O noso consumo de recursos está superando a capacidade do planeta para abastecernos.
WWF lanzou esta semana, a nivel mundial, o seu “Informe Planeta Vivo 2010” -un informe publicado cada dous anos sobre a situación ambiental dos ecosistemas da Terra e do impacto que os humanos exercemos neles-.
Nesta edición, as conclusións que se sacaron foron que a saúde dos ecosistemas diminuiu un 30% e a Pegada Ecolóxica global (que mide a demanda da humanidade sobre os recursos naturais) duplicouse. A organización continúa a dicir que é imprescindible esforzarse para cambiar o modelo enerxético actual se queremos deixar de vivir máis alá do que os límites da Terra nos permiten.
O consumo mundial de recursos superou tanto a capacidade rexenerativa do noso planeta que se necesita ano e medio para rexenerar os recursos utilizados só no ano 2007.
Se continuamos coa actual xestión tradicional, a humanidade necesitaría dous planetas no 2030 e casi tres no 2050 para satisfacer as súas demandas. Emiratos Árabes Unidos é o país con maior Pegada Ecolóxica do mundo, mentras que España ocupa o décimo noveno lugar. En relación á poboación española necesitaría, hoxe en día, 3 Españas e media para satisfacer demandas de recursos e para absorber o CO2 emitido.
Imaxes: wwf.es, biologiamyblog.wordpress.com/2010/03/20/ecologia/
Autora: Rebeca Piñeiro Bugallo
Este é un dos problemas máis gordos da humanidade. Fora das fronteiras e funcionando como mundo, temos que poñerlle freo a tanta contaminación e tanto consumismo, de todo tipo, xa que os envases e as bolsas nos que veñen certos artículos que mercamos, tamén contaminan, e polo tanto, favorecen a este mal desenvolvemento do planeta.
Ben é certo que entran e xogo factores de política nos que xa é moi difícil entrar, pero tamén sabemos que con pequenos xestos ao noso alcance, poderiamos evitar moitos problemas.
O problema da sociedade é que fai oídos xordos, e parece querer evitar e ignora-la realidade.
Darémonos conta do perigo cando esté enriba de nós e non haxa maneira de solucionalo, nin cartos para mercar eses mundos a máis que farían falla.
Rebeca góstame o teu post, sen dúbida o impacto ambiental que os humáns estamos a facer na Terra é cada vez máis preocupante, e cada día aparecen informes, noticias, estudos… nos cales se ve claramente a basura de planeta que estamos creando, pero segue sen facer efecto na xente, xa que calquera humán sabe o estado no que se atopa a Terra, pero as solucións que se tentan por nunca son suficientes, e canto máis tardemos en pensar posibles solucións máis difícil será arreglalo.
No “Informe Planeta Vivo 2010”, cítase a pegada ecolóxica como unha das principais causas deste problema, pero tamén se fai referencia á pegada hídrica, que mide o consumo de auga empregada en cada país. O informe destaca o importante volume de auga contida nos bens e produtos agrícolas, o que se denomina “auga virtual”,é decir,neste concepto non só se inclúe a auga que bebemos, senón tamén a que se emprega para a fabricación de determinados productos. Así pois, tomando un café con leite e azúcar, o consumo de auga virtual pode chegar a 200l, xa que se inclúe o cultivo, a transformación e o transporte.
Credes que desde Cambados podería actuarse a algún nivel para solucionar algún dos problemas que se apuntan neste post?
Dende logo que si.
Todos podemos colaborar con pequenos xestos para mellorar as condicións do noso planeta.
Reciclando, reducindo o consumo da agua, etc, podemos aporta-lo noso gran de area, que se convertirá en montaña, se todos nos concienciamos e colaboramos.
Todo está nas nosas mans.
Na miña opinión unha das primeiras tarefas que se deberían facer é a de concienciación, xa que non todo o mundo lle fai caso ás noticias, crendo que son tonterías e exaxeracións dos ecoloxistas, principalmente a xente maior. Por iso sería importante concienciar á xente do que estamos a vivir e a partir de aí cada persoa aportar pequenos xestos.
Eu creo que si. Todos temos que poñer da nosa parte. Por exemplo a acción de reciclar. Non rendirse aínda que os veciños non reciclen. Polo menos algo sempre se axuda.
Soobre todo concienciar aos xóvenes, xente coma nós. É incrible pasar un domingo polo paseo de cambados. Está todo cheo de cristais, bolsas… Todos debemos coidar o noso planeta
Tanto en Cambados como en calquer outro lugar podemos axudar a frear esta catástrofe, o reciclaxe é unha das moitas maneiras de axudar.
O máis importante sería concienciar á xente para que se dese conta da gravidade do problema, que como ben dicía a miña compañeira Sofía, moitos fan oidos xordos.
Outro dos problemas que temos e que facemos un consumo de auga exagerado, deberiamos pechar o grifo sempre que non sexa estrictamente necesario.
Tamén toda a basura que hai polas nosas rúas, especialmente nas fines de seman, e que sempre acaba chegando o mar.
Todos deberiamos darnos conta da gravidade de estos problemas, temos que coidar o noso planeta.
E como pode actuar algún de nos para que as persoas actuen de xeito máis ecolóxico?; é dicir, como se pode achegar un cambadés á sociedade para tratar de cambiar os comportamentos antiecolóxicos?
Como diciamos antes, a concienciación é moi importante, pero moitas veces deberianse tomar medidas máis estrictas, eu creo que se debería multar á xente que tira a basura á rúa.
Tamén sería interesante facer campañas de reciclaxe, especialmente nas novas xeracións
Lara. eu comprendín as vosas propostas, pero o que vos pregunto agora é como facelas chegar á sociedade (por tuenti, asociándonos con outra xente que pense igual, a través dun partido político…), como?
