a “SUPER-PATATA”

 

imagen

 

Poucas veces na historia aparece un alimento que sexa tan importante na nosa vida e non nos demos conta de que sen el cambiaría a nosa dieta completamente. Este é o caso da patata, un alimento básico na nosa dieta. O profesor David Levy da facultade de Agricultura da Universidade de Jerusalén, Israel, creou despois de estudar as patatas durante 30 anos, unha nova especie de patata que sobrevive nas peores condicións posibles, e que ademais pódese regar con auga salgada.

Esta nova especie é revolucionaria, xa que este novo tipo de tubérculo axudará os agricultores de todo o mundo, e en maior medida os agricultores de Exipto, Jordania, o Líbano e todos os demais países que sofren climas extremos, porque grazas a esta patata os agricultores poderán ter as súas propias colleitas, e non só iso, senón que tamén as poderán vender os seus productos a outros países, e isto fomentará as súas relacións e aumentar a súa economía. Esta patata poderá así axudar a extinguir a fame no mundo, e axudar os países máis atrasados a desenvolverse.


Autor: Eloy Rodríguez

Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos, Biotecnoloxía e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to a “SUPER-PATATA”

  1. micaelgarcia.aso.1a di:

    Este artigo é moi interésate,moi boa elección Eloy. Pero non estou de acordo totalmente con el, posto que a opción que aporta este produto de estender a pataca non dará lugar a poder comercializala en grandes cantidades, posto que todo o mundo poderá cultivala a demanda baixara e a oferta subira. Se alguén a chegase a vender seria por un prezo baixo comparado cos de hoxe en dia(Todo isto vai referido a comercio internacional).

  2. cristinagesc.aso.1a di:

    Estou de acordo con Eloy, a pataca na nosa dieta é fundamental aínda que eu penso que non se debe comer tantas patacas como comemos e menos fritas, eu combinaría a nosa dieta con arroz.
    Sobre esa pataca da que nos fala Eloy, sería un bo invento porque hai xente, nos países subdesenvolvidos que creo que nunca comeron unha pataca e se esta nova pataca, como di o profesor David Levy, se da nas circunstancias citadas por Eloy, creo que en calquera lugar da terra se podería cultivar e así darlle a oportunidade a esa xente (dos países subdesenvolvidos) de comer patacas.

  3. taniagonzalez.aso.1b di:

    Un tubérculo é un tallo subterráneo modificado e engrosado onde acumúlanse os nutrientes de reserva para a planta.Posee una xema central e de forma plana e circular e non posee escamas nin calquer outra capa de proteción, nin tampouco emite hixuelos.

  4. taniagonzalez.aso.1b di:

    Un tubérculo é un tallo subterráneo modificado e engrosado onde acumúlanse os nutrientes de reserva para a planta.Posee una xema central e de forma plana e circular e non posee escamas nin calquer outra capa de proteción, nin tampouco emite hixuelos.

  5. joseachaves.aso.1a di:

    Eu creo que a entrada de Eloy é moi boa para saír da crise o antes posible se se pon na práctica.
    Está claro que eses 30 anos estudiando as patacas non foron tirados, porque un descubrimento así hai que conseguir que todas as persoas sepan esa maneira de aforrar os cartos e non sufrir a fin de mes.

  6. miguel.aso.1b di:

    Antigamente eran as castañas o alimento qe acompañaba os pratos. Dende que se descubriu a patata, o consumo deste tubérculo foi un exito no mundo occidental.
    O que máis me chama a atención deste novo produto e a capacidade qe ten de poder ser regado con auga salgada, xa qe supón un grande avance para a agricultura, quizais nuns anos a maioría dos alimentos cultivados na terra poidan ser regados con auga salgada.

