Golfiños en perigo

 imagen

Unha gran parte dos arroases (Tursiops truncatus) de California presentan , desde hai anos, extrañas lesións na pel que están a desconcertar aos científicos. Na actualidade barállanse dúas posibles causas para a sintomatoloxía que mostran estes cetáceos. Podería ser de orixe vírica ou ben producidas por contaminación mariña. Sería posible que pesticidas e metais pesados estean debilitando o sistema inmunolóxico dos arroases e facéndoos vulnerables  ás infeccións.

Non se cre que se trate dunha enfermidade mortal aínda que  se descoñecen as consecuencias a longo prazo. Observouse que co transcorrer do tempo, estes animais, recupéranse  aínda que as feridas adoitan aparecer , máis tarde, de novo. Ademais téñense observado este tipo de feridas en cetáceos doutros mares do mundo aínda que non se sabe se gardan algunha relación cos casos de California.

Imaxe: WWW.ARTGAME.COM

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.