un problema de eleccións das persoas que poidan ou non poidan ir.Exiasten moitisimos máis problemas como a producción de osíxeno, imprescindibel para a no vida. Necesitariamos ademais toda a natureza cos seus ecossitemas animas, xa que todos xuntos estamos estables mediante un gran equilibro, un exemplo é as aves que despasitan a pel dos elefantes e a cambio os elefantes danlle alimento.