Hungría en vermello

 

imagen

Unha marea de “barro vermello”, tóxico e corrosivo anega o oeste de Hungría, provocado pola ruptura dunha balsa de residuos químicos. A fuga orixinouse nunha fábrica en Ajka, cidade duns 30.000 habitantes que pertence ó condado de Veszprém.  A marea de residuos afecta a unha área de 40 Km2.

 O “barro vermello” é un residuo que se orixina durante a produción de aluminio e ten grandes cantidades de silicio, ferro e outros metais pesados. O contacto  coa pel pode causar queimaduras e a longo prazo , en caso de inhalación continua, pode ser canceríxeno.

 A empresa produtora do aluminio, Hungarian Aluminium Production and Trade Company (MAL Zrt) explicou, nun comunicado, que a inspección da represa non detectou problemas nin moito menos sinais dun desastre inminente. Unha solución sería neutralizar a fuga botando compostos que reaccionen coa sosa e reduza o pH do “barro vermello”. Para evitar que a substancia tóxica cause maiores danos, os equipos de rescate xa comezaron a botar desde helicópteros e pontes, xeso  así como diferentes produtos neutralizadores sobre o río Marcal, afluente do río Danubio, para impedir a chegada destes residuos ó Danubio.

 

 Autor: Gabriel Lema

Esta entrada foi publicada en Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

56 Responses to Hungría en vermello

  1. noeliadozo.aso.1a di:

    Removendo nas últimas novas sobre esta catástrofe ecolóxica atopo que o “barro vermello” xa chegou a afectar ao ecosistema do río Danubio. Isto significa que a catástrofe ambiental multiplícase ao facer que estos residuos corran auga abaixo e destrúan toda a vida que atopen ao seu paso.

    Estos lodos son altamente perigosos, xa que debido ao cáusticos que son, queiman todo o que atopen, actuando de forma parecida á lixivia.
    Reparar os danos producidos por este “barro vermello” costará millóns de euros e tardaranse moitos anos, aínda que hai danos coma a morte de varias persoas que son irreparables.

  2. samuelmarino.aso.1a di:

    Sen dúbida é unha catástrofe incríbel,xa que acabou coa vida de 4 persoas e houbo arredor de 120 feridos. E segundo o primer ministro húngaro,Viktor Orban, as causas máis probables desta desgracia foi un erro humán, xa que segundo el non había señais de que fose por causas naturais.

  3. martincabal.aso.1b di:

    deberian en principio bloquear o rio marcal cunha barreira artificial, esto daria tempo a levar a cabo as operacions de desintoxicacion do mesmo, aunque creo que non se podera volver ao punto anterior, pero polo menos a contaminazion non se extenderia o danubio.

  4. elisaduran.aso.1a di:

    Ante todo, darlle a miña enoraboa a Gabriel por encontrar esta noticia tan impactante e conseguir un título tan chamativo. Na miña opinión deberían ter en conta, en primer lugar, os habitantes da zonas próximas protexendoos mediante barreiras con neutralizantesantes de que ocurra o que se parecia na foto porque como faran as persoas que están alí? De que modo poden librarse do ocorrido?. O mesmo tempo, coincido con Martín Corbelle opinando en que o máis urxente é protexer o Danubio para que este problema non se extenda a outras comunidades.

  5. martincabal.aso.1b di:

    elisa ¿¿¿como queres que se libren do ocurrido??? o que deben facer e evacuar a zona o antes posible

  6. elisaduran.aso.1a di:

    Martín Corbelle, considero que evacuando a zona libranse do problema por un tempo. Pero estas persoas,teñen un hogar que esta contaminado. Deberanse tomar medidas para o futuro próximo, no que ademáis de evacuar, deberase encontrar o modo de que esas persoas poidan volver a vivir nas súas casas, se e que hai solución para eso.

  7. miguel.aso.1b di:

    Desgraciadamente o vertido xa chegou ao Danubio, aínda que o índice de contaminación é baixo, constitúe unha seria ameaza para o ecosistema do segundo maior río de Europa. Estamos ante o maior accidente relacionado co “barro vermello” coñecido en Europa.

  8. gabriellema.aso.1a di:

    Gracias Elisa Durán polas tuas felicitacións e en respecto o tema, claro que sería o mellor evacuar a zona dado que a inhalación continua destes residuos pode ser canceríxena , pero non estamos falando de vinte, cincuenta ou cen persoas, senón de miles de persoas.Eu optaría mellor pola acción dos neutralizantes.

