O próximo gran avance

imagen

    Médicos de Geron Corporation comezaron a tratar o primeiro paciente con células embrionarias . O paciente sofre unha lesión medular recente e os médicos teñen, como principal idea,  a teoria de que estas células viaxan á zona ferida e axudan ós nervios a rexenerarse. Outro laboratorio está aplicando este método para intentar obter células da retina e con elas a cura contra algúns tipos de cegueira.

imagen

As células nai teñen a capacidade de dar lugar a todo tipo de tecidos e células, aquelas que se extraen de embrións con poucos días de vida, son as máis potentes de todas. Este tipo de tratamento podería revolucionar a medicina coa posible cura de enfermidades como o Parkinson. Os posibles efectos adversos do uso das células nai son a aparición de tumores.


Fontes: El mundo,wikipedia.
Imaxe: “Células  madre” editada.

Autor: Micael García González

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to O próximo gran avance

  1. victor di:

    Recordade que podedes facer comentarios nos tres últimos post e que o anterior aínda pode dar moito de si.

  2. rebecapineiro.aso.1a di:

    Evidentemente todo avance na medicina é importante para todos nós, este paréceme moi interesante pero vese que aínda están a investigar nel xa que non se saben os efectos que estas células poidan ter no noso organismo.
    O que están a investigar é que estas células pódense descontrolar e formar tumores, como observaron nun experimento feito fai uns anos cun só paciente, xa que as células que inician un cáncer parécense moito ás celulas nai.

  3. victor di:

    Cando un órgano deixa de funcionar, que ventaxes tería utilizar células nai en lugar un transplante procedente dun donante?

  4. micaelgarcia.aso.1a di:

    Co uso das celulas nai o organo sera 100% compatible, xa que e o teu propio organo rexenerado, en caso de un trasmplante de outra persoa pederiase ocasionar problemas.

  5. manuelsomoza.aso.1a di:

    Pareceme un gran avance para a medicina… Pero o que me desconcerta a min e a forma en que se obteñen esas células, porque para obtelas hai que “matar” o embrión dun ser humano o que pode xerar un debate acerca dos dereitos de ese embrión de temprana idade. Existe un movemento que cree que as investigacións relacionadas coas células nai, viola o que chaman a santicidade da vida e deberían ser consideradas como un asasinato. As ideas fundamentales de aqueles que se opoñen a estas investigacións son a defensa do que chaman inviolabilidade da vida humana e que a vida humana empezaría cando un espermatozoide fertiliza un ovulo para formar unha soa célula.

  6. josuafalvarez.aso.1a di:

    E ampliando os datos do comentario de Micael, coas células nais tamén recompoñeríase máis rápido o órgano.
    Para mín este tema (células nais)e un gran avance científico e que será moi útil e probeitoso nos próximos anos.

  7. victor di:

    Manuel non te metas nun terreo tan pantanoso. O de matar un embrión é moito dicir (xa debatiremos sobre ese tema nun foro). Como profesor de ciencias estou a favor da investigación con células nai pois os beneficios que poden supor os novos descubrimento neste campo significaran unha mellora da calidade de vida que non se pode desperdiciar.

  8. victor di:

    Que se entende por células totipotentes? Só se poden obter células nai a partir de embrións?

  9. samuelmarino.aso.1a di:

    Son células que pusúen a capacidade de producir outros tipos celulares diferentes. E as células nai tamén se poden obter a partir de células xerminais ou por reprogramación directa de células somáticas adultas. Atopei máis formas, pero a súa definición era demasiado complexa, non fun quen de entendelas.

  10. victor di:

    Que quere dicir Samuel co da reprogramación das de células somáicas adultas? Só se poden obter células nai a partir de embrións?

  11. cristinaotero.aso.1a di:

    Unha célula totipotente é a que ten a capacidade de medrar, dividirse e dar lugar a un organismo enteiro, como as células da placenta, que forman as tres capas embrionarias ou cigoto. De momento só se pode obter células nai de embrións, pero estase a estudar a maneira de poder obtelas de outras fontes e de elas a maneira máis prometedora e a reprogramación de células da pel.Este procedemento ten o problema de que esta reprogramación faise mediante uns virus que se usan para modificar xenéticamente estas células e hai certas dubidas de que isto non poida ser problemático para os hipotéticos receptores.

  12. micaelgarcia.aso.1a di:

    Manuel os embrións usados para este tipo de experimentos pertenzen a laboratorios de fecundación artificial e “créanse” co propósito de investigar,non “se mata” a un ser humana tan so son un grupo de células.

  13. manuelsomoza.aso.1a di:

    Coa intención de non meterme nun terreo pantanoso so propuxen un posible problema que podería haber para a continuación de esta investigación, que como persoa de 1º de bach pareceme requete ben que haxa este tipo de investigacións…
    Co meu debido respeto micaelo, os embrións por moito que sexan experimentos dun laboratorio e sexan creados seguen a ser seres humanos… En canto o de matar desculpade meus queridos compañeiros, xa sei que foi un pouco forte a palabra por eso a puxen entre comiñas…

  14. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Como ben apuntou Víctor, o tema de “matar” ou non a un “ser humano” sendo primitivamente un embrión é moi polémico, que tería máis sentido noutro tipo de debate.
    A propósito do post de Micael, dicir que me parece un campo moi interesante da medicina, pero hoxe por hoxe, moi perigoso, xa que se un dos efectos adversos que pode ter, é a aparición de tumores, é, como diriamos coloquialmente, “saír dunha e meterse noutra”.
    Aínda así, confío en que cos avances que teremos nun futuro, poderanse combati-los posibles efectos adversos.