Eu creo que o mellor para que isto chegue a sociedade e por medio de internet; por medio de foros, de blogs, de eventos de tuenti… pouco a pouco ir concenciando a sociedade. Tamen por medio de anuncios publicitarios ou incluso que persoas relevantes como politicos, cantantes, actrices… deran a súa opinión e alertaran da gravidade da situación e mostraran metodos sinxelos que cada un pode facer para que de algún modo, poder mellorar un pouco esta situación.
Un dos problemas máis grandes que nos afecta actualmente é a falta de concienciación ,da maioría da sociedade,para o coidado do medio ambiente.Problema que estamos pagando e que pagarán os nosos descendentes.
Non realizar un mínimo esforzo para coidar o medio ambiente e o egoísmo ao non pensar nas consecuencias que lles quedarán aos nosos fillos e netos, son actitudes bastante predominantes na sociedade de hoxe en día.
A especie humana diferénciase das outras por ter intelixencia, o problema e que ás veces ese factor favorable non se aplica de modo axeitado.
O concienciamento da sociedade é fundamental para paliar os problemas ambientais.
A nivel cambadés,eu, comezaría por crear unha asociación ecoloxista que cos cartos que lle virían proporcionados por organismos maiores, comezase, con feitos, a remediar os problemas ambientais que nos rodean.
Como xa comentaron as compañeiras, o gran problema que temos é debido á falta de concienciación que existe na sociedade. A pesar, de que se fan grandes campañas para que a xente entre en razón, é moi difícil facela cambiar de actitude. Penso que os xóvenes estamos bastante ben informados deste problema, porque xa dende pequenos, nos explicaron o importante que era coidar o medio, e tamén as graves consecuencias que pode traer todo isto, pero a xente maior, aínda que ve as campañas de mentalización, a información no telexornal… pensa que é un problema que aínda está moi lonxe e que son esaxeracións.
Eu opino que a xente non o toma en serio porque a pesar de todo, está mal informada. Por outro lado, como sucede con moitos temas, non se lle da importancia, ata que ocorre unha desgracia. Penso que éste, é un problema que afecta a tódalas ideoloxías e o que precisa a xente é algo que a motive para actuar, polo que para min, gran parte da solución deste problema está nas mans dos políticos: deberían facer leis máis estrictas respecto a isto e deberían buscar unha maneira máis atractiva de mentalizar á xente, e non deixalo en repartir folletos, que ó final, ninguén le.
Sería moi difícil ,a verdade, cambiar os hábitos da xente, as persoas maiores non se van a poñer a reciclar a estas alturas… pero os xoves si, deberiase fomentar un comportamento mais ecolóxico a través de actos públicos, anuncios televisivos, redes socias….
Eu creo que non nos fan falla máis planeta do que temos.A xente ten que deixar de ser tan ambiciosa e conformarse con menos porque nun futuro seguro que todo o mundo vaise arrepentir de non ser precavidos no presente.
Si contaminamos menos no habrá cambio climántico e moitas cosas cambiarían ou non sucederían.
Eu non estou dacordo con Lara xa que non arreglamos nada con impoñer sancións. O que hai que facer e concienciar a xente, e non obligala a que tomen conductas que só as fan na rúa por medo a represarias.
Unha boa forma de chegar ese mensaxe ,sería que persoas con prestixio, e decir, queridas pola xente como poden ser políticos, actores ou calquer outro desen exemplo.
Pois claro, estando dentro de organizacións que estén a prol de coidar o medio que nos rodea (greenpeace, xoves verdes,…) ou mantendo contacto con elas. Tamén axuda que o partido político que goberne o teu pobo teña en conta accións ecoloxístas na súa zona, facendo campañas, coidando o pobo, falando cos centros de ensino aproveitando que teñen contacto directo ca mocidade do pobo…
Todos podemos contribuir a coidar o medio no qe vivimos de diversos modos: individualemente cambiando pequenas cousas da vida cotia, en asociacións a favor da ecoloxia mundialmente coñecidas, como greenpeace, ou o GECMA, grupo de ecología científica de Espeña, a nivel de comunidad autonoma, ou Inter Natura por exemplo o nivel de España; despois por redes socias como facebook ou tuenti podemos encontrar diferentes paxinas ou eventos relacionados con este temas, o mediante a educacion da xuventude, como se propon esta asignatura, e dos máis pequenos. Como se observa nesta enumeración, hay moitos modos de contribuir a esta importante acción.
Os ecoloxístas afirman que as especies invasoras causan danos irreversibles nos ecosistemas: que son as especies invasoras?, cal é o seu impacto sobre o medio?, coñecedes exemplos na nosa comarca?
As especies invasoras son animais, plantas u otros organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fora da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión onde resultan dañinas,xa que cambian a composición e estrututura dos ecosistemas naturales poñendo en perigo a diversidade biolóxica.
Ademais de impactos biolóxicos, como o de cambiar a composición e estrutura dos ecosistemas naturais como di a miña compañeira Mari, as especies invasoras teñen outros tipos de impactos, tanto de tipo económico coma na saúde.
No que se refire a os impactos de tipo económinco, as plagas exóticas son as responsables de grandes perdas económicas debido ó dano xerado en diferentes tipos de producción. Ademáis tamén ocasionan o custo derivado de controlalas ou erradicalas do lugar invadido.
En canto a impactos na saúde, existe cada vez un risco maior de enfermidades exóticas debido ao aumento do transporte e á invasión por parte dos seres humanos de hábitats que antes estaban afastados. Isto pode levar a asociacións con enfermidades novas.