  9. cristinagesc.aso.1a di:

    Esta fábrica de produción de aluminio debería dar algún tipo de solución, xa que eu creo que foi a culpable, aínda que agora diga que a inspeción da represa non detectou problemas nin moito menos sinais dun desastre inminente. Este sucedido é moi grave xa que os habitantes de Hungría téñeno que estar pasando moi mal e ademais pódese chegar a que o río Danubio e outras cidades dos arredores sufran tamén este dano e pode ser aínda máis grave o asunto.

  10. martincabal.aso.1b di:

    como en todas catrastofes de tipo contaminantes ,os mais perxudicados son os seres vivos,quizas despois de ter todo desintoxicado, sufran os efectos da contaminacion durante moitos anos, a evacuacion non e unha medida por moito tempo pero si que lle aforraria unha exposicion nos momentos mais fortes desta catastrofe.O que non se pode e intentar que se liberen do ocurrido. teñen que afrontar e loitar pola sua situacion postdata: victor os meus comentarios non son moderados gustariame que os meus compañeiros puidesen debatir ao mesmo tempo que min e eles asi o queren

  11. elisaduran.aso.1a di:

    E unha desgraza que xa este contaminado o Danubio. Ahora destruiranse moitas hábitats e as especies teran que buscar outro espacio que reuna todas as condicións adecuadas ou, como se di, morrer no intento. Coa emigración destas especies veranse afectadas tamen outros habitats cercanos o aumentar a poboación, a chegada doutras novas especies etc. Aínda que estes problemas son en menor medida, tamén son importantes porque unha area quedou destruida e pode destruir cousas con ela.

    Pd: creo que a min tamen me pasa o mesmo que a Martín Corbelle e os meus comentarios non pasan por moderación.

  12. gabriellema.aso.1a di:

    Outro problema a destacar é que esta rexión é eminentemente agrícola, e se estes residuos contaminan as augas subterráneas, sería imposible cultivar en moito tempo.

  13. manuelsomoza.aso.1a di:

    Estou de acordo co que di Elisa porque ese “lodo vermello” amenaza a todo o ecosistema do río máis grande do país e o segundo de Europa. Isto significa que a dimensión desta catásrofe é importante e o peor de todo e que aínda que se elimine parte do verquido sempre quedará algún resto que perxudique ó longo dos anos ás novas especies que alí se instauren. Por outra banda parece incríbel que se producira isto cando antes se fixo unha inspección…

  14. gabriellema.aso.1a di:

    Non se descarta que a causa da fuga fora un erro humano, aínda que nesa rexión choveu moito neses últimos días aumentando a cantidade do líquido embasado, xa que estos depósitos estaban ó aire libre. Esta podría ser outra causa da fuga.

  15. damianlores.aso.1a di:

    Desgraciadamente xa se encontraron os primeiros peixes mortos que confirman que o vertido de residuos químicos xa chegaron o río.

  16. berta di:

    O compoñente dañino do “barro vermello” é o hidróxido de sodio ( coñecido como sosa cáustica ), utilizado como base química para a obtención de aluminio, ademais de metais pesados.
    Que efectos pode ter este composto para a saúde?
    Que impacto ambiental pode provocar? Por que?

  17. samuelmarino.aso.1a di:

    Se inhalamos a sosa cáustica pode xerar pequenas irritacións nas vías respiratorias, se o inxerimos pode causar irritacións e queimaduras nos beizos,boca,lingua,gorxa, esófago e estómag; unha vez que se atopa no estómago ven o perigoso,xa que produce que haxa unha respiración curta,que enfríe a pel, náuseas e vómito con sangue. Incluso pode chegar á morte por un shock,asfixia por edema glótico ou infección por neumonía.
    Nos ollos pode priducir irritacións graves e na pel dermatitis irritante e queimaduras.
    Ambientalmente se entra en contacto ca auga disminuiría a acidez da auga,se se derramara no chan podía queimar a zona de suelo afectado,etc.

  18. lourdesfarina.aso.1b di:

    Unha das persoas que contaba o que estaba a ocorrer dícia que un simple zapato podía chegar a desintegrarse do alto nivel de acidez( superando o 9)
    Agora estaban neutralizando a fuga para reducir o Ph.
    As consecuencias empezarán cando o chan este seco e o barro se convirta en po.
    Ese po moverase a miles de kilometros e poderá pasar a outros países. Haberá grandes consecuencias para a saúde, sobre todo na pel.