  7. martinblanco.aso.1a di:

    Paréceme demasiado esaxerado o comentario anterior publicado polo meu compañeiro Antonio. Non creo que sean as patacas a maior dificultade para chegar a fin de mes dunha persoa, tampouco creo que vaian a sacarnos desta críse ecónomica que sufrimos actualmente. Estas investigacións son útiles, pola modificación das sementes e plantacións, a transxénese, un campo en constante investigación, xa moi difundido por todo o mundo en diferentes plantacións, permitindo vantaxes no comercio e na cantidade / variedade de produtos, o malo e que se están a perder pouco a pouco as plantacións tradicionais e naturais. Pero a tranxénese pode chegar a ser perigosa, en diferentes ámbitos: Un deles, é o perigo medioambiental, xa que a transxénese supón o uso de productos químicos na terra, o que supón a destrución doutras plantacións tradicionais, non preparadas para dito produto químico. Algúns transxénicos poden ser perigosos para a saúde, sospéitase que poden ser daninos (a largo prazo), podendo xerar alerxias, tumores canceríxenos e incluso pode facernos resistentes a antíbioticos que podemos consumir. Incluso pode ser unha amenaza económica, dado que o desarrollo destas sementes está en mans dunhas poucas empresas, que controlan totalmente a venta destas sementes, e poden elaborar estratexias para sacar moito máis proveito a súas ventas, como por exemplo sementes transxénicas que fan que a planta morra cada 5 meses, obligando aos donos comprar estas sementes de novo.

  8. victor di:

    Comecemos polo pricipio: que nos aporta a patata a nosa dieta para facela tan interesante?
    Que outros alimentos fan un aporte alimenticio semellante á patata?

  9. martinblanco.aso.1a di:

    Se non me equivoco, a patata é un alimento rico en proteínas e vitamina C, pero sobre todo está formada de carbohidratos (almidón). Alimentas similares son, a maioría de legumes, que teñen moita proteína e moitos hidratos de carbono, como o garbanzo, a xudía…

  10. victor di:

    Martín, sobre todo aporta carbohidratos; o resto neste caso é secundario. E porque son importantes estes compostos?

  11. cristinagesc.aso.1a di:

    Os carbohidratos, tamén se chaman glícidos, constitúen un dos tres primcipais grupos químicos que forman a materia orgáncia xunto coas grasas e as proteínas.

    Os carbohidratos son os compostos orgánicos máis abundantes da biosfera e, a súa ves son os máis diversos. Tamén serven como fonte de enerxía para tódalas actividades celulares vitais.
    As funcións dos carbohidratos son: enerxéticas, de aforro de proteínas, regulan o metabolismo das grasas e o estrutural.

  12. victor di:

    Que estratexia posúe este tipo de patata para aceptar a auga salgada para o rego? (consultade estratexias de plantas que viven en medios con auga salgada ou salobre ou en plantas de duna)

  13. martincabal.aso.1b di:

    As plantas que viven en medios salados utilizan distintas tecnicas, algunhas teñen unhas follas e un talo gordo donde acumulan moita auga, que e inmprescindible para depurar a agua do so salino. No deserto as plantas teñen dous distintos modos de enraizamento,un non que alcanzan moi profundas fontes de auga, e outro no que as raizes estan moi preto do da superficie, estas aprobeitan a auga do orballo.teñen follas pequechas pasa non levar a cabo unha excesiva transpiracion e polo tanto desidratacion.As plantas do deserto que viven en medios salgados concentran sal nos seus talos e logo segregano polas follas.

  14. victor di:

    Como se modifica xeneticamente unha patata?

  15. elisaduran.aso.1a di:

    A patata está manipulada nun laboratorio onde se alterou deliberadamente os xenes e, consecutivamente, as caracteristicas da patata, introducindo un xen estrano nos xenes da propia patata e como resultada a patata modificada xeneticamente hereda as características contidas no código xenético.

  16. paulacnine.aso.1b di:

    a patata pode ser manipulada por una mostra dun tuberculo da patata nai, e grazas a iso podeselle engadir ou modificar unha patata que non seria sá, noutra que seria unha boa patata, con vitaminas e que se pode prantar e poidamos obter patatas sás es grandes