  15. arantxaleiro.aso.1b di:

    Na miña opinión pareceme un gran avance para a mediciña,xa que é importante para nos.Se so se matan unhas poucas células, paga a pena probar este gran avance.

  16. taniagonzalez.aso.1b di:

    As células embrionaria son aquelas que forman parte da masa celular interna dun embrion de 4-5 días de idade e que teñen a capacidade de formar todos los tipos celulares dun organismo adulto.

  17. sarabetanzos.aso.1b di:

    Certamente, é un avance impresionante, xa que son as únicas células que ata o de agora se consideran útiles na investigación de males coma o alzhéimer ou as lesións da médula espiñal. O problema é que para obtelas hai que destruír embrións humáns, algo ó que non todo o mundo está disposto, pero bueno, non me vou a meter nun debate ético.

  18. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Este novo avanze pode aplicarse para curar outras enfermidades aparte do Parkinson, pero o que non entendo deste avance é iso de ter que “destruír” embrións para poder conseguir novas células.
    Desde o meu punto de vista o que se fai é quitarlle a vida a embrións para poder facer a vida doutra persoa un pouco mellor. Eses embrións poderían ser persoas que axudaxen a humanidade e nos as destruimos antes de que nazan. Así detruimos a novas xeracóns para facer que a nova sobreviva uns anos mais

  19. fatimafuentes.aso.1a di:

    A min tamén me parece un gran avance neste campo. Buscando información, atopei que aínda que un gran número de científicos sosteñen que as células nai embrionarias son as únicas capaces de producir todo tipo de texidos do organismo, parece que algúns estudios con células nai adultas, a partir dos cales se obtiveron neuronas, células musculares e células grasas, cuestionan esta afirmación. Este é un tema que aínda se está estudando, pero se chegase a ser certo e, as células nai adultas, tamén puideran producir calquer tipo de texido, o problema ético estaría resolto.
    Persoalmente, penso que é un gran descubrimento, xa que gracias a el, moitas enfermidades, bastante graves, terían cura, pero polo de agora, parece que aínda precisan investigar un pouco máis, para buscar a maneira de evitar os efectos secundarios.

  20. taniagonzalez.aso.1b di:

    O parkinson é un transtorno neurodexenerativo crónico que conduce co tempo unha incapacidade progresiva, producido pola consecuencia da destrucción.
    Esta enfermidade é o segundo transtorno neurodexenerativo pola súa frecuencia,situándose por detrás da enfermidade denominada alzheimer.

  21. victor di:

    Comentario 13: Manuel, non quero que te volvas a dirixir aos teus compañeiros no ton que o fas nese comentario
    Comentario 15: comentario pouco acertado
    Comentario 18: por aí non (ese non é o tema)

  22. victor di:

    Aclarade o que é un xenotransplante?, son actualmente posibles?

  23. samuelmarino.aso.1a di:

    É o transplante de órganos, téxidos ou células dunha especie a outra, é dicir, a utilización de órganos animais para implantalos nun home. E aínda non son posibles, xa que teñen varios obstáculos en referencia a problemas económicos, médicos e éticos.

  24. sarabetanzos.aso.1b di:

    É un transplante de células, texidos ou órganos de unha especie a outra. Éstas dúas especies teñen que ser próximas, para evitar o rechazo.
    Son posibles con animais como o porco ou o babuíno.

  25. taniagonzalez.aso.1b di:

    Un xeneotransplante é un transplante de órganos, texidos e células de unha especie a outra, e dicir, a utilización de órganos animais para a súa implantación no home, co obxectivo de reducir a escasez de órganos de donantes humanos .

  26. elisaduran.aso.1a di:

    Un xenotransplante é o transplante dun órgano o dun texido dese un animal a outra especie mediante a manipulación xenética. Moitos científicos opinan que é a solución para acabar coa escasez de órganos donantes. Investigase que o poco pode ser a mellor fonte de órganos sólidos e os máis adecuados para o ser humano. Aínda que simplemente se esta investigando e non esta aprobado pois hay moitos impedimentos científicos e éticos.

  27. rafaelgondar.aso.1b di:

    Los xenotrasplantes permitan utilizar órganos de animales para salvar vidas humanas se ha convertido en una gran esperanza en los últimos tiempos. Sin embargo, los mejores expertos consideran que de momento existen riesgos muy graves para toda la sociedad, que deben impedir la realización de este tipo de trasplantes.

  28. mariacmaq.aso.1a di:

    Un xenotransplante é o trasplante de un órgano entre un donante e un receptor de distinta especie. Xa se fixeron probas, e os científicos afirman que pode ser a solución a escasez de órganos no futuro.

  29. victor di:

    É posible que coa enxeñería xenética poidan conseguirse órganos para transplantes que non impliquen rexeitamento por parte da persoa receptora?

  30. damianlores.aso.1a di:

    Supoño que será posible evitar o rechace dos órganos co paso dos anos, xa que un grupo de científicos británicos logrou suprimir o rechazo dos órganos animais (non humanos) sen debilitar o sistema inmunitario, o seu obxectivo é facer experimentos mais complexos, co fin de evitar o rechazo dos organos do corpo humano, contribuindo á implantación da técnica dos xenotrasplantes para resolver o problema da falta de doadores de todo o mundo.
    Os expertos creen que se prospera a técnica de xenotransplante no futuro, o animal máis axeitado é o porco(xa mencionado polos meus compañeiros), como os seus órganos son similares no tamaño dós seres humanos e a súa formación é menos cara que outros mamíferos, como monos e chimpancés. Ademais do rexeitamento dos órganos.