  19. rebecapineiro.aso.1a di:

    A sosa cáustica pode producir na pel dende irritación leves ata graves úlceras. A súa inxestión pode danar grave e permanentemente o sistema gastrointenstinal e nos ollos pode producir queimaduras.
    O contacto repetido con esta substancia e a baixas concentracións pode causar dermatitis crónica e ulceracións das pasaxes nasais. Aínda no se conocen os efectos a largo plazo.

  20. noeliadozo.aso.1a di:

    Ao ser un composto corrosivo, a sosa cáustica produce efectos irreversibles na saúde.
    Na pel e nos ollos, por exemplo, da lugar a queimaduras serias incluso á cegueira en cuestión de poucos segundos.
    Pola vía dixestiva causa graves lesións no estómago e no exófago, destruindo as respectivas mucosas. Produce o mesmo efecto corrosivo nas vías respiratorias se falamos de inhalación ,ata causar a morte.
    En canto os efectos no medio ambiente,imaxino que debido ao seu efecto corrosivo destrúe tódolos organismos vivos.

  21. samuelmarino.aso.1a di:

    Facendo referencia ó comentario da miña querida amiga Lourdes, onde falas do incríbel pó que se vai a xerar, quería aportar unha nova que me comunicaron os meus contactos de greenpeace. Cando este abundante barro seque e se levanten os ventos este po irá con eles, sabendo que pode xerar po canceríxeno. O aire vai a estar tan envelenado que será imposíbel respirar.

  22. noeliadozo.aso.1a di:

    Nestes momentos, o terreo húngaro está cuberto por unha capa de dous centímetros de espesor de lodo altamente tóxico. Para tentar remediar este problema, as autoridades tentaran retirar a terra afectada, que non poderá ser cultivada no prazo de un ano.
    Aínda así, dentro do que cabe, non todo son malas novas, xa que ás últimas choivas disminuíron o risco ao que estaban sometidos os traballadores de limpeza do lodo vermello.

  23. miguel.aso.1b di:

    Segundo os datos actualizados, xa son 5 as vítimas mortais e máis de 150 feridos.
    As autoridades estiman que necesitarán dun ano para limpar o lodo vermello, ainda que as consecuencias poderianse prolongar máis tempo xa que o vertido acadou o Danubio.
    A catástrofe poderiase ter evitado reducindo a acumulación deste líquido.
    O elevado efecto corrosivo do lodo afecta ao chan e aos cauces dos ríos, provocando danos nos cultivos, a flora e a fauna da zona.

  24. damianlores.aso.1a di:

    Suplementando a información dos meus compañeiros a sosa cáustica, por inhalar niveis altos desta substancia pode producir inchazón o espasmos das vías respiratorias superiores o que pode producir obstrución e pulso imperceptible, tamén pode ocorrer a inflamación dos pulmóns e acumulación de liquido nos pulmóns. A inxestión de hidróxido de sodio sólido o líquido pode producir vómitos, dolor do peito e do abdome e dificultade para tragar.
    A lesión corrosiva da boca, garganta, esófago e estómago ocorre moi rapidamente y pode causar perforación, hemorraxia e redución do diámetro do tracto gastrointestinal. O contacto da pel co hidróxido de sodio pode causar queimaduras graves con ulceracións profundas. O dolor e a irritación manifestase dentro dos primeiros 3 minutos, pero o contacto con soluciones diluídas pode que non produza síntomas por varias horas. Tamén hai unha probabilidade de que a corrosión inducida polo hidróxido de sodio produza cáncer de esófago pero non esta comprobado cientificamente.

  25. miguel.aso.1b di:

    Ultima hora, o numero de vítima ascende a 7.
    As autoridades húngaras afirman que a contaminación non causará un dano biolóxico ou medioambiental e tamén descartaro efectos sobre o ecosistema do Danubio.

  26. berta di:

    O vertido dos lodos tóxicos foi debido a ruptura dunha balsa dunha empresa produtora de aluminio. De que mineral se extrae o aluminio?
    A que é debido a coloración vermella que presentan os lodos?

  27. rebecapineiro.aso.1a di:

    O aluminio extráese dun mineral chamado bauxita. É unha roca sedimentaria composta por alúmina óxido de ferro e sílice. A súa cor pode ser branca, gris ou vermella, esa é a causa da coloración dos lodos.

  28. gabriellema.aso.1a di:

    A bauxita é o mineral do que se extrae a alumina, da que se obtén o aluminio. A obtención do aluminio precisa dun gran consumo de enerxía eléctrica por iso se di que a enerxía eléctrica é unha materia prima esencial na obtención do aluminio.

