Un material revolucionario

imagen

Este ano, os rusos Geim e Novoselov foron galardonados pola Real Academia da Ciencia de Suecia grazas ao seu traballo no desenvolvemento do GRAFENO, un material que se utiliza na creación de dispositivos coma ordenadores e pantallas táctiles. Os dispositivos de grafeno serán máis eficaces e rápidos ca os de silicio.

O grafeno obtense a partir do grafito, caracterízase por combinar unha gran elasticidade e lixeireza con dureza extrema, o que o converte no material máis resistente do mundo. Ademáis pódese mesturar con compostos químicos, o que lle da un gran potencial para máis utillizacións.


 Autor: Miguel Palacios

 

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.