Seguide buscando

imagen

Remata o curso e a vida xa non volverá a ser igual. Unha vez  a túa mente foi na procura do coñecemento, este abríu unha ventá na túa consciencia que debes aproveitar. Xamais peches a túa mente aos novos coñecementos.

Agardo que as CCMC axudáravos a coñecer, a comprender e a razoar. Gozade do verán e das vacacións.

imagen

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada . Garda o enlace permanente.

9 Responses to Seguide buscando

  1. victor di:

    Aínda que a valoración de comentarios para a nota desta materia xa rematou, podedes manifestar a vosa opinión sobre o desenvolvemento deste curso.

  2. victor.aso.1a di:

    este curso foi interesante debido a os numerosos temas que tratamos nos diferentes posts

  3. leticia.aso.1a di:

    A verdade a asignatura resulta moi interesante e enteramonos de moitas cousas que descoñeciamos, polo menos eu. O único problema que lle vexo é que implica ter un acceso constante a rede cousa que eu por exemplo non teño ao alcance da miña man, pero tampouco me podo queixar xa que temos acceso a ela no instituto e algunha que outra vez teño comentado alí. Aínda así estou moi contenta de haber participado nesta asignatura que a pesar de non ser moito o que aportei pois como di o refrán o importante é participar!! Sen máis despídome: bo verán a todos!!!

  4. ruben.aso.1a di:

    Estou de acordo con todo o que di Leti, xa que esta asignatura depende maiormente dunha conexión a internet.
    Por outro lado nesta asignatura de temas de actualidade e aprendemos cousas sobres temas moi variados que antes non tiñamos nin idea, polo menos eu.
    Bo verán!

  5. juanjose.aso.1a di:

    Ó principio todos acollemos esta asignatura cun pouco de desconcerto, xa que nunca tiveramos unha materia igual. Despois duns días todos nos acostumbramos a entrar no blog e a comentar. Creo que foi unha boa experiencia coa cal aprendimos a opinar por nos mesmos sobre temas cientificos.

  6. roberto.aso.1a di:

    Creo que todos coincidiremos en que foi unha experiencia positiva na que aprendemos sen ter que poñernos a chaparo libro, senon que con cada post e segun te informaras para comentar adquirías coñecementos sobre ese tema.
    Bo veran chavales!

  7. adrian.aso.1a di:

    Como ben din os meus compañeiros esta asignatura foi moi interesante e aprendemos dunha maneira diferente as demáis, moi diferente.
    No meu caso o principio non me afacía a comentar pero pouco a pouco vaise facendo máis sinxelo ata case converterse nunha rutina. ¡¡Bo verán!!

  8. raquel.aso.1b di:

    Sen dúbida con esta asignatura aprendemos moitas cousas, dende coñecementos, a cousas novas e sobre todo a saber expresarnos e a buscar información en internet. Resultou moi interesante e curiosa.
    Veña, a pasalo moi ben no verán 😀

  9. andrea.aso.1a di:

    Como todos os meus compañeiros penso que foi unha asignatura moi didáctica e que nos enseñou moitas cousas que descoñeciamos.
    Agora unha boa nota e a disfrutar do verán!