  29. lourdesfarina.aso.1b di:

    Como ben dí o meu compañeiro Gabriel, o aluminio extráese dese mineral, a bauxita.
    A súa transformación realizase primeiro en alúmina mediante o proceso de Bayer. O proceso Bayer produce alúmina a partir desta, a bauxita.

  30. sandragarcia.aso.1b di:

    Según unhas probas relaizadas en Viena ao lodo, cada quilogramo está composto por 100 mg de arsénico, 660 mg de cromo, e 1.3 miligramos de mercurio ademais de outros metais pesados. Calcúlase que se verteron 50 toneladas de arsénico 300 toneladas de cromo e 500 quilos de mercurio. É moita a cantidade de lodo a que hai que retirar e ademáis, o xeso co que pretenden neutralizar o lodo no río, tamén mataría ós peixes.

  31. micaelgarcia.aso.1a di:

    A bauxita como di o meu compañerio Gabriel é o mineral de donde se extrae a aluminia, e durante o proceso de extracción creanse moitos refugos de bauxita que se almacenan, a bauxita ten unha cor avermellada por esta cualidade os lodos presentan esa cor.

  32. victor di:

    Nos lodos contaminados a parte de Silicio e Ferro hai outros metais pesados; de onde proceden?, que efectos poden ter sobre a saúde humana?
    Hai algunha planta de producción de aluminio en Galicia que poidera producir os mesmos riscos ca de Hungría?

  33. lourdesfarina.aso.1b di:

    En Galicia, existe unha planta de fabricación en San Cibrao (Lugo).
    Estivenme informando e ese lodo e o mesmo que se esta acumulando no embalse da Mariña lucense.
    Agora, piden que se controle esa acumulación para que nun futuro non pase o que ocorreu en Hungría.
    Verten cincocentas toneladas de residuos diarios, nunha balsa que ten como máxima capacidade sete millóns de toneladas de derivados da bauxita.
    Por agora non sucede nada xa que ese embalse non está cheo. O problema encontrarase nun futuro, cando ese embalse se encontre no seu máximo.

  34. oscaralvarez.aso.1b di:

    Alcoa é unha planta de producción de aluminio que está en San Cibrao (Lugo). Os lodos vermellos acumúlanse nunha balsa cercana a esta planta. A responsable da fábrica, debido ao acontecido en hungría, comunicou que os lodos estaban sometidos a controis diarios e foron catalogados como non perigosos. Por outra parte, a portavoz de ADEGA, sinalou que a balsa na que se acumulan os lodos é moi similar á húngara e ademais que está nun lugar elevado e preto da poboación.

  35. martincabal.aso.1b di:

    Na coruña existe unha empresa que ten unha planta para reciclar as sobras da fabricacion de aluminio(sogarisa ; estes reciclan sobrantes das fabricas da empresa norteamericana alcoa, unha esta en lugo e outra na coruña.

  36. damianlores.aso.1a di:

    Estes metais pesados: As, Co, Cr, Cu, Ni, Zn, son elementos minoritarios que se encontran en moi baixas concentracións no solo e na auga, os metais pesados poden quedar retidos no solo, ser absorbido polas plantas chegando a pasar a atmosfera por volatización o quedarse en augas superficiais e subterráneas.
    Hai unha planta de aluminio en San Cibrao, Lugo; sometidos diariamente a controis “catalogados como non perigosos”. A planta de aluminio encontrase nun lugar elevado, cerca da poboación.

  37. oscaralvarez.aso.1b di:

    Como dicía Martin hai duas plantas de Alcoa, unha na Coruña e outra en Lugo. Os lodos vermellos da planta de San Ciprián (Lugo) acumúlanse nunha balsa situada nun lugar elevado, preto da poboación e según a portavoz de ADEGA é moi similar á húngara. Por outra parte, a responsable da fábrica comunicou que os lodos situados na balsa da planta lucense estaban sometidos a controis diarios e ademais foron catalogados como non perigosos.

  38. estelachaves.aso.1a di:

    O derramamento de sosa cáustica fixo que os niveis de PH que existen na natureza aumentasen considerablamente,agora xa chega ó 9 nunha escala de 14. Os compoñentes maioritarios deste lodo son de tipo bauxita: óxidos de ferro, aluminio, silicio, calcio sodio e titanio e restos doutros elementos: cromo, níquel, chumbo, calcio e titanio. As autoridades da zona explican que tardarán en erradicar os restos desta substancia sobre un ano. Pero tamén hay que ter en conta a posibilidade de que o lodo se seque e os materiais sexan transportados a lugares máis afastados a través do vento.

  39. miguel.aso.1b di:

    O lodo vermello de Alcoa (Galicia) podería ocasionar unha catástrofe similar á acontecida en Hungría.
    Os efectos a longo plazo poderían ser desastrosos, cando os metais pesados cheguen aos seres vivos automaticamente danarían a cadea trófica da cal nós estamos na cima.

  40. sandragarcia.aso.1b di:

    En Lugo, San Cibrao, hai unha planta de producción de aluminio, e a causa do desastre en Hungría, ecoloxistas e científicos mostraron a súa preocupación polo feito de que aquí puidese acontecer o mesmo. Segundo a empresa, os lodos vermellos contidos na balsa son sometidos todos os días a todo tipo de controis. Ante a versión de que o muro ten fisuras, a empresa asegura que os residuos foron catalogados como non perigosos, e que o muro de contención ten un mínimo de 25 metros de grosor.

  41. samuelmarino.aso.1a di:

    Alumnado, teño noticias frescas. As autoridades húngaras tratan de evitar que unha nova fuga de lodos tóxicos teña os mesmos efectos catastróficos que a que o luns acabou coa vida de 7 persoas, queren que sexa un vertido baixo control e non unha riada descontrolada. Como se da prácticamente por seguro que se desplomarán os muros,xa que hai unha fisura nos muros norte e oeste de 15 metros de ancho e numerosas grietas. Así que se construirá rapidamente un dique de contención con 600 metros de largo, 25 de ancho e 50 de alto,e estará coposto de 40.000 toneladas de rochas e terra. Agora esperemos que sexa suficiente, do contrario non quero nin pensar os efectos debastadores que ocorrerían.

  42. victor di:

    Por que é tan importante o aluminio na sociedade actual; que utilidades ten?

  43. miguel.aso.1b di:

    As utilidades do aluminio son múltiples, destacando a construción. Co aluminio fabrícanse estruturas, perfís para ventás, pasamáns, verxas, teitos, recubrementos laterais, chapas para illamento,andamios, escaleiras, pontes etc.
    Tamén é util na construción de buques,aeronaves, defensa, transporte, electricidade…

  44. sandragarcia.aso.1b di:

    As utilidades do aluminio na actualidade son múltiples, por exemplo na construcción ten moitísimas aplicacións, como estructuras de vivendas, marcos para as ventás, verxas, pontes, andamios, etc. O que o fai tan importante é a súa combinación entre lixereza e resistencia, o que lle permite ser empregado hasta para construír avións, autómoviles…

  45. noeliadozo.aso.1a di:

    O aluminio convertiuse nun material case imprescindible na nosa sociedade porque substitue a materiais como o ferro ou a madeira, xa que é moito máis resistente, duradeiro, e a relación calidade-prezo é asequible para a maioría da xente (supoño que esto ven dado porque é moi abundante na natureza.)
    Actualmente,abundantes e básicos produtos están feitos con aluminio: ventás, portas,mobles, portais, cierres..

  46. manuelsomoza.aso.1a di:

    Nadie dubida do seu gran uso na actualidade pero tamén hai que ter en conta os efectos negativos que pode ter sobre a sociedade.
    A toma de Aluminio pode ter lugar a través da comida, respiralo o incluso por contacto a través da pel. A toma significante de aluminio pode ter un efecto serio como por exemplo: dano no sistema nervioso central, demencia, pérdida da memoria, apatía, temblores severos…

  47. manuelsomoza.aso.1a di:

    En canto o medioambiente, o aluminio pode acumularse nas prantas e causar problemas de saude nos animais que consumen esas prantas
    ou a alta contentración de aluminio en lagos acidificados. Nestes lagos están a diminuir un significante número de especies como anfibios ou peixes debido as reaccións dos ións do Aluminio coas proteínas das agallas dos peixes e os embrións das rás.
    As elevadas concentracions de Aluminio non so causan efectos sobre os peixes, tamén sobre os paxaros e outros animais que consumen peixes contaminados e insectos e sen olvidar sobre animais que respiran o Aluminio a través do aire.
    As consecuencias para os paxaros que consumen peixes contaminados é que a casca dos ovos é máis fina e os pitos nacen con baixo peso. As consecuencias para os animais que respiran o Aluminio a través do aire son problemas de pulmóns, pérdida de peso e declinación da actividade.
    Tamén a altas concentracións de Aluminio non so poden ser encontrados en lagos ácidos, tamén en augas subterráneas y solos ácidos. Hay grandes indicadores de que o Aluminio pode dañar as raices das árbores cando estas están localizadas nas augas subterráneas.

  48. lorenabuceta.aso.1b di:

    O aluminio cubre moitos servizos por si mesmo, como xa se comentou: construcción ,transporte, defensa…pero estes servizos ampliase ó lle engadir outros factores como as multiples aliaxes posibles para satisfacer mellor as necesidades en cada caso, ou as melloras realizadas para unha maior duración e resistenca coas propiedades do propio aluminio, como o aluminio anodizado.

  49. samuelmarino.aso.1a di:

    O Goberno húngaro asegurou hoxe que os habitantes de Kolontár, a aldea máis afectada polo vertido tóxico, poden regresar mañán ós seus fogares a pesar de que existe o risco dunha nova riada. Pero o
    Goberno di que non existe tal risco, xa que o dique de protección construído é suficiente para protexelos dunha nova catástrofe.

  50. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Isto recordame a outras catástrofes ocorridas no Leste de Europa,como foi Chernobyl,e se nos paramos a pensar,todo isto é propiciado,por neglixencias das grandes empresas,e con isto non intento entablar debate,só dicir,que polo de agora,xa morreron nove persoas,e máis de cento cincuenta estan feridas,e o director da empresa MAL,Zoltán Bakonyi,está posto en liberdade sen cargos,e a empresa mañá volverá funcionar.
    Como ben di a compañeira e amiga Noleia Dozo o vertido xa chegou o Danubio,polo de agora sen perigo pra fauna,facendo só que baixase o ph neutro da auga.Con todo isto Rumanía xa está en alerta.

  51. victor di:

    O aluminio obtense da bauxita; podería formarse actualmente bauxita en Galicia?

  52. elisaduran.aso.1a di:

    A bauxita é un material terroso, constituido por unha mezcla de hidróxidos de aluminio. A partir de ela, obtense a alumina, que sirve para a fabricación do aluminio por electrólisis. En Galicia existen fábricas de aluminio de primeira fusión en San Ciprián ou A Coruña, sendo así a comunidade autónoma onde se produce a mayor parte do aluminio primario. En cambio, España non é considerado principal yacimento de bauxita no mundo.

  53. victorino.aso.1 di:

    Sin duda esta contaminación foi unha gran catástrofe. Morreron 5 persoas e mais de 150 feridos, ademais de moitas especies animais e vexetais que morreron co paso de estes lodos.
    O que é mais increible de todo isto e que sucedera, porque o normal e que lle dectectaran no contro que isto puidera ocorrer. O que a min me parece e que non lle pasaron ningun control de seguridad e se llo pasaron tuberon un gran fallo xa que os controis estan para que isto non ocurra.

  54. sarabetanzos.aso.1b di:

    Temos aclarado que son lodos xerados no refino de alúmina a partir da bauxita, considerados restos mineiros “non perigosos”, sometidos a controis diarios para vixiar a estabilidade do dique de contención e garantizar que están en condicións adecuadas. Polo visto, como ben aclara Berta, ou non pasaron os controis, ou, ao pasalos, tiveron un erro que lles saíu bastante caro.

  55. rubengonzalez.aso.1a di:

    Eu creo que tal como vai isto esta so é unha catástrofe ecolóxica mais das que estan por vir, se non facemos nada por evitalo.Todos os avances tecnolóxicos deben ser controlados para que non ocorran desastres como o de Ungría.Todos estos sucesos o único que fan e deteriorar cada vez mais a Terra e os seres vivos que avitan nela.

  56. rafaelgondar.aso.1b di:

    El aluminio se utiliza rara vez 100% puro y casi siempre se usa aleado con otros metales para mejorar alguna de sus características. El aluminio puro se emplea principalmente en la fabricación de espejos, tanto para uso doméstico como para telescopios reflectores.

    Los principales usos industriales de las aleaciones metálicas de aluminio son: * Transporte;
    * Estructuras portantes de aluminio en edificios
    * Embalaje de alimentos.
    * Carpintería.
    * Bienes de uso doméstico.
    Debido a su gran reactividad química, el aluminio se usa finamente pulverizado como combustible sólido de cohetes espaciales y para aumentar la potencia de los explosivos.

    También se usa como ánodo de sacrificio y en procesos de aluminotermia (termita) para la obtención y soldadura de metales.